Gran Premio de Rusia de 2021

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Flag of Russia.svg Gran Premio de Rusia de 2021
Detalles da carreira
Carreira 15 de 22 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2021.
Circuit Sochi.svg
Data 26 de setembro 2021
Nome oficial Formula 1 VTB Russian Grand Prix 2021
Localización Circuíto de Sochi,
Sochi, Krai de Krasnodar, Rusia
Percorrido Circuíto permanente de carreiras
5´848 km
Distancia 53 voltas, 309´745 km
ClimaNubrado e chuvioso
Pole position
Piloto Flag of the United Kingdom.svg Lando Norris McLaren-Mercedes
Tempo 1:41.993
Volta rápida
Piloto Flag of the United Kingdom.svg Lando Norris McLaren-Mercedes
Tempo 1:37.423 na volta 39
Podio
Primeiro Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton Mercedes
Segundo Países Baixos Max Verstappen Red Bull Racing-Honda
Terceiro España Carlos Sainz Ferrari

O Gran Premio de Rusia de 2021, (ruso: 'Формула-1 Гран-при России 2021'), oficialmente coñecido como Formula 1 VTB Russian Grand Prix 2021, foi unha carreira de Fórmula Un, que se celebrou o 26 de setembro de 2021 sobre 53 voltas ao Circuíto urbano de Sochi[1], na cidade de Sochi no Krai de Krasnodar, Rusia. A carreira foi a décimo quinta rolda da tempada 2021[2], o décimo Gran Premio de Rusia e a oitava vez que a carreira se disputou como unha rolda do Campionato Mundial de Fórmula 1 desde que se iniciou a serie en 1950.[3]

Antecedentes[editar | editar a fonte]

Vista aérea do Circuíto urbano de Sochi.

O evento, que se celebrou a fin de semana do 24 ao 26 de setembro, no Circuíto urbano de Sochi,[4] foi a décimo quinta rolda do Campionato do Mundo de 2021. A carreira tivo lugar dúas semanas despois do Gran Premio de Italia e dúas semanas antes do Gran Premio de Turquía.[2] A pesar de ter que correr como competidor neutral, usando a designación RAF (Federación Rusa de Automobilismo),[5] foi a carreira na casa de Nikita Mazepin.[6]

As regras respecto a saída dos adestramentos para o evento aclaráronse tras a controversia no evento de 2020 cando Lewis Hamilton foi penalizado con dúas penalizacións de cinco segundos por realizar dúas saídas de adestramento fóra da área designada. As notas do director da carreira afirman que, cando se comezan as prácticas, os coches deben aliñarse e saír na orde en que cheguen a menos que se demore demasiado outro coche.[7]

Pneus dispoñibles[editar | editar a fonte]

O único provedor de pneumáticos Pirelli asignará os compostos C3, C4 e C5 de pneumáticos para ser empregados na carreira.[8]

Pneus dispoñibles para Sochi
Pneus para pista seca Pneus de chuviapluie
Représentation des pneus durs
Duros (Tipo C3)
Représentation des pneus medium
Medios (Tipo C4)
Représentation des pneus tendres
Brandos (Tipo C5)
    Représentation des pneus intermédiaires
Intermedios
   Représentation des pneus pluie
      Chuvia

Sancións[editar | editar a fonte]

Na carreira anterior en Italia, Max Verstappen e Lewis Hamilton colisionaron, e ambos se retiraron da carreira.[9] Os comisarios investigaron o incidente e decidiron que Verstappen foi o culpable principal e sancionarono coa perda de tres postos na grella para este evento.[10]

Clasificación[editar | editar a fonte]

A clasificación comezou ás 15:00 MST, o 25 de setembro de 2021. [4] Lando Norris comezará na pole por primeira vez na súa carreira na Fórmula Un fixando o mellor tempo con pneumáticos lisos nunha pista seca. O resultado foi a primeira pole de McLaren desde a acadada por Lewis Hamilton no Gran Premio do Brasil de 2012 e Norris converteuse no 102º piloto da historia do campionato mundial en acadar a pole position. Carlos Sainz Vázquez de Castro de Ferrari clasificouse segundo acadando o seu primeiro comezo na primeira fila na Fórmula Un. George Russell clasificouse 3º para Williams o seu segundo posto entre os 3 primeiros da tempada, xa que previamente clasificouse 2º para o Gran Premio de Bélxica.[11] Lewis Hamilton, que encabezou as dúas primeiras quendas da clasificación, comezará 4º ao chocar contra o muro na entrada do pit lane ao entrar para cambiar de pneumáticos de composto intermedio a pneumáticos lisos C5, o que significou que o seu coche necesitaba reparacións, non puido aumentar a temperatura nos pneumáticos debido á falta de rodaxe. Isto tamén atrasou ao seu compañeiro de equipo Valtteri Bottas que se clasificou 7º. O outro McLaren de Daniel Ricciardo clasificouse 5º. Charles Leclerc e Nicholas Latifi non fixaron tempos de volta na segunda quenda da clasificación debido as penalizacións do motor que os degradaron á parte de atrás da grella independentemente do resultado. O líder do campionato Max Verstappen non marcou tempo de volta na primeira quenda polo mesmo motivo.[12]

Clasificación da cualificación[editar | editar a fonte]

Pos. Piloto Construtor Tempos de cualificación Grella
Q1 Q2 Q3
1 4 Flag of the United Kingdom.svg Lando Norris McLaren-Mercedes 1:47.238 1:45.827 1:41.993 1
2 55 España Carlos Sainz Ferrari 1:47.924 1:46.521 1:42.510 2
3 63 Flag of the United Kingdom.svg George Russell Williams-Mercedes 1:48.303 1:46.435 1:42.983 3
4 44 Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton Mercedes 1:45.992 1:45.129 1:44.050 4
5 3 Australia Daniel Ricciardo McLaren-Mercedes 1:48.345 1:46.361 1:44.156 5
6 14 España Fernando Alonso Alpine-Renault 1:47.877 1:45.514 1:44.204 6
7 77 Finlandia Valtteri Bottas Mercedes 1:46.396 1:45.306 1:44.710 16[13]
8 18 Flag of Canada.svg Lance Stroll Aston Martin-Mercedes 1:48.322 1:46.360 1:44.956 7
9 11 Flag of Mexico.svg Sergio Pérez Red Bull Racing-Honda 1:46.455 1:45.834 1:45.337 8
10 31 Francia Esteban Ocon Alpine-Renault 1:48.099 1:46.070 1:45.865 9
11 5 Alemaña Sebastian Vettel Aston Martin-Mercedes 1:47.205 1:46.573 10
12 10 Francia Pierre Gasly AlphaTauri-Honda 1:47.828 1:46.641 11
13 22 Flag of Japan.svg Yuki Tsunoda AlphaTauri-Honda 1:48.854 1:46.751 12
14 6 Flag of Canada.svg Nicholas Latifi Williams-Mercedes 1:48.252 Sen tempo 18[14]
15 16 Flag of Monaco.svg Charles Leclerc Ferrari 1:48.470 Sen tempo 19[15]
16 7 Finlandia Kimi Räikkönen Alfa Romeo Racing-Ferrari 1:49.586 13
17 47 Alemaña Mick Schumacher Haas-Ferrari 1:49.830 14
18 99 Italia Antonio Giovinazzi Alfa Romeo Racing-Ferrari 1:51.023 17[16]
19 9 Russian Automobile Federation flag.svg Nikita Mazepin[a] Haas-Ferrari 1:53.764 15
20 33 Países Baixos Max Verstappen Red Bull Racing-Honda No time 20[18]
107% tempo: 1:53.411[19]
Fonte:[20][21]

Carreira[editar | editar a fonte]

Coches na grella inicial

A carreira comezou ás 15:00 MST, o 26 de setembro de 2021. [4] Carlos Sainz tomou o liderado de Lando Norris na segunda curva, mentres que Lewis Hamilton caeu no sexto posto. Fernando Alonso adiantou a Hamilton na saída, pero este volveulle adiantar na volta seguinte polo exterior da curva tres. Charles Leclerc subiu ao 12º posto despois de comezar do 19º. Na volta 13, Norris superou a Sainz para recuperar o liderado da carreira. Norris permanecería no liderado ata as cinco últimas voltas, cando comezou a chover, o que provocou que moitos dos pilotos optaran por pneumáticos intermedios, incluíndo Hamilton, Max Verstappen e Sainz, na volta 49. Na volta 51, Norris fixo acuaplaning na curva 5, permitindo a Hamilton tomar a dianteira e gañar a carreira. Norris finalmente entrou nos boxes ao final da volta para montar pneumáticos intermedios, con todo, Norris volveu a sufrir acuaplaning na entrada do pit e pisou a liña branca que separa a entrada do pit lane da pista, polo que foi amonestado.[22] Norris rematou a carreira no sétimo posto. Verstappen rematou a carreira no segundo posto partindo do 20º da grella de saída e Sainz terminou no terceiro posto, logrando o seu quinto podio na Fórmula Un.[23] A vitoria na carreira de Hamilton converteuno no primeiro piloto da historia da Fórmula Un en conseguir 100 vitorias.[24]

Post-carreira[editar | editar a fonte]

Hamilton saudou ao seu equipo Mercedes despois de conseguir a súa vitoria número 100.[25] O xefe do equipo de Mercedes Toto Wolff saudou o logro de Hamilton de 100 vitorias como "alucinante".[26] O campión do mundo de Fórmula Un 1998 e 1999 Mika Häkkinen dixo que a paciencia foi o factor clave para que Hamilton conseguise a vitoria na carreira.[27] Valtteri Bottas considerou que lle tería sido posible un podio se tivese entrado a boxes unha volta antes para montar pneumáticos intermedios.[28] Alonso tamén creu que eralle posible acadar un podio antes de que comezase a chover.[29] McLaren dixo que faría unha revisión dos procedementos que contribuíron a que Norris non entrara a boxes antes para montar os pneumáticos intermedios cando comezou a chover.[30] O director do equipo de McLaren Andreas Seidl dixo que o equipo tampouco se pararía no que puido ser ou debería ser..[31] Norris dixo que "non estaba satisfeito" co seu resultado e afirmou que podería ter entrado a boxes para cambiar pneumáticos de chuvia se o equipo lle proporcionanse información máis clara sobre o clima.[32][33] O director xeral de Fórmula Un Ross Brawn eloxiou a Norris pola súa actuación no fin de semana, aínda que sentiu que a súa inexperiencia se amosaba nas condicións complicadas durante a carreira. Brawn defendeu a Norris, argumentando que houbo ocasións nas que os pilotos tiveron razón en ignorar as ordes do equipo e seguir os seus instictos. Brawn citou o Gran Premio de Alemaña de 2000 como exemplo no que Rubens Barrichello gañou tras ignorar a orde de Brawn de entrar a boxes. Na súa análise da carreira, Brawn tamén eloxiou aos veteranos da Fórmula Un como Kimi Räikkönen, Alonso e Hamilton por como responderon á mesma situación..[34] O experto Scott Mitchell non estivo de acordo coa idea de Brawn de que Norris non gañou por falta de experiencia.[35] O ex piloto de Renault de Fórmula 1 convertido en analista e comentarista de radio Jolyon Palmer dixo que a responsabilidade de que Norris non entrase a boxes para cambiar pneumáticos de chuvia era do equipo de McLaren.[36] O sete veces gañador de carreiras de Gran Premio Juan Pablo Montoya dixo que a actuación de Norris significaba que agora sabería que podería facer o seu traballo e comparou o que Norris experimentou en Sochi coa súa propia experiencia persoal no Gran Premio do Brasil de 2001, onde sacároo desa carreira mentres lideraba Jos Verstappen, a quen acababa de dobrar.[37] Red Bull Racing eloxiou o segundo posto de Verstappen desde o último posto na grella como "como unha vitoria".[38] O xefe do equipo Alfa Romeo Racing Frédéric Vasseur considerou que Norris debería recibir unha penalización de tempo pola súa infracción na entrada a boxes.[39] Norris pasou dous días de traballo de simulador co equipo McLaren despois da carreira para analizar onde erraron el e o equipo durante a carreira e como podían aprender da experiencia, con Norris afirmando que era optimista para lograr grandes resultados nas restantes carreiras da tempada.[40]

Clasificación da carreira[editar | editar a fonte]

Pos. Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 44 Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton Mercedes 53 1:30:41.001 4 25
2 33 Países Baixos Max Verstappen Red Bull Racing-Honda 53 +53.271 20 18
3 55 España Carlos Sainz Ferrari 53 +1:02.475 2 15
4 3 Australia Daniel Ricciardo McLaren-Mercedes 53 +1:05.607 5 12
5 77 Finlandia Valtteri Bottas Mercedes 53 +1:07.533 16 10
6 14 España Fernando Alonso Alpine-Renault 53 +1:21.321 6 8
7 4 Flag of the United Kingdom.svg Lando Norris McLaren-Mercedes 53 +1:27.224 1 7[41]
8 7 Finlandia Kimi Räikkönen Alfa Romeo Racing-Ferrari 53 +1:28.955 13 4
9 11 Flag of Mexico.svg Sergio Pérez Red Bull Racing-Honda 53 +1:30.076 8 2
10 63 Flag of the United Kingdom.svg George Russell Williams-Mercedes 53 +1:40.551 3 1
11 18 Flag of Canada.svg Lance Stroll Aston Martin-Mercedes 53 +1:56.198[42] 7
12 5 Alemaña Sebastian Vettel Aston Martin-Mercedes 52 +1 volta 10
13 10 Francia Pierre Gasly AlphaTauri-Honda 52 +1 volta 11
14 31 Francia Esteban Ocon Alpine-Renault 52 +1 volta 9
15 16 Flag of Monaco.svg Charles Leclerc Ferrari 52 +1 volta 19
16 99 Italia Antonio Giovinazzi Alfa Romeo Racing-Ferrari 52 +1 volta 17
17 22 Flag of Japan.svg Yuki Tsunoda AlphaTauri-Honda 52 +1 volta 12
18 9 Russian Automobile Federation flag.svg Nikita Mazepin[a] Haas-Ferrari 51 +2 voltas 15
19[43] 6 Flag of Canada.svg Nicholas Latifi Williams-Mercedes 47 Danos por accidente 18
Ret 47 Alemaña Mick Schumacher Haas-Ferrari 32 Fuga aceite 14
Volta rápida: Flag of the United Kingdom.svg Lando Norris (McLaren-Mercedes) – 1:37.423 (volta 39)
Fonte:[21][44][45]

Posicións logo da carreira[editar | editar a fonte]

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Nikita Mazepin é ruso, pero participa como competidor neutral usando a designación RAF (Russian Automobile Federation), xa que o Tribunal de Arbitraxe para o Deporte confirmou a prohibición de competir a Rusia nos Campionatos do Mundo. A prohibición dictada pola Axencia Mundial Antidopaxe en resposta ao programa de dopaxe patrocinado polo Estado de atletas rusos.[17]
Referencias
  1. "2021 Formula 1 - Russian Grand Prix". All Sports DB (en inglés). Consultado o 12 de setembro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 "F1 Schedule 2021". Formula 1 (en inglés). Consultado o 12 de setembro de 2021. 
  3. "Формула 1 в России" [Formula 1 in Russia]. Sochi Autodrom (en ruso). Consultado o 12 de setembro de 2021. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Russia - Schedule - Race Weekend". Formula 1 (en inglés). Consultado o 12 de setembro de 2021. 
  5. Smith, Luke (5 de febreiro de 2021). "Mazepin set to race under neutral flag after CAS ruling". Motorsport (en inglés). Consultado o 12 de setembro de 2021. 
  6. "Nikita Mazepin". F1 Chronicle (en inglés). 10 de decembro der 2020. Consultado o 12 de setembro de 2021. 
  7. Mitchell, Scott (23 de setembro de 2021). "Sochi practice start note tweaked after Hamilton controversy". The Race. The Race Media Ltd. Consultado o 23 de setembro de 2021. 
  8. "Formula 1 2021 Season - Pirelli Unveils Tire Choices For All 23 GPs". F1Lead (en inglés). 20 de febreiro de 2021. Consultado o 12 de setembro de 2021. 
  9. "Huge moment as Max Verstappen and Lewis Hamilton collide and crash out at Monza". Formula 1 (en inglés). 12 de setembro de 2021. Consultado o 12 de setembro de 2021. 
  10. Morlidge, Matt (12 de setembro de 2021). "Max Verstappen handed three-place Russia grid penalty after Lewis Hamilton crash". Sky Sports (en inglés). Consultado o 12 de setembro de 2021. 
  11. "Russian GP Qualifying Facts & Stats: A first pole for McLaren since 2012, and a first front row start for Sainz". www.formula1.com. Formula One. Consultado o 25 de setembro de 2021. 
  12. "Norris beats Sainz and Russell to claim sensational maiden pole for Russian Grand Prix". www.formula1.com. Formula One. Consultado o 25 de setembro de 2021. 
  13. Valtteri Bottas recibiu unha penalización de 15 postos por exceder a súa cota de elementos da unidade de potencia.
  14. Nicholas Latifi comezou a carreira desde a parte traseira da grella por exceder a súa cota de elementos da unidade de potencia.
  15. Charles Leclerc comezou a carreira desde a parte traseira da grella por exceder a súa cota de elementos da unidade de potencia.
  16. Antonio Giovinazzi recibiu unha penalización de cinco prazas por cambio de caixa de cambios non programada. A pena foi anulada por penalizacións contraídas por outros pilotos. Como resultado, obtivo unha ganancia neta dun posto da súa posición de clasificación.
  17. Luke Smith (5 de febreiro de 2021). "Mazepin set to race under neutral flag after CAS ruling extends to F1". motorsport.com. Arquivado dende o orixinal o 5 de febreiro de 2021. Consultado o 5 de febreiro de 2021. 
  18. Max Verstappen recibiu unha penalización de tres postos na grella por provocar unha colisión na rolda anterior.Tamén estivo obrigado a comezar a carreira da parte traseira da grella por exceder a súa cota de elementos da unidade de potencia.
  19. Como a clasificación realizouse en pista mollada, a regra do 107% non estaba en vigor.
  20. "Formula 1 VTB Russian Grand Prix 2021 – Qualifying". Formula1.com. 25 de setembro de 2021. Consultado o 25 de setembro de 2021. 
  21. 21,0 21,1 "Formula 1 VTB Russian Grand Prix 2021 – Starting Grid". Formula1.com. 25 de setembro de 2021. Consultado o 25 de setembro de 2021. 
  22. "Offence - Car 4 - Pit entry" (PDF). FIA. Consultado o 26 de setembro de 2021. 
  23. "Hamilton takes 100th F1 victory after late rain shower denies long-time leader Norris at Sochi". Formula1.com. 26 de setembro de 2021. Consultado o 26 de setembro de 2021. 
  24. Turner, Kevin (26 de setembro de 2021). "Lewis Hamilton's 100 wins – 2008 British GP, 2020 Turkish GP and more". Motorsport.com. Consultado o 26 de setembro de 2021. 
  25. Latham Doyle, Harry. "Russian Grand Prix 2021 – Lewis Hamilton Hails Mercedes After Securing His History-Making 100th Win in the Wet at Sochi". www.eurosport.com. Eurosport. Consultado o 26 de setembro de 2021. 
  26. "'Mind blowing' – Mercedes boss Wolff reflects on Hamilton hitting 100 Grand Prix wins". www.formula1.com. Formula One. Consultado o 26 de setembro de 2021. 
  27. Hakkinen, Mika. "Mika Häkkinen: F1 is really giving us a season to remember, as Lando Norris' heroics proved at Sochi". www.unibet.com. Unibet. Consultado o 27 de setembro de 2021. 
  28. "Bottas says pitting one lap earlier would have netted him a top three finish in Russian GP". www.formula1.com. Formula One. Consultado o 27 de setembro de 2021. 
  29. "'I really thought first podium was possible – and on merit' says Alonso after P6 in Russia". www.formula1.com. Formula One. Consultado o 27 de setembro de 2021. 
  30. Mitchell, Scott (27 de setembro de 2021). "McLaren needs to work out why it didn't overrule Norris". The Race. The Race Media Ltd. Consultado o 27 de setembro de 2021. 
  31. Foster, Michelle (28 de setembro de 2021). "McLaren not dwelling on what 'should have' been". www.planetf1.com. Planet F1. Consultado o 28 de setembro de 2021. 
  32. Matt Beer, Scott Mitchell (26 de setembro de 2021). "Norris Says He Needed Firmer McLaren Info to Change to Inters". The Race. The Race Media Ltd. Consultado o 26 de setembro de 2021. 
  33. "Lando Norris Reacts To Sochi Heartbreak – 2021 Russian Grand Prix". www.youtube.com. Formula 1 via Youtube. Consultado o 26 de setembro de 2021. 
  34. Brawn, Ross. "Ross Brawn on THOSE Sochi strategy calls, Norris's pain, and Hamilton's historic 100th winl". www.formula1.com. Formula One. Consultado o 27 de setembro de 2021. 
  35. Mitchell, Scott (27 September 2021). "Is Brawn right to claim Norris's 'inexperience showed'?". The Race. The Race Media Ltd. Consultado o 27 de setembro de 2021. 
  36. "How McLaren And Lando Norris' Big Sochi Gamble Failed- Jolyon Palmer's F1 TV Analysis". Youtube. Formula 1 via Youtube. Consultado o 28 de setembro de 2021. 
  37. Cleeren, Filip. "Montoya: Norris now knows he can get the job done in F1". www.motorsport.com. Motorsport Network. Consultado o 28 de setembro de 2021. 
  38. Noble, Jonathan. "Red Bull says Verstappen's Sochi F1 podium "like a victory"". www.motorsport.com. Motorsport Network. Consultado o 27 de setembro de 2021. 
  39. Cooper, Adam. "Why Alfa believes Norris should have been penalised in Sochi". motorsport.com. Motorsport Network. Consultado o 30 de setembro de 2021. 
  40. Jonathan Noble, Marco Congiu. "Norris put in two-day sim session to help analyse Russian GP errors". motorsport.com. Consultado o 30 de agosto de 2021. 
  41. Inclúe un punto pola volta rápida.
  42. Lance Stroll recibiu unha penalización de dez segundos despois da carreira por provocar unha colisión con Pierre Gasly. A súa posición final non se viu afectada pola penalización.
  43. Nicholas Latifi clasificouse xa que completou máis do 90% da distancia da carreira.
  44. "Formula 1 VTB Russian Grand Prix 2021 – Race Result". Formula1.com. 26 de setembro de 2021. Consultado o 26 de setembro de 2021. 
  45. "Formula 1 VTB Russian Grand Prix 2021 – Fastest Laps". Formula1.com. 26 de setembro de 2021. Consultado o 26 de setembro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Carreira anterior:
Gran Premio de Italia de 2021
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2021
Carreira seguinte:
Gran Premio de Turquía de 2021
Carreira anterior:
Gran Premio de Rusia de 2020
Gran Premio de Rusia Carreira seguinte:
Gran Premio de Rusia de 2022