Kevin Magnussen
Kevin Magnussen (30 anos) | |
---|---|
![]() | |
Carreira na Fórmula 1 | |
Nacionalidade | ![]() |
Monopraza número | 20 |
Escudería actual | Haas-Ferrari[1] |
Escudería no 2024 | |
Grandes Premios disputados | 143 (142 saídas) |
Campionatos | 0 |
Vitorias | 0 |
Podios | 1 |
Pole positions | 1 |
Voltas rápidas | 2 |
Primeiro Grand Prix | Gran Premio de Australia de 2014 |
Posición no 2023 | 13º (0 ptos) |
Na rede
| |
https://kevinmagnussen.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Kevin Jan Magnussen, nado en Roskilde o 5 de outubro de 1992 é un piloto de carreiras danés, actualmente pilota para o equipo Haas F1 Team.[2][3][4] É fillo do catro veces gañador de Le Mans da clase GT, piloto de fábrica GM e ex piloto de Fórmula 1 Jan Magnussen, Kevin Magnussen chegou a través do programa de novos pilotos de Fórmula Un de McLaren e pilotou para McLaren no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2014 e pilota para o equipo Haas desde 2017 e deixou ao equipo ao final da tempada 2020.[5][6] Competirá no WeatherTech SportsCar Championship en 2021 pilotando para Chip Ganassi Racing.
En 2022, Magnussen reincorporouse a Haas cun contrato de varios anos.[7]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Magnussen comezou a súa carreira no karting. En 2008 deu o salto a Fórmula Ford en Dinamarca, gañando o campionato,[8] tamén competiu en seis carreiras das series ADAC Formel Masters.
En 2009 Magnussen pasou a Fórmula Renault, terminando segundo por detrás de António Félix da Costa na Copa de Europa do Norte e sétimo na Eurocopa, pilotando para Motopark Academy.
En 2010 Magnussen competiu no Campionato alemán de Fórmula Tres con Motopark Academy e Carlin Motorsport; gañando a rolda de apertura da tempada en Oschersleben. Terminou terceiro no campionato, taking the rookie title in the process.
En 2011 Magnussen pasou a Cooper Tires British Formula 3 with Carlin
No campionato de 2016 formou parte do equipo Renault, que volvía como construtor á competición tras seis anos unicamente motorizando.
Carreira na Fórmula Un[editar | editar a fonte]
Magnussen tivo a súa primeira experiencia no McLaren MP4-27 de Fórmula Un, nunha proba para pilotos novos na pista de Abu Zabi, o 6 de novembro de 2012. Estableceu un tempo máis rápido de 1:42.651. Anteriormente realizara un traballo no simulador de condución do equipo.[9] Magnussen foi o mellor da proba de tres días impresionando ao director deportivo de McLaren, Sam Michael. A distancia cuberta no curso da proba foi suficiente para lograr a superlicencia de F1.[10]
McLaren (2014–2015)[editar | editar a fonte]

O 14 de novembro de 2013, confirmouse que Magnussen pilotaria en McLaren para a tempada 2014, substituíndo a Sergio Pérez Mendoza.[5] De acordo cunha nova regra introducida na Fórmula Un para a tempada 2014, onde os pilotos escolleron un número de coche que usarían durante toda a súa andaina na F1, Magnussen escolleu o número 20 xa que era o número que tiña no seu coche DAMS en 2013 cando gañou o campionato.[11]
Nas probas de pretempada de Jerez e Bahrain superou as taboas de tem`po e na primeira carreira en Australia, clasificouse na cuarta posición.[12] Na carreira en se, Magnussen evitou chocar no inicio, despois de que o seu coche sobrevirara[13] ao patinar as rodas, despois de pasar a Lewis Hamilton nas primeiras voltas, Magnussen mantivo a posición para lograr o terceiro posto, rematou 2,2 segundos por detrás do Red Bull de Daniel Ricciardo.[14] Como resultado, Magnussen converteuse no segundo piloto danés, despois do seu pai Jan, que foi sexto no Gran Premio do Canadá de 1998, en lograr puntuar,[15] e o primeiro debutante, desde Hamilton no Gran Premio de Australia de 2007, en subirse ao podio no seu primeiro Gran Premio.[16] Despois da carreira, Magnussen describiu o resultado como "como unha vitoria".[17] Máis tarde subiu ao segundo posto nos resultados, despois de que Ricciardo fose descualificado debido a irregularidades no combustible,[18] converténdoo no primeiro novato en terminar segundo desde Jacques Villeneuve no Gran Premio de Australia de 1996.[19] Magnussen logrou acabar once carreiras máis en todo o 2014, sendo na maioría no noveno ou o décimo lugar, aínda que Magnussen logrouo sétimo lugar nos circuítos de Austria e Gran Bretaña onde tivera experiencia previa en fórmulas júnior, e un quinto posto en Rusia.
2015[editar | editar a fonte]
O 11 de decembro de 2014, anunciouse que Fernando Alonso regresaría a McLaren xunto a Button, deixando a Magnussen como piloto de proba e reserva para McLaren.[20] O piloto mantivo conversacións co equipo Honda Andretti Autosport para competir nas IndyCar Series, pero McLaren bloqueou o acordo.[21] O 3 de marzo de 2015, McLaren anunciou que Magnussen substituiría a Fernando Alonso no Gran Premio de Australia, despois de que os médicos aconsellaran a Alonso non correr debido a unha conmoción obtida durante un incidente nun test o 22 de febreiro.[22][23] Non obstante, Magnussen non puido iniciar a carreira despois de sufrir un fallo no motor na volta de formación.[24]
O 5 de outubro de 2015, recibiu un correo electrónico do axudante persoal do presidente de McLaren, Ron Dennis, que o liberaba de McLaren. McLaren fíxoo público o 16 de outubro.[25]
Renault (2016)[editar | editar a fonte]

Despois de ser liberado por McLaren, confirmouse que Magnussen tievera conversas para pilotar o equipo Haas F1, antes de que Romain Grosjean e Esteban Gutiérrez fosen nomeados como pilotos do equipo.[26] Magnussen supostamente estivera en conversas sobre un asento en Manor Racing na Fórmula Un.[27][28] Magnussen probou un coche Mercedes DTM,[29] e un Porsche LMP1,[30] suxerindo de que quizais tivera opcións fóra da Fórmula Un, incluído a IndyCar, onde se cre que entrou en conversacións con Bryan Herta Autosport sobre unha unidade.[31]
O 28 de xaneiro de 2016, apareceron informacións non confirmadas de que Magnussen ía substituír a Pastor Maldonado en Renault, como compañeiro do novato Jolyon Palmer para a seguinte tempada tras un incumprimento de contrato entre Maldonado e o equipo.[32] O 3 de febreiro, Renault confirmou que Magnussen fichara para a tempada 2016.[2] Logrou puntuar dúas veces un sétimo posto en Rusia e un décimo lugar en Singapur, rematando a tempada en 16º lugar.
Haas (2017 – 2020, 2022 - )[editar | editar a fonte]
2017[editar | editar a fonte]

O 10 de novembro de 2016, anunciouse que Magnussen asinara un contrato con Haas para 2017.[33] Tras asinar con Haas, converteuse no único piloto en competir nun Gran Premio con todos os fabricantes de motores (catro) na era turbo híbrida turbo.[Cómpre referencia] anotou en cinco carreiras, cun sétimo posto en Acerbaixán como mellor resultado, e rematou 14º no Campionato de Pilotos.[34][35][36]
2018[editar | editar a fonte]
Magnussen mantivo o seu impulso para a tempada 2018.[37] Logrou a súa primeira volta rápida no Gran Premio de Singapur.[38] Magnussen provocou a ira de varios pilotos ao longo da tempada pola súa condución defensiva. No Gran Premio do Xapón de 2018, o piloto de Sauber Charles Leclerc chamou a Magnussen "estúpido" pola radio despois de que o seu intento de adiantar ao Haas rematase en contacto,[39] Pierre Gasly tamén criticou a condución defensiva de Magnussen no Gran Premio de Acerbaixán de 2018 tras unha colisión entre ambos.[40] Puntuando en 11 carreiras, Magnussen rematou noveno na clasificación de pilotos, con 56 puntos.
2019[editar | editar a fonte]
O 28 de setembro de 2018, confirmouse que Magnussen seguiría pilotando en Haas na tempada 2019.[41] Un ano despois da súa primeira volta rápida, Magnussen repetiu a proeza no Gran Premio de Singapur de 2019.[42] Por desgraza, o Haas VF-19 foi pouco competitivo durante a maior parte da tempada, con Magnussen anotando puntos en só 4 carreiras, cun total de 20 puntos para rematar 16º na clasificación. O seu compañeiro de equipo Romain Grosjean tamén loitou co coche, só puido anotar 8 puntos de 3 carreias nas que puntuou.[43]
2020[editar | editar a fonte]
Magnussen seguiu pilotando para Haas en 2020, de novo colaborando con Grosjean.[44] As dúas primeiras roldas do campionato no Red Bull Ring resultaron difíciles para Magnussen e Haas, xa que o Haas VF-20 estaba fóra de ritmo. Nas primeiras voltas do Gran Premio de Hungría de 2020 , Magnussen quedou terceiro, grazas a unha decisión de estratexia ao comezo da carreira. Aínda que finalmente caeu de novo durante toda a carreira, logrou cruzar a meta no noveno posto. Despois da carreira, determinouse que Haas incumprira as regras relativas á radio do equipo ao dicir aos dous pilotos que entrasen a boxes ao final da volta de formación e Magnussen recibiu unha penalización de dez segundos. Isto degradouno á décima posición, e Magnussen logrou o primeiro punto do ano e o de Haas. Magnussen sufriu un fallo na unidade de potencia no Gran Premio de Italia de 2020 e chocou por detrás nun accidente de varios vehículos no Gran Premio da Toscana de 2020, a súa quinta retirada en nove carreiras.
Magnussen abandonou Haas a finais de 2020.[45]
2022[editar | editar a fonte]
Tras a invasión rusa de Ucraína, Haas rescindiu o seu contrato co seu pilotor Nikita Mazepin. Magnussen volveu ao equipo como o seu substituto cun contrato de varios anos, coa asociación co piloto Mick Schumacher para a tempada 2022. No seu regreso con Haas en Bahrain, Magnussen logrou comezar 7º e rematar 5º, marcando un dos cinco primeiros postos na historia de Haas ata ese momento.[46] No Gran Premio de Arabia Saudita de 2022, chegou á Q3 e clasificouse décimo. Máis tarde converteu iso nun noveno posto, asegurando puntos consecutivos de Haas por primeira vez desde 2019.[47][48] Magnussen terminou décimo en Silverstone co seu compañeiro de equipo Mick Schumacher oitavo dando a Haas os primeiros puntos dobres desde Alemaña 2019.[49]
Rexistro de carreiras[editar | editar a fonte]
Resumo da súa carreira deportiva[editar | editar a fonte]
Resultados completos na Fórmula 3 Euro Series[editar | editar a fonte]
(key)
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | DC | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2010 | Motopark Academy | Dallara F308/099 | Volkswagen | LEC 1 |
LEC 2 |
HOC1 1 |
HOC1 2 |
VAL 1 7 |
VAL 2 1 |
NOR 1 |
NOR 2 |
NÜR 1 |
NÜR 2 |
ZAN 1 |
ZAN 2 |
BRH 1 |
BRH 2 |
OSC 1 |
OSC 2 |
HOC2 1 |
HOC2 2 |
12º | 8 |
Resultados completos na Formula Renault 3.5 Series[editar | editar a fonte]
(key) (Carreiras en letra grosa indican pole position) (Carreiras en cursiva indican volta rápida)
Ano | Equipo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | Pos | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2012 | Carlin | ALC 1 2 |
ALC 2 Ret |
MON 1 Ret |
SPA 1 21 |
SPA 2 1 |
NÜR 1 5 |
NÜR 2 8 |
MOS 1 16† |
MOS 2 10 |
SIL 1 Ret |
SIL 2 Ret |
HUN 1 2 |
HUN 2 23† |
LEC 1 6 |
LEC 2 24† |
CAT 1 5 |
CAT 2 4 |
7º | 106 |
2013 | DAMS | MNZ 1 2 |
MNZ 2 2 |
ALC 1 1 |
ALC 2 9 |
MON 1 4 |
SPA 1 1 |
SPA 2 3 |
MOS 1 11 |
MOS 2 2 |
RBR 1 3 |
RBR 2 3 |
HUN 1 2 |
HUN 2 2 |
LEC 1 DSC |
LEC 2 1 |
CAT 1 1 |
CAT 2 1 |
1º | 274 |
† Non terminou o Gran Premio, pero clasificouse ao completar máis do 90% da distancia de carreira.
Resultados Completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Kevin Magnussen to make sensational F1 return with Haas in 2022". Formula1.com. 9 de marzo de 2022. Consultado o 9 de marzo de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 Barretto, Lawrence (3 de febreiro de 2016). "Renault launches its 2016 Formula 1 car, the RS16". Autosport.com. Haymarket Publications. Arquivado dende o orixinal o 3 de febreiro de 2016.
- ↑ Edmondson, Laurence (1 de febreiro de 2016). "Pastor Maldonado confirms F1 exit". ESPN. Arquivado dende o orixinal o 2 de febreiro de 2016. Consultado o 2 de febreiro de 2016.
- ↑ "Kevin MAGNUSSEN - Seasons • STATS F1". www.statsf1.com. Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2019. Consultado o 7 de febreiro de 2019.
- ↑ 5,0 5,1 Benson, Andrew (19 de marzo de 2010). "McLaren and Magnussen come full circle". BBC Sport (BBC). Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2015. Consultado o 21de marzo de 2010.
- ↑ "Kevin MAGNUSSEN - Seasons • STATS F1". www.statsf1.com. Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2019. Consultado o 27 de marzo de 2019.
- ↑ "Kevin Magnussen volve ao equipo Haas F1" (en inglés). 9 de marzo de 2022. Parámetro descoñecido
|sitio web=
ignorado (Axuda); Parámetro descoñecido|data de acceso=
ignorado (Axuda) - ↑ http://www.driverdb.com/drivers/5000/career/ Career statistics at Driver Database
- ↑ "Magnussen and Da Costa impress in Young Driver Test". grandprix.com. Consultado o 8 de novembro de 2012.
- ↑ "Valsecchi tops final day in Abu Dhabi". grandprix.com. grandprix.com. Consultado o 9 de novembro de 2012.
- ↑ "Numbers up for 2014 Formula One drivers". msn.com. Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2014. Consultado o 26 de xuño de 2016.
- ↑ Gill, Pete (15 demarzo de 2014). "McLaren still hopeful of podium finish after Kevin Magnussen impresses again". Sky Sports (BSkyB). Consultado o 16 de marzo 2014.
- ↑ Anderson, Ben (16 de marzo de 2014). "Nico Rosberg dominates in Melbourne for Mercedes". Autosport (Haymarket Publications). Consultado o 16 de marzo de 2014.
- ↑ "Rosberg dominates season opener in Australia". Formula1.com (Formula One Administration). 16 de marzo de 2014. Consultado o 16 de marzo de 2014.
- ↑ Hamilton, Ben (16 de marzo de 2014). "Magnificent Magnussen finishes third in Aussie GP". The Copenhagen Post (Ejvind Sandal; CPHPOST.DK ApS). Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2014. Consultado o 16 de marzo de 2014.
- ↑ "Rosberg wins as Hamilton and Vettel go out in Australia". Yahoo! Eurosport (TF1 Group). Reuters. 16 de marzo de 2014. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2014. Consultado o 16 de marzo de 2014.
- ↑ Noble, Jonathan; Mitchell, Scott (16 de marzo de 2014). "F1 rookie Kevin Magnussen says podium like win". Autosport (Haymarket Publications). Consultado o 16 de marzo de 2014.
- ↑ "Red Bull's Daniel Ricciardo disqualified from the results of the Australian GP". Sky Sports (BSkyB). 16 de marzo de 2014. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2014. Consultado o 16 de marzo de 2014.
- ↑ Ransom, Ian (16 de marzo de 2014). "Rosberg wins for Mercedes, Magnussen second". Reuters. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 28 de febreiro de 2015.
- ↑ Benson, Andrew (11 de decembro de 2014). "McLaren confirm Jenson Button & Fernando Alonso for 2015". BBC Sport (BBC). Consultado o 23 de decembro de 2014.
- ↑ Kevin Magnussen open to future full-time IndyCar switch after F1 - Luke Smith, Crash.net, 3 de marzo de 2018
- ↑ "Fernando Alonso: A Medical Update". McLaren.com. McLaren. Consultado o 3 de marzo de 2015.
- ↑ Benson, Andrew (3 de marzo de 2015). "Fernando Alonso: McLaren driver to miss Australian Grand Prix". BBC Sport. Consultado o 3 de marzo de 2015.
- ↑ "Points don't matter to McLaren – Button". GPUpdate.net (JHED Media BV). 15 de marzo de 2015. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2015. Consultado o 10 de agosto de 2016.
- ↑ Benson, Andrew (16 de outubro de 2015). "Kevin Magnussen: McLaren man told about exit on birthday". BBC Sport (BBC). Consultado o 29 de xaneiro de 2016.
- ↑ Anderson, Ben (28 de xaneiro de 2016). "Haas F1 wanted Kevin Magnussen for 2016 had Grosjean declined offer". Autosport. Consultado o 28 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Manor rebrands, presentation on February 22". GPupdate.net. 19 de xaneiro de 2016. Consultado o 28 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Magnussen had another F1 offer for 2016". GrandPrix.com. 5 de febreiro de 2016. Consultado o 7 de febreiro de 2016.
- ↑ "Magnussen lands Mercedes-Benz DTM test". Crash.net. Crash Media Group. 19 de novembro de 2015. Consultado o 28 de xaneiro de 2016.
- ↑ Watkins, Gary (27 de outubro de 2015). "Ex-McLaren F1 racer Kevin Magnussen to test Porsche LMP1 car". Autosport. Consultado o 28 de xaneiro de 2016.
- ↑ Noble, Jonathan (28 de xaneiro de 2016). "Magnussen on verge of F1 return with Renault". Motorsport.com. Consultado o 28 de xaneiro de 2016.
- ↑ Parkes, Ian (28 de xaneiro de 2016). "Kevin Magnussen set to replace Pastor Maldonado at Renault F1 team". autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 29 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Haas F1 Team Secures 2017 Driver Lineup by Signing Kevin Magnussen to Join Romain Grosjean". Haas F1 Team. 10 de novembro de 2016. Consultado o 11 de novembro de 2016.
- ↑ "Kevin MAGNUSSEN - Points • STATS F1". www.statsf1.com. Consultado o 27 de marzo de 2019.
- ↑ "Kevin MAGNUSSEN - Grands Prix started • STATS F1". www.statsf1.com. Consultado o 27 de marzo de 2019.
- ↑ "2017 • STATS F1". www.statsf1.com. Consultado o 27 de marzo de 2019.
- ↑ "The honeymoon period is over – exclusive Gene Haas Q&A". Formula.com (en inglés). Consultado o 29 de novembro de 2017.
- ↑ "Kevin Magnussen - Fastest laps". Stats F1. Consultado o 7 denovembro de 2018.
- ↑ Karpov, Oleg; Elizalde, Pablo. "Charles Leclerc: F1 must be harsher on 'dangerous' Kevin Magnussen". Autosport.com. Consultado o 3 de decembro de 2019.
- ↑ de Menezes, Jack (30 de abril de 2018). "Pierre Gasly accuses Kevin Magnussen of being the ‘most dangerous’ driver in F1". The Independent. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 7 de novembro de 2019.
- ↑ "F1 2019: Haas confirm Kevin Magnussen and Romain Grosjean". Sky Sports (en inglés). Consultado o 7 de novembro de 2018.
- ↑ "Formula 1 Singapore Airlines Singapore Grand Prix 2019 - Fastest Laps". F1.com. Consultado o 22 de setembro de 2019.
- ↑ "Magnussen: Haas VF-19 'most incosistent' of all Haas cars so far". GPToday.net. Consultado o 3 de decembro de 2019.
- ↑ "Haas confirm Kevin Magnussen and Romain Grosjean for F1 2020". skysports.com. 19 de setmbro de 2019. Consultado o 6 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Grosjean and Magnussen announce they are to leave Haas at the end of 2020". Formula1.com. 22 de outubro de 2020. Consultado o 22 de outubro de 2020.
- ↑ "Standings".
- ↑ "Kevin Magnussen says Haas car is 'a joy to drive' after another points finish". 28 de marzo de 2022.
- ↑ "F1 news: Haas in points in consecutive rounds thanks to Kevin Magnussen". Mediareferee.com. 2022-03-28. Consultado o 2022-05-25.
It also meant that Haas managed to score points in consecutive races for the first time since 2019.
- ↑ Whisenant, David. "Kannapolis-based Haas F1 team breaks through with double points finish in British Grand Prix". wbtv.com.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kevin Magnussen ![]() |