Gran Premio de Dallas de 1984

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gran Premio de Estados Unidos de 1984
Detalles da carreira
Carreira 9 de 16 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1984.
Trazado do circuíto de Dallas.
Trazado do circuíto de Dallas.
Data 8 de xullo de 1984
Nome oficial I Stroh's Dallas Grand Prix
Localización Circuíto de Fair Park
Dallas, Texas
Percorrido Circuíto urbano
3´901 km
Distancia 67 voltas, 261´37 km
ClimaAsollado, con temperaturas de ata 38 °C velocidades do vento de ata 23 km/h[1]
Pole position
Piloto Nigel Mansell Lotus-Renault
Tempo 1:37.041
Volta rápida
Piloto Austria Niki Lauda McLaren-TAG
Tempo 1:45.353 na volta 22
Podio
Primeiro Finlandia Keke Rosberg Williams-Honda
Segundo Francia René Arnoux Ferrari
Terceiro Italia Elio de Angelis Lotus-Renault

O Gran Premio de Dallas de 1984 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 8 de xullo de 1984 en Dallas, Texas. Foi a novena carreira da tempada de Fórmula Un de 1984.

Resumo[editar | editar a fonte]

Gañador Keke Rosberg, Williams
O segundo clasificado, René Arnoux, Ferrari
Nelson Piquet e Ayrton Senna

O finlandés Keke Rosberg gañou a súa única carreira da tempada no Gran Premio de Dallas. A carreira foi unha das dúas carreiras de 1984 onde non puntuaron ningún dos dous McLaren pilotados por Niki Lauda e Alain Prost (Bélxica foi o outro), e deu a Honda a súa primeira vitoria nun Gran Premio cun motor turbo e o primeiro Gran Premio gañado polo xigante xaponés desde o Gran Premio de Italia de 1967. René Arnoux no Ferrari foi o único coche na volta do líder ao final, logo de saír desde o pit lane debido a un fallo eléctrico na volta de quecemento, mentres que Elio de Angelis chegou terceiro a meta co Lotus. Foi a única carreira da tempada que os coches que usaban pneumáticos Goodyear encheron as tres prazas do podio.

O evento foi concibido como un xeito de demostrar o status de Dallas como unha "cidade de clase mundial"[2] e vencer os 38 °C de calor, unha superficie de pista desintegrada e unha longa fin de semana chea de rumores sobre a súa cancelación.[2][3] O estreito e revirado circuíto presentouse nas Texas State Fair Grounds coa axuda do fundador do Gran Premio do oeste dos Estados Unidos Chris Pook, contaba con dúas curvas moi pechadas e aínda que o trazado era visto como interesante e foi ben recibido polos pilotos (aínda que algúns pensaban que unha ou dous das chicanas era máis estreita do que tiñan que ser), todos tiveron problemas coa falta de zonas de escape e coa superficie que se desfixo durante a carreira e converteu a pista máis nunha pista de Rallycross que nun circuíto do Gran Premio. O asfalto burbullou antes da cualificación, e logo dunhas cantas voltas, comezou a crebarse.[2]

Logo da primeira práctica do venres, os pilotos de Lotus, Nigel Mansell e De Angelis, partiron da primeira fila. Mansell que logrou a primeira pole position da súa carreira, dixo que a pista provisional fora o circuíto máis duro no que pilotara nunca. Nelson Piquet preguntábase se a intensa calor da pista remataría primeiro cos pilotos ou cos coches. a cualificación da tarde viu como as temperaturas seguían aumentando pasando dos 38 °C. Goodyear rexistrou a maior temperatura da pista nos seus 20 anos nas carreiras, 66 °C.

Dallas foi a primeira vez desde o Gran Premio dos Países Baixos de 1978 en Zandvoort no que os pilotos de Lotus cualificaron na primeira fila da grella. Nesa ocasión, o Campión Mundial de 1978 Mario Andretti e o seu compañeiro de equipo Ronnie Peterson cualificaron 1º e 2º.

Logo da carreira de famosos de Renault do sábado, Stirling Moss presentouse ao expresidente dos Estados Unidos Jimmy Carter na suite VIP, dicindo: "Nunca din a man a un presidente". Carter recoñeceu a Moss inmediatamente.[3]

A carreira estaba programada para comezar ás 11 da mañá do domingo, tres horas antes do habitual, a causa da calor, cos 30 minutos de quecemento previstos para as 7:45. Aparentemente demasiado cedo para o piloto de Williams Jacques Laffite, que chegou ao circuíto en pixama.[2] O warm-up foi atrasado e logo cancelado, debido a que unha carreira de 50 voltas de Can-Am o sábado danara o circuíto de tal xeito que as reparacións de urxencia duraran toda a noite, e continuaron ata 30 minutos antes do comezo da carreira (as reparacións incluíron unha retroescavadora sacando o asfalto roto e substituíndoo por cemento de secado rápido). Niki Lauda e Alain Prost trataron de organizar un boicot entre os pilotos, pero Rosberg insistiu en que debían competir.[3]

"Non sei a que vén tanto alboroto", dixo Rosberg. "Todos nos queixamos xusto antes de empezar e logo sairemos á carreira como de costume. Chegamos ata aquí e todo esta listo para a carreira. Con boa superficie ou sen superficie na pista, sabedes tan ben coma min que imos disputar a carreira".[4]

Bernie Ecclestone non quería ter 90.000 fans decepcionados no circuíto, nin aos espectadores de todo o mundo, polo que a carreira iniciouse con Larry Hagman (J.R. Ewing na serie de televisión Dallas) axitando a bandeira verde para iniciar a volta de quecemento.

Mansell liderou case a metade da carreira desde a súa primeira pole position. Derek Warwick adiantou a de Angelis, cuxo motor sufriu un fallo no acendido, acercouse a Mansell varias veces, pero non puido adiantalo. Retirouse logo dun intento de pasalo na volta 11 que deu lugar a un trompo. Lauda foi o seguinte en desafiar a Mansell, pero foi pasado por de Angelis.

Os cinco primeiros coches (Mansell, de Angelis, Lauda, Rosberg, Prost) marchaban en grupo, e na volta 14, Rosberg pasou Lauda polo terceiro e acercouse aos dous Lotus. Pasou a de Angelis na volta 18, e pronto comezou a buscar a forma de adiantar a Mansell. Arnoux, cuarto cualificado, fora incapaz de arrincar o seu coche na grella, e comezou a carreira desde a parte traseira do paquete. Ao final da primeira volta, xa pasara sete coches e xunto a Piquet pechaban o grupo de líderes.

Rosberg, logo de intercambiarse varias veces lugares con Prost, conseguiu pasar a Lauda e De Angelis, finalmente obrigou a Mansell a cometer un erro o suficientemente grande para tomar o liderado. En tres voltas, Mansell, cuxos pneumáticos dianteiros desaparecían rapidamente, perdeu tres lugares máis antes de entrar en boxes na volta 38. Piquet converteuse no noveno coche en retirarse logo de bater co muro, e Arnoux quedou entre os cinco primeiros.

Prost tomou o liderado de Rosberg na volta 49, e rapidamente abriu unha vantaxe de 7´5 segundos, pero oito voltas máis tarde tocou un muro e danou unha lamia. Rosberg herdou unha vantaxe de 10 segundos sobre Arnoux, e, en parte grazas a un sistema de refrixeración especial no casco do piloto, logrou a súa única vitoria do ano para Williams, alcanzouse o límite de dúas horas unha volta antes das 68 programadas.

De Angelis chegou a meta terceiro, comodamente por diante de Laffite no segundo Williams. Mansell golpeou contra o muro. Mansell derrapou na última curva, o seu coche desacelerou na recta final, coa viseira levantada e os cintós de seguridade colgando sobre o lado do coche, saltou do seu Lotus negro e tratou de empuxalo ata a meta, pero derrubouse esgotado polo calor opresivo antes de chegar á liña de meta. Clasificouse sexto, con tres voltas perdidas.

A calor abafante foi un factor para que o Gran Premio de Dallas se convertese nun feito illado. O ano seguinte substituíuno lo Gran Premio de Australia. A Fórmula Un non volveu ao estado de Texas ata o Gran Premio dos Estados Unidos de 2012 no recentemente construído Circuíto das Américas, situado na capital do estado en Austin.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Cualificación[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Construtor Cual Diferenza
1 12 Nigel Mansell Lotus-Renault 1:37.041  —
2 11 Italia Elio de Angelis Lotus-Renault 1:37.635 +0.594
3 16 Derek Warwick Renault 1:37.708 +0.667
4 28 Francia René Arnoux Ferrari 1:37.785 +0.744
5 8 Austria Niki Lauda McLaren-TAG 1:37.987 +0.946
6 19 Ayrton Senna Toleman-Hart 1:38.256 +1.215
7 7 Francia Alain Prost McLaren-TAG 1:38.544 +1.503
8 6 Finlandia Keke Rosberg Williams-Honda 1:38.767 +1.726
9 27 Italia Michele Alboreto Ferrari 1:38.793 +1.752
10 15 Francia Patrick Tambay Renault 1:38.907 +1.866
11 2 Italia Corrado Fabi Brabham-BMW 1:38.960 +1.919
12 1 Nelson Piquet Brabham-BMW 1:39.439 +2.398
13 14 Alemaña Manfred Winkelhock ATS-BMW 1:39.860 +2.189
14 23 Eddie Cheever Alfa Romeo 1:39.911 +2.870
15 20 Johnny Cecotto Toleman-Hart 1:40.027 +2.986
16 26 Italia Andrea de Cesaris Ligier-Renault 1:40.095 +3.054
17 4 Alemaña Stefan Bellof Tyrrell-Ford 1:40.336 +3.295
18 24 Italia Piercarlo Ghinzani Osella-Alfa Romeo 1:41.176 +4.135
19 25 Francia François Hesnault Ligier-Renault 1:41.303 +4.262
20 18 Bélxica Thierry Boutsen Arrows-BMW 1:41.318 +4.277
21 22 Italia Riccardo Patrese Alfa Romeo 1:41.328 +4.287
22 17 Suíza Marc Surer Arrows-BMW 1:42.592 +5.551
23 21 Países Baixos Huub Rothengatter Spirit-Hart 1:43.084 +6.043
24 9 Francia Philippe Alliot RAM-Hart 1:43.222 +6.181
25 5 Francia Jacques Laffite Williams-Honda 1:43.304 +6.263
26 10 Jonathan Palmer RAM-Hart 1:44.676 +7.635
NSC 3 Martin Brundle Tyrrell-Ford 2:31.960 +54.919

Carreira[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 6 Finlandia Keke Rosberg Williams-Honda 67 2:01:22.617 8 9
2 28 Francia René Arnoux Ferrari 67 + 22.464 4 6
3 11 Italia Elio de Angelis Lotus-Renault 66 + 1 volta 2 4
4 5 Francia Jacques Laffite Williams-Honda 65 + 2 voltas 24 3
5 24 Italia Piercarlo Ghinzani Osella-Alfa Romeo 65 + 2 voltas 18 2
6 12 Nigel Mansell Lotus-Renault 64 Caixa de cambios 1 1
7 2 Italia Corrado Fabi Brabham-BMW 64 + 3 voltas 11
8 14 Alemaña Manfred Winkelhock ATS-BMW 64 + 3 voltas 13
Ret 8 Austria Niki Lauda McLaren-TAG 60 Trompo 5
Ret 7 Francia Alain Prost McLaren-TAG 56 Picada 7
Ret 18 Bélxica Thierry Boutsen Arrows-BMW 55 Trompo 20
Ret 27 Italia Michele Alboreto Ferrari 54 Trompo 9
Ret 17 Suíza Marc Surer Arrows-BMW 54 Trompo 22
Ret 19 Ayrton Senna Toleman-Hart 47 Embrague 6
Ret 10 Jonathan Palmer RAM-Hart 46 Eléctrico 25
Ret 1 Nelson Piquet Brabham-BMW 45 Trompo 12
Ret 15 Francia Patrick Tambay Renault 25 Trompo 10
Ret 20 Johnny Cecotto Toleman-Hart 25 Trompo 15
Ret 26 Italia Andrea de Cesaris Ligier-Renault 15 Trompo 16
Ret 21 Países Baixos Huub Rothengatter Spirit-Hart 15 Fuga combustible 23
Ret 22 Italia Riccardo Patrese Alfa Romeo 12 Trompo 21
Ret 16 Derek Warwick Renault 10 Trompo 3
DSC 4 Alemaña Stefan Bellof Tyrrell-Ford 9 Descualificado 17
Ret 23 Eddie Cheever Alfa Romeo 8 Trompo 14
Ret 25 Francia François Hesnault Ligier-Renault 0 Accidente 19
NSC 3 Martin Brundle Tyrrell-Ford
NTS 9 Francia Philippe Alliot RAM-Hart

Notas[editar | editar a fonte]

Posicións logo da carreira[editar | editar a fonte]

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación. Tyrrell e os seus pilotos foron posteriormente descalificados do campionato mundial de 1984 e os seus resultados e puntos reasignados.


Carreira anterior:
Gran Premio de Detroit de 1984
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1984
Carreira seguinte:
Gran Premio do Reino Unido de 1984
Carreira anterior:
Non
Gran Premio de Dallas Carreira seguinte:
Gran Premio de Dallas de 1988

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. "Weather information for the "1984 Dallas Grand Prix"". The Old Farmers' Almanac. Consultado o November 22, 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Lang, Mike (1992). Grand Prix!: Race-by-race account of Formula 1 World Championship motor racing. Volume 4: 1981 to 1984. Haynes Publishing Group. pp. 259–264. ISBN 0-85429-733-2. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Walker, Rob (October 1984). "1st Dallas Grand Prix: Cool Keke.". Road & Track: 178–182. 
  4. Schot, Marcel. "A Race to Remember". Atlas F1 (Kaizar.Com, Incorporated) 6 (38). Consultado o 5 December 2009. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]