Marco convertible

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Marco convertible
Konvertibilna marka en bosníaco
Código: BAM
Ámbito: Bosnia e Hercegovina Bosnia e Hercegovina
Símbolo: KM (latino)/ КМ (cirílico)
Fracción: 100 fening
Moedas: 5, 10, 20, 50 feninga
1, 2, 5 BAM
Billetes: 10, 25, 50, 100, 250, 1.000 NLG
Emisor: Banco Central de Bosnia e Hercegovina
Taxa de troco:
fixa
1 EUR = 1,95583 BAM
Troco actual

O marco convertible (en bosníaco: konvertibilna marka) é a moeda oficial de Bosnia e Herzegovina. Estableceuse como tal nos acordos de Dayton de 1995. O seu nome provén do marco alemán, moeda coa que mantivo unha taxa de cambio de 1 a 1 até 2002. Dende entón mantén un cambio fixo co euro de 0,51129 euros por marco.

Porén, na zona sur de Bosnia e Hercegovina, e debido á maioría de poboación croata, utilízase tamén a kuna croata.