Max Verstappen
Max Verstappen (23 anos) | |
---|---|
![]() | |
Carreira na Fórmula 1 | |
Nacionalidade | ![]() |
Monopraza número | 33 |
Escudería actual | Red Bull Racing-Honda |
Escudería no 2022 | Red Bull-Honda |
Grandes Premios disputados | 119 |
Campionatos | 0 |
Vitorias | 10 |
Podios | 42 |
Pole positions | 3 |
Voltas rápidas | 10 |
Primeiro Grand Prix | Gran Premio de Australia de 2015 |
Primeira vitoria | Gran Premio de España de 2016 |
Posición no 2021 | |
editar |
Max Verstappen Emilian, nado o 30 de setembro de 1997 en Hasselt (Bélxica[1]), é un piloto de carreiras holandés. Piloto do equipo Red Bull Racing na tempada 2016 de Fórmula Un. Naceu nunha familia de pilotos de carreiras. O seu pai Jos Verstappen é un ex piloto de Fórmula 1, mentres que a súa nai Sophie Kumpen é unha famosa ex piloto de kart. O seu avó Paul Kumpen é un ex piloto de resistencia GT[2] e o seu tío Anthony Kumpen é un piloto de FIA GT e das 24 Horas de Le Mans. Con 17 anos e 166 días, converteuse no piloto máis novo en competir na Fórmula 1 no Gran Premio de Australia de 2015 con Toro Rosso.[3] Tamén é o piloto máis novo en liderar unha volta durante un Gran Premio de Fórmula Un, o piloto máis novo en lograr un podio e o gañador máis novo dun Gran Premio de Fórmula 1.
Logo de pasar toda a tempada 2015 con Toro Rosso, tamén comezou a tempada de Fórmula Un de 2016 co equipo italiano, antes de ser promovido por Red Bull como substituti de Daniil Kvyat, quen se fixo cargo do seu asento en Toro Rosso. Gañou o Gran Premio de España de 2016 na súa primeira carreira con Red Bull á idade de 18 anos, converténdose no gañador máis novo dun Grand Prix e o primeiro que baixo a bandeira holandesa.[4]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Karting[editar | editar a fonte]
Verstappen comezou no karting á idade de 4 anos e medio. Competiu no campionato de mini júnior da súa provincia natal de Limburg.[5] En 2006, Verstappen gañou o campionato belga Rotax Max clase Minimax.[6] En 2007, Verstappen gañou o campionato holandés Minimax.[7] Cun kart CRG patrocinado polo seu pai, Verstappen gañou o campionato holandés e belga Minimax, así como o campionato cadete belga..[8][9]
En 2009, uniuse ao equipo Team Pex Racing, un equipo cliente de CRG. Verstappen gañou o campionato flamengo Minimax e o campionato belga KF5.[10][11] En 2010, Verstappen achegouse ao karting internacional. Asinou por CRG para correr no seu equipo de fábrica nos campionatos mundiais e europeos. Na Copa do Mundo KF3, Verstappen terminou segundo tralo máis experimentado Alexander Albon.[12] Verstappen venceu a Albon na WSK Euro Series. Tamén gañou a Serie Mundial WSK, batendo a Robert Vişoiu.[13]
En 2011, Verstappen gañou a WSK Euro Series nun Parilla-motor CRG.[14] En 2012, Verstappen entrou no programa de pilotos Intrepid para correr nas clases KF2 e KZ2. Gañou a WSK Master Series na clase KF2, superando ao piloto CRG Felice Tiene.[15] Verstappen gañou a South Garda Winter Cup, na clase KF2, batendo a Dennis Olsen e Antonio Fuoco.[16][17]
A finais de 2012, anunciouse que Verstappen deixaría Intrepid. Logo dunha breve tempada construtor de karts CRG- Zanardi, Verstappen regresou ao equipo CRG de fábrica.[18] Competiu nas SKUSA Supernationals de clase KZ2 nun CRG, terminando 21º. En 2013, Verstappen gañou os campionatos de Europa de KF e KZ. Á idade de 15, Verstappen gañou o campionato do mundo KZ de 2013 en Varennes-sur-Allier, Francia, en KZ1, a categoría máis alta de karting.
Debut en competición de coches[editar | editar a fonte]
Verstappen pilotou os seus primeiros metros nun coche de carreiras no circuíto de Pembrey o 11 de outubro de 2013. Conduciu 160 voltas nun coche de fórmula Renault Barazi-Epsilon FR2.0-10 o primeiro día. O coche foi cedido polo equipo holandés Manor MP Motorsport.[19] En decembro de 2013, Verstappen probou un coche Dallara F311 de Fórmula 3 de Motopark Academy. En decembro fixo outra proba na Fórmula Renault no Circuíto Permanente de Xerez. Pilotando un Josef Kaufmann Racing, Verstappen foi máis rápido que pilotos habituais da Fórmula Renault como Steijn Schothorst e Matt Parry.[20] No Circuíto Ricardo Tormo cerca Valencia, Verstappen marcou tempos máis rápidos que pilotos máis experimentados incluíndo a Tatiana Calderón e Eddie Cheever III..[21]
O 16 de xaneiro de 2014, anunciouse que Verstappen faría o seu debut en competición nas Florida Winter Series.[22]
Fórmula Tres[editar | editar a fonte]
En 2014, Verstappen pilotou no Campionato de Europa de Fórmula 3 da FIA para Van Amersfoort Racing.[23] Terminou a súa primeira tempada nas carreiras de coches terceiro, detrás do campión Esteban Ocon e o subcampión Tom Blomqvist. Verstappen gañou dez carreiras, máis que calquera outro piloto.
Fórmula Un[editar | editar a fonte]
En agosto de 2014, Verstappen uniuse á Red Bull Junior Team, tamén tiña unha oferta de Mercedes para unirse ao seu programa de desenvolvemento de pilotos.[24] Seis días máis tarde, confirmouse pilotaría para a Scuderia Toro Rosso na tempada 2015 de Fórmula 1.[25] Confirmouse que Carlos Sainz Jr. será o compañeiro de equipo de Verstappen, logo do pase de Daniil Kvyat a Red Bull. Aos dezasete anos e cento sesenta e seis días de idade, converterase no piloto máis novo en iniciar unha carreira do Campionato do Mundo, rompendo o rexistro de Jaime Alguersuari existente durante case dous anos.[26] Verstappen xa se converteu no piloto máis novo en participarnas prácticas libres dun Gran Premio no Gran Premio do Xapón de 2014.[27]
Rexistro de carreiras[editar | editar a fonte]
Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]
Tempada | Series | Equipo | Carreiras | Gañadas | Poles | V. rápidas | Podios | Puntos | Posición |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2014 | Florida Winter Series | N/A | 12 | 4 | 3 | 3 | 7 | N/A | 3º |
FIA European Formula 3 Championship | Van Amersfoort | 33 | 10 | 7 | 7 | 16 | 411 | 3º | |
Masters of Formula 3 | Motopark | 1 | 1 | 1 | 0 | 1 | N/A | 1º | |
Formula 1 | Scuderia Toro Rosso | Piloto de probas | |||||||
Gran Premio de Macau | Van Amersfoort | 1 | 0 | 0 | 1 | 0 | N/A | 7º | |
2015 | Fórmula 1 | Scuderia Toro Rosso | 19 | 0 | 0 | 0 | 0 | 49 | 12º |
2016 | Fórmula 1 | Scuderia Toro Rosso | 4 | 0 | 0 | 0 | 0 | 204 | 5º |
Red Bull Racing | 17 | 1 | 0 | 1 | 7 | ||||
2017 | Fórmula 1 | Red Bull Racing | 20 | 2 | 0 | 1 | 4 | 168 | 6º |
2018 | Fórmula 1 | Red Bull Racing | 21 | 2 | 0 | 2 | 11 | 249 | 4º |
2019 | Fórmula 1 | Red Bull Racing | 21 | 3 | 2 | 3 | 9 | 278 | 3º |
2020 | Fórmula 1 | Red Bull Racing | 17 | 2 | 1 | 3 | 11 | 214 | 3º |
2021 | Fórmula 1 | Red Bull Racing | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | -º |
- Tempada en curso
Resultados Completos no campionato de Europa de Fórmula 3[editar | editar a fonte]
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 | 32 | 33 | DC | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2014 | Van Amersfoort Racing | SIL 1 Ret |
SIL 2 5 |
SIL 3 2 |
HOC 1 Ret |
HOC 2 NTS |
HOC 3 1 |
PAU 1 3 |
PAU 2 Ret |
PAU 3 Ret |
HUN 1 Ret |
HUN 2 16 |
HUN 3 4 |
SPA 1 1 |
SPA 2 1 |
SPA 3 1 |
NOR 1 1 |
NOR 2 1 |
NOR 3 1 |
MSC 1 3 |
MSC 2 Ret |
MSC 3 2 |
RBR 1 5 |
RBR 2 4 |
RBR 3 12 |
NÜR 1 1 |
NÜR 2 Ret |
NÜR 3 3 |
IMO 1 Ret |
IMO 2 2 |
IMO 3 1 |
HOC 1 1 |
HOC 2 5 |
HOC 3 6 |
3º | 411 |
Resultados Completos na Fórmula 1[editar | editar a fonte]
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
* Tempada actual en progreso.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Drivers / Max Verstappen". ESPN F1. Consultado o 20 de agosto de 2014.
- ↑ "Paul Kumpen". Racing Sportscars. Consultado o 27 de xaneiro de 2014.
- ↑ Richards, Giles. "Max Verstappen becomes youngest man to drive a Formula 1 car". The Guardian News and Media Limited.
- ↑ Ostlere, Lawrence (2016-05-15). "F1: Max Verstappen wins Spanish GP after Lewis Hamilton and Nico Rosberg crash – live!". the Guardian. Consultado o 2016-05-15.
- ↑ "Limburgs Kart Championship – Mini-Junior 2005". DriverDB.com. Consultado o 27 de xaneiro de 2014.
- ↑ "Rotax Max Challenge Belgium Minimax 2006". DriverDB.com. Consultado o 27 de xaneiro de 2014.
- ↑ "Rotax Max Challenge Belgium Minimax 2007". DriverDB.com. Consultado o 27 de xaneiro de 2014.
- ↑ "Belgian Championship – Cadet 2008". DriverDB.com. Consultado o 27 de xaneiro de 2014.
- ↑ "Rotax Max Challenge Belgium Minimax 2008". DriverDB.com. Consultado o 27 de xaneiro de 2014.
- ↑ "Belgian Championship – KF5 2009". DriverDB.com. Consultado o 27 de xaneiro de 2014.
- ↑ "VAS Championship – Rotax Minimax 2009". DriverDB.com. Consultado o 27 de xaneiro de 2014.
- ↑ "CIK-FIA World Cup – KF3 2010". DriverDB.com. Consultado o 27 de xaneiro de 2014.
- ↑ "WSK World Series – KF3 2010". DriverDB.com. Consultado o 27 de xaneiro de 2014.
- ↑ "WSK Euro Series – KF3 2011". DriverDB.com. Consultado o 27 de xaneiro de 2014.
- ↑ "WSK Master Series – KF2 2012". DriverDB.com. Consultado o 27 de xaneiro de 2014.
- ↑ "17° Winter Cup – KF2 2012". DriverDB.com. Consultado o 27 de xaneiro de 2014.
- ↑ "SKUSA SuperNationals XVI – KZ2 2012". DriverDB.com. Consultado o 27 de xaneiro de 2014.
- ↑ "Max rijdt rest van seizoen op CRG kart met TM motor". Verstappen Info Page. Consultado o 27 January 2014.
- ↑ "Max Verstappen sensationeel in allereerste meters Formule Renault 2.0". RaceXpress.nl. Consultado o 27 de xaneiro de 2014.
- ↑ "Max op haar na snelste bij laatste FR 2.0 test van 2013". Verstappen Info Page. Consultado o 27 de xaneiro de 2014.
- ↑ "Max fenomenaal snel bij zijn eerste F3 test op Valencia". Verstappen Info Page. Consultado o 27 de xaneiro de 2014.
- ↑ "Max maakt autosportdebuut in Florida Winter Series". Verstappen Info Page. Consultado o 27 de xaneiro de 2014.
- ↑ "Max Verstappen new part of the Red Bull Junior Team". FIA. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 20 de agosto de 2014.
- ↑ "Max Verstappen per direct opgenomen in opleiding Red Bull". verstappen.nl (Nu.nl). 12 de agosto de 2014. Consultado o 18 de agosto de 2014.
- ↑ Meens, Stefan (18 de agosto de 2014). "Max Verstappen will make Formula 1 debut in 2015 with Scuderia Toro Rosso". verstappen.nl (Verstappen Info Page). Consultado o 18 de agosto de 2014.
- ↑ "Max Verstappen to race with Toro Rosso F1 team in 2015". autosport.com (Haymarket Publications). 18 August 2014. Consultado o 18 de agosto de 2014.
- ↑ Benson, Andrew (29 de setembro de 2014). "Max Verstappen: Teenager to drive in practice at Japanese Grand Prix". BBC Sport. Consultado o 29 de setembro de 2014.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Max Verstappen ![]() |