Kimi Räikkönen
Kimi Räikkönen (39 anos) | |
---|---|
![]() | |
Carreira na Fórmula 1 | |
Nacionalidade | ![]() |
Monopraza número | 7 |
Escudería actual | Ferrari |
Escudería no 2020 | Sauber-Ferrari[1] |
Grandes Premios disputados | 294 (292 saídas) |
Campionatos | 1 2007 |
Vitorias | 21 |
Podios | 103 |
Pole positions | 18 |
Voltas rápidas | 46 |
Primeiro Grand Prix | Gran Premio de Australia de 2001 |
Posición no 2019 | 3º (251 ptos.) |
editar |
Kimi-Matias Räikkönen, nado en Espoo o 17 de outubro de 1979, é un piloto finés de automobilismo, que actualmente compite en Formula 1.
En 1989 regaláronlle o seu primeiro kart e no ano 1991 xa debutou en carreiras de karts. Con dezanove anos logrou o título de karting no seu país, e quedou segundo na seguinte temporada. No 2000 disputou o campionato da Fórmula Renault británica; das dez carreiras disputadas subiu ao podio en sete, e quedou campión.
Agora reside en Zúric, Suíza e está solteiro aínda que ten moza chamada Jenni. Mide 1,80 e pesa 70 kg; a súa bebida favorita é a auga e o zume de mazá, acompaña esta bebida coa súa comida preferida a carne de veado, o polo e a pasta. Cando ten tempo libre, vai ao ximnasio, corre e fai snowboarding ou hípica.
Índice
Fórmula 1[editar | editar a fonte]
Os bos resultados na Formula Renault chamaran a atención de Peter Sauber. Así, o piloto fixo algunhas probas con bos resultados no circuíto italiano de Mugello e Sauber decidiu contratalo como piloto reserva en 2000, o que foi o inicio de súa carreira na F1.
Sauber[editar | editar a fonte]
Räikkönen, con só vinte e un anos, iniciaba como piloto titular a súa andaina na Fórmula 1 na tempada 2001. Con só vinte tres carreiras de monoprazas no seu currículo, conseguiu a licenza especial da FÍA. Logo, na primeira proba do campionato alcanzou o sexto lugar.
McLaren[editar | editar a fonte]
En 2002, foi contratado polo equipo McLaren onde correu ata a tempada 2006 substituíndo o seu compatriota e bicampión do mundo Mika Häkkinen. Foi subcampión da tempada de 2003 con noventa e un puntos, ficando só a un punto de impedir o hexacampionato de Michael Schumacher.

En 2005, foi novamente subcampión con cento doce puntos e sete vitorias, sendo Fernando Alonso campión. Foi considerado polos críticos de automobilismo e as revistas como o piloto máis rápido e mellor da tempada. En 2006, cun coche mal construído por McLaren, Räikkönen non conseguiu ningunha vitoria e terminou o ano en quinto lugar con sesenta e cinco puntos.
Ferrari[editar | editar a fonte]
En 2007, Räikkönen foi o primeiro piloto desde Nigel Mansell, en 1989, en estrearse con Ferrari cunha vitoria. Gañou o gran Premio de Australia, que abriu a tempada de 2007. E, tras dous subcampionatos, o finés proclamouse campión mundial o 21 de outubro de 2007, vencendo no Gran Premio do Brasil, no Autódromo de Interlagos.
Räikkönen era o que tiña menores oportunidades de entre os tres pilotos que disputaban o campionato: Lewis Hamilton e Fernando Alonso eran os mellor posicionados para levar o título, xa que Kimi precisaría dunha combinación de resultados adversos para Mclaren e favorables para el, para ser quen de converterse en campión mundial de pilotos na tempada 2007, Räikkönen contou cos erros cometidos polo inglés Lewis Hamilton na carreira, que pronto na segunda curva da carreira perdeu o control do coche, chegando a ficar na décimo oitava posición, e pola estratexia adoptada por Ferrari, que fixo que o finés asumise o liderado da proba, que era do brasileiro Felipe Massa na volta de número cincuenta e dous.
Coa vitoria, Räikkönen conquistou seu primeiro título do campionato mundial de pilotos e a consolidación da Ferrari como o líder mundial de construtores de Fórmula 1 da tempada 2007. Con seis vitorias na tempada, máis que os seus rivais Fernando Alonso e Lewis Hamilton de McLaren (catro vitorias cada un) e que o seu compañeiro de equipo Felipe Massa (tres), o campionato terminou con cento dez puntos para Räikkönen, coa diferenza de só un punto entre Hamilton e Alonso, que terminaron en segundo e terceiro lugar, respectivamente.
Xa en 2008, o campión do mundo, ata entón, non alcanzou moito éxito; o seu coche, segundo o seu equipo, non se adaptaba ao estilo de Räikkönen. Venceu só 2 carreiras, o Gp da Malaisia e o Gp da España, acadando 75 puntos, e ficando en 3° lugar na tempada, moi abaixo do esperado, sendo o campión Lewis Hamilton, de McLaren. Porén, Räikkönen, foi o piloto con máis voltas rápidas, sendo avaliado como o piloto máis rápido da tempada, e chegando a entrar na historia da Fórmula 1 por conquistar tantas voltas rápidas nunha tempada e ao longo de súa carreira.
No gran Premio de Bélxica de 2009, disputado o 30 de agosto, Kimi conquistou a súa primeira vitoria na tempada e a décima oitava na carreira.
WRC[editar | editar a fonte]
O 4 de decembro de 2009, tras frustradas negociacións con McLaren e con Mercedes, o equipo oficial de Citroën no WRC (World Rally Championship) anunciou a contratación do finés para a disputa do campionato mundial de 2010 co equipo "junior".
Esa non foi a primeira experiencia de Kimi na categoría. O mesmo ano de 2009, disputou o Rally de Finlandia, a bordo dun Fiat Punto S2000 do equipo de Tommi Makkinen, chegando a estar en terceiro lugar da súa categoría (N4), cando sufriu un accidente que imposibilitou a conclusión da proba.
En 2011, Räikkönen disputou a temporada do WRC con seu propio equipo, o ICE 1 Racing, pilotando un Citröen DS3 WRC. Completou o Rally de Suecia na oitava posición e non disputou o Rally de México. Na secuencia, terminou sétimo no Rally de Portugal e en sexto no Rally de Xordania, deixando de disputar o Rally de Sardeña.
NASCAR[editar | editar a fonte]
En 2 de abril de 2011 o finés asinou un acordo co equipo de Kyle Busch para disputar parte da tempada 2011 da NASCAR Truck Series, que é o terceiro campionato en importancia na NASCAR. En súa estrea, Räikkönen terminou a proba de Charlotte na décima-quinta posición.
Retorno á Fórmula 1[editar | editar a fonte]
En novembro de 2011, anunciouse o retorno de Kimi á Fórmula 1, coa confirmación da súa contratación por Lotus-Renault.
O 11 de setembro de 2013, anunciouse oficialmente o seu regreso a Ferrari para as dúas próximas tempadas.[2].
O 10 de novembro de 2013, logo de coñecerse que o equipo non lle pagara o seu salario, confirmouse que o piloto finlandés non competiría nas dúas últimas probas debido a que se ía operar das costas.[3]
Rexistro de carreiras[editar | editar a fonte]
Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]
Resultados completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
* Tempada en curso
Predecesor: Fernando Alonso |
Campión da Fórmula 1 2007 |
Sucesor: Lewis Hamilton |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Mitchell, Scott. "Kimi Raikkonen to return to Sauber F1 team after Ferrari exit". Autosport. Consultado o 11 de setembro de 2018.
- ↑ Agencia EFE (11 de setembro de 2013). "Ferrari confirma el fichaje de Kimi Raikkonen como compañero de Alonso". Cadena SER.
- ↑ Agencia EFE (10 de novembro de 2013). "Raikkonen se opera el jueves de la espalda y pone fin a la temporada". Diario Sport.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kimi Räikkönen ![]() |
|