Cítrico
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa botánica é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa botánica que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Cítrico é o nome común do xénero citrus, que designa as especies de grandes arbustos ou pequenas árbores perennes (entre 5 e 15 m) da familia das Ruteáceas, que teñen froitos ou froitas que posúen un alto contido en vitamina C e ácido cítrico, o que lles proporcionas ese típico sabor acedo tan característico. Oriúndo da Asia tropical e subtropical, este xénero contén tres especies e numerosos híbridos cultivados, incluíndo as froitas máis amplamente comercializadas, como o limón, a laranxa, a lima e a mandarina, con diversas variedades que dependen da rexión na que se cultive cada unha delas.
Aínda que a clasificación taxonómica é complexa, recentes investigacións xenéticas demostraron que unicamente existen tres especies principais C. maxima, C. medica e C. reticulata, sendo as restantes híbridos destas tres. Debido á facilidade de hibridación dos cítricos, tódolos cultivos para uso comercial obtéñense enxertando as especies cultivares desexadas sobre plantóns seleccionados pola súa resistencia ás enfermidades.
