Saltar ao contido

Oscar Piastri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaOscar Piastri

(2025) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en-au) Oscar Jack Piastri Editar o valor en Wikidata
6 de abril de 2001 Editar o valor en Wikidata (24 anos)
Melbourne Editar o valor en Wikidata
Altura178 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de carreiras, piloto de Fórmula Un Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaAustralia Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
LigaFórmula 1 e FIA Fórmula 2 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo Vehículo empregado
2023-McLaren Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Sitio weboscarpiastri.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm14350803 Facebook: OscarPiastriRacing Twitter: OscarPiastri Instagram: oscarpiastri Editar o valor en Wikidata

Oscar Jack Piastri (/piˈæstr/ nado o 6 de abril de 2001) é un piloto de carreiras australiano, que compite na Fórmula Un para McLaren. Piastri gañou 9 Grandes Premios de Fórmula 1 en tres tempadas.

Nado e criado en Melbourne, Piastri comezou a súa carreira nas carreiras de coche con radiocontrol antes de pasarse ao karting aos nove anos. Empezou nas Fórmula junior en 2016, Piastri gañou o seu primeiro campionato na Fórmula Renault Eurocup 2019 con R-ace GP. Despois gañou o Campionato de Formula 3 de 2020 e o Campionato de Fórmula 2 de 2021 consecutivamente con Prema, converténdose o sexto piloto da historia en gañar o título de GP2/Fórmula 2 na súa tempada de novato. Piastri é o único piloto da historia que gañou campionatos de Fórmula Renault, Fórmula 3 e Fórmula 2 ou equivalentes en tempadas sucesivas.

Membro da Academia Alpine de 2020 a 2021, Piastri asinou con McLaren en 2023 como compañeiro de Lando Norris, tras unha disputa contractual con Alpine. Debutou na Fórmula Un no Gran Premio de Bahrain de 2023, logrando o seu primeiro podio da súa carreira na súa tempada de novato no Gran Premio do Xapón de 2023. Conservando o seu asento para 2024, Piastri logrou a súa primeira vitoria en Hungría, converténdose no quinto piloto australiano en gañar un Gran Premio de Fórmula Un. En 2025, conseguiu sete vitorias máis, así como a súa primeira pole position no Gran Premio da China de 2025, e terminou terceiro no campionato en loita polo título con Norris e Max Verstappen.

Ata o Gran Premio de Abu Zabi de 2025, Piastri conseguiu 9 vitorias, 6 poles, 9 voltas rápidas e 26 podios na Fórmula Un. Piastri ten un contrato para permanecer en McLaren polo menos ata o final da tempada de 2028.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Oscar Piastri é fillo de Chris e Nicole (de solteira MacFadyen) Piastri en Melbourne, Australia. Asistiu ao Haileybury College Melbourne e ao Haileybury College do Reino Unido como alumno de internado cunha bolsa deportiva.[1][2][3] Chris Piastri serviu como mecánico do seu fillo durante os primeiros anos de Oscar nas carreiras en Australia e agora é o fundador e propietario de HP Tuners, unha empresa de software de diagnóstico de vehículos para automóbiles.[4] Oscar ten tres irmás.[5] Ten devanceiros italianos, iugoslavos e chineses.[6][7][8]

Inicios nas carreiras

[editar | editar a fonte]

Piastri comezou a correr con coches teledirixidos a nivel nacional antes de comezar a súa carreira de karting en 2011.[9] Despois de ser profesional e competir en varias carreiras e campionatos australianos en 2014,[10] Piastri comezou a competir en Europa e outros campionatos de karting sancionados pola CIK-FIA con Ricky Flynn Motorsport ao ano seguinte. Trasladouse ao Reino Unido para avanzar na súa carreira como pilotor en 2016, rematando sexto no Campionato do Mundo de 2016 en Bahrain.[11][12][13]

Fórmula 4

[editar | editar a fonte]
Piastri correndo no British F4 en 2017

A principios de 2016, Piastri conseguiu o seu primeiro patrocinio importante, HP Tuners (fundado e propiedade do seu pai), que axudou a financiar a súa andaina nas carreiras. Amosouno no seu traxe de carreiras e no seu coche durante as tempadas da serie GP3, F3 e F2. Máis tarde, en 2016, Piastri fixo o seu debut nun monopraza en roldas seleccionadas do Campionato de Fórmula 4 dos EAU con Dragon F4, logrando dous podios para ocupar o sexto lugar do campionato.[14]

En 2017 Piastri foi elixido como parte da formación do TRS Arden Junior Racing Team para o campionato británico Británico de F4.[15] Alí logrou seis vitorias e seis pole positions para rematar como subcampión de Jamie Caroline.[16][17]

Serie GP3

[editar | editar a fonte]

En decembro de 2018, Piastri participou na proba de postempada en Yas Marina con Trident.[18]

Fórmula Renault Eurocup

[editar | editar a fonte]
Piastri correndo en Monza no Campionato Formula Renault Eurocup de 2018

En 2018, Piastri fixo o seu debut no campionato, reencontrándose con Arden.[19] Conseguindo tres podios, cunha segunda posición na segunda carreira en Hockenheim, rematou a tempada noveno no campionato.[20]

En decembro de 2018, anunciouse que Piastri cambiaría aos vixentes campións por equipos R-ace GP para o campionato 2019.[21] Obtivo a súa primeira vitoria na serie en Silverstone[22] e repetiu cunha segunda vitoria no mesmo circuíto un día despois.[23] Converteuse no primeiro piloto en gañar tres carreiras en 2019 tras conseguir a vitoria en Spa-Francorchamps en xullo,[24] e converteuse no campión tras lograr unha vitoria e o cuarto posto na rolda final en Yas Marina.[25]

Campionato da FIA de Fórmula 3

[editar | editar a fonte]

Competiu no Campionato da FIA Fórmula 3 de 2020 co equipo Prema Racing. Gañou a súa carreira de debut na categoría en Austria. Subiu ao podio tres veces seguidas nas roldas 3 e 4, e volveu gañar na 2ª carreira de Barcelona. Subiu ao podio por última vez na 1ª carreira de Monza. Na última rolda, Piastri terminou sétimo na 2ª carreira, o que lle permitiu coroarse campión por tres puntos, por diante de Théo Pourchaire e o seu compañeiro Logan Sargeant.[26]

Fórmula 2

[editar | editar a fonte]
Piastri pilotando para PREMA Racing na Fórmula 2 2021.

En 2021 continuou en Prema para competir no Campionato da FIA de Fórmula 2.[27] A súa primeira vitoria na categoría foi na 2ª carreira da primeira rolda.[28] Grazas aos bos resultados que inclúen dous podios en Mónaco, un en Bakú e outro en Silverstone, Piastri tomou o liderado do campionato despois da cuarta rolda, superando a Guanyu Zhou, o seu compañeiro de equipo na Academia Alpine.[29] Nas últimas catro xornadas logrou catro pole positions e cinco vitorias que lle permitiron facerse co título na última xornada do ano.[30]

Fórmula Un

[editar | editar a fonte]

Piastri uniuse á Renault Sport Academy en xaneiro de 2020.[31][32] Despois de gañar o Campionato da FIA de Fórmula 3 no 2020, participou na súa primeira proba de Fórmula 1 en outubro co Renault F1 Team, conducindo o Renault R.S.18 no Circuíto Internacional de Bahrain xunto aos pilotos compañeiros na académia Christian Lundgaard e Zhou Guanyu.[33] Seguiu sendo parte da agora rebautizada Academia Alpine en 2021 e pilotou o Alpine A521 na proba de novos pilotos de postemporada no Circuíto de Yas Marina en decembro.[34]


Despois da súa vitoria na Fórmula 2, Piastri foi nomeado piloto de reserva do Alpine F1 Team para a tempada 2022.[35] Tamén estivo dispoñible como piloto reserva para McLaren tras un acordo entre os dous equipos.[36] Participou en máis sesións de probas no Alpine A521 durante toda a tempada, incluíndo o Circuíto das Américas, Circuíto Internacional de Losail e Circuíto de Silverstone.[37][38][39]

Alpine e Piastri chegaron a un acordo para finalizar o contrato de Piastri con Alpine o 12 de novembro de 2022, o que lle permitiu pilotar para McLaren na sesión de probas do Gran Premio de Abu Zabi.[40]

McLaren (2023–)

[editar | editar a fonte]

Tempada 2023

[editar | editar a fonte]

Piastri correu para McLaren no 2023 xunto a Lando Norris.[41][42] Alpine acordou rescindir o contrato de Piastri antes de tempo para permitir que Piastri se unira a McLaren na sesión de probas de postempada inmediatamente despois do Gran Premio de Abu Zabi de 2022.[43] Na súa primeira carreira no Gran Premio de Bahrain, Piastri foi o primeiro retirarse da carreira na volta 14, onde o seu coche non se reiniciou tras un cambio de volante.[44]

Piastri no Gran Premio de Austria de 2023 con McLaren.

Chegou á terceira sesión de clasificación (Q3) no Gran Premio de Arabia Saudita de 2023 e clasificouse oitavo, pero o contacto na primeira volta con Pierre Gasly fixo necesario o cambio da á dianteira e deixou a Piastri fóra do top 10.[45] Os seus primeiros puntos chegaron na súa primeira carreira en casa, o Gran Premio de Australia de 2023, onde se clasificou 16º e terminou oitavo, axudado pola retirada de oito pilotos.[46] Alcanzou de novo a Q3 no Gran Premio de Azerbaidján de 2023 pero terminou 11º, pouco máis de dous segundos por debaixo do décimo lugar.[47][48] Un "gran fallo" no seu MCL60 deulle un 19º lugar no Gran Premio de Miami de 2023.[49] A súa segunda clasificación nos puntos chegou no Gran Premio de Mónaco de 2023 cun décimo posto, pero Piastri non anotou ningún punto nas seguintes tres carreiras, a pesar de alcanzar a Q3 no Gran Premio de España e Gran Premio de Austria.

As melloras introducidas no MCL60 produciron unha mellor presentación no Gran Premio do Reino Unido onde Piastri clasificouse no terceiro posto por detrás de Norris.[50] Piastri perdeu o seu primeiro podio tras ser rebasado durante aa paradas en boxes por Lewis Hamilton, pero logrou o seu mellor resultado da súa carreira ata 0 momento ao quedar no cuarto lugar.[51] Clasificouse cuarto no Gran Premio de Hungría de 2023 e correu no segundo lugar nas primeiras voltas, pero caeu ao quinto posto cando chegou a bandeira a cadros.[52] Clasificouse segundo no sprint doGran Premio de Bélxica de 2023, 0,011 segundos detrás do pole-sitter Max Verstappen. Gañou o liderado de Verstappen nos boxes pero despois foi superado tras un coche de seguridade, quedando segundo.[53] O día da carreira, con todo, Piastri retirouse na primeira curva tras chocar con Carlos Sainz de Ferrari[54] Clasificouse sétimo para o Gran Premio de Italia de 2023 pero un contacto con Lewis Hamilton obrigoulle a cambiar a á dianteira e deixou a Piastri fóra dos puntos.[55] Unha bandeira vermella na cualificación resultou nunha saída no 17º lugar en Gran Premio de Singapur de 2023,[56] pero Piastri recuperouse para anotar puntos na sétima posición.

O 20 de setembro, Piastri asinou unha extensión de contrato para permanecer con McLaren ata finais de 2026. Días máis tarde, clasificouse segundo para o Gran Premio do Xapón, a súa primeira vez no Circuíto de Suzuka, detrás de Max Verstappen e por diante do seu compañeiro Norris.[57] Rematou a carreira en terceiro lugar detrás de Norris para conseguir o seu primeiro podio na Fórmula Un, converténdose no primeiro novato en facelo desde Lance Stroll en 2017. Este tamén foi o primeiro dobre podio de McLaren desde o Gran Premio de Italia de 2021.[58] Logo clasificouse primeiro para o sprint do Gran Premio de Qatar de 2023 e aguantou a Verstappen para conseguir a vitoria..[59] Comezou sexto para a carreira principal e mellorou ata o segundo posto na meta por diante de Norris, logrando o seu segundo podio nun Gran Premio.[60] Os danos dunha colisión con Esteban Ocon obrigaron a súa retirada no Gran Premio dos Estados Unidos de 2023 despois de comezar o 10º.[61] Comezou de novo décimo no Gran Premio do Brasil de 2023, pero os danos por contacto cos restos fixeron que rematase dúas voltas menos no 14º posto.[62] Rematou a tempada clasificándose 19º no Gran Premio de Las Vegas de 2023, pero recuperándose ata o 10º e marcando a volta rápida da carreira, despois clasificándose terceiro e terminando sexto en Gran Premio de Abu Zabi de 2023.

2024: Primeiras vitorias

[editar | editar a fonte]
Piastri no Gran Premio da China de 2024 con McLaren

Piastri comezou o tempada 2024 clasificándose e rematando oitavo no Gran Premio de Bahrain de 2024,[63][64] seguido de cuartos postos en Arabia Saudita e Australia[65][66] e máis puntos no Xapón e da China.[67][68] No Gran Premio de Miami de 2024, terminou sexto no sprint pero 13º na carreira principal, gañado polo seu compañeiro de equipo Norris,[69] tras unha colisión con Carlos Sainz. nunha batalla polo segundo lugar.[70][71] Piastri clasificouse segundo no Gran Premio da Emilia-Romaña de 2024, pero descendeu ao quinto posto por obstaculizar a Kevin Magnussen[72] e finalizou cuarto.[73] Despois clasificouse e terminou segundo no Gran Premio de Mónaco,[74][75] conseguiu o seu primeiro podio da tempada e conseguiu máis puntos nos Grandes Premios do Canadá e España. No Gran Premio de Austria de 2024, Piastri superou a Norris para terminar segundo no sprint, despois beneficiouse dunha colisión tardía entre Norris e Verstappen para terminar segundo na carreira principal, a 1,9 segundos do gañador George Russell. Piastri alcanzou o segundo lugar no Gran Premio do Reino Unido de 2024 despois de clasificarse quinto, pero perdeu posicións cando McLaren cambioulle aos pneumáticos intermedios unha volta máis tarde que Norris e rematou cuarto.[76]

Despois de clasificarse segundo detrás de Norris no Gran Premio de Hungría de 2024, Piastri superou ao seu compañeiro de equipo na primeira curva. Liderou a carreira ata que entrou en boxes despois de Norris, permitíndolle a Norris facer un undercut, coa condición de que Norris máis tarde renunciaría á posición. Norris fíxoo a falta de dúas voltas, permitindo a Piastri facerse coa súa primeira vitoria e converterse no quinto piloto australiano en gañar un Gran Premio de Fórmula 1. A estratexia de McLaren e as ordes posteriores do equipo causaron polémica xa que Norris construíra unha vantaxe de seis segundos a Piastri. Norris comentou que o resultado foi "xusto" e "honesto", admitindo que perdeu a carreira ante Piastri na saída.[77] Piastri clasificouse sexto para o Gran Premio de Bélxica e cruzou a liña de meta terceiro a pesar dunha lenta parada en boxes.[78] Despois ascendeu ao segundo lugar tras a descualificación de George Russell.[79] O resultado permitiulle arrebatarlle o cuarto posto no Campionato de Pilotos a Carlos Sainz.[80] Durante o descanso estival, Piastri revelou que se rompera unha costela durante a primeira metade da tempada, debido a un axuste inadecuado do asento. A lesión curara por completo antes do Gran Premio dos Países Baixos, onde clasificouse terceiro e terminou cuarto.[81]

Piastri clasificouse segundo para o Gran Premio de Italia e obtivo o liderado tras superar a Norris. Mentres que McLaren escolleu unha estratexia de dúas paradas, Charles Leclerc de Ferrari executou a estratexia dunha parada para gañar a carreira, con Piastri incapaz de alcanzalo e terminando segundo.[82] Piastri clasificouse segundo detrás de Leclerc en o Gran Premio de Azerbaidján, superou ao líder na volta 20 e logrou a súa segunda vitoria na Fórmula Un. Con Norris en cuarto lugar, isto foi suficiente para que McLaren obtivese o liderado do Campionato de Construtores por primeira vez desde 2014. Piastri clasificouse quinto para o Gran Premio de Singapur de 2024 e gañou dous postos para conseguir o seu noveno podio na súa carreira. Norris gañou a carreira, ampliando a vantaxe do equipo no campionato.[83] Piastri sumou máis puntos no Estados Unidos, onde quedou quinto, e no Cidade de México, onde se recuperou do posto 17º da clasificación para rematar oitavo. Clasificouse na pole para o sprint en São Paulo, pero McLaren ordenoulle ceder o liderado a Norris nas últimas voltas.[84] Rematou oitavo na carreira despois de ceder de novo a posición a Norris e recibir unha penalización por chocar con Liam Lawson.[85] Co seu décimo posto no Gran Premio de Abu Zabi de 2024, Piastri converteuse no cuarto piloto da historia en completar todas as voltas dunha tempada de Fórmula Un.[86]

2025: Batalla polo título a tres bandas contra Norris e Verstappen

[editar | editar a fonte]
Piastri pilotando o McLaren MCL39 no Gran Premio do Xapón de 2025
Piastri (na foto do Gran Premio do Xapón de 2025) era un dos favoritos antes do Campionato Mundial de Pilotos de 2025.

McLaren entrou na 2025 como favorito polo título, e esperábase que Piastri enfrentasese ao seu compañeiro de equipo Lando Norris polo Campionato Mundial de Pilotos.[87] Tres días antes do comezo da súa campaña, McLaren anunciou unha extensión do contrato por varios anos con Piastri ata polo menos o final da tempada 2028.[88] Clasificouse na primeira fila para o Gran Premio de Australia de 2025, que foi a primeira carreira da tempada, por detrás do seu compañeiro de equipo Norris,[89] desafiou a Norris polo liderado antes de trompear en condicións de mollado, terminando finalmente noveno.[90] Despois de rematar segundo no sprint, conseguiu a súa primeira pole position no Gran Premio da China de 2025, dominando a carreira por diante de Norris para conseguir a súa primeira vitoria da tempada.[91] Rematou terceiro no Xapón por detrás de Max Verstappen e Norris.[92] Piastri conseguiu a pole no Gran Premio de Bahrain de 2025, cunha marxe de vitoria de 15 segundos e poñéndose a tres puntos de Norris.[93] Logrou outra vitoria no Arabia Saudita para converterse no primeiro australiano en liderar o Campionato Mundial de Pilotos desde 2010.[94] Rematou segundo no sprint de Gran Premio de Miami de 2025 despois de que un coche de seguridade tardío o puxese por detrás de Norris, antes de gañar a carreira principal.[95] Saíu na pole do Gran Premio da Emilia-Romaña de 2025, terminou terceiro tras un adiantamento na primeira curva por parte de Verstappen e un erro estratéxico.[96] Gañou o Gran Premio de España de 2025 despois de comezar desde a pole,[97] e terminou cuarto no Canadá, onde o seu rival polo campionato, Norris, intentou adiantalo e chocou contra o muro de boxes para ampliar a vantaxe de Piastri a 22 puntos.[98]

Piastri pilotando o McLaren MCL39 no Gran Premio de Austria de 2025
Unha batalla polo título entre Piastri e o seu compañeiro de equipo Lando Norris xurdiu no Gran Premio de Austria de 2025.

Piastri terminou segundo en Austria despois dunha longa batalla con Norris, evitando por pouco outra colisión despois de que bloquease os seus freos en Rauch.[99] Liderou a maior parte do Gran Premio do Reino Unido de 2025 en tempo mollado antes de recibir unha penalización por facer unha proba de freos accidentalmente a Verstappen nun reinicio, concedendo a vitoria a Norris.[100] Terminou segundo por detrás de Verstappen desde a pole no sprint de Bélxica antes da súa vitoria no Gran Premio en seco e mollado, logo dun adiantamento temperán sobre Norris, que acadara a pole, á saída de Raidillon.[101] Cualificouse segundo, por diante de Norris, en Hungría, onde Norris o venceu cunha estratexia dunha soa parada.[102] Conseguiu a pole position no Gran Premio dos Países Baixos de 2025 e aguantou a Norris ata que o seu compañeiro de equipo falloulle o motor ao final, conseguindo o seu primeiro grand chelem e aumentando a súa vantaxe a 34 puntos.[103] Verstappen, 104 puntos por detrás, volveu xurdir como unha ameaza distante polo título en Italia, onde Piastri mantívose terceiro ata que unha lenta parada en boxes de Norris o elevou ao segundo posto. Recibiu unha polémica orde de ceder a posición e conformouse co terceiro posto.[104][105][106] Estrelouse na cualificación en Acerbaixán; Comezando noveno, saíu de golpe, calouse e estrelouse contra a Curva cinco na primeira volta, rexistrando o seu primeiro abandono en 45 Grandes Premios e concedendo seis puntos a Norris, así como 25 a Verstappen.[107] Un contacto na primeira volta con Norris en Singapur deixou a Piastri por detrás del en cuarto lugar, mentres que McLaren se fixo co Campionato Mundial de Construtores a falta de seis Grandes Premios restantes.[108]

Outra colisión na primeira curva con Norris no sprint dos Estados Unidos provocou a retirada de ambos despois de que Piastri fose golpeado por Nico Hülkenberg nun intento de regreso á pista sobre Norris para o segundo posto,[109] que neutralizou as "repercusións" dentro do equipo ás que se enfrontaba Norris despois de Singapur,[110] Piastri caeu ao quinto posto no Gran Premio, xa que Verstappen e Norris (primeiro e segundo, respectivamente) reduciron a súa vantaxe a 40 e 14 puntos.[111] Comezando sétimo e soportando unha batalla a metade de carreira cos dous pilotos de Mercedes na Cidade de México, terminou quinto de novo e perdeu un punto detrás do vitorioso Norris.[112] Mentres Norris dominaba en São Paulo, Piastri caeu da terceira posición no sprint en condicións de seco nas 'S' de Senna e foi penalizado por chocar con Andrea Kimi Antonelli—o que provocou a retirada de Charles Leclerc—no Gran Premio, caendo do segundo ao quinto posto.[113] Inicialmente clasificouse cuarto en Las Vegas antes de que tanto el como Norris fosen descualificados por desgaste dos bloques de derrape, empatándoo co gañador da carreira, Verstappen.[114] Piastri gañou a proba sprint de Qatar desde a pole position para gañar máis puntos sobre Norris e Verstappen, e terminou segundo na carreira principal despois de que un erro estratéxico de McLaren permitise a Verstappen gañar o Gran Premio por diante de Piastri en Lusail. Os resultados en Qatar significaron que Piastri, que liderara o Campionato de Pilotos durante gran parte da tempada, caera ao terceiro posto na clasificación, dous puntos por detrás de Verstappen. Na final da tempada en Abu Zabi, Piastri cualificouse terceiro e terminou segundo. Como Verstappen gañou o Gran Premio en Abu Zabi desde a pole, co seu compañeiro de equipo Norris en terceiro lugar, isto significou que Piastri terminou a tempada terceiro na clasificación, 13 puntos por detrás do eventual campión e compañeiro de equipo de McLaren, Norris.[115] Piastri rematou a tempada con sete vitorias e 16 podios, ambos récords para un piloto australiano. Tamén superou a Daniel Ricciardo e igualou a Mark Webber en vitorias na súa carreira.[116] A tempada de Piastri foi descrita por el mesmo como unha da que pode estar "orgulloso", e unha de "forte ascenso, pero caída incontrolable" polos medios.[117][118]

Rexistro de carreiras

[editar | editar a fonte]

Traxectoria profesional

[editar | editar a fonte]
Tempada Series Equipo Carreiras Vitorias Poles V/Rápidas Podios Puntos Posición
2016–17 Formula 4 UAE Championship Dragon F4 11 0 0 0 2 94
2017 F4 British Championship TRS Arden Junior Team 30 6 6 5 13 376.5
Formula Renault NEC Arden Motorsport 2 0 0 0 0 26 21º
2018 Formula Renault Eurocup Arden Motorsport 20 0 0 0 3 110
Formula Renault NEC 8 0 0 0 0 0 NC†
2019 Formula Renault Eurocup R-ace GP 19 7 5 6 11 320
2020 FIA Formula 3 Championship Prema Racing 18 2 0 4 6 164
2021 FIA Formula 2 Championship Prema Racing 23 6 5 6 11 252.5
2022 Fórmula 1 BWT Alpine Formula One Team Piloto de reserva
McLaren F1 Team
2023 Fórmula 1 McLaren F1 Team 22 0 0 2 2 99 9º*
2024 Fórmula 1 McLaren F1 Team 24 2 0 1 8 292
2025 Fórmula 1 McLaren F1 Team 24 7 6 6 16 410
2026 Fórmula 1 McLaren F1 Team 0 0 0 0 0 0

Como Piastri era un piloto invitado, non podía puntuar.

Resultados completos do Campionato de Fórmula 3 da FIA

[editar | editar a fonte]

(clave) (As carreiras en negra indican a pole position; as carreiras en cursiva indican puntos para a volta rápida dos dez primeiros clasificados)

Ano Equipo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 Pos. Puntos
2020 Prema Racing RBR
FEA

1
RBR
SPR

8
RBR
FEA

4‡
RBR
SPR

5
HUN
FEA

2
HUN
SPR

2
SIL
FEA

2
SIL
SPR

Ret
SIL
FEA

7
SIL
SPR

6
CAT
FEA

6
CAT
SPR

1
SPA
FEA

5
SPA
SPR

6
MNZ
FEA

3
MNZ
SPR

Ret
MUG
FEA

11
MUG
SPR

7
164

> Outorgáronse a metade de puntos xa que se completou menos do 75 % da distancia da carreira.

Resultados completos do Campionato de Fórmula 2 da FIA

[editar | editar a fonte]

(key) (Carreiras en negra indican pole position) (Carreiras en itálica indican puntos pola volta rápida para os dez primeiros clasificados)

Ano Equipo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 Pos. Puntos
2021 Prema Racing BHR
SP1

5
BHR
SP2

1
BHR
FEA

19
MON
SP1

8
MON
SP2

2
MON
FEA

2
BAK
SP1

Ret
BAK
SP2

8
BAK
FEA

2
SIL
SP1

6
SIL
SP2

4
SIL
FEA

3
MNZ
SP1

4
MNZ
SP2

7
MNZ
FEA

1
SOC
SP1

9
SOC
SP2

C
SOC
FEA

1
JED
SP1

8
JED
SP2

1
JED
FEA

1‡
YMC
SP1

3
YMC
SP2

Ret
YMC
FEA

1
252.5

O piloto non rematou a carreira, pero clasificouse xa que completou máis do 90 % da distancia da carreira.
Outorgáronse a metade de puntos xa que se completou menos do 75 % da distancia da carreira.

Resultados completos na Fórmula 1

[editar | editar a fonte]

(Chave) (carreiras en letra grosa indican pole position; carreiras en itálica indican volta rápida)

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 Pos. Puntos
2026 McLaren F1 Team McLaren MCL40A Mercedes F1 M14 E Performance
1.6 V6 t
AUS
CHN
XPN
BHR
SAU
MIA
CAN
MON
CAT
AUT
GBR
BEL
HUN
NED
ITA
ITA
AZE
SIN
USA
MXC
SAP
LVG
QAT
ABU
0
2025 McLaren F1 Team McLaren MCL62 Mercedes F1 M14 E Performance
1.6 V6 t
AUS
9
CHN
12
XPN
3
BHR
1
SAU
1
MIA
12
EMI
3
MON
3
ESP
1
CAN
4
AUT
2
GBR
2
BEL
12
HUN
2
NED
1
ITA
3
AZE
Ret
SIN
4
USA
5
MXC
5
SAP
5
LVG
DSC
QAT
21
ABU
2
410
2024 McLaren F1 Team McLaren MCL61 Mercedes F1 M14 E Performance
1.6 V6 t
BHR
8
SAU
4
AUS
4
XAP
8
CHN
87
MIA
136
EMI
4
MON
2
CAN
5
ESP
7
AUT
22
GBR
4
HUN
1
BEL
2
NED
4
ITA
2
ACE
1
SGP
3
USA
5
MEX
8
BRA
82
LVG
7
QAT
31/sup>
ABU
10
292
2023 McLaren F1 Team McLaren MCL60 Mercedes F1 M14 E Performance
1.6 V6 t
BHR
Ret
SAU
15
AUS
8
ACE
11
MIA
19
EMI
C
MON
10
ESP
13
CAN
11
AUT
16
GBR
4
HUN
5
BEL
Ret2
NED
9
ITA
12
SGP
7
XAP
3
QAT
21
USA
Ret
MEX
8
BRA
14
LVE
10
ABU
5
99
  1. "Oscar Piastri (OH 2019) wins Formula 3 World Championship". Old Haileyburians Association. Consultado o 8 de novembro de 2023.
  2. "Issuu.com". Issuu.com. Consultado o 8 de novembro de 2023.
  3. "Moving to Europe and taking titles: Oscar Piastri on the moments that made him". fiaformula2.com. 12 de xullo de 2021. Consultado o 8 de novembro de 2023.
  4. "Behind the visor of Oscar Piastri". www.mclaren.com (en inglés). Consultado o 2024-01-02.
  5. Mae, Ellie (2020-11-22). "Oscar Piastri: I knew straight away that I won the Championship.". elliedoesf1 (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2023. Consultado o 2024-01-02.
  6. "McLaren Racing's Lando Norris and Oscar Piastri play 'Fact or Phish?'". Consultado o 2024-01-02.
  7. "Violet Wong Individual Records - Ancestry®". www.ancestry.com (en inglés). Consultado o 2024-01-02.
  8. "PIASTRI (Wong), Violet Evelyn Rose". My Tributes (en inglés). Consultado o 2024-01-02.
  9. "Young Aussie Oscar Piastri on the brink of F1 career".
  10. "Oscar Piastri – Young Drivers – British Racing Drivers' Club". Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2022. Consultado o 21 de decembro de 2018.
  11. "OSCAR PIASTRI JOINS RICKY FLYNN MOTORSPORT IN 2016". 2016. Consultado o 21 de decembro de 2018.
  12. "OSCAR PIASTRI SIXTH IN WORLD CHAMPIONSHIP". 2016. Consultado o 21 de decembro de 2018.
  13. Wood, Elliot (30 de agosto de 2017). "Scout Report: Oscar Piastri". FormulaScout. Consultado o 21 de decembro de 2018.
  14. "OSCAR PIASTRI JOINS DRAGON F4 FOR F4UAE CHAMPIONSHIP". 2016. Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2022. Consultado o 21 de decembro de 2018.
  15. Jackson, Connor (8 de febreiro de 2017). "TRS ARDEN ANNOUNCE 2017 ALL-YRDA BRITISH F4 LINE UP". The Checkered Flag. Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2021. Consultado o 21 de decembro de 2018.
  16. "BRITISH F4 THRILLS AT OULTON COME RAIN OR SHINE". 22 de maio de 2017. Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2018. Consultado o 21 de decembro de 2018.
  17. "Oscar Piastri runner-up in British F4 Championships". 2 de outubro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 05 de abril de 2019. Consultado o 21 de decembro de 2018.
  18. "OSCAR PIASTRI TO TEST GP3 IN ABU DHABI". 28 November 2018. Consultado o 21 de decembro de 2018.
  19. Wood, Elliot (20 de decembro de 2017). "British F4 runner-up Oscar Piastri to step up to FR2.0 Eurocup with Arden Motorsport". FormulaScout. Consultado o 21 de decembro de 2018.
  20. "Double Podium for Piastri at Hockenheim Formula Renault Eurocup". 24 de setembro de 2018. Consultado o 21 de decembro de 2018.
  21. "OSCAR PIASTRI SIGNS WITH FORMULA RENAULT CHAMPIONS". 21 de decembro de 2018. Consultado o 21 de decembro de 2018.
  22. "Maiden victory for Oscar Piastri at Silverstone". Formule Renault. Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2021. Consultado o 12 de novembro de 2022.
  23. "Silverstone double for Oscar Piastri". Formule Renault. Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2021. Consultado o 12 de novembro de 2022.
  24. "Oscar Piastri takes care of business". Formule Renault. Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2021. Consultado o 12 de novembro de 2022.
  25. "The win for Victor Martins, the title for Oscar Piastri!". Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2021. Consultado o 12 de novembro de 2022.
  26. Suttill, Josh (13 de setembro de 2020). "Mugello F3: Piastri se lleva el título en final dramático". lat.motorsport.com. Consultado o 13 de setembro de 2020.
  27. "Piastri promoted to Formula 2 in 2021 with PREMA". Fórmula 2 (en inglés). FIA Formula 2 Championship Limited. 1 de decembro de 2020. Consultado o 1 de decembro de 2020.
  28. "Piastri gana en el caos de la segunda carrera de F2 en Bahréin". lat.motorsport.com (en castelán). Consultado o 2021-07-22.
  29. "El chino Zhou se lleva la carrera de F2 en Silverstone". Mundo Deportivo (en castelán). 2021-07-18. Consultado o 2021-07-22.
  30. "Oscar Piastri, novo campión de Fórmula 2". Brand. 11 de decembro de 2021. Consultado o decembro, 2021.
  31. "Piastri combines with Prema for FIA Formula 3 Championship and joins Renault Sport Academy". 26 de xaneiro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2022. Consultado o 27 de xaneiro de 2020.
  32. Thoughts of A Champion- Oscar Piastri, FIA Formula 3 Championship (24 de setembro de 2020). "Thoughts of A Champion- Oscar Piastri". FIA Formula 3 Championship.
  33. "PIASTRI COMPLETES FIRST F1 TEST IN BAHRAIN". 31 de outubro de 2020. Consultado o 31 de outubro de 2020.
  34. Graham, Brett (15 de decembro de 2021). "Australia's Oscar Piastri sets blistering pace in first official Formula 1 test". nine.com.au. Consultado o 24 de agosto de 2022.
  35. "Australian F2 racer Oscar Piastri joins Alpine as reserve driver for 2022". 16 de novembro de 2021. Consultado o 16 de novembro de 2021.
  36. Smith, Luke (12 de marzo de 2022). "Piastri joins pool of McLaren F1 reserves for 2022 season". autosport.com. Consultado o 3 de setembro de 2022.
  37. Valantine, Henry (14 de xuño de 2022). "Piastri runs extra Alpine test; Caldwell to make debut". planetf1.com. Consultado o 24 de agosto de 2022.
  38. "PIASTRI TESTS F1 AT COTA". 22 de abril de 2022. Consultado o 8 de maio de 2022.
  39. "EXCLUSIVE: Oscar Piastri 'very clear' he expects a race seat with Alpine in 2023". 25 de febreiro de 2022. Consultado o 8 de maio de 2022.
  40. "Alpine agrees to early contract exit for Piastri". www.motorsport.com (en inglés). Consultado o 2022-11-12.
  41. McClure, Michael (2022-09-02). "Piastri to join McLaren in 2023 after Alpine snub". F1 Feeder Series (en inglés). Consultado o 2022-09-02.
  42. "2021 FIA F2 CHAMPION OSCAR PIASTRI TO JOIN McLAREN RACING IN 2023". www.mclaren.com. McLaren Group. Consultado o 2 de setembro de 2022.
  43. Cooper, Adam (12 de novembro de 2022). "Alpine agrees to early contract exit for Piastri". www.motorsport.com. Consultado o 12 de novembro de 2022.
  44. Rayson, Zac (6 de marzo de 2023). "'Oh my god': Piastri reacts to 'miserable' F1 debut as Bahrain disaster exposes McLaren hole". Fox Sports Australia. Consultado o 6 de marzo de 2023.
  45. "McLaren hits new low amid Piastri disaster as F1 legend robbed in huge Saudi controversy". foxsports.com.au. 20 de marzo de 2023. Consultado o 2 de agosto de 2024.
  46. "Drama. Drama. Drama. 😳 That race had it all but we've secured double points at the #AusGP!". Twitter (en inglés). 2 de abril de 2023. Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2023.
  47. "Formula 1 Azerbaijan Grand Prix 2023 – Starting Grid". Formula 1. 28 de abril de 2023. Arquivado dende o orixinal o 2 de maio de 2023. Consultado o 28 de abril de 2023.
  48. "Formula 1 Azerbaijan Grand Prix 2023 – Race Result". Formula 1. 30 de abril de 2023. Arquivado dende o orixinal o 5 de maio de 2023. Consultado o 30 de abril de 2023.
  49. Miles, Thomas (8 de maio de 2023). ""Major failure" restricts Piastri in Miami". autoaction.com.au. Consultado o 2 de agosto de 2024.
  50. Boxall-Legge, Jake (8 de xullo de 2023). "F1 British GP: Verstappen on pole as McLaren drivers star". www.motorsport.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 9 de xullo de 2023. Consultado o 8 de xullo de 2023.
  51. "British GP Wrap: Aussie Piastri secures best-ever finish... but 'robbed' of first career podium". Fox Sports Australia. 9 de xullo de 2023. Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2023. Consultado o 10 de xullo de 2023.
  52. Doyle, Michael (23 de xullo de 2023). "Oscar Piastri praised by McLaren boss after finishing fifth in Hungary". ABC News (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2023. Consultado o 24 de xullo de 2023.
  53. "Verstappen overhauls Piastri in rain-hit Sprint race at Spa-Francorchamps". formula1.com. 29 de xullo de 2023. Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2023. Consultado o 30 de xullo de 2023.
  54. Valantine, Henry (30 de xullo de 2023). "Oscar Piastri takes aim at Carlos Sainz after early Belgian Grand Prix retirement". PlanetF1 (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2023. Consultado o 30 de xullo de 2023.
  55. "Hamilton apologises to Piastri for Italian GP clash". reuters.com. 3 de setembro de 2023. Consultado o 2 de agosto de 2024.
  56. "Sainz pips Russell and Leclerc in ultra-tight qualifying battle in Singapore after shock double Q2 exit for Red Bull". Formula 1. 16 de setembro de 2023. Consultado o 23 de xullo de 2024.
  57. Green, Jonathan (23 de setembro de 2023). "Japanese GP, Qualifying: Max Verstappen roars to pole position ahead of Oscar Piastri and Lando Norris". Sky Sports (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2023. Consultado o 23 de setembro de 2023.
  58. Sullivan, Matthew (24 de setembro de 2023). "'Pretty special': Oscar Piastri claims maiden podium at Japanese Grand Prix". news.com.au. Consultado o 24 de setembro de 2023.
  59. "Verstappen secures third title as Piastri takes Sprint win". www.formula1.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2023. Consultado o 20 de outubro de 2023.
  60. "Verstappen adds race win to his Qatar title weekend". The Straits Times (en inglés). 9 de outubro de 2023. ISSN 0585-3923. Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2023. Consultado o 20 de outubro de 2023.
  61. Jogia, Saajan (26 de outubro de 2023). "F1 News: McLaren Reveals Issue Behind Oscar Piastri's US Grand Prix Retirement". Sports Illustrated. Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2024. Consultado o 23 de xullo de 2024.
  62. "Verstappen seals record 17th win of the season from Norris and Alonso in Sao Paulo Grand Prix". Formula 1. 6 de novembro de 2023. Arquivado dende o orixinal o 6 de novembro de 2023. Consultado o 6 de novembro de 2023.
  63. "Formula 1 Gulf Air Bahrain Grand Prix 2024 – Qualifying". Formula 1. 1 de marzo de 2024. Consultado o 1 de marzo de 2024.
  64. "Formula 1 Gulf Air Bahrain Grand Prix 2024 – Race Result". Formula 1. 2 de marzo de 2024. Consultado o 2 de marzo de 2024.
  65. "Formula 1 STC Saudi Arabian Grand Prix 2024 – Race Result". Formula 1. 9 de marzo de 2024. Consultado o 9 de marzo de 2024.
  66. "Formula 1 Rolex Australian Grand Prix 2024 – Race Result". Formula 1. 24 de marzo de 2024. Consultado o 2 de agosto de 2024.
  67. "Formula 1 MSC Cruises Japanese Grand Prix 2024 – Race Result". Formula 1. 7 de abril de 2024. Consultado o 7 de abril de 2024.
  68. "Formula 1 Lenovo Chinese Grand Prix 2024 – Race Result". Formula 1. 21 de abril de 2024. Consultado o 21 de abril de 2024.
  69. "Formula 1 Crypto.com Miami Grand Prix 2024 – Race Result". Formula 1. 5 de maio de 2024. Consultado o 5 de maio de 2024.
  70. "Formula 1 Crypto.com Miami Grand Prix 2024 – Qualifying". Formula 1. 4 de maio de 2024. Consultado o 4 de maio de 2024.
  71. "Sainz hit with five-second time penalty after collision with Piastri in Miami Grand Prix". Formula One. 5 de maio de 2024. Consultado o 6 de maio de 2024.
  72. "Infringement – Car 81 – Impeding of Car 20" (PDF). Fédération Internationale de l'Automobile. 18 de maio de 2024. Consultado o 20 de maio de 2024.
  73. "Formula 1 MSC Cruises Gran Premio del Made in Italy e dell'Emilia-Romagna 2024 – Race Result". Formula 1. 19 de maio de 2024. Arquivado dende o orixinal o 19 de maio de 2024. Consultado o 19 de maio de 2024.
  74. "Formula 1 Grand Prix de Monaco 2024 – Qualifying". Formula 1. 25 de maio de 2024. Consultado o 25 de maio de 2024.
  75. "Formula 1 Grand Prix de Monaco 2024 – Race Result". Formula 1. 26 de maio de 2024. Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2024. Consultado o 25 de maio de 2024.
  76. Coleman, Madeline. "How McLaren threw away its shot at winning F1's British GP: 'We got it wrong'". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Arquivado dende o orixinal o 2024-07-27. Consultado o 2024-08-01.
  77. Benson, Andrew (21 de xullo de 2024). "'I didn't give up the win - I lost it off the line'". BBC Sport. Consultado o 24 de xullo de 2024.
  78. "Stella identifies two factors that surprised McLaren in Spa". Formula 1. Arquivado dende o orixinal o 2024-07-30. Consultado o 2024-08-01.
  79. "Hamilton wins thrilling Belgian Grand Prix with team mate Russell disqualified". www.formula1.com. Consultado o 28 de xullo de 2024.
  80. "Belgium 2024 – Championship". Stats F1. 21 de xullo de 2024. Consultado o 28 de xullo de 2024.
  81. Maher, Thomas (2024-08-18). "Oscar Piastri offers update on mystery mid-season injury as F1 summer break ends". PlanetF1 (en inglés). Consultado o 2024-08-19.
  82. "Leclerc thrills the Tifosi as he triumphs at Monza". Formula 1. Consultado o 2024-09-15.
  83. "Piastri edges out Leclerc for dramatic Azerbaijan GP win". Formula 1. Consultado o 2024-09-16.
  84. "Norris takes victory in the Sao Paulo Sprint ahead of Piastri after McLaren driver switch". Formula 1.com. 2 de novembro de 2024. Consultado o 2 de novembro de 2024.
  85. "Infringement – Car 81 – Causing a Collision" (PDF). Fédération Internationale de l'Automobile. 3 de novembro de 2024. Consultado o 3 de novembro de 2024.
  86. Heverin, Dane (9 de decembro de 2024). "Schumacher, Hamilton, Verstappen... Piastri: Aussie joins F1 legends with stunning feat". Fox Sports. Consultado o 11 de decembro de 2024.
  87. Benson, Andrew (23 de marzo de 2025). "'McLaren the class of the field but have hard tightrope to walk'". BBC Sport (BBC). Arquivado dende o orixinal o 1 de abril de 2025. Consultado o 10 de abril de 2025.
  88. Chiu, Nigel (11 de marzo de 2025). "Oscar Piastri: McLaren driver signs new contract extension until at least 2028 with reigning F1 constructors' champions ahead of Australian GP". Sky Sports. Sky Group. Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2025. Consultado o 11 de marzo 2025.
  89. Benson, Andrew (15 de marzo de 2025). "Norris takes Melbourne pole with Hamilton eighth". BBC Sport (BBC). Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2025. Consultado o 15 de marzo de 2025.
  90. Benson, Andrew (16 de marzo de 2025). "Norris beats Verstappen in dramatic Australia opener". BBC Sport (BBC). Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2025. Consultado o 16 de marzo de 2025.
  91. Hudson, Molly (23 de marzo de 2025). "Chinese GP: Oscar Piastri claims dominant win with Lando Norris second". The Times. ISSN 0140-0460. Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2025. Consultado o 23 de marzo de 2025.
  92. Coleman, Madeline; Smith, Luke (6 de abril de 2025). "F1 Japanese Grand Prix briefing: Max Verstappen's perfect win and Kimi Antonelli makes history". The Athletic (The New York Times). ISSN 1553-8095. Arquivado dende o orixinal o 6 de abril de 2025. Consultado o 6 de abril de 2025.
  93. Hunt, Scott (13 de abril de 2025). "Oscar Piastri lays down F1 title gauntlet to Lando Norris with victory in Bahrain". The Independent. ISSN 1741-9743. Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2025. Consultado o 15 de abril de 2025.
  94. Smith, Luke; Kalinauckas, Alex (20 de abril de 2025). "Saudi Arabian Grand Prix: A new championship leader, Ferrari's first 2025 podium". The Athletic (The New York Times). ISSN 1553-8095. Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2025. Consultado o 21 de abril de 2025.
  95. Richards, Giles (4 de maio de 2025). "Oscar Piastri wins F1 Miami Grand Prix to stretch lead in title race". The Guardian. ISSN 1756-3224. Arquivado dende o orixinal o 6 de maio de 2025. Consultado o 24 de maio de 2025.
  96. "Emilia Romagna GP: McLaren strategy calls at Imola showed 'weakness', says Jacques Villeneuve". Sky Sports. Sky Group. 19 de maio de 2025. Arquivado dende o orixinal o 19 de maio de 2025. Consultado o 24 de maio de 2025.
  97. Elizalde, Pablo (1 de xuño de 2025). "Piastri wins from Norris as Verstappen gets penalised – 2025 Spanish GP results". Motor Sport. ISSN 0027-2019. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2025. Consultado o 29 de xuño de 2025.
  98. Smith, Damien (16 de xuño de 2025). "Norris repeats painful McLaren history in Canada". Goodwood Road & Racing. Goodwood House. Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2025. Consultado o 23 de xullo de 2025.
  99. Richards, Giles (29 de xuño de 2025). "Lando Norris holds off pressure from Oscar Piastri to win Austrian F1 GP". The Guardian. ISSN 1756-3224. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2025. Consultado o 29 de xuño de 2025.
  100. Cleeren, Filip (6 de xullo de 2025). "Why Piastri was handed a time penalty in F1's British Grand Prix". Autosport. Motorsport Network. ISSN 0269-946X. Arquivado dende o orixinal o 6 de xullo de 2025. Consultado o 23 de xullo de 2025.
  101. Richards, Giles (27 de xullo de 2025). "Oscar Piastri eases away from Norris to win rain-hit Belgian Grand Prix". The Guardian. ISSN 1756-3224. Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2025. Consultado o 27 de xullo de 2025.
  102. Coleman, Madeline (3 de agosto de 2025). "Did McLaren favor Lando Norris over Oscar Piastri in Hungary? Why the team says no". The Athletic (The New York Times). ISSN 1553-8095. Arquivado dende o orixinal o 4 de agosto de 2025. Consultado o 4 de agosto de 2025.
  103. Judd, Benjamen (1 de setembro de 2025). "Oscar Piastri takes victory at the Dutch Grand Prix in shock finisher". Esquire Australia (Hearst Communications). ISSN 0194-9535. Arquivado dende o orixinal o 3 de setembro de 2025. Consultado o 3 de setembro de 2025.
  104. Benson, Andrew (7 de setembro de 2025). "Piastri told to let Norris past as Verstappen wins". BBC Sport (BBC). Arquivado dende o orixinal o 7 de setembro de 2025. Consultado o 7 de setembro de 2025.
  105. "'Needless and silly'? Our verdict on McLaren's Piastri team order". The Race. The Race Media. 7 de setembro de 2025. Arquivado dende o orixinal o 7 de setembro de 2025. Consultado o 7 de setembro de 2025.
  106. Richards, Giles (7 de setembro de 2025). "Verstappen wins F1 Italian GP as Norris closes gap on Piastri amid pit-stop controversy". The Guardian. ISSN 1756-3224. Arquivado dende o orixinal o 7 de setembro de 2025. Consultado o 7 de setembro de 2025.
  107. Codling, Stuart (21 de setembro de 2025). "Why Piastri won't serve grid penalty in Singapore for jumping start in F1 Azerbaijan GP". Autosport. Motorsport Network. ISSN 0269-946X. Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2025. Consultado o 21 de setembro de 2025.
  108. Benson, Andrew (5 de outubro de 2025). "Norris–Piastri incident 'threatens to derail McLaren harmony'". BBC Sport (BBC). Arquivado dende o orixinal o 6 de outubro de 2025. Consultado o 7 de outubro de 2025.
  109. Hunt, Scott (18 October 2025). "McLaren's Lando Norris and Oscar Piastri collide in first-corner sprint carnage". The Independent. ISSN 1741-9743. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2025. Consultado o 18 de outubro de 2025.
  110. Boxall-Legge, Jake (23 de outubro de 2025). "Piastri: McLaren removed Norris 'repercussions' after F1 US GP sprint clash". Autosport. Motorsport Network. ISSN 0269-946X. Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2025. Consultado o 25 de outubro de 2025.
  111. Mee, Lydia (19 de outubro de 2025). "Zak Brown explains Oscar Piastri struggles as he's "glad to have the weekend behind us"". Motorsport.com. Motorsport Network. Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2025. Consultado o 19 de outubro de 2025.
  112. Anderson, Gary (27 de outubro de 2025). "Lando Norris is quicker but here is how Oscar Piastri can stay in title race". The Daily Telegraph. ISSN 0307-1235. Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2025. Consultado o 27 de outubro de 2025.
  113. Noble, Jon (10 de novembro de 2025). "The weird quirks that heightened Piastri's struggles in Brazil". The Race. The Race Media. Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2025. Consultado o 10 de novembro de 2025.
  114. Richards, Giles (23 de novembro de 2025). "McLaren apologise to Norris, Piastri and fans for Las Vegas Grand Prix disqualification". The Guardian. ISSN 1756-3224. Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2025. Consultado o 24 de novembro de 2025.
  115. "F1 - the Official Home of Formula 1® Racing".
  116. "'I don't do many': Webber's rare Piastri move as Aussie F1 great responds to historic win". Fox Sports (en inglés). 2025-09-01. Consultado o 2025-12-09.
  117. "Broken by Papaya Rules, Piastri's brilliant season ended bitterly. What happens next is scary". Fox Sports (en inglés). 2025-12-08. Consultado o 2025-12-09.
  118. Waterworth, Ben (2025-12-08). "Piastri 'proud' of season, pledges stronger return in 2026". Speedcafe.com (en inglés). Consultado o 2025-12-09.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]