Crimea
|
Foto Satélite da península da Crimea e do Mar de Azov, (NASA/MODIS/Blue Marble)
|
Crimea, oficialmente República Autónoma de Crimea, (ucraíno: Автономна Республіка Крим - Avtonomna Respublika Krym, ruso: Автономная Республика Крым - Avtonomnaia Respublika Krym, tártaro de Crimea: Qırım Muhtar Cumhuriyeti) é unha península e unha república autónoma da Ucraína situada na costa setentrional do Mar Negro.
Os antigos gregos déronlle o nome de Táurica (Chersonesus Taurica ou Scythica). O seu nome actual deriva do seu nome Tártaro da Crimea Qırım, a través do grego Κριμαια (Krimeia).
Índice |
Xeografía [editar]
A Crimea fai fronteira coa rexión do Kherson ao norte, co mar Negro ao sur e ao oeste e co mar de Azov ao leste. Ten unha área de 26.000 km², cunha poboación de 2,1 millóns de habitantes (2000). A súa capital é Simferopol.
A Crimea conecta co resto da Ucraína polo istmo de Perekop, largo de 5 a 7 km. No extremo oriental atópase a península de Kerch, que está directamente enfronte da península de Taman, en terras rusas. Entre as penínsulas de Kerch e Taman atópase o estreito de Kerch, con 4,5 a 15 km de largura, que liga o mar Negro co mar de Azov.
A costa da Crimea está repleta de baías e portos. Eses portos atópanse no lado occidental do Istmo de Perekop, na Baía de Karkinit; no suroeste, na Baía aberta de Kalamita, cos portos de Eupatoria, Sebastopol e Balaklava; na Baía de Arabat, no lado norte do Istmo de Yenikale ou Kerch; e na Baía de Caffa ou Teodosia, co porto homónimo no lado sur.
A costa sueste é flanqueada a unha distancia de 8 a 12 km do mar por unha cadea de montañas, a Yayla Dagh, (montañas tamén coñecidas como Cordilleira da Crimea). Esas montañas son acompañadas por unha segunda cadea paralela. 75 % do resto da superficie da Crimea consiste de pradarias semiáridas, unha continuación sur das estepes Pontic, que se inclinan levemente para o nordeste a partir dos pés do Yayla Dagh. A cadea principal desas montañas érguese abruptamente do fondo do Mar Negro, alcanzando unha altitude de 600 a 750 metros, comezando no suroeste da península, chamado Cabo Fiolente (ant. Parthenium). Era ese cabo que, supónse, estaba coroado co templo de Ártemis, onde Efixenia exercía como sacerdotisa.
Diversos kurgans, ou restos de sepulturas, dos antigos escitas espállanse a través das estepas da Crimea.
Durante os anos de poder soviético, as vilas e as dachas da costa da Crimea eran privilexio dos politicamente fieis ao rexime. Tamén se atopan viñedos e pomares nesa rexión; a pesca, a minería e a produción de diversos óleos tamén son importantes. Numerosos edificios da familia imperial rusa tamén embelecen a rexión, así como pintorescos castelos gregos e medievais.
Historia [editar]
Idade Antiga [editar]
Os primeiros habitantes dos quen ten noticia real foron os cimerianos, que expulsados polos escitas durante o século VII a.C. chegaron ata aquí. Unha pequena poboación que se refuxiara nas montañas coñeceuse posteriormente como os Tauri. Neste mesmo século, os antigos colonos gregos comezaron a ocupar a costa, isto é, Dorios de Heraclea en Chersonesus, e Xonios de Mileto en Teodosia e Panticapaeum (tamén chamado Bósporo).
Dous séculos máis tarde, (438 a.C.) o archon, ou líder, dos xonios asumiu o título de Rei do Bósporo, un Estado que mantivo relacións importantes con Atenas, fornecendo a aquela cidade trigo e outros produtos. O último destes reis, Paerisades V, presionado polos escitas, pediu protección a Mithradates VI, rei de Pontus, en 114 a.C.. Despois da morte do seu protector, seu fillo Pharnaces, como recompensa polo auxilio dado aos romanos na guerra contra o propio pai, recibiu en 63 a.C. de Pompeu o reino do Bósporo. En 15 a.C. foi máis unha vez devolvido ao rei de Pontus, mais de aí en diante acabou manténdose un territorio tributario de Roma.
Durante os séculos seguintes a Crimea foi invadida, atravesada ou ocupada sucesivamente polos Godos (250 d.C., polos Hunos (376), polos Kazares (século VIII), polos Bizantinos Gregos (1016), polos Kipchaks (1050), e polos Mongóis (1237).
No século XIII, os xenoveses destruíron ou tomaron as colonias que os seus rivais Venecianos fundaran na costa da Crimea e establecéronse en, Cembalo (Balaklava), Soldaia (Sudak), e Caffa (Teodosia). Esas prósperas cidades comerciais existiron ata a conquista da península polo Imperio Otomán no 1475.
En canto iso, os Tártaros fincaran pé no norte e no centro da península desde o século XIII. O pequeno enclave de Karaites instalouse entre os Tártaros da Crimea, principalmente en Çufut Qale. Despois da destrución da Horda Dourada por Timur, eles fundaron un Cá da Crimea en 1427 con Haci I Giray, un decendente de Xenxis Khan. Os seus sucesores e el propio reinaron primeiramente en Solkhat (Eski Qırım) e, a partir do inicio do século XV, en Bakhchisaray. Despois do 1478, reinaron como príncipes tributarios do Imperio Otomán ata 1777, cando, derrotados polo xeneral ruso (futuro xeneralísimo) Suvorov, tornáranse dependentes da Rusia; finalmente, en 1783, toda a Crimea foi anexada ao Imperio Ruso.
Guerra da Crimea [editar]
A Guerra da Crimea ocorreu entre 1854-1856.
República Popular de Crimea [editar]
No decurso da Guerra Civil rusa formouse durante breve tempo, entre decembro de 1917 e xaneiro de 1918, unha república indepedente presidida polo líder tártaro Noman Çelebicihan que desapareceu logo da invasión dos bolxeviques.
Segunda Guerra Mundial [editar]
A Crimea foi palco dunha das máis sanguentas batallas da Grande Guerra Patriótica (Segunda Guerra Mundial). Os invasores alemáns tiveron inúmeras perdas cando tentaron avanzar a través do istmo ligando a Crimea á Ucraína, en Perekop, no verán de 1941. Cando finalmente conseguiron atravesar, os alemáns ocuparon a maior parte da Crimea, con excepción da cidade de Sebastopol (Cidade Heróica). Sebastopol resistiu heroicamente de outubro de 1941 ata 4 de xullo de 1942, cando os alemáns finalmente capturaron a cidade. As tropas soviéticas conseguiron liberar Sebastopol soamente en 1944.
Deportacións [editar]
En 1944 a poboación de etnia Crimea-Tártara foi deportada a forza polo goberno soviético. Estímase que o 46% deses deportados morreron de fame e doenzas.
Dominación Soviética [editar]
Durante a era soviética, a Crimea foi gobernada como parte da República Socialista Federativa Soviética (RS) da Rusia ata que, en 1954, fose transferida por Khrushchev para a RS Ucraniana como presente de conmemoración do 300° aniversario da unificación da Rusia e da Ucraína. co colapso da Unión Soviética, a Crimea tornouse parte da recén independente Ucraína, unha situación resentida por parte da poboación maioritariamente rusa e causadora de tensións entre a Rusia e a Ucraína. coa Frota do Mar Negro baseada na península, houbo aprehensións de conflito armado.
Coa derrota electoral das principais forzas políticas radicais nacionalistas da Ucraína a tensión diminuiu progresivamente.
Autonomia [editar]
Crimea proclamou a súa autonomía o 5 de maio de 1992, mais concordou máis tarde permanecer parte integrante da Ucraína como unha República autónoma.
O Presidente do Parlamento da República é Anatolii Hrytsenko, desde 2006, e o primeiro ministro é Viktor Plakida, desde 2006.
A cidade de Sebastopol está situada dentro da República, mais ten un status municipal especial na Ucraína.
Linguas [editar]
Aslingua oficial da Crimea é o ucraína. O ruso é de facto e o Tártaro da Crimea tamén está recoñecido. Outras linguas faladas son o húngaro, o polaco e o romanés.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Autonomous Republic of Crimea - Information card (en inglés).
- United Nations Crimea Integration and debelopment Programme (en inglés).