Gran Premio do Reino Unido de 1980
| Nome oficial | XXXIII Marlboro British Grand Prix |
|---|---|
| Tipo | Gran Premio do Reino Unido |
| Deporte | automobilismo |
| Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1980 |
| Distancia do evento | 76 |
| Localización e Datas | |
| Localización |
Kent (Sudeste de Inglaterra) Circuíto de Brands Hatch (Kent) |
| País | Reino Unido |
| Data | 13 de xullo de 1980 |
| Competición | |
| Primeiro posto | Alan Jones WilliamsF1 |
| Pole position | Didier Pironi |
| Volta máis rápida | Didier Pironi |
| Gran Premio do Reino Unido | |
| Gran Premio do Reino Unido | |
O Gran Premio do Reino Unido de 1980 (oficialmente o XXXIII Marlboro British Grand Prix) foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 13 de xullo de 1980 no circuíto de Circuíto de Brands Hatch, Kent, Inglaterra. Foi a oitava carreira do Campionato do Mundo da tempada de 1980, disputada sobre 76 voltas, cunha distancia total de 319´73 km.
A carreira foi gañada polo piloto australiano, Alan Jones pilotando un Williams FW07B. A vitoria foi a oitava vitoria de Jones nun Gran Premio de Fórmula Un e a súa cuarta do ano. Jones gañou por once segundos sobre o piloto brasileiro Nelson Piquet que pilotaba un Brabham BT49. En terceiro lugar, e o único outro coche en terminar na volta do líder, foi o compañeiro de equipo de Jones en Williams Grand Prix Engineering, o piloto arxentino Carlos Reutemann.
Resumo da carreira
[editar | editar a fonte]Antecedentes
[editar | editar a fonte]Nas dúas semanas entre o Gran Premio Francés e British Grand Prix, Brabham decidiu substituír a Ricardo Zunino polo piloto mexicano Héctor Rebaque, mentres que o equipo Shadow pechaba. Aínda había 27 coches na lista de inscritos, como RAM Racing cun vello Williams FW07 para Rupert Keegan e a muller piloto de Suráfrica Desiré Wilson.[1]
Cualificación
[editar | editar a fonte]Por terceira carreira consecutiva, un piloto de Ligier logrou a pole position, Didier Pironi estableceu un tempo duns 5´8 segundos máis rápido que o tempo da pole establecido por Ronnie Peterson no Gran Premio anterior en Brands Hatch dous anos antes. O compañeiro de equipo de Pironi Jacques Laffite estaba á súa beira na primeira fila, mentres que os Williams oficiais encheron a segunda fila co líder do campionato Alan Jones por diante de Carlos Reutemann. Na terceira fila estaban Nelson Piquet no Brabham e Bruno Giacomelli no Alfa Romeo, e na cuarta estaban Alain Prost no McLaren e Patrick Depailler no segundo Alfa Romeo. Mario Andretti no Lotus e Derek Daly no Tyrrell completaban os dez primeiros.
Os Renaults e Ferraris tiñan problemas cos seus pneumáticos Michelin,[2] e Jean-Pierre Jabouille e René Arnoux só puideron ser 13º e 16º, respectivamente, para o equipo francés, mentres que Gilles Villeneuve e o actual campión Jody Scheckter foron 19º e 23º, respectivamente, para o equipo italiano, e foron superados polo Williams privado de Keegan. Wilson non puido clasificarse no outro Williams privado.
Carreira
[editar | editar a fonte]Ao comezo, Pironi liderou con Laffite mantendo baixo control Jones e Piquet pasando Reutemann ó cuarto posto. Pironi desfrutou dunha cómoda vantaxe ata a volta 19, cando picou un pneumático dianteiro e fixo unha longa parada en boxes para substituílo. Laffite liderou ata que el tamén sufriu unha picada nun pneumático, o que lle fixo trompear na curva Hawthorn na volta 31. A partir de entón, Jones mantivo unha cómoda vantaxe sobre Piquet e Reutemann, mentres que Pironi quedou na parte posterior da pista, chegando a ser quinto antes de sufrir outro problema cos pneumáticos na volta 64. Máis tarde comprobouse que os problemas dos Ligiers foron causados polo agretamento das súas lamias.
Jones finalmente pasou a bandeira a cadros 11 segundos por diante de Piquet, logrando a súa cuarta vitoria da tempada e a súa terceira consecutiva (incluíndo o Gran Premio español, que posteriormente foi desposuído da súa condición de campionato do mundo). Reutemann, o último home na volta do líder, terminou 2´2 segundos detrás de Piquet, seguido por Daly, o seu compañeiro de equipo en Tyrrell Jean-Pierre Jarier, e Prost.
No campionato de pilotos, Jones aumentou a súa vantaxe sobre Piquet a seis puntos, mentres que no Campionato de Construtores Williams tomou 18 puntos de vantaxe sobre Ligier.
Esta carreira resultou ser a última para Depailler, que perdeu a vida tres semanas máis tarde, durante as probas en Hockenheim antes do Gran Premio de Alemaña.
Clasificación
[editar | editar a fonte]| Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | 27 | Williams-Ford | 76 | 1:34:49.228 | 3 | 9 | |
| 2 | 5 | Brabham-Ford | 76 | + 11.007 | 5 | 6 | |
| 3 | 28 | Williams-Ford | 76 | + 13.285 | 4 | 4 | |
| 4 | 4 | Tyrrell-Ford | 75 | + 1 volta | 10 | 3 | |
| 5 | 3 | Tyrrell-Ford | 75 | + 1 volta | 11 | 2 | |
| 6 | 8 | McLaren-Ford | 75 | + 1 volta | 7 | 1 | |
| 7 | 6 | Brabham-Ford | 74 | + 2 voltas | 17 | ||
| 8 | 7 | McLaren-Ford | 74 | Motor | 12 | ||
| 9 | 29 | Arrows-Ford | 73 | + 3 voltas | 21 | ||
| 10 | 1 | Ferrari | 73 | + 3 voltas | 23 | ||
| 11 | 50 | Williams-Ford | 73 | + 3 voltas | 18 | ||
| 12 | 20 | Fittipaldi-Ford | 72 | + 4 voltas | 22 | ||
| 13 | 30 | Arrows-Ford | 69 | + 7 voltas | 24 | ||
| NC | 16 | Renault | 67 | Non Clasificado | 16 | ||
| Ret | 25 | Ligier-Ford | 63 | Pneumatico | 1 | ||
| Ret | 9 | ATS-Ford | 59 | Motor | 15 | ||
| Ret | 11 | Lotus-Ford | 57 | Caixa de cambios | 9 | ||
| Ret | 23 | Alfa Romeo | 42 | Trompo | 6 | ||
| Ret | 2 | Ferrari | 35 | Motor | 19 | ||
| Ret | 26 | Ligier-Ford | 30 | Pneumático | 2 | ||
| Ret | 22 | Alfa Romeo | 27 | Motor | 8 | ||
| Ret | 31 | Osella-Ford | 17 | Suspensión | 20 | ||
| Ret | 12 | Lotus-Ford | 16 | Suspensión | 14 | ||
| Ret | 15 | Renault | 4 | Motor | 13 | ||
| NSC | 14 | Ensign-Ford | |||||
| NSC | 21 | Fittipaldi-Ford | |||||
| NSC | 43 | Williams-Ford |
Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
| Carreira anterior: Gran Premio de Francia de 1980 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1980 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Alemaña de 1980 |
| Carreira anterior: Gran Premio do Reino Unido de 1979 |
Gran Premio do Reino Unido | Carreira seguinte: Gran Premio do Reino Unido de 1981 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Desiré Wilson – Biography". Formula One Rejects. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2007. Consultado o 17 January 2011.
- ↑ "Grand Prix Results: British GP, 1980". Grandprix.com. Consultado o 30 October 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio do Reino Unido de 1980 |
| A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
