Península Itálica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista de satélite

A Península Itálica ocupa unha posición intermedia entre as tres principais penínsulas da Europa meridional: balcánica, itálica e ibérica. A Península Itálica emerxe do centro do Mediterráneo, con grandes illas e algúns arquipélagos.

Características xerais[editar | editar a fonte]

A Península Itálica está unida ao tronco central do continente europeo pola cadea dos Alpes. Grazas á súa posición, constitúe unha ponte de paso entre Europa, Asia e África. Italia está bañada polo mar de Liguria e polo mar Tirreno (costa occidental) e polo mar Iónico e o Adriático (costa oriental). No sur, Calabria e Sicilia, xuntas forman xeoloxicamente unha extensión peninsular. Entre esta última e África distan 140 km. Na costa oriental, a península salentina (Puglia) dista da costa albanesa, no punto máis estreito do Canal de Otranto, 70 km.

División política e administrativa da Península Itálica[editar | editar a fonte]

A rexión física da Península Itálica, non corresponde exactamente coa extensión do Estado Italiano, e non só os italianos ocupan este espazo. Dentro da península itálica encontramos: