Suspensión activa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

As suspensións activas compoñense dun sistema hidráulico ou pneumático, capaz de xerar forzas para compensar o abalo e o cabeceo do vehículo. Un computador encárgase de recoller os datos tomados por sensores distribuídos estratexicamente para poder enviar os sinais adecuados aos actuadores, e que estes actúen de forma que se manteña un nivel máximo de estabilidade.

A principal vantaxe da suspensión activa fronte á suspensión pasiva é que a suspensión activa permite un control independente de cada roda. Grazas a este control conséguese maior adherencia do vehículo ao terreo, co que se aumenta a seguridade na condución.

A principal desvantaxe da suspensión activa é o seu elevado custo, principalmente para o control sobre altas frecuencias, cuxa implementación resulta demasiado cara, polo que é inviable en vehículos de serie.