Pradairo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pradairos (xénero Acer)
Follas de Acer platanoides
Follas de Acer platanoides
Estado de conservación
Non está ameazada

Status iucn3.1 LC gl.svg

Clasificación científica
Reino: Plantae
Filo: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Sapindales
Familia: Sapindaceae
Xénero: Acer
L. 1753
Map genus Acer.png

Sinonimia

Acer L.
Argentacer Small
Rufacer Small
Rulac Adans.
Saccharodendron (Raf.) Nieuwl.

Os pradairos son árbores e arbustos pertencentes ao xénero Acer, da familia das sapindáceas. Moitas especies son ornamentais e salientan pola beleza da súa follaxe outoniza. En Galicia atopamos principalmente o pradairo común (Acer pseudoplatanus), chamado moitas veces simplemente pradairo. Nas provincias interiores tamén aparece o pradairo campestre (Acer campestre).

Descrición[editar | editar a fonte]

Os pradairos distínguense doadamente polas súas follas opostas, normalmente palmato lobuladas, aínda que tamén se dan as palmato compostas, pinnadas compostas, pinnadas avetadas e sen lóbulos. As flores son regulares, pentámeras, e xurden en acios, corimbos ou umbelas. Os seus distintivos froitos nacen en parellas unidas, chamados sámaras, que, ao se desprender, van virando movidos polo vento espallando as sementes a considerábel distancia, polo que acostuman coñecerse coma «árbores de helicópteros».

As follas da meirande parte das especies son palmeadas, venadas e lobuladas, con 3 a 9 veas cada unha orientada cara un lóbulo, un dos cales é o central. Varias especies son trifoliadas: Acer griseum, Acer mandshuricum, Acer maximowiczianum e Acer triflorum. Acer negundo ten follas pinnadas compostas, que poden ser simplemente trifoliadas ou con 5 a 7 (raramente 9) folliñs. Acer carpinifolium ten follas simples pinnadas e venosas que lembran aos dos carpes.

Os pradairos florecen a finais do inverno ou principios da primavera, na maioría das especies ao mesmo tempo de apareceren as follas ou xusto despois, nalgunas incluso antes de estas. As flores son pequenas e inconspícuas, posúan cinco sépalos, cinco pétalos de entre 1 a 6 mm de largo, doce estames de entre 6 a 10 mm dispostos en dous aneis de seis cada un e dous pistilos ou un pistilo e dous estilos. O ovario é súpero e con dous carpelos, cuxas asas prolongan as flores, facilitando o recoñecemento das femininas. Logo de entre unhas semanas a seis meses de floración, as árbores producen un gran número de sementes.

Os especímenes deste xénero son unha importante fonte de pole e néctar a principios de primavera para as abellas, en particular as abellas melíferas e un recurso alimentario para as larvas de varias especies de lepidópteros.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

A procedencia do nome do xénero Acer é incerta. Unha das teorías é que procede do latín acer, -is (afiado), referido ás puntas características das follas ou á dureza da madeira que, supostamente, se utilizaría para fabricar lanzas. O primeiro en aplicalo ao xénero foi o botánico francés Joseph Pitton de Tournefort en 1700.

O nome galego pradairo (bordo en portugués) vén quizais polo seu parecido co plátano (xénero Platanus), por iso tamén recibe o nome de plátano bastardo ou falso plátano. Tamén é designado ás veces co galicismo sicómoro, mais este nome pode levar á confusión coa especie homónima (Ficus sycomorus), unha árbore común no leste da rexión mediterránea e citada na Biblia, coa cal non ten moito parentesco mais apenas unha vaga semellanza na forma das follas.

Usos e simbolismo[editar | editar a fonte]

Os pradairos son moi cultivados coma ornamentais, para elaborar xaropes e como madeira de construción. Algunhas especies presentan unha fermosa cor outoniza, especialmente as especies xaponesas e norteamericanas.

O pradairo azucreiro (Acer saccharum) é utilizado para a extracción da saiba, que logo de ser fervida produce o (xarope de pradairo), co que se fan doces. Quebec é o maior produtor de produtos obtidos do zume dos pradairos.

A madeira emprégase na fabricación dos bates de béisbol aprobados pola MLB e diversas ligas de béisbol arredor do mundo. Tamén se emprega para a fabricación de instrumentos musicais como a gaita; a súa alta densidade e propiedades sonoras fana favorita para dito uso.

A folla do pradairo é un destacado símbolo nacional no Canadá e está representada na súa bandeira.

En Galicia a madeira do pradairo bravo empregábase para fabricar zocas e gaitas.

Especies representativas[editar | editar a fonte]

Acer palmatum var amoenum cv 'Sanguineum'.
Detalle dunha póla de Acer monspessulanum con sementes.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Whether this or A. floridanum is the proper name of this taxon is subject to contention, as Michaux's original material was a mix of A. barbatum & A. rubrum. It is often treated as a subspecies of A. saccharum: A. s. subsp. barbatum (Michx.) Desmarais.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Acer
Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Acer