Nico Rosberg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nico Rosberg (31 anos)
Nico Rosberg obtuvo el segundo lugar.jpg
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Alemaña Alemán
Monopraza número 6
Escudería actual Mercedes
Escudería no 2017
Grandes Premios disputados 197
Campionatos 0
Vitorias 19
Podios 48
Pole positions 27
Voltas rápidas 19
Primeiro Grand Prix Gran Premio de Bahrain de 2006
Posición no 2016 2º (198 ptos.)
editar

Nico Erik Rosberg (nado o 27 de xuño de 1985 en Wiesbaden, Alemaña) é un piloto do equipo Mercedes GP de Fórmula 1. Debutou na categoría no 2006 con Williams. Corre baixo a bandeira alemá na Fórmula Un, a pesar de que competiu por Finlandia ao principio da súa carreira. Posúe a dobre nacionalidade destes dous países.[1]

Fillo do Campión Mundial de 1982 Keke Rosberg, gañou a GP2 en 2005 co equipo ART, logo de competir en Fórmula Tres Euroseries con anterioridade para o equipo do seu pai. Posúe o récord do piloto máis novo en lograr unha volta rápida en carreira, cando o acadou o seu primeiro Gran Premio, o de Bahrain 2006.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

É fillo do finlandés campión do mundo de Fórmula 1 de 1982 Keke Rosberg e a súa esposa alemá Sina, Nico pasou a maior parte da súa mocidade en Mónaco coa súa familia, e aínda vive no principado. Rosberg domina o alemán, inglés, italiano, español e francés, pero só un pouco de finés, a pesar de que está aprendendo o idioma. Os pilotos das fórmulas máis baixas corren baixo a nacionalidade do país que emitiu a súa licenza de competición. Rosberg competiu baixo a bandeira de Finlandia e Alemaña en diferentes momentos da súa carreira. Na Fórmula Un, como para todos os campionatos da FIA no mundo, a nacionalidade dun piloto defínese polo seu pasaporte.[2] Rosberg corre baixo bandeira alemá na Fórmula Un.

Andaina profesional[editar | editar a fonte]

1996-2004: Fórmula Junior[editar | editar a fonte]

Rosberg gañou en 2002 o campionato alemán de Fórmula BMW, un fito importante na súa carreira como piloto

Rosberg iniciouse no karting en 1996, á idade de once anos, antes de pasar a Fórmula BMW alemá en 2002, onde gañou o título. As súa actuación deu lugar ao seu paso como piloto do equipo do seu pai na Fórmula Tres Euroseries, unha combinación dos varios campionatos nacionais de Fórmula Tres que existían antes da súa formación. A Rosberg foille ben alí, e quedou para o ano 2004. A principios de 2004, obtivo un dos seus primeiros test na Fórmula Un, facendo unha sesión de probas con Williams.[3]

2005: GP2 - ART Grand Prix[editar | editar a fonte]

Rosberg uniuse ao equipo ART Grand Prix en 2005 na recentemente creada GP2 Series. Converteuse no primeiro piloto en gañar o título de GP2.

Fórmula Un[editar | editar a fonte]

2006–2009: Williams[editar | editar a fonte]

Debutou na tempada 2006 ao volante dun Williams no Gran Premio de Bahrain, o 12 de marzo de 2006.

Rosberg conseguiu realizar a volta rápida da carreira do Gran Premio de Bahrain de 2006, e conseguiu así ser o piloto de Fórmula 1 máis novo en obter unha volta rápida, superando a anterior marca que ata o momento era de Fernando Alonso.

Neste Gran Premio, tamén logrou puntuar no seu debut na Fórmula 1, obtendo 2 puntos por terminar 7º, xusto por detrás do seu compañeiro de equipo Mark Webber.

2010–: Mercedes GP[editar | editar a fonte]

Rosberg pilotando para Mercedes no Gran Premio de Bahrain de 2010

O 16 de novembro de 2009, o equipo campión Brawn GP foi comprado polo xigante construtor alemán Mercedes-Benz e renomeado inmediatamente como Mercedes Grand Prix, disparando os rumores sobre unha posible fichaxe de Nico pola nova escuadra. Non foi ata o 23 de novembro de 2009 cando Rosberg foi anunciado oficialmente como o primeiro piloto.[4] do equipo Mercedes GP para a tempada 2010.

Xustamente un mes despois, o 23 de decembro de 2009, o equipo Mercedes Grand Prix anuncio á fichaxe e a volta a competición do sete veces campión do mundo de Fórmula 1 Michael Schumacher. Rosberg cedeu o seu número a Schumacher a petición deste, debido a que Schumacher é supersticioso e prefería o número impar de Nico (o 3 en vez do 4)..[5]

A pesar da moita esaxeración sobre regreso de Schumacher, Rosberg logrou na actualidade superar ao seu compañeiro de equipo tanto na cualificación como na clasificación final na maioría das carreiras. En Malaisia, Rosberg conseguiu a súa primeira fila de saída, como segundo clasificado nunha sesión de cualificación alterada pola choiva, de novo por encima de Schumacher. Finalmente terminou terceiro na carreira, o primeiro podio de Mercedes como equipo desde o seu regreso.

Deseño do casco e número[editar | editar a fonte]

Para a tempada de 2014, unha nova regra permite ao piloto elixir un número do coche exclusivo que se utilizará ao longo de toda a súa carreira na F1. Rosberg escolleu o 6 e logo twiteou "Guai. Conseguín o número 6 para a miña restante carreira na F1!. O número da sorte do meu pai e da miña futura muller e polo tanto ten que funcionar tamén para min.!"[6] Tamén cambiou a cor do seu casco logo de 8 anos de amarelo a gris escuro. O deseño xeral inclúe un flash de cromo, un pouco da influencia romana, liñas limpas e símbolos persoais, deseñado por Jens Munser.

Rexistro de carreiras[editar | editar a fonte]

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Tempada Series Equipo Carreiras Gañados Poles V/rápidas Podios Puntos Posición
2001 Formula BMW Junior Cup Iberia 3 0 0 0 0 38 18º
2002 Formula BMW ADAC VIVA Racing 20 9 5 1 13 264
2003 Formula 3 Euro Series Team Rosberg 20 1 1 2 5 45
Masters of Formula 3 1 0 0 0 0 N/A NC
Macau Grand Prix Carlin Motorsport 1 0 0 0 0 N/A NC
Korea Super Prix 1 0 0 0 0 N/A 11º
2004 Formula 3 Euro Series Team Rosberg 19 3 2 2 5 70
Macau Grand Prix 1 0 0 0 0 N/A NC
Masters of Formula 3 1 0 0 0 0 N/A
Bahrain Superprix 1 0 0 0 1 N/A
2005 GP2 Series ART Grand Prix 23 5 4 5 12 120
Fórmula 1 BMW Williams F1 Team Piloto de probas
2006 Fórmula 1 WilliamsF1 Team 18 0 0 1 0 4 17º
2007 Fórmula 1 AT&T Williams 17 0 0 0 0 20
2008 Fórmula 1 AT&T Williams 18 0 0 0 2 17 13º
2009 Fórmula 1 AT&T Williams 17 0 0 1 0 34´5
2010 Fórmula 1 Mercedes GP Petronas F1 Team 19 0 0 0 3 142
2011 Fórmula 1 Mercedes GP Petronas F1 Team 19 0 0 0 0 89
2012 Fórmula 1 Mercedes AMG Petronas F1 Team 20 1 1 2 2 93
2013 Fórmula 1 Mercedes AMG Petronas F1 Team 19 2 3 0 4 171
2014 Fórmula 1 Mercedes AMG Petronas F1 Team 19 5 11 5 15 317
2015 Fórmula 1 Mercedes AMG Petronas F1 Team 19 6 7 5 15 322
2016 Fórmula 1 Mercedes AMG Petronas F1 Team 12 5 5 5 7 198

Resultados Completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) (Carreiras en letra grosa indican pole position, carreiras en cursiva indican volta rápida)

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 Pos. Puntos
2006 WilliamsF1 Team Williams FW28 Cosworth CA2006 2.4 V8 BHR
7
MAL
Ret
AUS
Ret
SMR
11
EUR
7
ESP
11
MON
Ret
RU
9
CAN
Ret
USA
9
FRA
14
ALE
Ret
HUN
Ret
TUR
Ret
ITA
Ret
CHN
11
XPN
10
BRA
Ret
17º 4
2007 AT&T Williams Williams FW29 Toyota RVX-07 2.4 V8 AUS
7
MAL
Ret
BHR
10
ESP
6
MON
12
CAN
10
USA
16
FRA
9
RU
12
EUR
Ret
HUN
7
TUR
7
ITA
6
BEL
6
XPN
Ret
CHN
16
BRA
4
20
2008 AT&T Williams Williams FW30 Toyota RVX-08 2.4 V8 AUS
3
MAL
14
BHR
8
ESP
Ret
TUR
8
MON
Ret
CAN
10
FRA
16
RU
9
ALE
10
HUN
14
EUR
8
BEL
12
ITA
14
SIN
2
XPN
11
CHN
15
BRA
12
13º 17
2009 AT&T Williams Williams FW31 Toyota RVX-09 2.4 V8 AUS
6
MAL
8‡
CHN
15
BHR
9
ESP
8
MON
6
TUR
5
RU
5
ALE
4
HUN
4
EUR
5
BEL
8
ITA
16
SIN
11
XPN
5
BRA
Ret
ABU
9
34.5
2010 Mercedes GP Petronas F1 Team Mercedes MGP W01 Mercedes FO 108X 2.4 V8 BHR
5
AUS
5
MAL
3
CHN
3
ESP
13
MON
7
TUR
5
CAN
6
EUR
10
RU
3
ALE
8
HUN
Ret
BEL
6
ITA
5
SIN
5
XPN
17
COR
Ret
BRA
6
ABU
4
142
2011 Mercedes GP Petronas F1 Team Mercedes MGP W02 Mercedes FO 108Y 2.4 V8 AUS
Ret
MAL
12
CHN
5
TUR
5
ESP
7
MON
11
CAN
11
EUR
7
RU
6
ALE
7
HUN
9
BEL
6
ITA
Ret
SIN
7
XPN
10
COR
8
IND
6
ABU
6
BRA
7
89
2012 Mercedes AMG Petronas F1 Team Mercedes MGP W03 Mercedes FO 108Z 2´4 V8 AUS
12
MAL
13
CHN
1
BAH
5
ESP
7
MON
2
CAN
6
EUR
6
RU
15
ALE
10
HUN
10
BEL
11
ITA
7
SIN
5
XPN
Ret
COR
Ret
IND
11
ABU
Ret
USA
13
BRA
15
93
2013 Mercedes AMG Petronas F1 Team Mercedes MGP W04 Mercedes FO 108Z 2´4 V8 AUS
Ret
MAL
4
CHN
Ret
BAH
9
ESP
6
MON
1
CAN
5
RU
1
ALE
9
HUN
19†
BEL
4
ITA
6
SIN
4
COR
7
XPN
8
IND
2
ABU
3
USA
9
BRA
5
171
2014 Mercedes AMG Petronas F1 Team Mercedes MGP W05 Mercedes PU106A Hybrid 1.6 V6 t AUS
1
MAL
2
BAH
2
CHN
2
ESP
2
MON
1
CAN
2
AUT
1
RU
Ret
ALE
1
HUN
4
BEL
2
ITA
2
SIN
Ret
XPN
2
RUS
2
USA
2
BRA
1
ABU
14
317
2015 Mercedes AMG Petronas F1 Team Mercedes F1 W06 Hybrid Mercedes PU106B Hybrid 1.6 V6 t AUS
2
MAL
3
CHN
2
BHR
3
ESP
1
MON
1
CAN
2
AUT
1
RU
2
HUN
8
BEL
2
ITA
17
SIN
4
XPN
2
RUS
Ret
USA
2
MEX
1
BRA
1
ABU
1
322
2016 Mercedes AMG Petronas F1 Team Mercedes F1 W07 Hybrid Mercedes PU106C Hybrid 1.6 V6 t AUS
1
BHR
1
CHN
1
RUS
1
ESP
Ret
MON
7
CAN
5
EUR
1
AUT
4
GBR
3
HUN
2
ALE
4
BEL ITA SIN MAL XPN USA MEX BRA ABU 2º* 198*

‡ Outorgaronse a metade dos puntos ao cubrir menos do 75% da distancia de carreira completa.

  • Tempada en curso

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nico Rosberg Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]