Río Don

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Don
O Don na rexión de Voronezh
PaísRusia
Lonxitude1950 km
Caudal medio935 m³/s
DesembocaduraMar de Azov
Mapa coa cunca do Don

O Don (en ruso: Дон), é un importante río de Rusia, cun curso de 1.950 km, que desemboca no mar de Azov. O total da súa cunca abrangue unha área de 425.600 km².

Percorrido[editar | editar a fonte]

O Don nace no lago Iván (Ivan Ozero), non lonxe da cidade de Tula. Desde a súa fonte, primeiro flúe cara ó sueste até Voronezh, despois cara suroeste. A cidade máis importante que atravesa no seu curso é Rostov do Don. No seu extremo oriental, o Don pasa próximo do río Volga, o que foi aproveitado para unir ambas bacías fluviais a través do canal Volga-Don, unha importante vía de navegación na Rusia meridional, que atinxe uns 105 km. Desde Rostov parte tamén un canal que o comunica directamnete co mar Caspio. Desemboca finalmente no mar de Azov, na baía de Taganrog, e xusto xunto a pequena cidade de Azov.

Afluentes[editar | editar a fonte]

O máis importante dos afluentes é o Donets (1.053 km), pola beira dereita, que ten a maior parte do seu curso en Ucraína. Pola marxe esquerda destacan o río Medveditsa (745 km) e o Chopjor (1.010 km).

Historia[editar | editar a fonte]

O río era coñecido na Grecia antiga, denominandoo Tanais, sendo utilizado como ruta comercial esencial para penetrar nas chairas rusas. O curso do río foi considerado antigamente como o límite entre Europa e Asia.

O curso baixo do Don foi o escenario da Operación Urano, que durante a segunda guerra mundial marcou o comezo da contraofensiva soviética na batalla de Stalingrado.

Étimo do nome[editar | editar a fonte]

O nome do Don contén a mesma raíz indoeuropea, *dhen - "correr, fluír", que o Danubio (lémbrese que este en alemán é Donau), e tamén aparece na primeira parte dos nomes dos ríos Dnister ou Dniéper. Posibelmente o nome orixinal era o escita (iranio) danu "río", evolucionado en oseto a don "río".

Véxase tamén[editar | editar a fonte]