Mar Tirreno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización do Mar Tirreno

O Mar Tirreno é a parte do Mar Mediterráneo que baña o oeste da costa italiana. Colle o seu nome do antigo pobo dos Tirrenos, máis coñecido como Etruscos.

Limita ó oeste con Córsega e Sardeña, ó norte coa rexión italiana de Liguria, ó leste (en liña NO-SE) coas rexións de Toscana, Lazio, Campania e Calabria, e ó sur con Sicilia. Está separado do Mar Xónico polo estreito de Mesina, entre Sicilia e Calabria.

A profundidade máxima é de 3.785 metros.

Está situado preto da 'Falla Africano-Europea'; Por iso, as montañas nas illas e no fondo desenvolven volcáns, como o da illa de Stromboli, algúns deles mesmo activos (Monte Marsilii). Os ventos predominantes son Mistral, procedente do val do Ródano, Libeccio do suroeste, e Siroco (Scirocco) e Ostro dende o sur.

Superficie do Mar Tirreno