Gran Premio de Australia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Gran Premio de Australia
Plano do Circuíto
Albert Lake Park Street Circuit in Melbourne, Australia.svg
Datos
Anos disputados 81 (32 oficiais)
Primeira disputa 1928 (1985 oficial)
Última disputa 2018
Localización Melbourne, Australia Australia
Patrocinador principal Rolex (desde 2013)
Lonxitude 307´574 km en 58 voltas
Marca de volta 1:24.125 (2004, Michael Schumacher, Ferrari)
Piloto récord Australia Lex Davison,
Alemaña Michael Schumacher (4 cada un)
Escudería récord Flag of the United Kingdom.svg McLaren (11)
Poles récord Ayrton Senna, Lewis Hamilton (6 cada un)
Vista do Circuíto
Vista

O Gran Premio de Australia é unha carreira automobilística que se celebra anualmente en Australia, actualmente baixo contrato para albergar a Fórmula 1 ata o 2023.[1] O Grand Prix é a competición de motor máis antiga que se celebra en Australia desde que se disputou por primeira vez en Phillip Island en 1928.

Desde 1985, a carreira forma parte do Campionato Mundial da FIA de Fórmula Un e actualmente dispútase no Circuíto de Albert Park no Albert Park de Melbourne. Antes da súa inclusión no Campionato do Mundo, celebrouse nunha multitude de lugares diferentes en todos os estados de Australia. Foi a peza central das Tasman Series entre 1964 e 1972 e formou parte do Campionato de pilotos australianos en moitas ocasións entre 1957 e 1983. Converteuse en parte do campionato de Fórmula 1 en 1985 e disputouse no Circuíto urbano de Adelaida de Adelaida, Australia Meridional a partir dese ano ata 1995, antes de trasladarse a Melbourne en 1996. O gañador da carreira obtén un trofeo circular, recentemente nomeado trofeo Jack Brabham chamado así polo tres veces gañador, un deseño baseado no volante dun dos coches de carreiras de Brabham.

O Gran Premio de Australia é a primeira proba do Campionato, sendo a primeira carreira de cada ano, agás 2006 e 2010, xa que o evento trasladouse a Melbourne. Durante os seus anos en Adelaida, o Gran Premio de Australia foi a última proba do Campionato, en substitución do Gran Premio de Portugal nese sentido. Cando era a rolda final da tempada, o Gran Premio viu un puñado de carreiras memorables, sobre todo as carreiras de 1986 e 1994 que decidiron o Campionato Mundial de Pilotos de 1986 e 1994.

O piloto australiano Lex Davison e piloto alemán Michael Schumacher son os pilotos máis exitosos nos 86 anos de historia do evento con catro vitorias cada un, mentres que McLaren é o construtor máis exitoso con doce vitorias, o seu éxito remóntase ás carreiras anteriores á Fórmula Un, a súa primeira vitoria foi en 1970. O francés Alain Prost é o único piloto que gañou o Gran Premio de Australia, en carreiras fóra de campionato e en formato do Campionato Mundial, logo de gañar a carreira en 1982, 1986, e de novo en 1988.

O patrocinador actual que pon nome ao evento é o fabricante de reloxos suízo Rolex. A carreira máis recente, o Gran Premio de Australia de 2017, foi gañada por Sebastian Vettel pilotando para o equipo Ferrari.

Historia[editar | editar a fonte]

Preguerra[editar | editar a fonte]

Aínda que se cre que un evento chamado Gran Premio de Australia realizouse en 1927 preto de Sydney, xeralmente acéptase que o Gran Premio de Australia comezou como as 100 Miles Road Race celebrado no circuíto de Phillip Island en 1928.[2] A carreira inaugural gañouna Arthur Waite no que foi efectivamente unha entrada apoiada pola Austin Motor Company, cun Austin 7 modificado. Durante oito anos, continuaron nun circuíto de terra rectangular. Esta foi a era dos "especiais" australianos unhas horrorosas combinacións mecánicas de chasis e motor dispares que eran tan capaces como os coches de Grand Prix importadas de Europa. A pesar do enxeño dos primeiros mecánicos-corredores australianos, Bugatti dominou os resultados, logrando catro vitorias consecutivas de 1929-1932. A última carreira de Phillip Island foi en 1935 e o título non se disputou durante tres anos. Un evento de estilo AGP celebrouse o Boxing Day, 1936 no centenario da cidade de Victor Harbor, en Australia Meridional, o Gran Premio de Australia do Sur[3] antes de que o título do Gran Premio de Australia revivísese en 1938 para a gran inauguración da que se convertería nunha das máis famosas pistas de carreiras do mundo, o cirucíto de Mount Panorama nos arredores da cidade semi-rural de Bathurst. Recentemente rematado cunha bande de rodadura de alcatrán, a carreira foi gañada polo inglés Peter Whitehead competindo cun novo coche ERA B-Type que era demasiado rápido para a maquinaria desenvolvida localmente.[4] Realizouse unha carreira máis, no Circuíto Lobethal preto da cidade de Lobethal, no sur de Australia en 1939, antes de que o país mergullásese na Segunda Guerra Mundial.

Circuítos utilizados[editar | editar a fonte]

Circuíto urbano de Adelaida
Circuíto de Albert Park
Mapa de todas as localizacións de Gran Premio de Australia.

Gañadores[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Melbourne to host the Australian F1 Grand Prix until at least 2023". Autosport. 12 de setembro de 2015. Consultado o 12 de setembro de 2015. 
  2. Bell, Ray (1986). "1928". En Howard, Graham. The Official 50-race history of the Australian Grand Prix. Gordon, NSW: R & T Publishing. p. 14. ISBN 0-9588464-0-5. 
  3. Medley, John (1986). "1937". En Howard, Graham. The Official 50-race history of the Australian Grand Prix. Gordon, NSW: R & T Publishing. p. 82. ISBN 0-9588464-0-5. 
  4. Medley, John (1986). "1937". En Howard, Graham. The Official 50-race history of the Australian Grand Prix. Gordon, NSW: R & T Publishing. pp. 92, 102. ISBN 0-9588464-0-5. 
  5. Graham Howard, logo de 6.201 millas e 49 carreiras, o 50º AGP marcou o final dunha época, Australian Motor Racing Year, 1985/86, páxina 33
  6. The Official 50-race history of the Australian Grand Prix, 1986, páxina 82
  7. John B. Blanden, A History of Australian Grand Prix 1928-1939 (1981), páxina 1
  8. Mínimo 2 podios.
  9. 9,0 9,1 9,2 Primeiras 10 posicións.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]