Mar de Mármara
O Mar de Mármara, tamén coñecido con Mar de Mármora, é un mar interior que separa o Mar Negro do Mar Exeo; así, a parte asiática da Turquía da súa parte europea. Ten unha superficie de 11.500 km² e unha profundidade máxima de 1.261 metros.
Características[editar]
Sitúase entre a parte europea de Turquía e maila asiática. Comunica a norte co Mar Negro polo Bósforo e ao suroeste co Mar Exeo (Mediterráneo) polo estreito de Dardanelos. Está situado sobre unha falla xeolóxica responsábel de diversos e dramáticos terremotos.
Hai dous grandes grupos de illas, coñecidos como illas Príncipe e Marmaros. O último grupo é rico en xacementos de mármore e dá o seu nome (marmaros é a palabra grega para mármore) ao mar.
Propontis (Προποντίς, -ίδος) era o antigo nome grego do mar. O nome deriva de pro (antes) e pont- (mar): os gregos navegaban frecuentemente polo Propontis para alcanzar o Mar Negro.
Véxase tamén[editar]
- Convención de Montreux, acerca da regulación da navegación polo Mármara.