Olivier Panis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura


Olivier Panis (52 anos)
Olivier Panis.jpg
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Flag of France.svg Francia
Anos en activo 10 19941999, 20012004
Escudería(s) Ligier, Prost, McLaren (piloto de probas), BAR, Toyota
Grandes Premios disputados 158 (157 saídas)
Campionatos 0
Vitorias 1
Podios 5
Pole positions 0
Voltas rápidas 0
Primeiro GP Gran Premio do Brasil de 1994
Primeira vitoria Gran Premio de Mónaco de 1996
Derradeira vitoria Gran Premio de Mónaco de 1996
Derradeiro GP Gran Premio do Xapón de 2004

Olivier Panis (nado en 02 de setembro de 1966) é un piloto de carreiras de Francia. Panis participou na Fórmula 1 durante dez tempadas, logrando unha vitoria no Gran Premio de Mónaco de 1996, para o equipo Ligier. En 2016, era o último piloto francés a gañar un Gran Premio de Fórmula Un.

É o pai do piloto de carreiras Aurélien Panis.[1]

Carreira[editar | editar a fonte]

Nado en Oullins, Lyon, Panis, como moitos pilotos de Fórmula 1 iniciou a súa carreira nos karts. Despois de formarse nos karts, Olivier correu varios anos nunha serie de "Júnior" antes de correr na Fórmula 3 francesa. Gañou un campionato de Fórmula Renault en 1989 e rematou segundo na Fórmula 3 francesa en 1991. Finalmente participou na Fórmula 3000 Internacional (Formula 3000), e gañou o campionato en 1993.

Fórmula Un[editar | editar a fonte]

Con 27 anos de idade Panis debutou en 1994 na fórmula 1, no equipo francés Ligier. Sorprendentemente, conseguiu un segundo posto en Hockenheimring e rematou o campionato de pilotos na undécima posición.

O ano seguinte, Panis sorprendeu novamente con outro segundo lugar, esta vez no Gran Premio de Australia de 1995, con todo rematou dúas voltas detrás do gañador. Unha serie de cuartos lugares noutras carreiras permitiu que o francés rematara en oitavo lugar no campionato.

Con todo, o máis destacado da carreira de Panis ocorreu no Gran Premio de Mónaco de 1996. Baixo unha choiva torrencial, o francés amosou as súas mellores habilidades nunha carreira na que só catro coches foron capaces de rematar a proba. Esta vitoria foi a primeira de sesenta e seis anos de competición en que o primeiro lugar en Mónaco quedoua en mans dun piloto francés e un equipo francés. Foi o único flash nunha tempada gris para o piloto, onde no resto de carreiras, non conseguiu pasar da quinta posición.

Panis tiña potencial para facer unha boa tempada en 1997, agora baixo o mando de Alain Prost, que adquirira Ligier. Despois de seis carreiras, estaba en terceiro lugar no campionato grazas a un segundo posto en España e un terceiro posto no Brasil. Con todo, un accidente en Canadá custoulle unha perna rota e oito carreiras sen participar. Tras a súa reaparición non mostrou sinais de molestias e puido volver ao seu nivel de inicio de tempada, terminando o campionato nun aceptable noveno lugar, tendo en conta as circunstancias anteriores.

Na tempada de Fórmula 1 de 1998, con todo, as cousas non podian ser peores para Panis. En gran parte debido á baixa fiabilidade do seu coche. Panis non conseguiu lograr un só punto en toda a tempada. Na tempada seguinte só logrou dous puntos, tralo cual rematou a súa relación con Prost.

A pesar desta situación Panis estaba a piques de ir a pilotar un dos Williams, pero en vez diso, optou por aceptar un posto como piloto de probas en McLaren. Isto permitiulle asinar un contrato con BAR en 2001. Con todo, BAR demostrou non ser o gran equipo que moitos esperaban e no ano 2002 pilotando o modelo BAR 004 terminou décimo cuarto na clasificación, con só tres puntos.

No 2003 Panis asinou por Toyota, o equipo estaba comezando o seu segundo ano na categoría e esixiu os seus servizos para que aportase os seus coñecementos e servir como unha guía para seu compañeiro, o debutante Cristiano da Matta. Con todo, o resultado final para o piloto foi o mesmo que nos dous anos anteriores. Especialmente destacou nos eventos de cualificación de cada gran premio na loita pola 'pole'.

O piloto permaneceu en Toyota en 2004 a súa décima tempada na Fórmula 1. A principios de outubro do mesmo ano Panis anunciou a súa intención de retirarse tras o Gran Premio do Xapón, aínda que permaneceu no equipo xaponés dous anos como piloto de probas ata decembro de 2006, que pechou no Circuíto Permanente de Jerez doce anos ligado á Fórmula 1. cando era o piloto máis veterano da categoría con 40 anos de idade.

Posteriormente participou no Trophée Andros (carreiras de xeo en estrada) cun Skoda sendo o seu compañeiro de equipo Jacques Villeneuve.

Rexistro de carreiras[editar | editar a fonte]

Resultados completos na Formula 3000 Internacional[editar | editar a fonte]

(clave) (Carreiras en letra grosa indican pole position) (Carreiras en itálica indican volta rápida)

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Pos. Puntos
1992 Apomatox Reynard/92D Ford Cosworth SIL
3
PAU
Ret
CAT
7
PER
Ret
HOC
20
NÜR
Ret
SPA
Ret
ALB
Ret
NOG
Ret
MAG
2
10º 10
1993 DAMS Reynard/93D Ford Cosworth DON
3
SIL
6
PAU
Ret
PER
Ret
HOC
1
NÜR
1
SPA
1
MAG
10
NOG
Ret
32

Resultados Completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 Pos. Puntos
1994 Ligier Gitanes Blondes Ligier JS39B Renault RS6 3.5 V10 BRA
11
PAC
9
SMR
11
MON
9
ESP
7
CAN
12
FRA
Ret
GBR
12
GER
2
HUN
6
BEL
7
ITA
10
POR
DSC
EUR
9
JPN
11
AUS
5
11º 9
1995 Ligier Gitanes Blondes Ligier JS41 Mugen Honda MF301 3.0 V10 BRA
Ret
ARG
7
SMR
9
ESP
6
MON
Ret
CAN
4
FRA
8
GBR
4
GER
Ret
HUN
6
BEL
9
ITA
Ret
POR
Ret
EUR
Ret
PAC
8
JPN
5
AUS
2
16
1996 Ligier Gauloises Blondes Ligier JS43 Mugen Honda MF301HA 3.0 V10 AUS
7
BRA
6
ARG
8
EUR
Ret
SMR
Ret
MON
1
ESP
Ret
CAN
Ret
FRA
7
GBR
Ret
GER
7
HUN
5
BEL
Ret
ITA
Ret
POR
10
JPN
7
13
1997 Prost Gauloises Blondes Prost JS45 Mugen Honda MF301HA/B 3.0 V10 AUS
5
BRA
3
ARG
Ret
SMR
8
MON
4
ESP
2
CAN
11
FRA GBR GER HUN BEL ITA AUT LUX
6
JPN
Ret
EUR
7
16
1998 Gauloises Prost Peugeot Prost AP01 Peugeot A16 3.0 V10 AUS
9
BRA
Ret
ARG
15
SMR
11
ESP
16
MON
Ret
CAN
Ret
FRA
11
GBR
Ret
AUT
Ret
GER
15
HUN
12
BEL
DNS
ITA
Ret
LUX
12
JPN
11
NC 0
999 Gauloises Prost Peugeot Prost AP02 Peugeot A18 3.0 V10 AUS
Ret
BRA
6
SMR
Ret
MON
Ret
ESP
Ret
CAN
9
FRA
8
GBR
13
AUT
10
GER
6
HUN
10
BEL
13
ITA
11
EUR
9
MAL
Ret
JPN
Ret
15º 2
2001 Lucky Strike BAR Honda BAR 003 Honda RA001E 3.0 V10 AUS
7
MAL
Ret
BRA
4
SMR
8
ESP
7
AUT
5
MON
Ret
CAN
Ret
EUR
Ret
FRA
9
GBR
Ret
GER
7
HUN
Ret
BEL
11
ITA
9
USA
11
JPN
13
14º 5
2002 Lucky Strike BAR Honda BAR 004 Honda RA002E 3.0 V10 AUS
Ret
MAL
Ret
BRA
Ret
SMR
Ret
ESP
Ret
AUT
Ret
MON
Ret
CAN
8
EUR
9
GBR
5
FRA
Ret
GER
Ret
HUN
12
BEL
12
ITA
6
USA
12
JPN
Ret
14º 3
2003 Panasonic Toyota Racing Toyota TF103 Toyota RVX-03 3.0 V10 AUS
Ret
MAL
Ret
BRA
Ret
SMR
9
ESP
Ret
AUT
Ret
MON
13
CAN
8
EUR
Ret
FRA
8
GBR
11
GER
5
HUN
Ret
ITA
Ret
USA
Ret
JPN
10
15º 6
2004 Panasonic Toyota Racing Toyota TF104 Toyota RVX-04 3.0 V10 AUS
13
MAL
12
BHR
9
SMR
11
ESP
Ret
MON
8
EUR
11
CAN
DSC
USA
5
FRA
15
GBR
Ret
14º 6
Toyota TF104B GER
14
HUN
11
BEL
8
ITA
Ret
CHN
14
JPN
14
BRA
2005 Panasonic Toyota Racing Toyota TF105 Toyota RVX-05 3.0 V10 AUS MAL BHR SMR ESP MON EUR CAN USA FRA
TD
GBR GER HUN TUR ITA BEL BRA JPN CHN - -

Resultados completos no Campionato Mundial GT1[editar | editar a fonte]

Ano Equipo Coche 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Pos. Puntos
2010 Matech Competition Ford ABU
QR
ABU
CR
SIL
QR
SIL
CR
BRN
QR
BRN
CR
PRI
QR

18
PRI
CR

Ret
SPA
QR
SPA
CR
NÜR
QR
NÜR
CR
ALG
QR
ALG
CR
NAV
QR
NAV
CR
INT
QR
INT
CR
SAN
QR
SAN
CR
60th 0

Resultados nas 24 Horas de Le Mans[editar | editar a fonte]

Ano Equipo Co-Pilotos Coche Clase Voltas Pos. xeral Pos. clase
2008 Francia Team Oreca-Matmut Suíza Marcel Fässler
Francia Simon Pagenaud
Courage-Oreca LC70-Judd LMP1 147 Ret Ret
2009 Francia Team Oreca-Matmut AIM Francia Nicolas Lapierre
Francia Soheil Ayari
Oreca 01-AIM LMP1 370
2010 Francia Team Oreca-Matmut Francia Nicolas Lapierre
Francia Loïc Duval
Peugeot 908 HDi FAP LMP1 373 Ret Ret
2011 Francia Team Oreca-Matmut Francia Nicolas Lapierre
Francia Loïc Duval
Peugeot 908 HDi FAP LMP1 339

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Olivier Panis' son Aurelien graduates to Formula Renault 3.5". autosport.com. 19 December 2014. Consultado o 25 April 2015. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]