Esteban Ocon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esteban Ocon (21 anos)
Esteban Ocon 2017 Malaysia 1.jpg
Ocon no Gran Premio de Malaisia de 2016
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Flag of France.svg Francia
Monopraza número 31
Escudería actual Sahara Force India F1 Team
Escudería no 2019
Grandes Premios disputados 32
Campionatos 0
Vitorias 0
Podios 0
Pole positions 0
Voltas rápidas 0
Primeiro Grand Prix Gran Premio de Bélxica de 2016
Posición no 2018 14º (1 ptos.)
editar

Esteban Ocon, nado en Évreux (Normandía) o 17 de setembro de 1996, é un piloto de carreiras francés que corre para Manor Racing desde o Gran Premio de Bélxica de 2016, en substitución de Rio Haryanto. Ocon forma parte do programa de desenvolvemento de pilotos de Mercedes-Benz, e ata esa carreira aparecía como o terceiro piloto e reserva de Renault.[1]

Carreira[editar | editar a fonte]

Ocon comezou no karting en 2006, cando terminou oitavo no Campionato de Francia Minime,[2] antes de gañar o campionato do ano seguinte.[3] Continuou a súa xeira gañadora en 2008 no Campionato cadete francés,[4] antes de pasar á escena internacional en 2009. Trasladouse á categoría KF3, permanecendo ata finais de 2011, cando gañou o título francés KF3 e terminou como subcampión na WSK Euro Series.[5]

Fórmula Renault[editar | editar a fonte]

En 2012, Ocon fixo a súa debut en monoprazas, participando na tempada 2012 da Eurocup Fórmula Renault 2.0 con Koiranen Motorsport.[6] Acabou décimo cuarto con catro acabados puntuables, incluíndo un podio na súa proba de casa en Le Castellet tamén disputou unha campaña parcial na tempada 2012 Formula Renault 2.0 Alps con Koiranen,[7] terminou sétimo con dous podios, ambos dos cales chegaron no Red Bull Ring.

Para a tempada 2013 da Eurocup Fórmula Renault 2.0, decidiu cambiar á ART Junior Team.[8] Logrou tres podios, así como a súa primeira vitoria en Le Castellet e terminou a tempada na terceira posición da táboa.[9]

Fórmula Tres[editar | editar a fonte]

Esteban Ocon en F3 - Hockenheimring 2014

Ocon fixo o seu debut na Fórmula Tres no Gran Premio de Macau, correndo para Prema Powerteam.[10] En 2014 ampliou a súa colaboración con Prema no Campionato de Europa de Fórmula Tres da FIA.[11] Estivo na primeira posición da clasificación xa na primeira rolda en Silverstone, e gañou o campionato a falta dunha carreira.[12]

Fórmula Renault 3.5 Series[editar | editar a fonte]

Ocon uniuse á categoría da Serie Mundial de Renault 3.5 con Comtec Racing en Hungaroring e Le Castellet. Anotando dous puntos na súa primeira carreira.[13]

GP3 Series[editar | editar a fonte]

O 11 de marzo de 2015, anunciouse que Ocon entraría na serie con ART Grand Prix. Logrou o campionato malia só anotar unha vitoria (perdeu outras dúas vitorias debido ás sancións) e a presión de Luca Ghiotto.

DTM[editar | editar a fonte]

O 10 de febreiro de 2016, anunciouse que Ocon pilotaría un Mercedes-Benz na tempada 2016 da DTM 2016, xunto ao seu papel de reserva en Renault Sport F1. Ocon enche o posto vacante do campión da DTM 2015 e compañeiro no programa xuvenil de Mercedes F1 Pascal Wehrlein que debutou na F1 con Manor Racing.

Fórmula Un (2016-presente)[editar | editar a fonte]

Ocon manexando o Mercedés W07 Hybrid

Ocon tomou parte na primeira sesión de adestramentos libres d Gran Premio de Abu Zabi o 21 de novembro de 2014, pilotando un Lotus F1. Tamén participou na proba logo da carreira en Barcelona con Force India. Antes de lograr o título da GP3, anunciouse que ía entrar no programa xuvenil do equipo de Mercedes de F1. En febreiro de 2016, anunciouse que Ocon actuaría como piloto de reserva para o equipo Renault Sport F1.[14]

Manor (2016)[editar | editar a fonte]

Ocon pilotando para Manor no Gran Premio de Malaisia de 2016.

O 10 de agosto de 2016, anunciouse que Ocon pilotaria un Manor Racing na segunda metade da tempada 2016, en substitución de Rio Haryanto,[15][16] aínda que Hary quedou no posto de piloto de reserva. Ocon fixo o seu debut na Fórmula Un no Gran Premio de Bélxica de 2016, clasificando en penúltimo lugar. Obtivo o seu mellor resultado, 12° no caótico Gran Premio do Brasil, caendo fóra dos puntos na última volta.

Force India (2017)[editar | editar a fonte]

Ocon pilotando para Force India en Gran Premio de China de 2017.

O 10 de novembro de 2016, Force India anunciou que contrataran a Ocon para a tempada 2017 como parte do seu contrato multianual con Mercedes.[17] Anotou o seu primeiro punto na Fórmula Un na súa primeira carreira para Force India en Australia.[18] Terminou décimo nas primeiras tres carreiras da tempada. Logo terminou sétimo no GP de Rusia, e continuou a racha de puntos cun impresionante 5º lugar no GP de España. Situouse no oitavo lugar no campionato de pilotos, despois do Gran Premio de Austria. Logo diso, rexistrou o 8º lugar fronte ao seu compañeiro de equipo. Seguiu co noveno en Hungría. A súa racha de 27 carreiras consecutivas sen retirarse terminou no Gran Premio do Brasil onde tivo un accidente co seu compatriota Romain Grosjean cando chocaron na primeira volta da carreira. Terminou a súa primeira tempada completa con 87 puntos e 8º no campionato logo dun oitavo lugar na última carreira da tempada, o Gran Premio de Abu Zabi.

Rexistro de carreiras[editar | editar a fonte]

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Tempada Series Equipo Carreiras Gañados Poles V. rápidas Podios Puntos Posición
2012 Eurocup Formula Renault 2.0 Koiranen Motorsport 14 0 0 0 1 31 14º
Formula Renault 2.0 Alps 9 0 0 1 2 69
2013 Eurocup Formula Renault 2.0 ART Junior Team 14 2 1 1 5 159
Formula Renault 2.0 NEC 8 1 0 1 3 122 12º
Macau Grand Prix Prema Powerteam 2 0 0 0 0 N/A 10º
2014 FIA European Formula 3 Championship Prema Powerteam 33 9 15 7 21 478
Formula Renault 3.5 Series Comtec Racing 3 0 0 0 0 2 23º
Fórmula 1 Lotus F1 Team Piloto de probas
2015 GP3 Series ART Grand Prix 18 1 3 5 14 253
Fórmula 1 Sahara Force India F1 Team Piloto de probas
2016 Fórmula 1 Mercedes AMG Petronas F1 Team Piloto de probas
Renault Sport F1 Team Piloto de probas
Manor Racing MRT 9 0 0 0 0 0 23º
Deutsche Tourenwagen Masters Mercedes-Benz DTM Team ART 10 0 0 0 0 2 26º
2017 Fórmula 1 Sahara Force India Formula 1 Team 20 0 0 0 0 87
2018 Fórmula 1 Sahara Force India Formula 1 Team 3 0 0 0 0 1 * 14º *

* Tempada en curso.

Resultados completos no Campionato Europeo de Formula 3 da FIA[editar | editar a fonte]

(clave)

Ano Equipo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 DC Puntos
2014 Prema Powerteam SIL
1

2
SIL
2

1
SIL
3

3
HOC
1

9
HOC
2

1
HOC
3

2
PAU
1

1
PAU
2

2
PAU
3

2
HUN
1

2
HUN
2

1
HUN
3

1
SPA
1

Ret
SPA
2

2
SPA
3

2
NOR
1

2
NOR
2

14
NOR
3

2
MSC
1

1
MSC
2

1
MSC
3

1
RBR
1

13
RBR
2

Ret
RBR
3

13
NÜR
1

6
NÜR
2

3
NÜR
3

Ret
IMO
1

1
IMO
2

4
IMO
3

3
HOC
1

7
HOC
2

4
HOC
3

7
478

Resultados completos nas Formula Renault 3.5 Series[editar | editar a fonte]

(clave) (Carreiras e negra indican pole position) (Carreiras en itálica indican volta rápida)

Ano Equipo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 Pos Puntos
2014 Comtec Racing MNZ
1
MNZ
2
ALC
1
ALC
2
MON
1
SPA
1
SPA
2
MSC
1
MSC
2
NÜR
1
NÜR
2
HUN
1

9
HUN
2

DNS
LEC
1

14
LEC
2

12
XER
1
XER
2
23º 2

Resultados Completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 Pos. Puntos
2014 Lotus F1 Team Lotus E22 Renault Energy F1 2014 1.6 V6 t AUS MAL BHR CHN ESP MON CAN AUT GBR ALE HUN BEL ITA SIN XPN RUS USA BRA ABU
TD
 –  –
2016 Renault Sport F1 Team Renault RS16 Renault RE16 1.6 V6 t AUS BHR CHN RUS ESP
TD
MON CAN EUR AUT GBR
TD
HUN
TD
ALE
TD
23º 0
Manor Racing MRT Manor MRT05 Mercedes PU106C Hybrid 1.6 V6 t BEL
16
ITA
18
SIN
18
MAL
16
XPN
21
USA
18
MEX
21
BRA
12
ABU
13
2017 Sahara Force India F1 Team Force India VJM10 Mercedes M08 EQ Power+ 1.6 V6 t AUS
10
CHN
10
BHR
10
RUS
7
ESP
5
MON
12
CAN
6
EUR
6
AUT
8
GBR
8
HUN
9
BEL
9
ITA
6
SIN
10
MAL
10
XPN
6
USA
6
MEX
5
BRA
Ret
ABU
8
87
2018 Sahara Force India F1 Team Force India VJM11 Mercedes M09 EQ Power+ 1.6 V6 t AUS
12
BHR
10
CHN
11
ACE
ESP
MON
CAN
FRA
AUT
GBR
ALE
HUN
BEL
ITA
SIN
RUS
XPN
USA
MEX
BRA
ABU
14º* 1 *

* Tempada en curso.

Resultados completos nas GP3 Series[editar | editar a fonte]

(clave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 Pos Puntos
2015 ART Grand Prix ESP
FEA

1
ESP
SPR

7
AUT
FEA

3
AUT
SPR

DSC
GBR
FEA

6
GBR
SPR

2
HUN
FEA

2
HUN
SPR

2
BEL
FEA

2
BEL
SPR

2
ITA
FEA

2
ITA
SPR

2
RUS
FEA

2
RUS
SPR

2
BHR
FEA

3
BHR
SPR

2
ABU
FEA

4
ABU
SPR

3
253

Resultados completos na DTM[editar | editar a fonte]

(clave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

 Year  Equipo Coche 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 Pos Puntos
2016 Mercedes-Benz DTM Team ART Mercedes-AMG C63 DTM HOC
1

Ret
HOC
2

Ret
SPL
1

20
SPL
2

18
LAU
1

23
LAU
2

15
NOR
1

Ret
NOR
2

13
ZAN
1

9
ZAN
2

18
MSC
1

MSC
2

NÜR
1

NÜR
2

HUN
1

HUN
2

HOC
1

HOC
2

23º* 2*

* Tempada en curso.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Allen, Peter (5 de febreiro de 2012). "Lotus and Gravity launch iRace Professional Programme". Paddock Scout. Consultado o 18 de outubro de 2013. 
  2. "Championnat de France — Minime 2006". driverdb.com (Driver Database). Consultado o 18 de outubro de 2013. 
  3. "Championnat de France — Minime 2007". driverdb.com (Driver Database). Consultado o 18 de outubro de 2013. 
  4. "Championnat de France — Cadet 2008". driverdb.com (Driver Database). Consultado o 18 de outubro de 2013. 
  5. Musker, Ant (4 de outubro de 2013). "Lotus’s one to watch: Esteban Ocon". Paddock Scout. Consultado o 18 de outubro de 2013. 
  6. "Ocon e Pakari pronti per il debutto" [Ocon and Pacari ready for debut]. ItaliaRacing.net (en Italian) (Inpagina). 13 de decembro de 2011. Consultado o 13 de decembro de 2011. 
  7. "F.Renault 2.0 ALPS synonimous of quality with top team and drivers ready to roll in 2012 season". Renaultsport Italia (Fast Lane Promotion). 8 de marzo de 2012. Consultado o 8 de marzo de 2012. 
  8. "Lotus F1 Junior Team drivers announced". GPUpdate.net (JHED Media BV). 15 de febreiro de 2013. Consultado o 15 de febreiro de 2013. 
  9. Musker, Ant (29 de setembro de 2013). "Ocon takes first Eurocup victory in frantic race two". Paddock Scout. Consultado o 18 de outubro de 2013. 
  10. Simmons, Marcus (15 de outubro de 2013). "Lotus Formula 1 protege Esteban Ocon gets Prema Macau Formula 3 seat". Autosport (Haymarket Publications). Consultado o 18 de outubro de 2013. 
  11. Vendrell, Arnau Viñals (19 de outubro de 2013). "Esteban Ocon in F3 with Prema Powerteam for 2014". formularapida.net. Consultado o 20 de outubro de 2013. 
  12. Khorounzhiy, Valentin (18 de outubro de 2014). "Verstappen claims ninth win as Ocon is crowned champion". Paddock Scout. Consultado o 18 de outubro de 2014. 
  13. Simmons, Marcus (8 de setembro de 2014). "Lotus F1 junior, European F3 leader Esteban Ocon makes FR3.5 debut". Autosport (Haymarket Publications). Consultado o 19 de outubro de 2014. 
  14. Parkes, Ian (2 de febreiro de 2016). "Esteban Ocon set to get Renault Formula 1 reserve role for 2016". Autosport. Consultado o 2 de febreiro de 2016. 
  15. Barretto, Lawrence (10 de agosto de 2016). "Manor F1 team replaces Rio Haryanto with Esteban Ocon". autosport.com. Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2016. Consultado o 10 de agosto de 2016. 
  16. Morlidge, Matt (10 de agosto de 2016). "Esteban Ocon steps up to replace Rio Haryanto at Manor". Sky Sports. Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2016. Consultado o 10 de agosto de 2016. 
  17. "Force India signs Ocon on multi-year deal". motorsport.com. Consultado o 10 de novembro de 2016. 
  18. "Force India scores top-10 double at F1 opener in Australia". Autoweek. Consultado o 26 de marzo de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]