Fernando Alonso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fernando Alonso (32 anos)
Fernando-alonso-malaysia-2013.jpg
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade España Español
Monopraza número 14
Escudería actual Scuderia Ferrari
Escudería no 2015 Scuderia Ferrari
Grandes Premios disputados 218 (217 saídas)
Campionatos 2 (2005, 2006)
Vitorias 32
Podios 95
Pole positions 22
Voltas rápidas 21
Primeiro Grand Prix Gran Premio de Australia de 2001
Primeira vitoria Gran Premio de Hungría de 2003
Posición no 2014 4º (12 ptos.)
editar

Fernando Alonso Díaz, nacido en Oviedo o 29 de xullo de 1981, é un piloto asturiano de Fórmula 1. Foi Campión do Mundo nas tempadas 2005 e 2006, interrompendo a serie de cinco títulos consecutivos acadada polo alemán Michael Schumacher e converténdose no gañador máis novo do título mundial, batendo a histórica marca do brasileiro Emerson Fittipaldi. Actualmente reside en Lugano (Tesino), Suíza.[1]

Vida persoal e deportiva[editar | editar a fonte]

Naceu o 29 de xullo de 1981 en Oviedo aínda que agora reside en Lugano, non lonxe da sede do seu equipo. É fillo de José Luis Alonso e Ana Díaz, e irmán de Lorena, cinco anos maior ca el e que exerce como médica de profesión. Alonso estivo casado con Raquel del Rosario, solista do grupo musical español El Sueño de Morfeo. Casáronse o 17 de novembro de 2006 e anunciaron o seu divorcio o 20 de decembro de 2011.

Aos tres anos o seu pai regaloulle un kart co que Fernando se encaprichou e comezou a familiarizarse co ruxido do motor. Neste mesmo ano conseguiu a súa primeira vitoria, na que participaban nenos que lle dobraban a idade. Este título deulle coraxe para seguir pilotando sempre coa axuda do seu pai que xa se dera de conta do seu talento precoz.

Desde os catro anos ata os catorce cursou primaria e EXB nun colexio en Oviedo chamado "Santo Ángel de la Guarda". Logo, estudou no instituto "Leopoldo Alas Clarín de San Lázaro" onde permaneceu até o 2000, ano no que abandonou os estudios porque non ser capaz de compartilos cos compromisos deportivos. Ademais con dezaseis anos xa ostentaba a licenza obrigatoria oficial da Federación Española aínda que esta era falsificada.

A súa traxectoria era moi rápida e exitosa e ía de cidade en cidade, no coche do seu pai que era un Peugeot algo antigo, mentres que os outros competidores levaban Mercedes e BMW.

Fernando Alonso enriba do F-1 de seu.

Todo isto facía que se fora rematando o diñeiro dos seus pais e isto fixo que estiveran a punto de desistir; pero grazas a unha sorpresa coñeceron a Genís Marcó que se encaprichou con Alonso e pagaba se facía falta diñeiro do seu peto e até estreaba un kart por carreira.

Así, en 1995, cun soldo de 100.000 pesetas ao mes e catorce anos chegou ao Campionato Mundial, onde subiu ao podio co terceiro posto por diante de Kimi Raikkonen.

En 1998, apareceu unha persoa moi importante na súa vida profesional: Adrián Campos, o ex-piloto de Minardi que se convertería no seu representante.

Campos en 1999 fichouno como substituto de Marc Gené na Fórmula Nissan.

Con dezasete anos e sen carné voaba polos circuítos a máis de 250 km/h; este sacouno nada máis cumprir os dezaoito anos, cun Renault Megane. Durante as prácticas de obtención do carné, o seu profesor advertiulle de que conducira máis rápido xa que ía moi amodo.

Alonso co seu primeiro título de monoprazas seguiu progresando e chegou á Fórmula 3000 no ano 2000, ano do seu debut, e data na que conseguiu a súa primeira vitoria.

Este éxito no seu debut fixo que se consagrase na Fórmula 1, comezando a ser probador de Minardi.

Trala experiencia con este equipo de Fórmula 1, Flavio Briatore, xefe do equipo de Renault, polo que fichara cinco anos, chamouno para exercer de probador en Renault durante o ano 2002, onde tivo resultados satisfactorios.

No ano 2003 foi piloto oficial deste equipo francés, que ten a súa sede oficial en Oxford, lugar onde reside Fernando Alonso por estas circunstancias. Precisamente este ano estreará o seu palmarés na Formula 1 coa súa primeira vitoria, no Gran Premio de Hungría. Será o máis novo gañador dun gran premio e o primeiro piloto de nacionalidade española que o consegue.

Tras un ano 2004 irregular, no cal pese a todo rematará cuarto na clasificación final, no 2005 acadará o título mundial, tras unha intensa loita co finlandés Kimi Räikkönen, da escudaría McLaren Mercedes, batendo de novo a marca de precocidade existente ata entón. En 2006 Alonso tivo unha bonita loita co alemán Michael Schumacher e o finlandés Kimi Räikkönen, gañando finalmente o Mundial.

No ano seguinte, McLaren Mercedes fichou a Alonso, despediu a Juan Pablo Montoya, e puxo en vez deste ó protexido de Ron Dennis, Lewis Hamilton, primeiro piloto de pel negra que gaña un Gran Premio.

Logo dunha gran polémica con prestixiosos diarios ingleses como The Observer, The Times, The Daily Mirror... en contra de Alonso, chégase ó Gran Premio de Brasil, co asturiano segundo clasificado a catro puntos de Hamilton. Finalmente no Gran Premio de Brasil, aconteceu unha milagre, onde Kimi Raikkonen saíu como principal beneficiado, como campión do mundo. Polo que a Alonso respecta, rematou terceiro e quedou empatado a puntos con Hamilton, no terceiro posto absoluto no Mundial. No ano 2008 fichou de novo por Renault, e afronta un ano novo intentando recuperar o campionato do mundo.

Inicios en karts[editar | editar a fonte]

Fernando Alonso iniciou a súa carreira no mundo do motor con tres anos, vendo ó seu ídolo da infancia Ayrton Senna, cando seu pai lle regalou un kart que el mesmo construíra. Ese ano ganou a súa primeira carreira e comezou a adestrar á saída do colexio xunto a seu pai, quen exerceu de representante e mecánico. Un ano máis tarde obtivo a licenza oficial da Real Federación Española de Automobilismo. En 1988, con 7 anos, obtivo o seu primeiro triunfo nunha competición oficial, o campionato infantil de Asturias, gañando as oito carreiras de que constaba a proba. Un ano máis tarde, en 1989, volveu a proclamarse campión de karts de Asturias e Galicia.

Debido ós cambios de categoría a familia non se podía facer cargo dos gastos que carrexaban as carreiras. Cerca do abandono, o importador de karts Genís Marcó encargouse da financiamento: proporcionaba os karts, buscaba patrocinadores ou exercía el mesmo como tal, salvando a carreira deportiva de Fernando Alonso. En 1991, proclamase campión de Asturias e do País Vasco en categoría Cadetes, alcanzando o subcampionato de España aínda sen participar en todas as carreiras. Foi campión de España en 1993 e 1994 como júnior, o que lle permitiu competir no Campionato do Mundo ó ano seguinte, cunha bolsa da Real Federación Española de Automobilismo. En dito campionato quedou terceiro, por diante de Kimi Räikkönen entre outros[sin referencias].

En 1996 proclamouse campión de España, do Trofeo Estival de Italia, do Marlboro Grand Prix e do Campionato do Mundo Júnior[2] . Ó ano seguinte, vence nos campionatos de España, Italia e Europa na categoría Internacional A. En 1998 volve a ganar o campionato de España,o Trofeo París-Bercy, o campionato Industria de Italia e o Open Ford.

Primer kart de Fernando Alonso
Kart de Fernando Alonso en categoría cadete

Pasos cara á Fórmula 1[editar | editar a fonte]

En 1999 entrou en escena o ex-piloto de Minardi Adrián Campos, que se convertería no seu mánager. Fíchao como substituto de Marc Gené na Fórmula Nissan, na que Alonso logra 9 poles, 8 voltas rápidas e 6 vitorias que lle outorgaron o campionato Euro Open Movistar.

Da Fórmula Nissan pasou á Fórmula 3000 no equipo Astromega, onde se xuntou con pilotos de gran categoría quedando solo por detrás de Bruno Xunqueira, gañador da edición, Nicolas Minassian e Mark Webber. Alonso conseguiu a pole e gañou na carreira de Bélxica e quedou segundo na de Hungría, quedando cuarto na clasificación xeneral no ano do seu debut e único no que estivo.

Fórmula 1[editar | editar a fonte]

Minardi (2001)[editar | editar a fonte]

Pasou á Fórmula 1 fichado por Renault pero cedido a Minardi como piloto oficial. Con Minardi debutou no Gran Premio de Australia de 2001, sendo o terceiro piloto máis xove en facelo. A súa mellor clasificación con Minardi foi un 10º posto no Gran Premio de Alemaña. No Gran Premio de Xapón chegou a adiantar ó Toyota de Olivier Panis e quedar por diante do Jordan-Honda de Heinz-Harald Frentzen.

En 1988, con 7 anos, obtivo o seu primeiro triunfo nunha competición oficial, no campionato infantil de Asturias, gañando as oito carreiras de que constaba a proba. Un ano máis tarde, en 1989, volveu a proclamarse campión de karts de Asturias e Galicia.

Debido ós cambios de categoría, a familia non se podía facer cargo dos gastos que implicaban as carreiras. A punto de abandonar, o importador de karts Genís Marcó encargouse da financiamento: proporcionaba os karts, buscaba patrocinadores ou exercía el mesmo como tal, salvando a carreira deportiva de Fernando Alonso.

En 1991, proclamase campión de Asturias e do País Vasco en categoría cadetes, alcanzando o subcampionato de España aínda sen participar en todas as carreiras. Foi campión de España en 1993 y 1994 como júnior, o que lle permitiu competir no Campionato do Mundo ó ano seguinte, becado pola Real Federación Española de Automobilismo. En dito campionato quedou terceiro, por diante de Kimi Räikkönen entre outros.

En 1996 proclamouse campión de España, do Trofeo Estival de Italia, do Marlboro Grand Prix e do Campionato do Mundo Júnior. Ó ano seguinte, vence nos campionatos de España, Italia e Europa na categoría Internacional A. En 1998 volve a gañar o campionato de España, o Trofeo París-Bercy, o campionato Industria de Italia e o Open Ford.

Renault (2002-2006)[editar | editar a fonte]

2002-2003

Alonso converteuse en piloto de probas de Renault en 2002 (Renault comprou o equipo Benetton) e realizou 1.642 voltas de proba ese ano. En 2003 Briatore deixou a Button e deu a Alonso o segundo asento xunto a Jarno Trulli. Briatore foi criticado pola prensa británica pola decisión, pero o director técnico Mike Gascoyne declarou a F1 Racing que a decisión foi correcta, xa que o equipo quedara impresionado coa capacidade de traballo e o talento de Alonso durante a súa tempada como piloto de probas.

A súa primeira carreira con Renault saldouse cun sétimo posto en Australia. O 22 de marzo de 2003 converteuse no piloto máis novo en lograr unha pole position e un podio en Fórmula 1, con 21 anos, no Gran Premio de Malaisia, a pesar de que aquel fin de semana estivo con 39º de febre. No Gran Premio de Brasil de 2003 sufriu o accidente máis grave na súa estadía na Fórmula 1 ao chocar contra o muro na volta 55 tras golpear unha roda do coche de Mark Webber, que sufrira un accidente anteriormente e había esparexido os restos do seu monopraza pola pista.[2] Con todo, este contratempo non lle impediu conseguir un novo podio, pois a carreira deuse por finalizada co seu accidente, e as posicións finais foron establecidas nunha volta anterior ao accidente.

Na seguinte carreira, o Gran Premio de San Mariño, quedou en sexta posición. No Gran Premio de España ocupou o segundo chanzo do podio. Tras isto chegou a súa primeira retirada en Renault, durante o Gran Premio de Austria rompíu o motor cando marchaba nos puntos tras saír desde boxes. Logo deste fracaso logra unha quinta posición en Mónaco e dous cuartos postos consecutivos nas carreiras de Canadá (onde consegue tamén a súa primeira volta rápida) e Europa. Logo desta boa serie prodúcense dous abandonos consecutivos nos Grandes Premios de Francia e o Reino Unido. No Gran Premio de Alemaña queda de novo cuarto.

O 24 de agosto do mesmo ano, no Gran Premio de Hungría, logrou ser o piloto máis novo en gañar un Gran Premio, con 22 anos, aínda que posteriormente superaríalle en precocidad Sebastian Vettel ao vencer no Gran Premio de Italia de 2008. No Gran Premio de Italia consegue o seu último punto da tempada 2003, acabando oitavo tras saír último e sufrir un accidente na saída. No Gran Premio dos Estados Unidos sofre unha avaría no motor. Na última carreira da tempada, o Gran Premio de Xapón, tamén rompeu o motor cando ía segundo. Finalizou a tempada 2003 na sexta posición do Mundial de Pilotos. Xa entón Briatore, nunha entrevista, deixou entrever os plans de Renault de ir a máis e loitar polo título en [[Campionato Mundial de Fórmula 1 de |]]. Máis tarde veriamos que só houbo que esperar a tempada 2004.

2004
Alonso pilotando para o equipo Renault de Fórmula Un no Gran Premio dos Estados Unidos de 2004

Alonso quedou con Renault para a tempada 2004, logrando podios en Australia, Francia, Alemaña e Hungría. En Indianapolis sufriu un accidente a alta velocidade mentres ía no terceiro lugar debido a un pneumático desinflado a causa dunha picada. En Francia conseguiu a pole e terminou segundo, tras Michael Schumacher e preto da vitoria. Cara ao final do ano as actuacións do seu compañeiro de equipo Jarno Trulli foron a pior e a relación de Trulli co equipo deteriorouse ata o punto de que fichou por Toyota a partir de 2005, e foi substituído para as tres últimas carreiras da tempada polo ex campión do mundo Jacques Villeneuve. Alonso terminou cuarto na clasificación do campionato con 59 puntos.

2005
Alonso completou o 2005 coa vitoria no Gran Premio de China de 2005.

Para a tempada 2005, uniuse a Renault o piloto italiano Giancarlo Fisichella. Na primeira carreira en Australia Alonso comezou preto do final debido á choiva na cualificación, pero se abriu paso ata a terceira posición. Gañou as dúas seguintes carreiras en Malaisia e Bahrain desde a pole position, e logrou unha terceira vitoria no Gran Premio de San Mariño logo dunha batalla de 13 voltas con Michael Schumacher.

A melloría de McLaren viu gañar s Räikkönen en España e Mónaco, mentres que Alonso terminou segundo e cuarto, respectivamente. Räikkönen estaba en camiño de gañar no Gran Premio de Europa en Nürburgring cando a suspensión dianteira dereita do seu coche rompeu (debido a un plano no pneumático causado por Räikkönen ao bloquear as rodas ao frear, mentres que pasaba Jacques Villeneuve) na última volta, dándolle a vitoria a Alonso.

Alonso non puido anotar nos grandes premios de Canadá e de Estados Unidos. No primeiro tivo que retirarse debido a un toque cun muro, e no segundo todos os pilotos que montaban Michelin retiráronse debido a preocupacións de seguridade sobre os seus pneumáticos. Alonso logrou a súa terceira pole e a quinta vitoria en Francia. Repite pole position unha semana despois no Reino Unido, onde terminou segundo detrás de Montoya. Kimi Raikkonen de McLaren liderou o gran premio alemán ata que fallou o hidráulico do seu coche e Alonso gañou a carreira.

Alonso clasificou sexto no GP de Hungría pero terminou 11º logo dunha colisión co Toyota de Ralf Schumacher. A medida que a tempada entrou na súa fase final Alonso terminou segundo en tres carreiras consecutivas, recollendo os puntos vitais do campionato. Raikkonen gañou en Turquía e Bélxica, pero foi cuarto en Monza logo dunha avaría do motor na cualificación, o que significaba que a ventaxe de Alonso reducirase a só nun punto.

Alonso selou o título ao quedar terceiro en Brasil. O español converteuse en campión á idade de 24 anos e 59 días, rompendo a marca de Emerson Fittipaldi de piloto maís novo en lograr o título. Tamén puxo fin ao dominio de cinco anos de Michael Schumacher.

Ao comentar o seu triunfo, dixo: "Só quero dedicar este campionato á miña familia e todos os meus amigos que me apoiaron a través da miña carreira, España non é un país cunha cultura da F1, e tivemos que loitar sos a cada paso do camiño, para que isto sucedera. Un enorme agradecemento tamén a todo o equipo, son os mellores na Fórmula Un, e fixémolo xuntos. Dirán que son campión do mundo, pero, todos somos campións e merécense isto". No número de maio de 2007 da revista F1 Racing, Alonso dixo que o Gran Premio de Brasil de 2005 foi a súa mellor carreira. Dixo: "Foi un soño feito realidade e un día moi emotivo. Nas últimas voltas saltaba, podía oír ruídos extraños no motor, desde todas partes! Pero todo estaba ben e podo recordar o meu alivio cando crucei a liña final".

Os grandes premios de Xapón e China viron a Alonso e Renault abandonar o estilo conservador evidente en Brasil cando aínda estaban perseguindo o título de pilotos. en Xapón partindo do posto 16 da grella, finalmente terminou terceiro detrás de Raikkonen e Fisichella. O Gran Premio de China viu a vitoria de Renault e Alonso para acadar o primeiro Campionato de Construtores para o equipo Renault F1.

En 2005, foi galardoado Premio Príncipe de Asturias do deporte.[3]

2006
Alonso conseguiu a pole e a vitoria no Gran Premio de Mónaco de 2006.

Alonso gañou a primeira carreira da tempada 2006 en Bahrain, superando a Michael Schumacher ao saír dos pits a falta de 18 voltas do final, logo de empezar cuarto. Clasificouse sétimo no GP de Malaisia debido a un erro na alimentación de combustible[4][5], pero terminou segundo detrás do seu compañeiro de equipo Giancarlo Fisichella. Gañou o GP de Australia logo de adiantar ao Honda do líder Jenson Button.

Despois dunha pobre clasificación en San Mariño, Alonso non puido pasar a Michael Schumacher. Schumacher venceu Alonso de novo no GP de Europa despois de que o español comezara na pole, pero Alonso devolveulle o golpe, converténdose no primeiro español en gañar o Gran Premio de España. Alonso logrou a pole position no Gran Premio de Mónaco logo de que Schumacher fora penalizado polos comisarios por "parar deliberadamente o seu coche no circuíto nos últimos minutos da cualificación", perxudicando aos seus rivais, Alonso perdeu a oportunidade de rexistrar a volta rápida de cualificación.[6] Alonso gañou a carreira.

Estendeu a súa serie gañadora a catro carreiras con vitorias en Reino Unido e Canadá. Ambas as vitorias chegaron desde a pole position, e a rolda británica foi a súa primeira vitoria pole. Tamén se converteu no primeiro piloto na historia en terminar primeiro ou segundo nas nove primeiras carreiras da tempada, un rexistro igualado por Sebastian Vettel en 2011. A loita con Schumacher comezou de novo en Indianapolis onde o alemán gañou e Alonso foi quinto. Schumacher gañou o Gran Premio de Francia de 2006, con Alonso segundo, e o Gran Premio de Alemaña de 2006 co español quinto.[7] O que reduciu a vantaxe de Alonso no campionato a 11 puntos.

Alonso foi sancionado por unha infracción na práctica no Gran Premio de Hungría de 2006. Que o deixou 15º na grella Schumacher comezou 11º logo de recibir unha sanción similar.[8] Alonso parecía encamiñarse a unha vitoria pouco probable, superou á maioría na pista, incluído Schumacher polo exterior da curva cinco, demostrando a súa destreza nas condicións de mollado, pero rematou fóra da carreira cando unha porca da roda caeuse do seu coche logo dunha parada en boxes. Schumacher logrou un punto logo de que Robert Kubica fora descualificado..[9]

Alonso terminou segundo en Turquía, Schumacher foi o terceiro clasificado, pero perdeu moito terreo logo dun polémico Gran Premio de Italia de 2006. El sufriu unha picada durante a cualificación e danou a carrocería na parte traseira do seu coche. Clasificouse quinto, pero foi castigado despois polos comisarios por obstaculizar ao Ferrari de Felipe Massa, [10] e comezou a carreira desde a décima posición. Na carreira remontou ata o terceiro posto pero un fallo de motor obrigoulle a retirarse. Schumacher gañou o Gran Premio e quedou a dous puntos de Alonso.

Na seguinte rolda en China, Alonso logrou a pole position durante unha sesión de cualificación sobre mollado, pero terminou segundo detrás de Schumacher na carreira. O resultado foi o empate entre Alonso e Schumacher a puntos no campionato de pilotos. NO Gran Premio de Xapón de 2006, os Ferrari de Schumacher e Massa clasificaron primeiro e segundo, máis de medio segundo máis rápido que os Renault no quinto e sexto. Con todo, durante a carreira de Alonso subiu á segunda praza e levou a vitoria despois de que o motor de Schumacher fallase. Logrou unha vantaxe de dez puntos sobre Schumacher, que necesita só un punto na rolda final para reter o título. O segundo lugar no Gran Premio de Brasil de 2006 o 22 de outubro deu a Alonso o campionato. Con Schumacher terminando cuarto, a diferenza final foi de 13 puntos. Alonso converteuse así no bicampión máis novo na historia do deporte. Renault tamén asegurou o Campionato de Construtores cunha brecha de 5 puntos sobre Ferrari.

McLaren (2007)[editar | editar a fonte]

Fernando Alonso no Gran Premio de Bélxica, 2007.
  • O MP4/22, o novo coche de Alonso, presentouse o día 15 de xaneiro na Cidade das Artes e das Ciencias de Valencia, cunha gran posta en escena.
  • O 18 de marzo logra un segundo posto no GP de Australia co seu debut en McLaren-Mercedes, por detrás do finés Kimi Räikkönen e onde o seu compañeiro de equipo e debutante na categoría, Lewis Hamilton, acabou terceiro.
  • O 8 de abril, na segunda carreira con McLaren-Mercedes, logra a súa primeira vitoria no Gran Premio de Malasia de 2007, no que o seu compañeiro de escudaría Lewis Hamilton acabou en 2ª posición e Kimi Räikkönen na 3ª. McLaren logrou, desta forma, o seu primeiro dobrete dende Brasil '05.
  • O 15 de abril, no Gran Premio de Bahréin de 2007, obtén 4 puntos máis para o campionato de pilotos quedando no 5º posto, tras unha difícil carreira, o que o deixou fora do liderado en solitario e non compartido, xa que polos resultados da carreira as tres primeiras prazas do campionato de pilotos empataron con 22 puntos, acadados por Fernando Alonso, Kimi Räikkönen e o segundo de McLaren-Mercedes, Lewis Hamilton, que conseguiu o mellor inicio dun novato.
  • Na rolda de clasificación de Montmeló, no Gran Premio de España de 2007, Massa quedou primeiro; Alonso, segundo; Kimi terceiro e Hamilton no cuarto lugar. Pero na carreira, o asturiano intentou adiantar ó brasileiro Felipe Massa na saída, chocando e quedando relegado á cuarta praza. Kimi Räikkönen abandonou, cedendo un posto a Alonso, quen quedaría terceiro tras o seu compañeiro de equipo, Lewis Hamilton, que se proclamaría líder do mundial sendo o piloto máis xoven ata o momento. Massa gañou a carreira.
  • O 27 de maio, Alonso, no Gran Premio de Mónaco queda primeiro; seu compañeiro de equipo, Hamilton, segundo; e Felipe Massa, terceiro. Foi nesta carreira cando Fernando logrou máis vantaxe respecto aos seus rivais, sendo Lewis Hamilton e Felipe Massa os únicos dous pilotos ós que non dobrou.
  • No Gran Premio de Canadá de 2007 quedou sétimo tras unha accidentada carreira, na que saíron catro coches de seguridade. No primeiro deles, cadrou coa súa parada en boxes, polo que foi penalizado con dez segundos de stop & go a causa da nova normativa. Tras a penalización, tivo que remontar posicións. Nesta carreira, Alonso perdeu o liderado do campionato na favor de Lewis Hamilton, quen está a 8 puntos do asturiano.
  • O 22 de xullo, no Gran Premio de Europa do mesmo ano, logrou unha nova vitoria, tras manter un duelo sobre a choiva no que as voltas finais con Felipe Massa (no que incluso chegou a tocarse ao adiantalo). Nesta mesma carreira, Räikkönen e Hamilton non lograron puntuar: o primeiro por abandonar e o segundo, pola súa 9ª posición final. O líder do mundial continua sendo Lewis Hamilton aínda que a súa vantaxe de 12 puntos viuse reducida a 2 pola parte de Alonso.
  • No Gran Premio de Hungría, produciuse unha das maiores polémicas da temporada, ao deterse Alonso máis do tempo necesario na súa última parada en boxes e impedindo desa maneira que Hamilton dese unha volta máis ao circuíto para tratar de lograr a pole.
  • No gran premio de Xapón Alonso viuse obrigado a retirarse tras un violento choque contra o muro que deixou inservible o seu bólido, debido a chuvia e a néboa constantes;
  • no Gran premio de China foi o seu compañeiro de equipo quen se viu obrigado a abandonar, tras haberse saído da pista na entrada o pit-lane, e verse encalado na grava. Alonso terminou segundo, por detrás de Kimi Räikkönen, a só catro puntos do inglés para a última carreira da temporada.
  • No Gran Premio de Brasil de 2007, última cita do campionato, puido adiantar a Lewis Hamilton na saída, o cal fora adiantado tamén por Räikkönen. Ao intentar o inglés recuperar a terceira posición, saíuse da pista, perdendo varias posicións, e posteriormente, cun problema de transmisión, foi relegado á última posición. Tras o adiantamento de Kimi Räikkönen a Felipe Massa, o finlandés coroouse campión do mundo con 110 puntos, tendo chegado terceiro, sendo Alonso terceiro e Hamilton finalmente sétimo. Isto deixaba a Alonso e Hamilton empatados a 109 puntos, co británico por diante, xa que sumaba un segundo posto máis có español.

Renault (2008-2009)[editar | editar a fonte]

En 2008, Alonso disputou o campionato co equipo Renault, retornando ó equipo que defendeu nas campañas vitoriosas de 2005 e 2006 e tendo como compañeiro de equipo ó brasileiro Nelson Piquet. Ao longo da tempada 2008, conquistou tres pódios, obtendo dúas vitorias (Gran Premio de Singapur e Gran Premio de Xapón) e un segundo lugar no Gran Premio de Brasil.

A tempada 2009 foi totalmente decepcionante e só alcanzou un podio no Gran Premio de Singapur, 3º. Foi a súa peor tempada desde a do seu debut en Minardi.

Ferrari (2010- )[editar | editar a fonte]

Alonso proba o Ferrari F10, durante as probas de pretemporada en Xerez.

Logo de moitas especulacións, o 30 de setembro de 2009, confirmábase que Alonso substituía a Kimi Räikkönen no equipo Ferrari. O seu contrato cobre tres tempadas (2010-2012), con opcións ata o final do 2014. Aínda que o seu contrato dise que se asinou xa en xullo de 2008, Alonso confirmou que asinouse no verán de 2009 para comezar con Ferrari no 2011, e que máis tarde foi cambiado a 2010, xa que Ferrari e Raikkonen, a quen substitúe Alonso, conviñeron en pór fin ao seu contrato cun ano de anticipación. Aínda que se informou de que o contrato de Alonso era de 25 millóns de euros por tempada, Ferrari emitiu un comunicado que arroxa dúbidas sobre este dato, indicando que "os números de que se falan non teñen absolutamente nada que ver coa realidade.

Na primeira carreira en Bahrain, Alonso clasificouse terceiro por detrás do seu compañeiro de equipo Massa e de Sebastian Vettel. Na saída, Alonso adiantou a Massa para pasar á segunda praza, logo, o líder Vettel tivo un problema de motor e caeu ao cuarto posto e Alonso gañou a carreira, converténdose no quinto home en gañar no seu debut en Ferrari despois de Juan Manuel Fangio en 1956, Mario Andretti en 1971, Nigel Mansell en 1989, e Kimi Räikkönen en 2007. O seu compañeiro de equipo Massa ocupou o segundo lugar e o seu excompañeiro de equipo en McLaren Lewis Hamilton rematou terceiro.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Récords[editar | editar a fonte]

  • Foi o piloto máis novo en vencer un GP con 22 anos e 26 días, en Hungría no 2003.
  • Foi o terceiro piloto máis novo en tomar a saída nun GP con 19 anos, 7 meses e 3 días.
  • Foi o piloto máis novo en acadar unha pole con 21 anos, 7 meses e 23 días.
  • Foi o piloto máis novo en acadar un Campionato do Mundo con 24 anos, 1 mes e 27 días.

Tempadas na F1[editar | editar a fonte]

Ata: GP Australia 2013 (15. Marzo)

Tempada Equipo Dorsal Carreiras Clasificación Puntos Vitorias Poles Voltas rápidas Compañeiros
2001 Italia Minardi-European 21 17 23º - - - - Flag of Brazil.svg Tarso Marques (22º)
Flag of Malaysia.svg Alex Yoong (26º)
2002 Francia Renault (Probador) - - - - - - - - - -
2003 Francia Renault 8 16 55 1 2 1 Italia Jarno Trulli (8º)
2004 Francia Renault 8 18 59 - 1 - Italia Jarno Trulli (WM-6.)
Flag of Canada.svg Jacques Villeneuve (21º)
2005 Francia Renault 5 18 Campión 133 7 6 2 Italia Giancarlo Fisichella (5º)
2006 Francia Renault 1 18 Campión 134 7 6 5 Italia Giancarlo Fisichella (4º)
2007 Flag of the United Kingdom.svg McLaren-Mercedes 1 17 109 4 2 3 Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton (2º)
2008 Francia Renault 5 18 61 2 - - Flag of Brazil.svg Nelson Piquet Jr. (19º)
2009 Francia Renault 7 17 26 1 2 Flag of Brazil.svg Nelson Piquet Jr. (21º)
2010 Italia Ferrari 8 19 252 5 2 5 Flag of Brazil.svg Felipe Massa ()
2011 Italia Ferrari 5 19 257 1 - 1 Flag of Brazil.svg Felipe Massa ()
2012 Italia Ferrari 5 20 278 3 2 - Flag of Brazil.svg Felipe Massa ()
2013 Italia Ferrari 3 19 242 2 - 2 Flag of Brazil.svg Felipe Massa ()
2014 Italia Ferrari 14 1 12 - - - Finlandia Kimi Räikkönen ()

Resultados Completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en negra indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Tempada 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Pos. Puntos
2001 AUS MAL BRA RSM ESP AUT MON CAN EUR FRA GBR GER HUN BEL ITA USA XPN --- --- 23º 0
12 13 Ret. Ret. 13 Ret. Ret. Ret. 14 17 16 10 Ret. Ret. 13 Ret. 11
2003 AUS MAL BRA RSM ESP AUT MON CAN EUR FRA GBR GER HUN ITA USA XPN --- --- --- 55
7 3P 3 6 2 Ret. 5 4 4 Ret. Ret. 4 1P 8 Ret. Ret.
2004 AUS MAL BRN RSM ESP MON EUR CAN USA FRA GBR GER HUN BEL ITA CHN XPN BRA --- 59
3 7 6 4 4 Ret. 5 Ret. Ret. 2P 10 3 3 Ret. Ret. 4 5 4
2005 AUS MAL BRN RSM ESP MON EUR CAN USA FRA GBR GER HUN TUR ITA BEL BRA XPN CHN 133
3 1P 1P 1 2 4 1 Ret. No D. 1P 2P 1 11 2 2 2 3P 3 1P
2006 BRN MAL AUS RSM EUR MON ESP GBR CAN USA FRA GER HUN TUR ITA CHN XPN BRA --- 134
1 2 1 2 2P 1P 1P 1P 1P 5 2 5 Ret. 2 REt 2P 1 2
2007 AUS MAL BRN ESP MON CAN USA FRA GBR EUR HUN TUR ITA BEL XPN CHN BRA --- --- 109
2 1 5 3 1P 7 2 7 2 1 4 3 1P 3 Ret. 2 3
2008 AUS MAL BRN ESP TUR MON CAN FRA GBR GER HUN EUR BEL ITA SIN XPN CHN BRA --- 61
4 8 10 Ret. 6 10 Ret. 8 6 11 4 Ret. 4 4 1 1 4 2
2009 AUS MAL CHN BAH ESP MON TUR GBR GER HUN EUR BEL ITA SIN XPN BRA ABU --- --- 26
5 11 9 8 5 7 10 14 7 Ret. 6 Ret. 5 3 10 Ret. 14
2010 BAH AUS MAL CHN ESP MON TUR CAN EUR GBR GER HUN BEL ITA SIN XPN RCO BRA ABU 252
1 4 13 4 2 6 8 3 8 14 1 2 Ret. 1 1 3 1 3 7
2011 AUS
4
MYS
6
CHN
7
TUR
3
ESP
5
MON
2
CAN
Ret
EUR
2
RU
1
ALE
2
HUN
3
BEL
4
ITA
3
SIN
4
XPN
2
COR
5
IND
3
ABU
2
BRA
4
257
2012 AUS
5
MAL
1
CHN
9
BAH
7
ESP
2
MON
3
CAN
5
EUR
1
RU
2
ALE
1
HUN
5
BEL
Ret
ITA
3
SIN
3
XPN
Ret
COR
3
IND
2
ABU
2
USA
3
BRA
2
278
2013 AUS
2
MAL
Ret
CHN
1
BAH
8
ESP
1
MON
7
CAN
2
RU
3
ALE
4
HUN
5
BEL
2
ITA
2
SIN
2
COR
6
XPN
4
IND
11
ABU
5
USA
5
BRA
3
242
2014 AUS
4
MAL
BAH
CHN
ESP
MON
CAN
AUT
RU
ALE
HUN
BEL
ITA
SIN
XPN
RUS
USA
BRA
ABU
12
Predecesor:
Michael Schumacher
Campión da Fórmula 1
2005-2006
Sucesor:
Kimi Räikkönen

Curiosidades[editar | editar a fonte]

  • É Embaixador de Boa Vontade da UNICEF.
  • Practica ciclismo, tenis, natación e fútbol (el xoga de porterio e chegou a rexeitar unha oferta do Celta de Vigo), sendo os seus equipos preferidos o Real Madrid e o Real Oviedo. O seu ídolo deportivo é o ciclista Lance Armstrong.
  • Ten múltiples apodos: na súa casa é O Nano e na pista, Magic.
  • Cando sacou o carné de conducir con 18 anos levando un Renault Mégane, cometeu una falta leve "por ir demasiado lento". O curioso é que el xa era un consumado experto que pilotaba monoplazas a mais de 250 km/h. Según él mesmo, durante os días previos ó examen, os seus familiares e coñecidos non facian mais que recordarlle que non correse.
  • O cantante Melendi foi con él á súa escola e adicoulle a canción "Magic Alonso" para o seu 24 aniversario. A canción foi emitida por Telecinco durante a retransmisión do Gran Premio de Hungría de 2005.
  • No 2006, prestou a súa voz para dobrar a un dos personaxes (el mesmo) da película Cars, da compañía Pixar.

Polémicas[editar | editar a fonte]

No Gran Premio de Brasil de 2003, Alonso chocou a gran velocidad con restos do coche de Mark Webber ó intentar entrar rápidamente en boxes aproveitando o safety car, ignorando as bandeiras amarelas. Tras o choque, ondeouse a bandeira vermella e a carrera foi suspendida. O ovetense recibiu a terceira posición o final da carreira, deixando vacío o terceiro escalón do podio, xa que debiu ser evacuado o hospital. No Gran Premio de Europa de 2003, David Coulthard e Martin Whitmarsh acusarono de facer un brake test (frenar bruscamente cando se está diante de outro piloto, facendo que o de detrás deba frenar e evadir o de diante) ó piloto escocés, pero non foi penalizado. Os comisarios do Gran Premio emitiron o seguinte comunicado: "Seguindo as recomendacions do director da proba, o incidente que involucrou os coches número 8 (Alonso) e 5 (Coulthard) foi investigado. Tanto os pilotos como os representantes dos seus equipos, foron chamados para que fixeran os seus descargos. Logo de escoitalos, ver os vídeos e a telemetría dos coches, foi comprobado que non houbo responsabilidade no incidente", di o comunicado. No Gran Premio de Hungría de 2006, fixo un brake test a Robert Doornbos durante os entrenamientos, e foi sancionado ca adición do segundo a cada un dos tempos da clasificación[11]. Os comisarios calificaron as suas maniobras de "innecesarias, inaceptables e peligrosas". No Gran Premio de Italia de 2006, foi sancionado por "bloquear intencionadamente o coche de Felipe Massa na súa volta rápida. O asturiano, que consideraba que non había entorpecido en ningún momento o brasileiro, declarou que "xa non consideraba mais a Fórmula 1 un deporte".

Notas[editar | editar a fonte]

  1. [1]
  2. "Fernando Alonso in for a ticking off". grandprix.com. 16 April 2003. http://www.grandprix.com/ns/ns11011.html. Consultado o 13 September 2007. 
  3. "Fernando Alonso". The Price of Asturias Foundation. 2005. http://www.fundacionprincipedeasturias.org/ing/04/premiados/trayectorias/trayectoria805.html. Consultado o 17 January 2007. 
  4. "Qualifying – selected driver quotes". formula1.com (Formula One Administration). 18 March 2006. http://www.formula1.com/news/headlines/2006/3/4125.html. Consultado o 31 October 2010. 
  5. "Malaysian Grand Prix – selected driver quotes". formula1.com (Formula One Administration). 19 March 2006. http://www.formula1.com/news/headlines/2006/3/4133.html. Consultado o 31 October 2010. 
  6. "Schumacher is stripped of pole". formula1.com (Formula One Administration). 27 May 2006. http://www.formula1.com/news/headlines/2006/5/4430.html. Consultado o 31 October 2010. 
  7. "Renault on the ropes after Hockenheim?". formula1.com (Formula One Administration). 30 July 2006. http://www.formula1.com/news/headlines/2006/7/4725.html. Consultado o 31 October 2010. 
  8. "Räikkonen steals pole in Hungary". The Official Formula 1 Website. 2006. Arquivado do orixinal o 15 January 2007. http://web.archive.org/web/20070115015849/http://www.formula1.com/race/news/4768/763.html. Consultado o 17 January 2007. 
  9. "Hungarian Grand Prix 2006 review". F1Fanatic.co.uk. 6 August 2006. http://www.f1fanatic.co.uk/2006/08/06/hungarian-grand-prix-2006-review/. Consultado o 15 August 2007. 
  10. "Alonso punished for blocking Massa". formula1.com (Formula One Administration). 9 September 2006. http://www.formula1.com/news/headlines/2006/9/4923.html. Consultado o 31 October 2010. 
  11. "Alonso, sancionado con 2 segundos para los entrenamientos oficiales del GP de Hungría". Nova na páxina web da Cadena Ser. 4 de agosto de 2006. http://www.cadenaser.com/articulo/deportes/Alonso/sancionado/segundos/entrenamientos/oficiales/GP/Hungria/csrcsrpor/20060804csrcsrdep_8/Tes/. Consultado o 24 de julio de 2007. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fernando Alonso Modificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre: Fernando Alonso