Gran Premio de Australia de 1993

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Australia Gran Premio de Australia de 1993
Detalles da carreira
Carreira 16 de 16 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1993.
Trazado do circuíto de Adelaide.
Trazado do circuíto de Adelaide.
Data 7 de novembro 1993
Nome oficial LVIII Australian Grand Prix
Localización Circuíto urbano de Adelaida
Adelaide, Australia do Sur, Australia
Percorrido Circuíto urbano
3´780 km
Distancia 79 (das 81 previstas) voltas, 298´620 dos 306´180 previstos km
ClimaAsollado
Pole position
Piloto Flag of Brazil.svg Ayrton Senna McLaren-Ford
Tempo 1:13.371
Volta rápida
Piloto Flag of the United Kingdom.svg Damon Hill Williams-Renault
Tempo 1:15.381 na volta 64
Podio
Primeiro Flag of Brazil.svg Ayrton Senna McLaren-Ford
Segundo Francia Alain Prost Williams-Renault
Terceiro Flag of the United Kingdom.svg Damon Hill Williams-Renault

O Gran Premio de Australia de 1993 (oficialmente o LVIII Australian Grand Prix) foi unha carreira de Fórmula 1 que se disputou o 7 de novembro de 1993 nun circuíto urbano na cidade de Adelaida. A carreira foi o 58º Gran Premio de Australia e o noveno disputado no circuíto de Adelaida, que tamén o converteu no noveno GP de Australia que formou parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un. Foi a décimo sexta e última carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1993.

A carreira de 79 voltas foi gañada por Ayrton Senna, pilotando un McLaren - Ford. Na súa última carreira con McLaren antes de unirse a Williams para a tempada 1994, Senna logrou a pole position e liderou de principio a fin, agás durante as paradas en boxes. Alain Prost, no seu derradeiro Gran Premio antes de retirarse, terminou en segundo lugar no seu Williams - Renault, co seu compañeiro de equipo Damon Hill en terceiro lugar.

Esta foi a última carreira dos coches con suspensión activa, que se prohibiron desde 1994 xunto con outras axudas para os pilotos. Riccardo Patrese e Derek Warwick tamén se retiraron da F1 logo desta carreira, Patrese tiña o récord de 256 Grandes Premios nese intre.

Tamén ía ser a última vitoria de Senna na F1, e a última para un piloto brasileiro ata o 2000.

Informe[editar | editar a fonte]

Cualificación[editar | editar a fonte]

Senna logrou a súa primeira pole position desde o Gran Premio do Canadá de 1992, no proceso rompeu unha racha de 24 poles seguidas para Williams e impedindo que ese equipo lograra a totalidade de poles da tempada. Prost estaba a súa beira na primeira fila, con Damon Hill no segundo Williams e Michael Schumacher no Benetton na segunda fila e Mika Häkkinen no segundo McLaren e Gerhard Berger no Ferrari na terceira. Berger víu eliminados os seus tempos de clasificación do sábado, logo de facer 18 voltas, por encima do límite das 12 permitidas. O top 10 foi completado por Jean Alesi no segundo Ferrari, Martin Brundle no Ligier , Patrese no segundo Benetton, e Aguri Suzuki no Footwork.

Malia ser o calificador máis rápido no seu McLaren con motor Ford V8, Senna era 15 km/h máis lento nos 890 m. de longo da recta Brabham que o motor Renault V10 do Williams de Hill.

Carreira[editar | editar a fonte]

Houbo tres intentos para iniciar a carreira. No primeiro intento, o Ligier de Brundle quedouse na grella ao comezo da volta de formación, antes de que Ukyo Katayama calara o seu Tyrrell e o abortouse o comezo. No segundo intento, Eddie Irvine perdeu a súa posición na grella e calou o seu Jordan. De novo, abortouse a saída. A Katayama e Irvine enviaronos á parte posterior da grella para o terceiro de definitivo intento.

Os catro primeiros retiveron as súas posicións na primeira curva, mentres que Häkkinen tivo un mal comezo e quedouse detrás de Berger.

Mentres Senna sacou unha pequena vantaxe, os dous Williams e Schumacher permaneceron xuntos. Schumacher entrou pronto en boxes na volta 15 e volveu á cuarta posición, pero o seu motor fallou na volta 20. Senna entrou na volta 24, permitindo a Prost liderar ata a súa propia parada cinco voltas máis tarde, mentres que a carreira de Häkkinen ía de mal a peor, permitindo que Alesi e Brundle adiantásense a el, antes de que os seus freos fallasen na volta 29.

Senna entrou a boxes por segunda vez na volta 55, momento no que os Williams xa fixeran a súa segunda parada, e isto permitiu ao brasileiro conservar unha boa vantaxe. Mentres tanto, Alesi adiantouse ao seu compañeiro de equipo Berger, mentres que Patrese adiantouse a Brundle. Na volta 61, Hill intentou sorprender a Prost polo segundo lugar. Prost, con todo, moveuse para bloquealo, facendo que Hill retrocedese e trompease, perdendo tempo pero non lugares.

Alain Prost durante a carreira en Adelaide o 7 de novembro de 1993.

Senna gañou con autoridade a Prost por nove segundos, con Hill 24 segundos máis atrás. Alesi e Berger foron cuarto e quinto, unha volta por detrás, mentres que Patrese estaba listo para terminar sexto na súa 256ª e última carreira, só para que fallase a súa presión de combustible na última volta e así darlle a Brundle o último punto.

Prost rematou así a súa carreira na F1 co seu cuarto Campionato de Pilotos e 99 puntos. O triunfo de Senna permitiulle asegurar o segundo lugar na clasificación con 73 puntos, xusto por diante de Hill con 69. Schumacher foi cuarto con 52, cunha gran diferenza co seu compañeiro Patrese no quinto posto con 20, seguido de Alesi (16), Brundle (13), Berger (12), Johnny Herbert (11) e Mark Blundell (10). No Campionato de Construtores, Williams terminou con 168 puntos, catro máis que o seu resultado de 1992, e o dobre do total de McLaren (84). Benetton estivo preto en terceiro lugar con 72, mentres que Ferrari (28) superou a Ligier (23) no cuarto lugar.

Con Prost non defendendo o seu título, os autos Williams volverían ter os números 0 e 2 para 1994. Esta carreira tamén foi a última carreira de Derek Warwick.

Post-carreira[editar | editar a fonte]

Como era tradición en Adelaide, realizouse un concerto de rock dentro do circuíto logo da carreira. En 1993, o concerto foi de Tina Turner como parte do seu What's Love? Tour (o concerto foi gratis para calquera con boleto para á carreira). Nun momento durante o concerto, Ayrton Senna apareceu no escenario para sorpresa de Turner. Como tributo ao brasileiro (e aínda que xa interpretara a canción), Turner cantou o seu éxito "The Best".[1]

Clasificación[editar | editar a fonte]

Cualificación[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Construtor Q1 Q2 Diferenza
1 8 Flag of Brazil.svg Ayrton Senna McLaren-Ford 1:13.371 1:14.779
2 2 Francia Alain Prost Williams-Renault 1:13.807 1:14.595 +0.436
3 0 Flag of the United Kingdom.svg Damon Hill Williams-Renault 1:14.721 1:13.826 +0.455
4 5 Alemaña Michael Schumacher Benetton-Ford 1:14.098 1:14.494 +0.727
5 7 Finlandia Mika Häkkinen McLaren-Ford 1:14.106 1:14.596 +0.735
6 28 Austria Gerhard Berger Ferrari 1:14.194 +0.823
7 27 Francia Jean Alesi Ferrari 1:15.332 1:15.619 +1.961
8 25 Flag of the United Kingdom.svg Martin Brundle Ligier-Renault 1:16.022 1:16.710 +2.651
9 6 Italia Riccardo Patrese Benetton-Ford 1:16.077 1:21.076 +2.706
10 10 Flag of Japan.svg Aguri Suzuki Footwork-Mugen-Honda 1:16.079 1:16.567 +2.708
11 29 Austria Karl Wendlinger Sauber 1:16.106 1:17.132 +2.735
12 30 Finlandia JJ Lehto Sauber 1:16.286 1:17.118 +2.915
13 14 Flag of Brazil.svg Rubens Barrichello Jordan-Hart 1:16.459 1:16.723 +3.088
14 26 Flag of the United Kingdom.svg Mark Blundell Ligier-Renault 1:16.862 1:16.469 +3.098
15 4 Italia Andrea de Cesaris Tyrrell-Yamaha 1:17.350 1:16.892 +3.521
16 24 Italia Pierluigi Martini Minardi-Ford 1:16.905 1:17.816 +3.534
17 9 Flag of the United Kingdom.svg Derek Warwick Footwork-Mugen-Honda 1:16.919 +3.548
18 3 Flag of Japan.svg Ukyo Katayama Tyrrell-Yamaha 1:17.018 1:18.406 +3.647
19 15 Flag of the United Kingdom.svg Eddie Irvine Jordan-Hart 1:19.733 1:17.341 +3.970
20 12 Flag of the United Kingdom.svg Johnny Herbert Lotus-Ford 1:17.612 1:17.450 +4.079
21 20 Francia Érik Comas Larrousse-Lamborghini 1:17.750 1:17.815 +4.379
22 23 Francia Jean-Marc Gounon Minardi-Ford 1:17.754 1:18.035 +4.383
23 11 Flag of Portugal.svg Pedro Lamy Lotus-Ford 1:19.628 1:19.369 +5.998
24 19 Flag of Japan.svg Toshio Suzuki Larrousse-Lamborghini 1:21.793 1:23.167 +8.422

Carreira[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 8 Flag of Brazil.svg Ayrton Senna McLaren-Ford 79 1:43:27.476 1 10
2 2 Francia Alain Prost Williams-Renault 79 + 9.259 2 6
3 0 Flag of the United Kingdom.svg Damon Hill Williams-Renault 79 + 33.902 3 4
4 27 Francia Jean Alesi Ferrari 78 + 1 volta 7 3
5 28 Austria Gerhard Berger Ferrari 78 + 1 Lap 6 2
6 25 Flag of the United Kingdom.svg Martin Brundle Ligier-Renault 78 + 1 volta 8 1
7 10 Flag of Japan.svg Aguri Suzuki Footwork-Mugen-Honda 78 + 1 volta 10
8 6 Italia Riccardo Patrese Benetton-Ford 77 sistema combustible 9
9 26 Flag of the United Kingdom.svg Mark Blundell Ligier-Renault 77 + 2 voltas 14
10 9 Flag of the United Kingdom.svg Derek Warwick Footwork-Mugen-Honda 77 + 2 voltas 17
11 14 Flag of Brazil.svg Rubens Barrichello Jordan-Hart 76 + 3 voltas 13
12 20 Francia Érik Comas Larrousse-Lamborghini 76 + 3 voltas 21
13 4 Italia Andrea de Cesaris Tyrrell-Yamaha 75 + 4 voltas 15
14 19 Flag of Japan.svg Toshio Suzuki Larrousse-Lamborghini 74 + 5 voltas 24
15 29 Austria Karl Wendlinger Sauber 73 Freos 11
Ret 30 Finlandia JJ Lehto Sauber 56 Accidente 12
Ret 23 Francia Jean-Marc Gounon Minardi-Ford 34 Trompo 22
Ret 7 Finlandia Mika Häkkinen McLaren-Ford 28 Freos 5
Ret 5 Alemaña Michael Schumacher Benetton-Ford 19 Motor 4
Ret 3 Flag of Japan.svg Ukyo Katayama Tyrrell-Yamaha 11 Trompo 18
Ret 15 Flag of the United Kingdom.svg Eddie Irvine Jordan-Hart 10 Accidente 19
Ret 12 Flag of the United Kingdom.svg Johnny Herbert Lotus-Ford 9 Suspensión 20
Ret 24 Italia Pierluigi Martini Minardi-Ford 5 Caixa de cambios 16
Ret 11 Flag of Portugal.svg Pedro Lamy Lotus-Ford 0 Accidente 23
Fonte:[2]

Posicións logo da carreira[editar | editar a fonte]

  • Texto en negra indica Campión do Mundo.
  • Nota: Só se inclúen as cinco primeiras posicións en ambas as clasificacións.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ayrton Senna with Tina Turner, 1993
  2. "1993 Australian Grand Prix". formula1.com. Arquivado dende o orixinal o 2 de decembro de 2014. Consultado o 23 de decembro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Carreira anterior:
Gran Premio do Xapón de 1993
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1993
Carreira seguinte:
Gran Premio do Brasil de 1994
Carreira anterior:
Gran Premio de Australia de 1992
Gran Premio de Australia Carreira seguinte:
Gran Premio de Australia de 1994