Lamigueiro
| Lamigueiro (xénero Populus) | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lamigueiro negro |
|||||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||||
|
|||||||||||||
Os lamigueiros[1] ou choupos son espécies arbóreas pertencentes ao xénero Populus. O xénero comporta unhas 40 especies de árbores e arboriñas das zonas temperadas e frías setentrionais. Aparecen no Cretáceo Inferior, mais é no Terciario cando acadan unha ampla representación. Pertencen á familia das salicáceas. En Galicia non son moi comúns as especies bravas, atopando, porén, moitos exemplares de lamigueiros negros e brancos en parques e xardíns urbanos e reforestacións á beira dos regos para produción de madeira. Nalgúns lugares téñense mesmo naturalizado.
Índice |
Etimoloxía [editar]
Nome científico [editar]
O nome do xénero: Populus, do que derivan as formas tamén galegas: choupo e chopo, vén do latín: pōpŭlus, termo de orixe descoñecida, aínda que seguramente se refrira ao pobo, evocando ás prazas públicas en tempos romanos, normalmente sombreadas con estas árbores[2].
Nome común en galego [editar]
O termo galego lamigueiro fai referencia á preferencia das especies a medrar en solos húmidos, brañas ou lameiros. Precisamente o nome viría de lama, termo de orixe celta, co mesmo significado, barro, lodo [3]
Con todo é complicado en galego dar un nome común ao xénero Populus por non seren especies moi abundantes de xeito espontáneo en Galiza. O termo lamigueiro recóllese no dicionario da Real Academia Galega e noutros dicionarios anteriores[4] tanto para a especie Populus alba coma Populus nigra; e en xeral para outras especies de ribeira coma os ulmeiros (Ulmus spp.) ou incluso os lodoeiros (Celtis spp.). O nome chopo que viría directamente do latín popŭlus soe reservarse para o Populus nigra e o de álamo para o Populus alba. O termo choupo non está recollido pola RAG, mais aparece coma variante en varios dicionarios galegos ademais de ser o nome portugués[5].
Localización [editar]
Atópanse en todas as rexións temperadas do hemisferio norte de onde son oriundas e nas do hemisferio sur como plantas introducidas. Actualmente a súa área de dispersión inclúe América do Norte e Asia central.
Os híbridos desta especie están moi estendidos, sobre todo orientada ao seu potencial produtor de madeira.
Descrición [editar]
Árbores ou arboriñas, de follas simples, alternas e caedizas, habitualmente anchas e de bordos enteiros, aserrados, dentados, lobulados ou festoneados. As xemas áchanse cubertas por escamas. O pecíolo é longo e glanduloso, con frecuencia aparece comprimido lateralmente, o que confire gran mobilidade á folla.
O froito ten forma de cápsula, lampiño, dehiscente , de cor verdosa que se torna parda ao madurar. Ceiba numerosas sementes miúdas arrodeadas dunha especie de flocos de cotón.
Son especies de luz e de temperamento robusto. Soen amosar grande avidez pola auga, polo que é frecuente encontralos á beira de regueiros superficiais ou delatando cursos subterráneos. De crecemento rápido, poden acadar grandes talles. As necesidades en canto a nutrientes son elevadas.
Especies [editar]
* Populus sección Aegiros[6] – Lamigueiros negros pu choupos América do Norte, Europa, Asia occidental; clima temeperado
-
- Populus deltoides – Lamigueiro negro de América do Norte (leste de América do Norte)
- Populus fremontii (Oeste de Norteamérica)
- Populus nigra – Lamigueiro negro, chopo negro ou álamo negro (Europa) Ubicado aquí polo ADN nuclear; cpDNA colócao na sección Populus. Especie abundante na Península Ibérica. Plantado como ornamental e para uso forestal (non moi abondoso) en Galicia.
- Populus x canadensis – Lamigueiro canadense. Híbrido entre Populus nigra × Populus deltoides)
- Populus nigra 'Italica' – Lamigueiro piramidal, cultivar do lamigueiro negro seleccionado en Lombardía no século XVII e que se usa con motivos ornamentais.
- Populus sección Populus – Lamigueiros tremedores e Brancos. Clima subártico circumpolar e temperado frío, e montañas máis ao sur.
- Populus tremula – Lamigueiro tremo ou álamo tremo, tremedor (Europa, Asia septentrional). Especie abundante na Península Ibérica.
- Populus adenopoda (Asia oriental)
- Populus alba – Lamigueiro branco, álamo branco, chopo prateado (Dende a Europa meridional a Asia central). Especie abundante na Península Ibérica. De uso en xardinería en Galicia.
- Populus alba 'Bolleana' ou Populus alba var. pyramidalis Bunge– Choupo boleana, Lamigueiro prateado columnar ou piramidal. Oriundo do Turkestán, moi utilizado como árbore ornamental na Europa temperada e mediterránea.
- Populus × canescens – Lamigueiro cano (segundo algúns autores híbrido entre o Populus alba e o Populus tremula).
- Populus davidiana (Asia oriental)
- Populus grandidentata (Norteamérica oriental)
- Populus sieboldii (Asia oriental)
- Populus tremuloides (Norteamérica)
- Populus sección Tacamahaca Norteamérica, Asia; clima temperado fresco.
- Populus angustifolia (Centro de Norteamérica)
- Populus balsamifera (= P. candicans, P. tacamahaca)
- Populus cathayana (Nordeste de Asia)
- Populus koreana J.Rehnder (Nordeste de Asia)
- Populus laurifolia (Asia central)
- Populus maximowiczii A.Henry (Nordeste de Asia)
- Populus simonii (Nordeste de Asia)
- Populus szechuanica (Nordeste de Asia) Ubicado aquí polo ADN nuclear; cpDNA colócao na sección Aegiros.
- Populus trichocarpa (Oeste de Norteamérica)
- Populus tristis (Nordeste de Asia) Ubicado aquí polo ADN nuclear; cpDNA colócao na sección Aegiros.
- Populus ussuriensis (Nordeste de Asia)
- Populus yunnanensis (Leste de Asia)
- Populus sección Leucoides Norteamérica oriental, Asia oriental; clima temperado
- Populus heterophylla (Sueste de Norteamérica)
- Populus lasiocarpa (Asia oriental)
- Populus wilsonii (Asia oriental)
- Populus sección Turanga – Lamigueiros subtropicais. Sudoeste de Asia, leste de África; clima subtropical a tropical
- Populus euphratica – Choupo do Éufrates (Sudoeste de Asia)
- Populus ilicifolia (Leste de África)
- Populus sección Abaso – Lamigueiros mexicanos. México; clima subtropical a tropical
- Populus guzmanantlensis (México)
- Populus mexicana (México)
Usos - populicultura [editar]
Cultivado en lameiros e estacións húmidas de auga movida e rica en nutrientes, é aproveitado especialmente en España polo seu rápido crecemento (baixo liñas de mellora xenética); presenta fustes longos e rectos, e soe plantarse en formacións regulares chamadas en castelán: choperas (formación de lamigueiros).
A madeira é de boa calidade malia ser unha especie de crecemento rápido: en bos solos chega a medrar máis de 20 m3/ha/año. Se se seguiu un bo itinerario silvícola a madeira se destina a mobles de baixa densidade, costeiros e chapa; mais o seu uso máis salientábel é o da indústria do taboleiro contrachapado. Se presenta unha diminución de calidade notábel e non satisface a demanda do contrachapado, destínase á industria de trituración devaluándose así o prezo por métro cúbico.
Tamén pode mencionarse o uso para caixas de madeira típicas da froita e como soporte de lenzos na pintura, como por exemplo na Mona Lisa.
Son tamén apreciados coma árbores de sombra en parques e paseos.
Son utilizados no sur da Arxentina como cortinas forestais cortaventos.[7]
Un dos usos máis interesantes das árbores pertencentes a este xénero é o seu uso en fitorremediación, tanto usando directamente a planta como a partir dela, consiguiedo, mediante biotecnoloxía, replicar a súa capacidade para acumular xenobióticos noutras especies.[8]
Curiosidades [editar]
- Nalgunhas zonas de Galicia se lle chama lamagueiro ao lodeiro (Celtis australis).
Notas [editar]
- ↑ O nome xenérico é complicado en galego por non seren especies moi abundantes de xeito espontáneo en Galiza dende a antigüidade. O nome lamigueiro recóllese no dicionario da Real Academia Galega e noutros dicionarios anteriores tanto para a especie Populus alba coma Populus nigra; e en xeral para outras especies de ribeira (e lamazais, de aí o nome) coma os ulmeiros ou incluso os lodoeiros. O nome chopo soe reservarse para o Populus nigra e o termo álamo para o Populus alba. O termo choupo non está recollido pola RAG, mais aparece coma variante en varios dicionarios galegos ademais de ser o nome portugués
- ↑ http://lema.rae.es/drae/?val=chopo
- ↑ http://www.vexetaciondegalicia.es/ar-populus-nigra.html
- ↑ http://sli.uvigo.es/ddd/ddd_pescuda.php?pescuda=lamigueiro&tipo_busca=lema
- ↑ http://sli.uvigo.es/ddd/ddd_pescuda.php?pescuda=choupo&tipo_busca=lema
- ↑ Nota: la forma de escribirse es controvertida; algunas fuentes usan Aegiros, otras usan Aigeiros
- ↑ Dr. Pablo Peri. Universidad Nacional Patagonia Austral. http://www.inta.gov.ar/santacruz
- ↑ Víctor Campos: Fitorremediación de contaminantes persistentes: una aproximación biotecnológica utilizando chopo (Populus Spp.)como sistema modelo. Artículo de Pablo Lobato Villagrá en Ciencinante http://ciencinante.wordpress.com/2011/11/07/fitorremediacion
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Santacruz en inta.gov.ar
- Populicultura