WilliamsF1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Flag of the United Kingdom.svg Williams-Mercedes
20150130002217!Williams Martini Racing logo.png
Nome completo Williams Martini Racing[1]
Bandeira coa que compite Reino Unido Reino Unido
Base en Grove, Wantage, Oxfordshire, Reino Unido
Xefe de Equipo Sir Frank Williams
Claire Williams OBE (Adxunta)
Director Técnico Paddy Lowe (director técnico)
Rob Smedley (enxeñeria de rendimiento)
Dirk De Beer
(aerodinámica)
Pilotos 63. Flag of the United Kingdom.svg George Russell[2]
88. Polonia Robert Kubica[3]
Pilotos de probas
Chasis FW42[4]
Motor Mercedes
Pneumáticos Pirelli
Debut Como equipo
Gran Premio de España de 1977
Como construtor
Gran Premio de Arxentina de 1978
Carreiras Como equipo
710 (706 saídas)
Como construtor
699 (698 saídas)
Campionatos de Construtores 9 (1980, 1981, 1986, 1987, 1992, 1993, 1994, 1996, 1997)
Campionatos de Pilotos 7 (1980, 1982, 1987, 1992, 1993, 1996, 1997)
Vitorias 114
Pole positions 128
Voltas Rápidas 133
Puntos totais 7 (2018)
Posición no campionato 10º (2018)
Non confundir con Frank Williams Racing Cars, formado por Frank Williams en 1967.

Williams Grand Prix Engineering Limited (Modelo:FWB), que compite na Fórmula Un como "Williams Martini Racing", é un equipo e construtor británico de Fórmula Un. Fundado e dirixido polo propietario Sir Frank Williams e o enxeñeiro de automoción Patrick Head. O equipo formouse en 1977 logo de dous intentos fracasados de Frank Williams de dirixir dous equipos anteriormente: Frank Williams Racing Cars (1969 a 1975) e Wolf-Williams Racing (1976). Todos os chasis Williams F1 chámanse "FW" e logo un número, sendo o FW as iniciais do dono do equipo, Frank Williams. O equipo logrou grandes éxitos nos anos 80 e 90 e segue sendo un dos grandes equipos da Fórmula 1.

Gañaron o seu primeiro campionato mundial co piloto Alan Jones en 1980. Logo seguíronlle Keke Rosberg en 1982, Nelson Piquet en 1987, Nigel Mansell en 1992, Alain Prost en 1993, Damon Hill en 1996 e Jacques Villeneuve en 1997. Os últimos deses catro campionatos logrounos o equipo xunto cos motores Renault V10 que dominaron os anos 90. O equipo é coñecido por darlle máis importancia ao campionato de construtores. Gañaron 9 títulos de construtores e só 7 de pilotos.

As mellores temporadas da escudaría foron as de 1992 e 1993. Nestas temporadas obtiveron ademais do mundial de construtores, o mundial de pilotos. Os Williams FW14 e o FW15 eran un verdadeiro alarde de electrónica. Parte de esa electrónica que utilizaba o equipo foi prohibida pola FIA posteriormente.

A tempada de Fórmula 1 de 1994 ficou marcada pola contratación de Ayrton Senna e súa morte no Gran Premio de San Marino, ao volante dun Williams. Frank Williams, Patrick Head e Adrian Newey (Os dous últimos deseñadores do coche) foron procesados, máis non foron condenados. David Coulthard e Nigel Mansell remataron ese ano a tempada, e tamén ese ano Damon Hill perdeu o título de pilotos por un punto.

A fase máis vitoriosa da Williams acabou en 1997, en gran parte pola perda dos motores Renault, que retiráronse da Fórmula 1. Nas temporadas de 1998 e 1999 cos motores non-oficiais da Renault, Mecachrome e Supertec respectivamente, Williams conquistou os postos 3° e 5° no campionato de construtores, sen oportunidades de vitoria.

Orixes[editar | editar a fonte]

Frank Williams comezou co actual equipo Williams en 1977 despois de que co seu anterior equipo, Frank Williams Racing Cars, non conseguiu o éxito que desexaba. A pesar da promesa dun novo propietario, o millonario canadense Walter Wolf eo reencontro do equipo como Wolf-Williams Racing en 1976, os autos non eran competitivos. Williams deixou o Walter Wolf Racing e trasladouse a cidade de [[Didcot] para reconstruír o seu equipo como "Williams Grand Prix Engineering". Frank recrutou a o novo enxeñeiro Patrick Head para traballar para o equipo, creando a sociedade "Williams-Head".[5]

Propiedade[editar | editar a fonte]

Reuters anunciou o 20 de novembro de 2009 que Williams e Patrick Head venderan unha participación minoritaria do equipo a unha sociedade de investimento austríaco liderada por Toto Wolff[6] Quen dixo que era puramente unha decisión comercial.[7]

En febreiro de 2011, Williams F1 anunciou plans para ampliar capital través dunha Oferta pública de venta (OPV) na Frankfurt Stock Exchange (FWB) en marzo de 2011, quedando Sir Frank Williams como accionista maioritario e director do equipo trala OPV.[8]

En febreiro de 2017, a propiedade era a seguinte: Frank Williams (52´25%); Brad Hollinger (14´75%); Patrick Head 9%; 20% no mercado público; e o 4% está a cargo do empregado do fondo fiduciario.Modelo:Fact

Historial de carreiras na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

Motores Ford-Cosworth (1977-1983)[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Ford Motor Company e Cosworth.

Tempada de 1977[editar | editar a fonte]

Williams participou cun March 761 na tempada 1977. O único piloto Patrick Nève apareceu en 11 carreiras ese ano, debutando no Gran Premio de España de 1977. O novo equipo non conseguiu lograr un punto, alcanzando un mellor final de 7º en Italia.[9]

Tempada de 1978[editar | editar a fonte]

O Williams FW06 de 1978 en Silverstone en 2007

Para a tempada 1978, Patrick Head deseñou o seu primeiro automóbil Williams: o FW06. Williams contratou ao piloto australiano Alan Jones, que vencera en Austría na tempada anterior para un devastado equipo Shadow trala morte do seu piloto principal, Tom Pryce. A primeira carreira de Jones para o equipo foi o Gran Premio da Arxentina de 1978 onde cualificou o único auto de Williams na 14ª posición, pero retirouse logo de 36 voltas cun fallo no sistema de combustible. O equipo logrou os seus primeiros puntos de campionato dúas rondas despois no Gran Premio de Suráfrica de 1978 cando Jones terminou cuarto. Williams conseguiu o seu primeiro podio en Estados Unidos, onde o australiano quedou en segundo lugar, preto de 20 segundos por detrás do Ferrari do futuro piloto de Williams Carlos Reutemann.[10] Williams finalizou a tempada na décima posición no Campionato de Construtores, cuns respectables 16 puntos, mentres que Alan Jones terminou 12º no Campionato de Pilotos. Cara a finais de 1978 Frank Williams recrutou a Frank Dernie para unirse a Patrick Head na oficina de deseño.

Tempada de 1979[editar | editar a fonte]

Head deseñou o FW07 para a tempada 1979 con Frank Dernie facendo o desenvolvemento aerodinámico. Este foi o primeiro coche con efecto solo, unha tecnoloxía introducida por Colin Chapman e Team Lotus. Williams tamén adheriuse a proposición da Formula One Constructors Association (FOCA) para os equipos presentaran dous coches, polo que contratouse ao piloto suízo Clay Regazzoni.[11] Non foi ata a sétima rolda do campionato, Mónaco, no que conseguiron unha posición dentro dos puntos. Regazzoni estivo preto de lograr a primeira vitoria do equipo pero terminou en segundo lugar, a menos dun segundo por detrás do gañador da carreira Jody Scheckter. A seguinte rolda en Dijon é recordada pola derradeira volta entre René Arnoux e Gilles Villeneuve, pero tamén viu a ambos coches rematar nos puntos por primeira vez, Jones foi o cuarto con Regazzoni sexto.[12] A primeira vitoria do equipo foi no Reino Unido. Cando Regazzoni terminou case 25 segundos por diante do segundo clasificado.

Os grandes éxitos seguiron cando os coches de Williams acabaron primeiro e segundo na seguinte rolda en Hockenheim, Alan Jones, dous segundos por diante de Regazzoni. Jones sumou outras dúas vitorias para conseguir tres vitorias consecutivas, en Österreichring, terminou medio minuto por diante do Ferrari de Gilles Villeneuve e en Zandvoort. Scheckter terminou a racha gañadora de Williams cando gañou na casa co Ferrari en Italia, Regazzoni terminou a terceiro por detrás dos Ferraris. Alan Jones conseguiu outra vitoria na penúltima carreira en Montreal para encabezar unha gran tempada.

Williams mellorou moito no Campionato de Construtores, terminando segundo, oito lugares máis arriba que o ano anterior, e logrando 59 puntos máis. Alan Jones foi o piloto máis próximo ao dúo de Ferrari, Villeneuve e o campión de 1979 Jody Scheckter. Jones logrou 43 puntos, 17 detrás de Scheckter, mentres que o compañeiro de Jones, Regazzoni, estaba a dous lugares detrás del con 32 puntos.

Tempada de 1980[editar | editar a fonte]

Durante a tempada de 1980, Alan Jones asociouse co arxentino Carlos Reutemann. O equipo comezou ben no campionato, con Jones gañando a primeira rolda da tempada en Arxentina. Jones gañou catro carreiras: Paul Ricard, Brands Hatch, Montreal ea rolda final en Watkins Glen. Jones converteuse no primeiro dos sete pilotos de Williams en gañar o Campionato de Pilotos, 17 puntos por diante do Brabham de Nelson Piquet. Williams tamén gañou o seu primeiro Campionato de Construtores, logrando 120 puntos, case o dobre de Ligier.

Tempada de 1981[editar | editar a fonte]

O dúo gañou catro carreiras para o equipo Williams na tempada 1981. Alan Jones gañou na primeira rolda en Long Beach ea rolda final en Las Vegas, mentres Carlos Reutemann gañou na segunda rolda en Jacarepaguá e a quinta rolda en Zolder. Williams gañou o título de Construtores por segundo ano consecutivo, logrando 95 puntos, 34 puntos máis que Brabham en segundo lugar.

Tempada de 1982[editar | editar a fonte]

FW08 de Keke Rosberg usado durante a tempada 1982, cando Rosberg gañou o campionato de pilotos só logrando unha única vitoria durante a tempada

Alan Jones retirouse da Fórmula Un (aínda que volvería un ano máis tarde para unha única carreira co equipo Arrows). O australiano foi substituído polo piloto finlandés, Keke Rosberg, que non lograra nin un único punto de campionato o ano anterior. Gañou o título de pilotos ese ano malia gañar só unha carreira, o Gran Premio de Suíza de 1982 en Dijon-Prenois. O compañeiro de equipo de Rosberg, Reutemann, terminou no 16º posto logo de abandonar a Fórmula 1 despois de disputar só dúas carreiras da nova tempada. O seu asento ocupouno Mario Andretti para o Gran Premio do oeste dos Estados Unidos de 1982 antes de que Derek Daly o ocupara para o resto do ano. O equipo de Williams acabou cuarto no Campionato de Construtores ese ano, 16 puntos detrás do primeiro lugar de Ferrari.

Ao final da tempada, Frank Williams decatouse que para competir nos niveis máis altos da Fórmula 1 precisaba do apoio dun dos principais fabricantes de motores, como Renault ou BMW, que poderían fornecer ao seu equipo cun motor turbo.

Motores Honda (1983-1987)[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Honda na Fórmula 1.

Tempada de 1983[editar | editar a fonte]

Frank Williams mirou para Honda, que desenvolvera o seu propio motor turbo V6 co equipo Spirit. Firmouse un acordo entre Honda e Williams a principios de 1983 e o equipo utilizou os motores para a tempada de 1984. Ata entón, para a tempada 1983, Williams continuou usando o motor Ford agás na última carreira do ano en Suráfrica onde Keke Rosberg logrou un alentador quinto lugar. O equipo terminou cuarto no Campionato de Construtores, logrando 36 puntos, incluíndo unha vitoria para Rosberg en Mónaco.

Tempada de 1984[editar | editar a fonte]

Para a tempada 1984, Patrick Head deseñou o FW09 de estraña forma. Keke Rosberg gañou o Gran Premio de Dallas e conseguiu o segundo na carreira de apertura no Brasil. O compañeiro de equipo de Rosberg, Jacques Laffite, quedou 14º no Campionato de Pilotos con cinco puntos. O equipo terminou sexto con 25´5 puntos, con Rosberg oitavo no Campionato de Pilotos.

Tempada de 1985[editar | editar a fonte]

Williams FW10 de Nigel Mansell usado durante a tempada 1985

En 1985, Head deseñou o FW10, o primeiro chasis do equipo en empregar a tecnoloxía da fibra de carbono na que foi pioneira no equipo de McLaren. O piloto británico Nigel Mansell uniuse ao equipo co seu compañeiro Rosberg. O equipo logrou catro vitorias con Rosberg no Gran Premio de Detroit de 1985 e o Gran Premio de Australia de 1985, e Mansell gañou o Gran Premio de Europa de 1985 e o Gran Premio de Suráfrica de 1985. Williams terminou terceiro no Campionato de Construtores, logrando 71 puntos.

Durante a cualificación para o Gran Premio do Reino Unido de 1985 en Silverstone, Rosberg percorreu o circuíto ultra rápido de 4´719 km en 1:05.591 cunha velocidade media de 259´005 km/h, a volta máis rápida rexistrada no historial de Fórmula Un ata ese momento.

Desde 1985 ata finais da tempada de 1993, os coches de Williams correron coa livrea amarelo, azul e branco de Canon.

Tempada de 1986[editar | editar a fonte]

En marzo de 1986, Frank Williams enfrontouse ao desafío máis grave da súa vida. Ao regresar ao aeroporto de Niza, Francia, logo das probas previas á tempada no Circuíto Paul Ricard, víuse involucrado nun accidente de tráfico que o deixou paralítico. Non volveu aos boxes por case un ano.[13] Malia a falta de presenza na pista, o equipo de Williams gañou nove Grandes Premios e o Campionato de Construtores e estivo a piques de gañar o Campionato de Pilotos con Nigel Mansell, pero o pneumático traseiro esquerdo do piloto británico rebentou na última rolda da tempada, en Australia, mentres que o seu rival e compañeiro de equipo, Nelson Piquet fixo unha parada pouco despois da retirada de Mansell como precaución. Isto permitiu a Alain Prost defender o seu título con éxito, a pesar de ter nun coche inferior.

Tempada de 1987[editar | editar a fonte]

FW11B de 1987 foi o único Williams con motor Honda que gañou un Campionato de Pilotos

A tempada 1987 deu á sociedade Williams-Honda o seu primeiro e único título de Pilotos nas mans de Nelson Piquet. Piquet gañou tres carreiras e logrou 76 puntos, 73 puntos validos (os mellores 11 resultados contabilizados) en relación ao Campionato de Pilotos. O seu compañeiro de equipo Mansell quedou en segundo lugar con seis vitorias e 61 puntos na tempada. O equipo de Williams gañou o Campionato de Construtores por segundo ano consecutivo, logrando 137 puntos, 61 puntos por diante dos seus rivais máis próximos, McLaren. Malia este éxito, Honda finalizou a súa colaboración con Williams ao final de ano en favor de McLaren e continuou con Lotus.

Motores Judd (1988)[editar | editar a fonte]

Incapaz de lograr un acordo con outro gran fabricante de motores, Williams utilizou o motor atmosférico de Judd para a tempada 1988.[14] Isto deixounos cun déficit de potencia significativo en comparación cos seus rivais con motor turbo. Piquet deixou Williams para unirse a Lotus que mantivo os seus motores Honda para a tempada de 1988, axudado por Satoru Nakajima como piloto número 2 para Piquet. Williams contratou ao italiano Riccardo Patrese para substituír a Piquet. O equipo non gañou unha carreira nesa tempada e terminou sétimo no Campionato de Construtores, logrando 20 puntos. Os momentos máis destacados da tempada foron dous segundos postos de Mansell, no Gran Premio do Reino Unido de 1988 e no Gran Premio de España de 1988. Cando Mansell viuse obrigado a perder dúas carreiras debido a unha enfermidade, foi substituído por Martin Brundle e despois por Jean-Louis Schlesser.

Motores Renault (1989–1997)[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Renault na Fórmula 1.

O equipo conseguiu uncontrato de motores con Renault en 1989. Os motores Renault posteriormente levaron aos pilotos de Williams a outros catro campionatos e a cinco campionatos de construtores ata a saída de Renault da Fórmula Un a finais de 1997. A combinación do potente motor de Renault e os coñecementos de deseño de Adrian Newey levaron a williams a un período particularmente dominante a mediados da década de 1990. Mansell fixo unha tempada récord en 1992, gañando o título en tempo récord e liderando moitas carreiras desde a pole ata o final. Algúns sosteñen que os Williams FW14 B e FW15C foron "os autos máis avanzados tecnoloxicamente que que xamais competiron na Fórmula Un".[15]

Motores Mecachrome (1998)[editar | editar a fonte]

Motores Supertec (1999)[editar | editar a fonte]

Década de 2000[editar | editar a fonte]

Motores BMW[editar | editar a fonte]

Nick Heidfeld pilotando o modelo FW27 non GP de Canadá de 2005.

Na tempada de Fórmula 1 de 2000 o equipo cambiou de fornecedor de motores, que a partir de entón pasa a ser BMW. Neste ano Williams fixo unha tempada regular logrando 36 puntos e o 3° lugar no campionato de construtores.

Na tempada de Fórmula 1 de 2001 cun coche máis desenvolvido xunto cos motores BMW, o equipo quebra un xexún de 4 anos sen vitórias na F1, coa vitória de Ralf Schumacher no GP de San Marino, logra 80 puntos e repite o 3° lugar da tempada anterior.

Nas tempadas de 2002 e 2003 conquista o subcampionato de construtores. En 2004, Patrick Head fai un proxecto revolucionário, máis o coche non se mostra competitivo e frustra as expectativas de título do equipo que polo menos cerra a tempada cunha vitoria de Juan Pablo Montoya no GP de Brasil, esa foi a última tempada da dupla Montoya e Ralf co equipo. Para a tempada de Fórmula 1 de 2005 son contratados Mark Webber e Nick Heidfeld, fan unha tempada regular, máis Williams e BMW rematan rompendo o seu contrato.

Motores Cosworth[editar | editar a fonte]

Coa rotura de Williams con BMW, na tempada de Fórmula 1 de 2006 Cosworth convertese no novo fornecedor de motores. O equipo fai unha pésima tempada logrando apenas 11 puntos e o 8° lugar no campionato de construtores. A dupla de pilotos son Mark Webber e Nico Rosberg.

Motores Toyota[editar | editar a fonte]

Nico Rosberg pilotando o FW29.

En 2007 asinan un acordo para ter os motores Toyota polo menos ata 2009. Coa asociación con Toyota, o equipo se reergueu do fracaso de 2006, formando unha nova dupla de pilotos con Alexander Wurz substituindo a Webber, que marchou para RBR, e mantendo ao alemán Nico Rosberg. O ano foi bo, acadando un pódio con Wurz, no acidentado GP de Canadá, e un total de 33 puntos e o cuarto lugar no campionato de construtores, despoís da descualificación de McLaren. No último GP do ano, o de Brasil, o xaponés Kazuki Nakajima ocupou a praza de piloto titular deixada por Wurz, que anunciara a súa retirada no Gran Premio anterior.

Williams comezou 2008 como a quinta forza da categoría, detrás de Ferrari, McLaren, BMW Sauber e Renault. O início foi prometedor, con Nico facendo un podio na estrea da tempada, e Nakajima rematando sexto. Pero na segunda carreira o equipo vai mal con Nico 12° e Nakajima 15°. Nas carreiras seguintes o equipo perdeu posicións con Renault e Toyota e ata con STR e RBR no campionato, e continuou decepcionando ao non pasar o seu mellor resultado de dous sétimos lugares e chegar na maioría das veces debaixo da décima posición. No entanto o equipo conquistou un pódio novamente con Nico 2º e Nakajima 8º no histórico primeiro Gran Premio nocturno de Singapur. Ao término da tempada, o equipo ficou na oitava posición do campionato de contrutores con 26 puntos, 17 de Nico e 9 de Nakajima.

En 2009 mantén aos pilotos Rosberg e Nakajima; e como piloto de probas ao alemán Nicolas Hülkenberg, sendo contratado o mozo angolano Ricardo Teixeira. Foi uma tempada consistente e lixeiramente mellor que 2008. Con 34´5 puntos, o equipo terminou en sétimo lugar, aínda que as boas carreiras de Rosberg se contrapuñan coas febles actuacións de Nakajima, que non acadou ningún punto.

O 20 de novembro o equipo anunciou a venda da parte minoritaria do equipo a unha compañía de investimentos austríaca liderada por Toto Wolff.[16][17]

Década de 2010[editar | editar a fonte]

Para a tempada de 2010 o equipo contratou a Rubens Barrichello, de 37 anos, para pilotar o novo ccoche cun motor Cosworth, xuntamente co novato piloto alemán Nico Hülkenberg, de 22 anos, campión da GP2 en 2009 e ata entón piloto de probas. Para piloto de probas, foi confirmado o finlandés Valtteri Bottas. O equipo terminou o mundial en sexto lugar no campionato de construtores e Frank Williams chegou a afirmar que o equipo non ficou satisfeito co resultado do modelo FW32.[18]

En 2011 o equipo confirmou a Rubens Barrichello[19] e Pastor Maldonado[19] como pilotos titulares e mantivo a Valtteri Bottas como piloto de probas.[20] A tempada de 2011 foi a pior da historia de Williams, o equipo terminou o campionato detrás de todos os equipos competitivos da categoría, ficando apenas diante das pequenas escuderías HRT, Virgin e Caterham.

Volta aos motores Renault (2012-2013)[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Renault na Fórmula 1.
Valtteri Bottas o piloto de reserva do equipo en 2012 participou en 15 sesións de practicas libres incluíndo o Gran Premio de Malaisia de 2012 foille asinado un asento para a tempada 2013.

O 4 de xullo de 2011, Williams anunciou que se volverían a asociarse co fornecedor de motores Renault que subministraría motores ao equipo a partir de 2012.[21] O 1 de decembro de 2011, confirmouse que Maldonado sería retenido para a tempada 2012, xunto co piloto de reserva Valtteri Bottas, que participou nas sesións prácticas libres dos 15 venres.[22] En xaneiro de 2012, confirmouse que Bruno Senna sería o piloto do compañeiro de Maldonado, terminando eficazmente a carreira na F1 de Rubens Barrichello.

Antes da tempada 2012, Patrick Head trasladouse do equipo Williams F1 a Williams Hybrid Power Limited, outra subsidiaria de Williams Grand Prix Holdings.[23] O equipo tamén anunciou que a súa relación con AT & T terminara de mutuo acordo e había negociacións con outra compañía de telecomunicacións para patrocinar o nome do equipo.[24] No Gran Premio de España de 2012, Pastor Maldonado obtivo a súa primeira vitoria nun Gran Premio, que tamén foi a primeira vitoria de Williams desde o Gran Premio do Brasil de 2004. Ao redor de 90 minutos logo de celebrar esta vitoria, declarouse un incendio no garaxe do equipo de Williams, danando o FW34 de Bruno Senna e deixando varios feridos.[25] O equipo alcanzou a oitava posición no Campionato Mundial de Construtores de Fórmula Un.[26]

Claire Williams, a filla do director do equipo Frank Williams, foi nomeada subdirectora en marzo de 2013.[27] Maldonado foi retido polo equipo para 2013 e uniuse a Bottas, promovido do seu papel como piloto de probas.[28] O equipo loitou ao longo da tempada, a pesar dunha boa sesión de cualificación en Canadá e un lugar no top 10 no Gran Premio dos Estados Unidos, lograron só cinco puntos no Campionato Mundial de Construtores.[29]

Tempadas 2012-2013[editar | editar a fonte]

Unidades de potencia de Mercedes-Benz (2014-presente)[editar | editar a fonte]

Tempadas 2014-2017[editar | editar a fonte]

En maio de 2013, Williams asinou un contrato a longo prazo con Mercedes para fornecer motores para o equipo, o fabricante alemán fornecelle motores turbo V6 de 1.6 litros desde o inicio da tempada de 2014.[30] Bottas foi retido como piloto para 2014, e Felipe Massa asinou desde Ferrari para substituír a Maldonado. O equipo tamén deu a coñecer un novo contrato de patrocinio coa marca de bebidas Martini. Como parte do trato, o equipo converteuse en Williams Martini Racing, agás en Bahrain, Rusia e Abu Zabi, onde o equipo é coñecido como Williams Racing por restricións da publicidade das bebidas aocohólicas.[31]

O equipo logrou a súa primeira pole desde 2012, cortesía de Massa en Austria. Foi a única vez que Mercedes foi vencido na pole position durante a tempada 2014. Bottas clasificouse xunto a Massa, tamén foi a primeira vez que o equipo logrou a primeira liña desde o Gran Premio de Alemaña 2003.[32] O equipo gozou dun repunte no rendemento, incluíndo un dobre podio en Abu Zabi, o que o levou ao terceiro lugar no Campionato de Construtores. Repetiron esta fazaña na tempada 2015, a pesar dunha tempada discreta debido ao rexurdimento de Ferrari.

O equipo entrou na tempada 2016 con Bottas e Massa como pilotos. O ex-piloto da Ferrari Driver Academy Lance Stroll uniuse ao equipo como piloto de desenvolvemento de motores e Alex Lynn converteuse no piloto de reserva xunto a Paul di Resta que foi anunciado o 13 de marzo,[33] trala retirada de Susie Wolff do automobilismo.[34]

En setembro de 2016, Massa anunciou as súas intencións de retirarse da Fórmula Un, co que máis tarde Stroll foi presentado como o seu substituto para 2017.[35] Trala decisión de Nico Rosberg de retirarse, o equipo liberou a Bottas do seu contrato para permitir que ocupase o seu lugar no equipo Mercedes, e Massa volveu ao equipo por un ano.[36]

Massa viuse forzado a retirarse do Gran Premio de Hungría de 2017 debido a unha enfermidade, polo que o equipo anunciou que Paul di Resta correría xunto a Stroll.[37]

O 4 de novembro de 2017, Felipe Massa anunciou a súa decisión de retirarse da F1.[38] Sergey Sirotkin firmou como o seu substituto para 2018,[39] con Robert Kubica como piloto de reserva e desenvolvemento.[40]

Resultados de Williams na Fórmula 1[editar | editar a fonte]

  • Porcentaxe de vitorias no Campionato de Construtores: 22%, 9 de 41 [1978-2018]
  • Porcentaxe de vitorias no campionato de pilotos: 17´1%, 7 de 41 [1978-2018]
  • Porcentaxe de vitorias: 16´1% 114 de 710 [1978-Abu Zabi 2018]
Ano Nome Coche Pneu, Motor Aceite Pilotos Pilotos de probas Clasificación
2018 Williams Martini Racing FW41 P Mercedes-Benz Flag of Canada.svg Lance Stroll
Flag of Russia.svg Sergey Sirotkin
10º lugar (7 pts)
2017 Williams Martini Racing FW40 P Mercedes-Benz Flag of Canada.svg Lance Stroll
Flag of Brazil.svg Felipe Massa
Flag of the United Kingdom.svg Paul di Resta
5º lugar (83 pts)
2016 Williams Martini Racing FW38 P Mercedes-Benz Flag of Brazil.svg Felipe Massa
Finlandia Valtteri Bottas
5º lugar (138 pts)
2015 Williams Martini Racing FW37 P Mercedes-Benz Flag of Brazil.svg Felipe Massa
Finlandia Valtteri Bottas
Alemaña Adrian Sutil
Flag of the United Kingdom.svg Susie Wolff
3º lugar (257 pts)
2014 Williams Martini Racing FW36 P Mercedes-Benz Flag of Brazil.svg Felipe Massa
Finlandia Valtteri Bottas
Flag of Brazil.svg Felipe Nasr
Flag of the United Kingdom.svg Susie Wolff
3º lugar (320 pts)
2013 Williams F1 FW35 P Renault Total Flag of Brazil.svg Felipe Massa
Finlandia Valtteri Bottas
Flag of the United Kingdom.svg Susie Wolff 9º lugar (5 pts)
2012 Williams F1 FW34 P Renault Total Flag of Venezuela.svg Pastor Maldonado
Flag of Brazil.svg Bruno Senna
Finlandia Valtteri Bottas 8º lugar (76 pts)
2011 AT&T Williams FW33 P Cosworth Castrol Flag of Brazil.svg Rubens Barrichello
Flag of Venezuela.svg Pastor Maldonado
Finlandia Valtteri Bottas 9º lugar (5 pts)
2010 AT&T Williams FW32 B Cosworth Castrol Flag of Brazil.svg Rubens Barrichello
Alemaña Nico Hülkenberg
Finlandia Valtteri Bottas 6º lugar (69 pts)
2009 AT&T Williams Toyota FW31 B Toyota Castrol Alemaña Nico Rosberg
Flag of Japan.svg Kazuki Nakajima
Alemaña Nico Hülkenberg 6º lugar (34´5 pts)
2008 AT&T Williams Toyota FW30 B Toyota Petrobras Alemaña Nico Rosberg
Flag of Japan.svg Kazuki Nakajima
Alemaña Nico Hülkenberg 8º lugar (26 pts)
2007 AT&T Williams Toyota FW29 B Toyota Petrobras Alemaña Nico Rosberg
Austria Alexander Wurz
Flag of Japan.svg Kazuki Nakajima
Flag of Japan.svg Kazuki Nakajima
Flag of India.svg Narain Karthikeyan
4º lugar (33 pts)
2006 Williams F1 FW28 B Cosworth Petrobras Australia Mark Webber
Alemaña Nico Rosberg
Austria Alexander Wurz
Flag of India.svg Narain Karthikeyan
8º lugar (11 pts)
2005 BMW Williams F1 FW27 M


BMW Petrobras Australia Mark Webber
Alemaña Nick Heidfeld

Alemaña Nico Rosberg
5° lugar (66 pts)
2004 BMW Williams F1 FW26 M


BMW Petrobras Flag of Colombia.svg Juan Pablo Montoya
Alemaña Ralf Schumacher
España Marc Gené
Flag of Brazil.svg Antonio Pizzonia
España Marc Gené
Flag of Brazil.svg Antonio Pizzonia
4º lugar (88 pts)
2003 BMW Williams F1 FW25 M


BMW Petrobras Flag of Colombia.svg Juan Pablo Montoya
Alemaña Ralf Schumacher
España Marc Gené
España Marc Gené 2º lugar (144 pts)
2002 BMW Williams F1 FW24 M


BMW Petrobras Flag of Colombia.svg Juan Pablo Montoya
Alemaña Ralf Schumacher
España Marc Gené
Flag of Brazil.svg Antonio Pizzonia
2° lugar (92 pts)
2001 BMW Williams F1 FW23 M


BMW Petrobras Flag of Colombia.svg Juan Pablo Montoya
Alemaña Ralf Schumacher
Flag of Brazil.svg Antonio Pizzonia 3º lugar (80 pts)
2000 BMW Williams F1 FW22 B BMW Petrobras Alemaña Ralf Schumacher
Flag of the United Kingdom.svg Jenson Button
Flag of Brazil.svg Bruno Junqueira 3° lugar (36 pts)
1999 Winfield Williams F1 FW21 B Supertec Petrobras Italia Alessandro Zanardi
Alemaña Ralf Schumacher
5° lugar (35 pts)
1998 Winfield Williams F1 FW20 B Mecachrome Castrol Flag of Canada.svg Jacques Villeneuve
Alemaña Heinz-Harald Frentzen
Flag of Brazil.svg Max Wilson 3° lugar (38 pts)
1997 Rothmans Williams-Renault FW19 G Renault Elf
Castrol
Flag of Canada.svg Jacques Villeneuve
Alemaña Heinz-Harald Frentzen
Campión (123 pts)
1996 Rothmans Williams-Renault FW18 G Renault Elf Flag of the United Kingdom.svg Damon Hill
Flag of Canada.svg Jacques Villeneuve
Campión (175 pts)
1995 Rothmans Williams-Renault FW17
FW17B
G Renault Elf Flag of the United Kingdom.svg Damon Hill
Flag of the United Kingdom.svg David Coulthard
2º lugar (118 pts)
1994 Canon Williams Renault/Rothmans Williams-Renault FW16
FW16B
G Renault Elf Flag of Brazil.svg Ayrton Senna
Flag of the United Kingdom.svg Damon Hill
Flag of the United Kingdom.svg David Coulthard
Flag of the United Kingdom.svg Nigel Mansell
Flag of the United Kingdom.svg David Coulthard Campión (118 pts)
1993 Canon Williams Team FW15B G Renault Elf Francia Alain Prost
Flag of the United Kingdom.svg Damon Hill
Flag of the United Kingdom.svg David Coulthard Campión (168 pts)
1992 Canon Williams Team FW14B G Renault Elf Flag of the United Kingdom.svg Nigel Mansell
Italia Riccardo Patrese
Flag of the United Kingdom.svg Damon Hill Campión (164 pts)
1991 Canon Williams Team FW14 G Renault Elf Flag of the United Kingdom.svg Nigel Mansell
Italia Riccardo Patrese
2º lugar (125 pts)
1990 Canon Williams Team FW14 G Renault Elf Italia Riccardo Patrese
Bélxica Thierry Boutsen
4° lugar (57 pts)
1989 Canon Williams Team FW12C G Renault Elf Italia Riccardo Patrese
Bélxica Thierry Boutsen
2° lugar (77 pts)
1988 Canon Williams Team FW12 G Judd Mobil Flag of the United Kingdom.svg Nigel Mansell
Italia Riccardo Patrese
Flag of the United Kingdom.svg Martin Brundle
Francia Jean-Louis Schlesser
7° lugar (20 pts)
1987 Canon Williams Team FW11B G Honda Mobil Flag of Brazil.svg Nelson Piquet
Flag of the United Kingdom.svg Nigel Mansell
Campión (137 pts)
1986 Canon Williams Honda FW11 G Honda Mobil Flag of Brazil.svg Nelson Piquet
Flag of the United Kingdom.svg Nigel Mansell
Campión (141 pts)
1985 Canon Williams Honda FW10 G Honda Mobil Finlandia Keke Rosberg
Flag of the United Kingdom.svg Nigel Mansell
3° lugar (71 pts)
1984 Williams Grand Prix Engineering FW09 G Honda Mobil Finlandia Keke Rosberg
Francia Jacques Laffite
6° lugar (25´5 pts)
1983 TAG Williams Racing Team FW08C G Ford
Honda
Mobil Finlandia Keke Rosberg
Francia Jacques Laffite
Flag of the United Kingdom.svg Jonathan Palmer
4° lugar (36 pts)
1982 TAG Williams Racing Team FW07C
FW07D
FW08
G Ford Mobil Finlandia Keke Rosberg
Flag of Argentina.svg Carlos Reutemann
Italia Mario Andretti
Flag of Ireland.svg Derek Daly
4° lugar (58 pts)
1981 Albilad Williams Racing Team
TAG Williams Racing Team
FW07B
FW07C
G Ford Mobil Australia Alan Jones
Flag of Argentina.svg Carlos Reutemann
Campión (95 pts)
1980 Albilad Williams Racing Team FW07
FW07B
G Ford Mobil Australia Alan Jones
Flag of Argentina.svg Carlos Reutemann
Campión (120 pts)
1979 Albilad-Saudia Racing Team FW06
FW07
G Ford Mobil Australia Alan Jones
Suíza Clay Regazzoni
2° lugar (75 pts)
1978 Williams Grand Prix Engineering FW06 G Ford Shell Australia Alan Jones 9° lugar (11 pts)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Williams Formula 1 team unveils its Martini livery". Autosport. 6 de marzo de 2014. Consultado o 30 de xaneiro de 2015. 
  2. Collantine, Keith (12 de outubro de 2018). "George Russell handed F1 debut with Williams in 2019". www.racefans.net. Consultado o 12 de outubro de 2018. 
  3. "Williams announces Kubica as race driver for 2019" (en inglés). Consultado o 22 de novembro de 2018. 
  4. Kuczera, Łukasz. "Specjalne zadanie dla Roberta Kubicy. "Claire Williams tego ode mnie oczekuje"" (en polaco). Sportowe Fakty. Consultado o 22 de novembro de 2018. 
  5. "Williams F1 profile". GrandPrix.com. Consultado o 9 de xuño de 2012. 
  6. Baldwin, Alan (20 de novembro de 2009). "Williams F1 team sells stake to Austrian investor | Reuters". Reuters. Consultado o 15 de marzo de 2010. 
  7. "Wolff: Value of privateers will rise". Autosport. 20 de novembro de 2009. Consultado o 15 de mmarzo de 2010. 
  8. "Williams Formula 1 team to float on Frankfurt Stock Exchange". BBC News. 4 de febreiro de 2011. Consultado o 4 de febreiro de 2011. 
  9. Williams Grand Prix Engineering – 1977 results www.f1db.com. Retrieved 22 August 2006.
  10. "Grand Prix Results: United States GP, 1978". GrandPrix.com. Consultado o 13 de novembro de 2006. 
  11. Hamilton, Maurice. Frank Williams. Macmillan. p. 80. ISBN 0-333-71716-3. 
  12. "Grand Prix Results: French GP, 1979". GrandPrix.com. Consultado o 9 de xuño de 2012. 
  13. Hamilton, Maurice. Frank Williams. Macmillan. pp. 148–153. ISBN 0-333-71716-3. 
  14. "ITV-F1.com: WilliamsF1 Highs And Lows". ITV F1. ITV. 15 de xaneiro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2007. Consultado o 15 de maio de 2007. 
  15. "The changing face of F1". BBC Sport. 28 de febreiro de 2005. Consultado o 12 de xullo de 2006. 
  16. Williams vende parte da equipe a companhia de investimentos austríaca Globoesporte.com
  17. Williams vende parte das ações[Ligazón morta] Hoje em Dia
  18. Ano não agrada Williams, 6ª: "Carro não era bom" Arquivado 06 de decembro de 2010 en Wayback Machine. Tazio
  19. 19,0 19,1 http://amigosdavelocidade.uol.com.br/index.php?action=showDetails&id=9350[Ligazón morta]
  20. "Williams anuncia contratação de Bottas para piloto de teste". 2010-01-29. [Ligazón morta]
  21. "Williams Renault Legendary Partnership Revived for 2012". AT&T Williams (Williams F1). 4 de xullo de 2011. Arquivado dende o orixinal o 7 de xullo de 2011. Consultado o 4 de xullo de 2011. 
  22. "Pastor Maldonado Confirmed for 2012 with Valtteri Bottas as Reserve Driver". Williams F1 (Williams Grand Prix Engineering Limited). 1 de decembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 3 de decembro de 2011. Consultado o 1 de decembro de 2011. 
  23. "Patrick Head Steps Down from WGPH Board of Directors". Williams (Williams F1). 31 de decembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 3 de xaneiro de 2012. Consultado o 4 de xaneiro de 2012. 
  24. Baldwin, Alan (4 de xaneiro de 2012). "The Williams Formula One team are seeking a new title sponsor after the termination of their agreement with U.S. telecommunications giant AT&T". Thomson Reuters. Reuters. Consultado o 4 de xaneiro de 2012. 
  25. "Spanish Grand Prix 2012: Pastor Maldonado holds off Fernando Alonso to claim historic win for Williams". Telegraph.co.uk. 13 de maio de 2012. Consultado o 5 de febreiro de 2016. 
  26. "Formula 1 Drivers & Constructors Standings – FIA Formula One World Championship 2012 – ESPN.co.uk". ESPN UK. Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2016. Consultado o 5 de febreiro de 2016. 
  27. "Claire Williams becomes deputy principal". Supersport.com. Consultado o 25 de xuño de 2015. 
  28. Elizalde, Pablo (28 de novembro de 2012). "Williams confirms Valtteri Bottas and Pastor Maldonado for 2013". Autosport (Haymarket Publications). Consultado o 28 de novembro de 2012. 
  29. "Teams & Drivers – Williams". Formula1.com. Consultado o 30 de xaneiro de 2015. 
  30. "Williams move to Mercedes power for 2014". Formula1.com (Formula One Administration). 30 de maio de 2013. Arquivado dende o orixinal o 7 de xuño de 2013. Consultado o 13 de decembro de 2014. 
  31. "Williams unveil Martini as their new sponsor as they head into new season full of hope". Daily Mail. 6 de marzo de 2014. Consultado o 7 de marzo de 2014. 
  32. Weaver, Paul (21 de xuño de 2014). "Felipe Massa on pole at F1's Austrian GP as Lewis Hamilton spins". The Guardian (Guardian Media Group). Consultado o 13 de decembro de 2014. 
  33. "Paul di Resta set to be named Williams reserve driver for 2016 season". BBC Sport. 13 de marzo de 2016. Consultado o 20 de agosto de 2016. 
  34. Benson, Andrew (11 de novembro de 2015). "Lance Stroll to test for Williams in 2016". BBC Sport. Consultado o 6 de decembro de 2015. 
  35. "Williams confirms driver line-up for the 2017 season". Williams Grand Prix Engineering. 3 de novembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 3 de novembro de 2016. Consultado o 3 de novembro de 2016. 
  36. "Bottas to Mercedes, Massa to re-join Williams". Formula1.com. Formula One World Championship Ltd. 16 de xaneiro de 2017. Consultado o 16 de xaneiro de 2017. 
  37. "Paul di Resta to replace unwell Felipe Massa in Hungary". BBC Sport (en inglés). 29 de xullo de 2017. Consultado o 5 de novembro de 2017. 
  38. "Felipe Massa: Williams driver to retire at end of the season". BBC Sport (en inglés). 4 de novembro de 2017. Consultado o 5 de novembro de 2017. 
  39. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome sir guy
  40. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Kubica

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]