Lingua búlgara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Búlgaro (Български език)
Pronuncia: Bǎlgarski ezik
Falado en: Bulgaria, Ucraína, Moldavia, rexións limítrofes de Serbia, Romanía, Grecia, República da Macedonia, Turquía
Rexións: Os Balcáns.
Total de falantes: 8 millóns
Posición: 88
Familia: Indoeuropea
 Eslava
  Eslava meridional
   Sureslava do leste
    Búlgaro
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Flag of Bulgaria.svg Bulgaria
Flag of Europe.svg Unión Europea
Regulado por: Instituto da lingua búlgara, na academia búlgara das ciencias

(Институт за български език)

Códigos de lingua
ISO 639-1: bg
ISO 639-2: bul
ISO 639-3: bul

O búlgaro (Български език, Bǎlgarski ezik) é unha lingua indoeuropea, pertencente á familia das Linguas eslavas meridionais das Linguas eslavas. O búlgaro posúe grandes innovacións lingüísticas que a manteñen afastada doutras linguas eslavas.

A lingua búlgara está moi relacionada coa lingua macedonia, xeralmente recoñecida como unha lingua distinta, aínda que prevalece a opinión en Bulgaria, e en Grecia, xunto a opinión de lingüistas internacionais, de que as dúas linguas son variantes do mesmo diasistema.

[editar] Distribución xeográfica

O búlgaro é a lingua máis falada en Bulgaria. Tamén hai comunidades de falantes en Canadá, España, Grecia, Hungría, Israel, Moldavia, Romanía, Serbia, Turquía, Ucraína e nos Estados Unidos cun número aproximado de falantes nativos de 12 millóns de persoas.

[editar] Estatus oficial

É lingua oficial de Bulgaria, éo tamén da Unión Europea a partir do 1 de xaneiro do 2007.

[editar] Expresións comúns en búlgaro

  • Здравей (zdravei) — Ola
  • Здрасти (zdrasti) — Ola (informal)
  • Добро утро (dobro utro) — Bos días
  • Добър ден (dobâr den) — Teña un bo día
  • Добър вечер (dobâr vecher) — Boas tardes
  • Лека нощ (leka nosht) — Boas noites
  • Довиждане (dovishdane) — Adeus
  • Как си (kak si) — ¿qué tal estás?
  • Добре съм (dobre sâm) — Estou ben
  • Поздрави (pozdravi) — Saúdos
  • Благодаря (blagodarya) — Grazas
Flag of Europe.svg Linguas oficiais da Unión Europea Flag of Europe.svg
Búlgaro | Checo | Dinamarqués | Neerlandés | Inglés | Estoniano | Finés | Francés
Alemán | Grego | Húngaro | Irlandés | Italiano | Letón | Lituano | Maltés
Polaco | Portugués | Romanés | Eslovaco | Esloveno | Castelán | Sueco
Fonte: Sitio da Unión Europea
Wikipedia
Existe unha versión da Wikipedia en Lingua búlgara.
Galizionario
Vexa no Galizionario as palabras en Búlgaro.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas