Antártida
|
Esquema da Antártida dende o Polo Sur.
|
A Antártida é un continente do planeta Terra, situado no hemisferio sur. Ten unha superficie de 13.209.000 km², que diminúe por mor do cambio climático. Non ten unha poboación autóctona debido ás condicións climáticas. Aínda así, unhas 2.000 persoas pisan esa terra cada ano, entre as que se encontran científicos, técnicos, especialistas, militares e turistas...
A Antártida está atravesada por unha das maiores cordilleiras mundiais, as Montañas Transartárticas cunha lonxitude de 3.058 km e unha altura media de case 5.000 metros. Estas montañas dividen ó continente en dúas partes, por un lado a península Antártica ou península de Palmer (coñecida en Chile como Terra de O'Higgins), e pola outra banda a extensísima meseta antártica.
Índice |
Xeografía [editar]
Relevo [editar]
| Montes de maior altitude | ||||
|---|---|---|---|---|
| Posición | Monte | Sistema | Altitude (m) | |
| 1 | Macizo Vinson | Cordilleira Sentinel | 4.892 | |
| 2 | Monte Tyree | Cordilleira Sentinel | 4.852 | |
| 3 | Monte Shinn | Cordilleira Sentinel | 4.661 | |
| 4 | Monte Craddock | Cordilleira Sentinel | 4.650 | |
| 5 | Monte Kirkpatrick | Cordilleira Raíña Alexandra | 4.528 | |
| 6 | Monte Markham | Cordilleira da Raíña Elizabeth | 4.350 | |
| 7 | Monte Kaplan | Cordilleira Hughes | 4.230 | |
| 8 | Monte Sidley | Executive Committee Range | 4.181 | |
| 9 | Monte Dickerson | Cordilleira Raíña Alexandra | 4.120 | |
| 10 | Monte Wade | Montañas do Príncipe Olav | 4.085 | |
Países que reclaman posesións [editar]
Arxentina - Australia - Chile - Francia - Noruega - Nova Celandia - Reino Unido
Países con estacións permanentes [editar]
Alemaña - Arxentina - Australia - Brasil - Chile - China - EUA - Francia - India - Xapón - Nova Celandia - Polonia - Reino Unido - Rusia - Sudáfrica - Uruguai
Países con estacións temporais [editar]
Bélxica - Bulgaria - España - Finlandia - Italia - Corea do Sur - Suecia
Recursos industriais [editar]
Estímase que baixo o xeo antártico existen reservas de petróleo de preto de 48.000 millóns de barrís, así como importantes cantidades de carbón, cobre, ouro, uranio e outros minerais. Asemade existen enormes depósitos de gas baixo o Mar de Ross.