Adrian Sutil
Adrian Sutil (40 anos) | |
![]() | |
Carreira na Fórmula 1 | |
Nacionalidade | ![]() |
---|---|
Anos en activo | 7, 2007–2011, 2013–2014 |
Escudería(s) | Spyker, Force India, Sauber |
Grandes Premios disputados | 128 (128 saídas) |
Campionatos | 0 |
Vitorias | 0 |
Podios | 0 |
Pole positions | 0 |
Voltas rápidas | 1 |
Primeiro GP | Gran Premio de Australia de 2007 |
Derradeiro GP | Gran Premio de Abu Zabi de 2014 |
Adrian Sutil, nado o 11 de xaneiro de 1983 en Starnberg, Alemaña, é un piloto de Fórmula 1. Após seren piloto de probas de Midland F1 Racing no 2006, a nova escudería que xurdiu desta, Spyker F1, ascendeuno a segundo piloto titular para o 2007, onde consegiu o primeiro punto da escudería na súa historia. O novo equipo que xurdiu da venda da escudería holandesa, Force India F1, confirmouno para o 2008 escudería na que correu ata 2011. Despois do ano 2012 en branco. Na tempada 2013 volveu con Force India.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Sutil comezou no karting á idade de 14 anos e pasouse as carreiras dun só asento en 2002 na Swiss Formula Ford serie onde gañou o título. Participou na Fórmula Masters Austria antes de entrar na Fórmula BMW ADAC en 2003. Sutil correu na Fórmula 3 Euroseries, onde foi o segundo por detrás de Lewis Hamilton en 2005. Foise ao Xapón en 2006 para competir na Fórmula Tres xaponesa e tamén terminou terceiro no Gran Premio de Macau.
Logo de haber estado involucrado como probador no equipo Midland F1, Sutil foi promovido a un posto en carreira para o novo equipo Spyker F1 en 2007. Sutil seguiu co equipo baixo a súa nova denominación Force India en 2008, onde permaneceu ata 2011. Fixo o seu regreso ao deporte no ano 2013 de novo con Force India.
Biografía[editar | editar a fonte]
Sutil é o fillo dos músicos profesionais Monika, alemá, e Jorge, un uruguaio.[1] Ten dous irmáns, chamados Daniel e Rafael. Pesa 75 quilogramos e mide 183 centímetros de altura. Talentoso pianista,[2] Sutil comezou no karting aos 14 anos antes de marchar a Fórmula Ford 1800 Suíza no ano 2002. Gañou as dez roldas da tempada desde a pole e logrou cinco vitorias no campionato Fórmula Masters de Austria. Sutil fala con fluidez Alemán, Inglés e español e un pouco de Italiano. É amigo do piloto alemán Nico Rosberg.
Resultados completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Who's Who: Adrian Sutil". F1Fanatic.co.uk. 2007. Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2012. Consultado o 2 January 2007.
- ↑ "Adrian Sutil: Germany's Unsung Inspiration". emagazine.credit-suisse.com. 1 November 2006. Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2011. Consultado o 22 July 2007.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Adrian Sutil ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Adrian Sutil – Páxina Oficial
- Adrian Sutil career statistics
- F1Fanatic.co.uk – Who's Who: Adrian Sutil
![]() |
Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |