Pastor Maldonado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pastor Maldonado (31 anos)
Pastor Maldonado 2015 Malaysia.jpg
Maldonado no Gran Premio de Malaisia de 2015.
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Flag of Venezuela.svg Venezuela
Anos en activo 5 (2011-2015)
Escudería(s) Williams, Lotus
Grandes Premios disputados 96 (95 saídas)
Campionatos
Vitorias 1
Podios 1
Pole positions 1
Voltas rápidas 0
Primeiro GP Gran Premio de Australia de 2011
Primeira vitoria Gran Premio de España de 2012
Derradeira vitoria Gran Premio de España de 2012
Derradeiro GP Gran Premio de Abu Zabi de 2015

Pastor Maldonado, nado en Maracay o 9 de marzo de 1985, é un piloto de carreiras venezolano que corre actualmente na Fórmula 1 co equipo Williams F1.[1] Ten a marca de maior número de vitorias nunha mesma tempada con 6 na GP2 Series, superando a pilotos como Lewis Hamilton, Nico Rosberg, Timo Glock e Nico Hülkenberg

Converteuse no primeiro venezolano en gañar un Gran Premio de Fórmula Un ao gañar o Gran Premio de España de 2012, para Williams, na súa primeira pole position. Ás veces causou controversias polo seu estilo de condución errática, estivo involucrado en varios accidentes ao longo da súa carreira.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Inicios[editar | editar a fonte]

Debuta no karting en 1993 pero o seu salto ao automobilismo de grandes competicións foi en Fórmula A no ano 2000 terminando undécimo no campionato mundial. En 2003 ingresa no campionato de Fórmula Renault de Italia como piloto do equipo Cram Competition quedando no sétimo posto da táboa final do campionato. Nesa tempada logrou facerse cunha pole position e chegar en tres oportunidades ao podio. No ano 2004 participou na Fómula Renault Italia novamente e na Fórmula Renault Europa, en Italia proclamaríase campión ao conseguir oito vitorias e seis pole position, mentres que no campionato europeo terminaría oitavo tras conseguir dúas vitorias.

F3000 italiana[editar | editar a fonte]

En 2005 participa no equipo Sighinolfi Auto Racing da Fórmula 3000 italiana onde conseguiría nunha oportunidade o primeiro lugar nunha carreira terminando noveno ao final do campionato.

Renault World Series[editar | editar a fonte]

En 2005, Maldonado ingresa nas Renault World Series co equipo DAMS, obtendo resultados regulares; pero en 2006 a súa actuación na WSR mellorou tras ser fichado polo equipo Draco Racing, obtendo o terceiro lugar do campionato dese ano.

Nese último ano estivo marcado pola controversia, xa que Maldonado puido titularse campión da WSR logo que lle fosen descontados 16 puntos, (vitoria e volta rápida) no cirtcuito de Misano-Italia, xa que o sueco Alx Danielsson terminou o campionato con 105 puntos e Maldonado con 98 puntos.

GP2 Series[editar | editar a fonte]

Ascende á GP2 Series na tempada 2007 no equipo italiano Trident Racing participando co auto 12, obtén unha vitoria en Mónaco. Paralelamente, o piloto de Maracay disputou seis probas en Fórmula 1 para obter a Súper Licenza e esperar a súa confirmación como piloto da F1. Na tempada 2008, o venezolano firma con Piquet Sports, compartindo equipo xunto a Andreas Zuber. Maldonado conseguiu acabar nun bo 5º posto na clasificación final. Na Tempada 2009, Maldonado participou co equipo ART Grand Prix sendo compañeiro de Nico Hülkenberg, quen se alzou co campionato. Pastor acabou sexto con 36 puntos, e na 2010, pasou ás filas do Rapax Team, co que consegue o campionato cunha clara vantaxe ante o seu máis próximo seguidor o mexicano Sergio Pérez.

Fórmula 1[editar | editar a fonte]

Pastor tivo conversacións con varios equipos da Fórmula 1. Os seus excelentes resultados e constancia na GP2 déronlle moitos números para dar o salto á máxima categoría. O 1 de decembro de 2010 confirmouse a súa participación coa escuadra Williams F1 do controvertido Frank Williams.

Maldonado substituíu ao alemán Nico Hülkenberg para o 2011 e continuará con patrocinio da petroleira estatal Petróleos de Venezuela.

Andaina[editar | editar a fonte]

Resumo da súa Carreira[editar | editar a fonte]

Tempada Series Equipo Carreiras Gañadas Poles Volta rápida Podios Puntos Pos. Final
2003 Formula Renault 2.0 Italy Cram Competition 12 0 1 1 3 118
Formula Renault 2000 Masters 8 0 0 0 0 0 28º
Formula Renault 2.0 Germany 2 0 0 0 0 3 43º
Formula Renault 2.0 Italy Winter Cup  ?  ?  ?  ?  ?  ?
2004 Formula Renault 2.0 Italy 17 8 6 11 12 326
Formula Renault 2000 Eurocup 15 2 0 1 3 134
Formula Renault V6 Eurocup 2 0 0 0 0 12 21º
Fórmula 1 Minardi F1 Team Piloto de probas
2005 World Series by Renault DAMS 8 0 0 0 0 4 25º
Italian Formula 3000 Sighinolfi Auto Racing 4 1 1 1 1 14
2006 World Series by Renault Draco Racing 17 3 5 6 5 103
2007 GP2 Series Trident Racing 13 1 1 0 2 25 11º
Euroseries 3000 G-Tec 2 1 1 1 1 12 10º
Formula 3000 Italy 2 1 1 1 1 12
2008 GP2 Series Piquet Sports 20 1 2 3 6 60
International GT Open - GTS Scuderia Latorre 2 0 0 0 1 8 22º
Euroseries 3000 GP Racing 1 1 0 1 1 11 12º
International GT Open Scuderia Latorre  ?  ?  ?  ?  ? 18 32º
2008–09 GP2 Asia Series ART Grand Prix 5 0 0 0 1 7 15º
2009 Euroseries 3000 Teamcraft Motorsport 2 1 0 0 1 10 10º
GP2 Series ART Grand Prix 20 2 0 0 2 36
2010 GP2 Series Rapax Team 20 6 0 5 8 87
2011 Fórmula 1 AT&T Williams 19 0 0 0 0 1 18º
2012 Fórmula 1 Williams F1 Team 20 1 1 0 1 45 15º
2013 Fórmula 1 Williams F1 Team 19 0 0 0 0 1 18º
2014 Fórmula 1 Lotus F1 Team 19 0 0 0 0 2 16º
2015 Fórmula 1 Lotus F1 Team 19 0 0 0 0 27 14º

Resultados Completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Escudería 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Posto Puntos
2011 Flag of the United Kingdom.svg

Williams

AUS
Ret
MYS
Ret
CHN
18
TUR
17
ESP
15
MON
18†
CAN
Ret
EUR
18
GBR
14
ALE
14
HUN
16
BEL
10
ITA
11
SIN
11
XPN
14
RCO
Ret
IND
Ret
ABU
14
BRA
Ret
19º 1
2012 Flag of the United Kingdom.svg

Williams

AUS
13†
MAL
19†
CHN
8
BAH
Ret
ESP
1
MON
Ret
CAN
13
EUR
12
RU
16
ALE
15
HUN
13
BEL
Ret
ITA
11
SIN
Ret
XPN
8
COR
14
IND
16
ABU
5
USA
9
BRA
Ret
15º 45
2013 Flag of the United Kingdom.svg

Williams

AUS
Ret
MAL
Ret
CHN
14
BAH
11
ESP
14
MON
Ret
CAN
16
RU
11
ALE
15
HUN
10
BEL
17
ITA
14
SIN
11
COR
13
XPN
16
IND
12
ABU
11
USA
17
BRA
16
18º 1
2014 Lotus F1 Team AUS
Ret
MAL
Ret
BAH
14
CHN
14
ESP
15
MON
NTS
CAN
Ret
AUT
12
RU
17†
ALE
12
HUN
13
BEL
Ret
ITA
14
SIN
12
XPN
16
RUS
18
USA
9
BRA
12
ABU
Ret
16º 2
2015 Lotus F1 Team AUS
Ret
MAL
Ret
CHN
Ret
BHR
15
ESP
Ret
MON
Ret
CAN
7
AUT
7
RU
Ret
HUN
14
BEL
Ret
ITA
Ret
SIN
12
XPN
8
RUS
7
USA
8
MEX
11
BRA
10
ABU
Ret
14º 27

† Pilotos que non terminaron o Gran Premio, pero se clasificaron ao completar máis do 90% da distancia de carreira.

Pastor como líder da mocidade venezolana[editar | editar a fonte]

A partir do salto dado á F1, Pastor Maldonado consolidou aínda máis o seu liderado ante a mocidade venezolana, converténdose en exemplo a seguir por moitos deles. Tivo ocasión de facer varias aparicións públicas en televisión nacional onde afianzou ese liderado, transmitindo á mocidade mensaxes altamente positivas, motivándoos a alcanzar as metas plantexadas, sen esquecer xamais as súas orixes, e o compromiso social que deben ter para os seus connacionales.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Maldonado to race for Lotus alongside Grosjean in 2014". Formula1.com (Formula One Administration). 29 November 2013. Consultado o 29 November 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pastor Maldonado Modificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]