Supercontinente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Movemento dos continentes dende a época de Panxea até a actualidade.

Supercontinente é a denominación empregada en xeoloxía para aquelas masas terrestres que consisten en dúas ou máis cratóns ou núcleos de continentes. Comunmente asóciase a Panxea con este termo, ou aos outros dous grupos de terras emerxidas da súa división (Gondwana e Laurasia), aínda que a listaxe de supercontinentes pasados, presentes e futuros é máis extensa.

Efectos xeolóxicos[editar | editar a fonte]

Os supercontinentes bloquean a saída da calor interna da terra, o cal produce un sobrequecemento da astenosfera. Eventualmente, isto produce fisuras na litosfera a través das cales emerxerá magma que empurrará aos bloques, afastándoos. Non está aínda claro se os continentes vólvense a xuntar de modo accidental logo de trasladarse polo planeta (ver Deriva continental) ou se se separan e volven unirse logo nun movemento acordeónico.

Supercontinentes parciais[editar | editar a fonte]

Os que abranguen unha cantidade considerable (xeralmente, entre un cuarto e un medio) das terras emerxidas, en orde cronolóxica.

  • Nena (hai uns 1.800 millóns de anos).
  • Atlántica (hai uns 1.800 millóns de anos).
  • Euramérica (hai uns 400 millóns de anos).
  • Gondwana (hai uns 200 millóns de anos).
  • Laurasia (hai uns 200 millóns de anos).
  • Eurafrasia (actual; ás veces considérase a unha agrupación menor, Eurasia, que inclúe a Europa e a Asia; pero dende un punto de vista xeolóxico non é un supercontinente).
  • América (actual).


Lista de supercontinentes maiores[editar | editar a fonte]

(os que abarcaron a totalidade ou a maior parte das terras emerxidas, en orde cronolóxica)

  • Vaalbará (xorde hai aproximadamente 4.000 millóns de anos. É o primeiro supercontinente teorizado da terra).
  • Ur (xorde hai aproximadamente 3.000 millóns de anos. Aínda que non comprendía o tamaño dos supercontinentes posteriores).
  • Kenorland (xorde hai 2.500 millóns de anos, divídese hai 2.100 millóns de anos).
  • Columbia (xorde hai 1.800 millóns de anos, divídese hai 1.500 millóns de anos).
  • Rodinia (xorde hai 1.100 millóns de anos, divídese hai 750 millóns de anos).
  • Pannotia (xorde hai 600 millóns de anos, divídese hai 540 millóns de anos).
  • Panxea (xorde hai 300 millóns de anos, divídese hai 200 millóns de anos).
  • Panxea Última ou Amasia (formarase dentro de 250 millóns de anos).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]