Plistoceno
O plistoceno[1] é unha época xeolóxica, comprendida entre hai aproximadamente 1.800.000 e uns 11.500 anos. Pertence ao período neoxeno, da era cenozoica, do eón fanerozoico. Sucede ao plioceno e precede ao holoceno, ambos os dous do seu período. Dividese nas idades do Plistoceno Inferior, Plistoceno Medio e Plistoceno Superior, da máis antiga á máis recente.
Índice |
Características [editar]
No Plistoceno ocorreron as glaciacións máis recentes. O clima e as temperaturas mudaron drasticamente, e o período é hoxe estudado por paleontólogos na tentativa de comprender os climas da Terra no pasado.
Os fósiles deste período son abondosos, ben preservados, e a súa datación é precisa. Entre eles, os foraminíferos, diatomáceas e pole de plantas son moi informativos sobre os paleoclimas. Os paleontólogos estudan actualmente, a través destes rexistros, a influencia das mudanzas climáticas sobre as biotas.
Moitos dos xéneros e mesmo especies que viven hoxe xurdiron entón. Houbo, porén, naquel período, un bo número de animais de gran porte hoxe extintos, como o mastodonte ou o tigre dente de sabre. Camelos e cabalos nativos existian na América do Norte. Un dos maiores animais do Plistoceno, cuxas biotas eran moi semellantes ás actuais, foi o mamut.
Durante o Plistoceno ocorreu a extinción dos grandes mamíferos e a evolución dos humanos modernos. Unha das teorías sobre esa extinción baséase, en parte, á caza pola especie Homo sapiens.
Notas [editar]
- ↑ Real Academia Galega. "plistoceno". Dicionario da Real Academia Galega. http://www.realacademiagalega.org/dicionario/#searchNoun.do?nounTitle=plistoceno. Consultado o 22 de agosto de 2012.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
| Era Cenozoica | |||
|---|---|---|---|
| Período Neoxeno | |||
| Mioceno | Plioceno | Plistoceno | Holoceno |
| Aquitaniano | Burdigaliano | Langhiano | Serravalliano | Tortoniano | Mesiniano |
Zancleano | Piacenciano | Xelasiano |
Inferior | Medio | Superior |
|