Lewis Hamilton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lewis Hamilton (31 anos)
Lewis Hamilton October 2014.jpg
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Flag of the United Kingdom.svg Británico
Monopraza número 44
Escudería actual Mercedes
Escudería no 2017 Mercedes
Grandes Premios disputados 188
Campionatos 3 (2008, 2014 e 2015)
Vitorias 53
Podios 104
Pole positions 61
Voltas rápidas 31
Primeiro Grand Prix Gran Premio de Australia de 2007
Primeira vitoria Gran Premio de Canadá de 2007
Posición no 2016 2º (3280 ptos.)
editar

Lewis Carl Hamilton, nado o 7 de xaneiro de 1985 en Tewin, Hertfordshire, Inglaterra, Reino Unido, é un piloto británico de automobilismo, fillo de nai británica e pai das Illas das Antillas.

Mocidade e vida persoal[editar | editar a fonte]

Hamilton naceu o 7 de xaneiro de 1985 en Stevenage, Hertfordshire, Inglaterra.[1][2] a nai de Hamilton, Carmen Larbalestier, é británica branca, mentres que o seu pai, Anthony Hamilton, é británico negro, polo que é mestizo.[2] (Anthony Hamilton's parents emigrated from Grenada to the United Kingdom in the 1950s).[2][3] Os pais de Lewis Hamilton separáronse cando tiña dous anos, como resultado viviu coa súa nai e as súas medio irmás Nicola e Samantha[4] ata os doce anos, cando empezou a vivir co seu pai, a súa madrasta Linda e o seu medio irmán Nicolas (que ten parálises cerebral).[5] A principios de 2011, Nicolas asinou con Total Control Racing para comezar a carreira como piloto na Renault Clio Cup de 2011.[6] Hamilton foi criado como católico romano.[7]

Anthony Hamilton, pai de Lewis, celebrando con Lewis logo do Gran Premio de Brasil de 2008. Desde este momento ata marzo de 2010 Anthony Hamilton tamén foi o manager do seu fillo.[8]

O pai de Hamilton comproulle un coche de radio control en 1991, que lle deu o seu primeiro contacto coa competición de carreiras. Hamilton terminou segundo no campionato nacional BRCA ao ano seguinte. Declarou: "Eu corría cos coches a control remoto e gañaba campionatos de clubs contra os adultos"[9] Como resultado, o seu pai comproulle o seu primeiro kart como un agasallo de Nadal á idade de seis anos,[10] o seu pai díxolle que apoiaría á súa carreira deportiva se traballaba duro na escola. Financiar ao seu fillo converteuse nun problema, chegou a ter tres traballos á vez, mentres que amañabase para atopar o tempo suficiente para asistir ás carreiras de Hamilton. Máis tarde creou a súa propia empresa de informática, ademais de traballar como manager a tempo completo para Hamilton.[11] Hamilton é agora administrado por Simon Fuller.[12]

Hamilton foi educado na The John Henry Newman School, unha escola secundaria católica en Stevenage, Hertfordshire.[13] Ademais do seu interese polas carreiras, xogou co equipo da escola con Ashley Young mediocampista da Selección de fútbol de Inglaterra.[11] Hamilton dixo que se non fora piloto de Fórmula Un sería futbolista, sendo un gran fan do Arsenal FC[14] ou xogador de críquet. Posteriormente asistiu, en febreiro de 2001, ao Cambridge Arts and Sciences (CATS), unha universidade privada en Cambridge.[15] Aos cinco anos Hamilton tomou clases de karate para defenderse na escola.[16] en cno aos 12, aprendeu a andar en monociclo, como parte da súa rivalidade no karting co seu futuro compañeiro de eqipo en Mercedes na F1, Nico Rosberg, que xa sabía montar un.[17]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Hamilton debutou en karts á idade de 8 anos. Logo de gañar varios campionatos, asinou un contrato co equipo de Fórmula 1 McLaren cando contaba con 12 anos. Despois correu na Fórmula Renault británica. En 2004 entrou na Fórmula 3 europea, chegando ata a GP2 Series en 2006, co equipo ART[18]. En 2007 é o segundo piloto oficial da escuadra McLaren compartindo equipo con Fernando Alonso, Pedro Martínez de la Rosa e Gary Paffett.

No ano 2007 quedou segundo, por detrás de Kimi Räikkönen e por diante de Fernando Alonso, despois de ter todo o seu favor para proclamarse campión do mundo.

Andaina[editar | editar a fonte]

Karting[editar | editar a fonte]

Hamilton comezou a correr en karts cando tiña 8 anos. O seu primeiro campionato chegou dous anos despois, en 1995. Non foi ata 1997 cando asinou un contrato con McLaren, equipo de Fórmula 1. No ano 2000 coroouse campión europeo de karts.

Fórmula Renault[editar | editar a fonte]

O ano 2001 supuxo para Hamilton a entrada á Fórmula Renault do Reino Unido, quedando quinto na clasificación final. A tempada seguinte conseguiu o terceiro posto (3 vitorias, 3 voltas rápidas, 3 Poles)

En 2003, Lewis dominou as series e estableceu un récord do campionato con 10 vitorias, 9 voltas rápidas e 11 pole positions. Gañou o campionato 2 probas antes da carreira final.

Fórmula 3 Euro Series[editar | editar a fonte]

En 2004, Lewis correu na competitiva Fórmula 3 Euroseries, que comparte cartel co campionato alemán de turismos DTM. Correndo para Manor Motorsport, un equipo debutante en Europa, Lewis acabou 5º, conseguindo unha vitoria en Norisring e 4 podios máis no seu ano de debut.

En 2005, Lewis gañou o campionato de Fórmula 3 Euroseries correndo para o equipo ASM. O seu palmarés ese ano foi incrible: 15 vitorias, 10 voltas rápidas e 13 pole positions. Proclamouse campión 4 carreiras antes do final do campionato.

GP2 Series[editar | editar a fonte]

En 2006, uniuse ao equipo ART Grand Prix de GP2 Series substituíndo ao campión de 2005 Nico Rosberg que pasou a pilotar para a escuadra Williams de Fórmula Un. A súa eficiencia na GP2 Series foi impresionante debido á súa gran calidade no Gran Premio de Europa, gañou as dúas carreiras, sendo o segundo piloto (tras Nico Rosberg) en facelo e gañou en Mónaco saíndo desde a pole. En Silverstone, Lewis superouse e conseguiu o seu segundo dobrete, converténdose así no primeiro piloto na historia da GP2 en logralo. Lewis é o actual campión de GP2 e foi nomeado un dos pilotos oficiais da escuadra McLaren xunto con Fernando Alonso para o ano 2007.

Salto á Fórmula 1[editar | editar a fonte]

O 24 de novembro de 2006 salta a noticia de que Hamilton será o primeiro piloto de cor en montarse nun monopraza. Fernando Alonso será o seu compañeiro e Pedro Martínez de la Rosa, o piloto de probas. No Gran Premio de Australia, lograría un meritorio terceiro posto, por detrás de Kimi Räikkönen e Alonso, sendo o primeiro piloto en chegar ao podio no seu debut desde que Jacques Villeneuve o fixese no Gran Premio de Australia de 1996. Nas dúas seguintes carreiras finaliza segundo, sendo o primeiro piloto da historia en conseguir tres podios consecutivos tras o seu debut. No Gran Premio de España, en Montmeló, finaliza na 2º posición e levántase ao primeiro posto do mundial de pilotos. No Gran Premio de Canadá, Hamilton logrou a súa primeira pole position, impresionando novamente ao mundo da F1.

O domingo seguinte, 10 de xuño de 2007, saíndo desde a pole position e nunha carreira moi accidentada, onde apareceu o safety car ata catro ocasións, o que beneficiou notablemente ao británico, no Circuíto Gilles Villeneuve, obtén a súa primeira vitoria na Fórmula 1, e logra colocarse como único líder da campaña, á fronte do seu compañeiro de equipo, Fernando Alonso. No Gran Premio dos Estados Unidos de 2007 a disputa entre os dous pilotos de Mclaren acentuouse máis, xa que Lewis Hamilton, atinxindo a pole position, resultou gañador tras unha constante loita con Alonso, obtendo a súa segunda vitoria consecutiva, no Gran Premio de Francia. Con todo, no Gran Premio do Reino Unido, a pesar de partir desde a pole, quedou terceiro, tras Kimi Räikkönen e Fernando Alonso.

Lewis durante a disputa do Gran Premio de Malaisia de 2007

Durante a terceira sesión de clasificación do Gran Premio de Europa de 2007 sufriu unha violenta saída de pista ao estalar o pneumático dianteiro dereito debido a unha porqueta mal axustada. O seu M/P4-22 impactou a gran velocidade contra as proteccións do circuíto, e Lewis sufriu un shock debido ao golpe. Porén, non tivo ningunha lesión importante, polo que puido correr o domingo, partindo desde a décima posición na grella de saída. Xa durante a carreira, os contratempos continuaron: nas primeiras voltas sufriu unha saída de pista debido á intensa choiva caída en apenas uns minutos, e á súa nulidade como piloto (do mesmo xeito que varios outros vehículos); con todo, un guindastre devolveuno á pista, e puido reincorporarse á carreira sen problemas. A pesar de remontar desde a última praza á que quedara relegado, só logrou ser noveno, dun total de trece pilotos que terminaron o Gran Premio, polo que quedou sen puntuar. Desta forma, Fernando Alonso recortoulle dez puntos na clasificación xeral do Campionato Mundial de Pilotos, situándose só a dous puntos.

O Gran Premio de Hungría de 2007 veríase marcado por unha polémica decisión dos comisarios, que afectaría aos dous pilotos da escuadra McLaren. Na terceira rolda de clasificación, Hamilton, que debía dar unha volta menos que Alonso, non cedeu a posición. Este último bloqueou entón o piloto inglés no pit-lane a escasos segundos do final da sesión, impedíndoo dar unha última volta. Así, os comisarios decidiron atrasar o español, quen asinara a pole, cinco posicións na grella, obténdoa Lewish Días máis tarde o propio Hamilton desculpouse con Alonso por non deixarlo pasar durante a terceira sesión de cualificación tal e como acordaron previamente na reunión entre os pilotos e enxeñeiros do equipo.

Durante o Gran Premio de Turquía de 2007, Lewis Hamilton sufriu un rebentón no seu pneumático dereito dianteiro mentres marchaba terceiro. Tras o rebentón tivo unha saída de pista, aínda que conseguiu retornar a ela ata chegar á rúa de boxes para cambiar rodas. Logrou finalizar quinto a carreira, mentres que o seu compañeiro de equipo, Fernando Alonso aproveitou esta situación e acabou terceiro a carreira recortando deste xeito 2 puntos ao piloto inglés no Campionato Mundial de Pilotos.

Nesta temporada, tivo problemas con seu compañeiro de equipo, Fernando Alonso, que acusaba o equipo de favorecer o piloto británico. Hamilton tiña o título da temporada 2007 nas mans, porén, cometeu erros nas dúas últimas carreiras e o campión foi Kimi Räikkönen. Mesmo coa perda do título por só un punto, grazas as ordes de equipo de equipo de Ferrari en Interlagos, súa estrea foi considerada por enriba da media para un debutante na Fórmula 1.

2008: Primeiro campionato[editar | editar a fonte]

En xaneiro de 2008, McLaren renovou o contrato de Hamilton, estendéndoo ata 2012. Ese mesmo ano, Lewis Hamilton falou que seu soño sempre foi pilotar unha McLaren e que pretendía facer toda súa carreira neste equipo.[19]

Hamilton consagrouse campión Mundial da tempada de 2008 ao ficar en quinto lugar no Gran Premio do Brasil de 2008. A disputa foi decidida na última volta do GP do Brasil, en Interlagos, onde Hamilton, que perdera a posición para Vettel, recuperou a mesma ao superar a Timo Glock. Hamilton entrou na historia como o máis novo campión de todos os tempos, aos 23 anos,[20] alén de ser o primeiro negro campión da Fórmula 1.

2009[editar | editar a fonte]

En 2009, tras a primeira carreira da tempada, o Gran Premio de Australia, Hamilton foi desclasificado por mentir aos comisarios na reunión tras a carreira. Durante as ultimas voltas da carreira, o piloto da Toyota, Jarno Trulli que estaba diante do piloto inglés, perdería o control do coche, saíndo da pista e era superado por Hamilton, mentres o safety car estaba na pista. O inglés entón abriu paso para que o italiano recuperara a súa colocación aínda coa bandeira amarela. Trulli foi penalizado polos comisarios con 25 segundos. Porén, a FÍA entendeu que Hamilton non debería pasar a Trulli.[21][22][23]

Nas carreiras seguintes, cun coche limitado, Hamilton non conseguiu o mesmo desempeño da tempada anterior. A primeira vitoria da tempada foi na décima carreira, o Gran Premio de Hungría. Volveu a gañar en Singapur, terminando a tempada en quinto lugar.

2010[editar | editar a fonte]

Hamilton comezou a tempada de 2010 cun terceiro lugar no Gran Premio de Bahrain. O segundo pódio da tempada veu co segundo lugar conquistado no Gran Premio de China. Tras conseguir excelente posicións nas carreiras de Turquía, Canadá e Europa, Hamilton puxose primeiro na clasificación xeral. Ao final do campionato, o 14-11-2010, de forma sorprendente, o piloto alemán Sebastian Vettel venceu a carreira en Abu Dabi. O piloto Inglés chegou en segundo lugar, perdendo tamén o posto de piloto máis novo en vencer un campionato de fórmula 1 en favor de Vettel. Terminou o campionato con 240 puntos e tres vitorias.

2011[editar | editar a fonte]

En 2011, Hamilton empezou a tempada en boa forma: logrou unha vitoria e un segundo posto nas tres primeiras carreiras. Pero a medida que avanzaba a tempada, os resultados de Lewis volvéronse irregulares, ata o punto que por primeira vez desde que debutou na F1 foi superado polo seu compañeiro de equipo. Logrou unha pole e tres vitorias en total. Ademais, este ano recordarase polas súas rifas na pista con Felipe Massa (tiveron toques ou incidentes ata en seis ocasiones) e pola ruptura sentimental coa súa parella, circunstancias que afectaron ás súas prestacións.[24] Terminou quinto no campionato, moi lonxe do campión Sebastian Vettel.

2012[editar | editar a fonte]

Hamilton comeza o 2012 con dous poles e tres podios consecutivos. Logo viñeron tres carreiras nas que terminou oitavo en dúas ocasións e en quinta na restante. Finalmente, Lewis logra a súa primeira vitoria do ano en Canadá, un dos seus circuítos talismáns. Con todo, a mala fortuna volvería prexudicarlle, con dous abandonos (un accidente na penúltima volta de Valencia e unha picada e unha avaría en Hockenheim) e un pobre oitavo posto en Silverstone. Hamilton vencería novamente en Hungría, por terceira vez na F1; foi arroiado na saída de Spa e conseguiu a terceira vitoria do ano en Monza. Pero na xira asiática terminaríanse as súas opcións ao título, con dous novos fallos mecánicos en Singapur e Abu Dabi mentres lideraba esas carreiras e o rexurdir de Red Bull.

O 28 de setembro de 2012, anúnciase que Hamilton correrá con Mercedes as tres próximas tempadas, ocupando o sitio de Michael Schumacher, que se retira definitivamente da máxima competición.[25][26] Hamilton puido despedirse de McLaren cun triunfo na penúltima proba en Estados Unidos, antes de abandonar na última carreira en Brasil por unha colisión.

Mercedes (2013-presente)[editar | editar a fonte]

2013[editar | editar a fonte]

Hamilton pilotando o Mercedes AMG F1 W04.

O 28 de setembro de 2012, anunciouse logo de moita especulación que Hamilton deixaría McLaren logo da tempada 2012 para unirse ao equipo de fábrica de Mercedes a partir da tempada 2013, xunto a Nico Rosberg logo de asinar un contrato de tres anos co equipo.[27][28]

No seu primeiro fin de semana en Mercedes, o Gran Premio de Australia de 2013, Hamilton clasificouse en terceiro lugar e terminou a carreira en quinto lugar. Hamilton terminou terceiro en Malaisia logrando o seu primeiro podio para o equipo, aínda que a Nico Rosberg impdíuselle intentar adiantalo por ordes de equipo. Na seguinte carreira en China, Hamilton conseguiu a súa primeira pole position para Mercedes.

En Mónaco logo de que o seu compañeiro Rosberg lograra a pole por terceira carreira consecutiva, Hamilton admitiu que loitaba para controlar o coche na freada[29] Antes da carreira, tanto Red Bull como Ferrari presentaran denuncias formais contra Mercedes por participar no que se determinou que era unha proba ilegal de 1000 km dos pneumáticos. Os pilotos de Mercedes non recibiron ningún castigo polo incumprimento das normas, e Mercedes recibiu unha reprimenda.

No Gran Premio de Hungría de 2013, Hamilton conseguiu a súa primeira vitoria como piloto de Mercedes, o primeiro piloto británico en gañar unha carreira de Fórmula Un nun Mercedes oficial desde que o fixera Stirling Moss no Gran Premio do Reino Unido de 1955, en Silverstone. Gañou a carreira desde unha pole position inesperada, finalmente, cruzou a liña de meta con case 11 segundos de vantaxe sobre o segundo clasificado, Kimi Räikkönen.[30] Ao gañar o Gran Premio de Hungría, Hamilton continuou a súa marca persoal de gañar polo menos unha carreira antes das vacacións de metade de tempada, e entrou nas vacacións de verán no cuarto lugar do campionato de pilotos.[31] No Gran Premio de Bélxica de 2013 conseguiu a súa quinta e última pole position da tempada e terminou terceiro na carreira. Malia que non conseguiu ningún podio no resto da tempada, unha serie de chegadas nos puntos axudáronlle a terminar a tempada en cuarto lugar.

2014: Segundo campionato[editar | editar a fonte]

Hamilton no Gran Premio de China de 2014. Ao gañar a carreira, Hamilton logrou tres vitorias consecutivas por primeira vez na súa carreira na Fórmula Un.

Unha nova regra para a tempada 2014 permitiu aos pilotos elixir un único número de coche que utilizaran para toda a súa carreira. Hamilton elixiu o número 44, o mesmo número que usou durante a súa época no karting.[32]

Durante as probas de pretemporada en Jerez, Hamilton e o seu compañeiro de equipo Rosberg mostráronse como o equipo a vencer. Isto víuse no {{Gran Premio de Australia de 2014]] onde Hamilton acadou a pole. Foi obrigado a retirarse, pero Rosberg dominou para gañar por máis de 20 segundos.[33] No Gran Premio de Malaisia de 2014, o potencial de Hamilton viuse cando gañou a pole nun dobrete de Mercedes, o primeiro desde 1955.[34] En Bahrain, Mercedes foi imparable, con Rosberg reclamando a pole cunha primeira fila de Mercedes. Hamilton tivo un mellor comezo, pero loitou duro con Rosberg durante a primeira parte da carreira. Mercedes elixiu estratexias distintas para os seus pilotos, e Hamilton abriu unha brecha grazas aos pneumáticos. Pero o coche de seguridade saíu despois de que Esteban Gutiérrez colisionou co seu Sauber. Hamilton viuse obrigado a loitar contra Rosberg nunha emocionante carreira ata o final con apertadas disputas roda con roda. Ao final Hamilton gañou, gañando consecutivamente por primeira vez desde a tempada 2010, cando gañou no Gran Premio de Turquía de 2010 e no Gran Premio do Canadá de 2010.[35]

Hamilton é felicitado por Vladimir Putin, o presidente de Rusia, logo de gañar o Gran Premio de Rusia de 2014.

O dominio de Mercedes confirmouse aínda máis no Gran Premio de China de 2014, onde Hamilton logrou a pole e logo liderou cada volta da carreira, mentres que o seu compañeiro terminou en segundo lugar. Isto completou un hat-trick de vitorias, o primeiro da carreira de Hamilton.[36] Mercedes seguiu dominando en España, onde Hamilton unha vez máis gañou a carreira, a súa cuarta vitoria consecutiva, malia a estreita competencia co seu compañeiro de equipo Nico Rosberg, que terminou en segundo lugar.[37] En Mónaco, Hamilton clasificouse segundo detrás de Rosberg. Rosberg foi investigado polos comisarios logo de baixar pola vía de escape na curva de Mirabeau. As bandeiras amarelas resultantes forzaron a Hamilton a frear nos momentos finais da sesión, que puideron custarlle a Hamilton a pole position.[38] Rosberg foi absolto de calquera acto ilícito nese incidente. Rosberg gañou a carreira con Hamilton terminando en segundo lugar. Durante a cualificación para o Gran Premio de Alemaña de 2014, Hamilton tivo un fallo nos freos e comezou no 20º lugar, pero logrou terminar terceiro.[39] Un incendio do motor na cualificación para o Gran Premio de Hungría de 2014 significou que partira do pit lane de onde escalou outra vez ao terceiro posto diante de Rosberg, malia recibir a orde do seu enxeñeiro de carreira de deixar pasar ao seu compañeiro de equipo.[40]

Na primeira carreira logo das vacacións de verán no Gran Premio de Bélxica de 2014, Hamilton tomou a dianteira a Rosberg no inicio, pero unha colisión entre eles na segunda volta perforou o seu pneumático traseiro e retirouse da carreira.[41] Hamilton gañou o Gran Premio de Italia de 2014,[42] e o Gran Premio de Singapur[43] desde a pole para tomar a dianteira no Campionato de Pilotos. Seguiron as vitorias nos Grandes Premios de Gran Premio do Xapón de 2014, que foi parado debido á forte choiva, o Gran Premio de Rusia de 2014 e o Gran Premio dos Estados Unidos de 2014 para lograr cinco vitorias consecutivas por primeira vez na súa carreira. A súa décima vitoria da tempada foi tamén a súa 32ª vitoria, a maior de calquera piloto británico. Hamilton converteuse no Campión do Mundo logo de gañar o Gran Premio de Abu Zabi de 2014 de Fórmula 1, superando a Rosberg por 67 puntos, despois de que o coche de Rosberg atopouse con problemas mecánicos durante a carreira. Hamilton dixo na entrevista no podio "Este é o mellor día da miña vida".[44]

2015: Terceiro campionato[editar | editar a fonte]

2016[editar | editar a fonte]

Hamilton no seu camiño á vitoria no Gran Premio de Mónaco de 2016.

Xusto antes do inicio da tempada en Australia, Hamilton foi fotografado montando unha motocicleta en Nova Zelandia na vía pública, mentres que usaba un teléfono móbil, en contra da lei. Aínda que instado polo triplo campión do mundo Jackie Stewart a desculparse, Hamilton negouse a comentar o incidente.[45] Na primeira carreira en Australia Hamilton logrou a pole, fixo un mal comezo da carreira antes de recuperarse para terminar segundo detrás do seu compañeiro de equipo de Mercedes Nico Rosberg.[46] Na segunda carreira da tempada, o [[Gran Premio de Bahrain de 2016], Hamilton volveu clasificarse na pole. Na primeira volta tivo unha colisión con Bottas que recibiu unha penalización dun drive-through. Hamilton terminou a carreira na terceira posición detrás de Rosberg e Räikkönen. Na seguinte carreira, o Gran Premio de China de 2016, Hamilton non fixou un tempo na cualificación así que comezou na parte posterior da grella. Subiu ata a quinta posición pero foi superado por Räikkönen e Ricciardo cerca do final da carreira para terminar sétimo. Na cuarta carreira da tempada, o Gran Premio de Rusia de 2016, Hamilton non estableceu un tempo na terceira quenda da cualificación polo que comezou décimo. Hamilton chegou segundo detrás de Rosberg malia ter presión de auga a cero durante as últimas 16 voltas.[47] Na seguinte carreira en España, Hamilton clasificouse na pole. Na primeira volta unha colisión entre Hamilton e Rosberg significou que ambos Mercedes retiráronse inmediatamente. Os comisarios decidiron que a colisión fora un incidente de carreiras. O 3 de xullo de 2016, Hamilton gañou o Gran Premio de Austria de 2016 malia ter unha colisión da última volta con Rosberg. Lewis Hamilton gaña o Gran Premio de Austria logo dun accidente con Nico Rosberg.[48] O 10 de xullo de 2016, Hamilton gañou en casa ao triunfar no Gran Premio do Reino Unido de 2016 para rebaixar a un só punto a diferenza no campionato co seu compañeiro de equipo en Mercedes.[49]

Cinema[editar | editar a fonte]

Lewis Hamilton vai prestar a súa voz para un personaxe do filme: "Cars 2" de Disney Pixar Animation Studios . Hamilton confirmou súa presenza no filme, vía Twitter.

Polémicas[editar | editar a fonte]

En 2011 Lewis Hamilton tivo grandes polémicas dentro das pistas , envolvéndose en varios accidentes con Felipe Masa, en máis de 5 carreiras como Mónaco, Silverstone, Singapur, Xapón e na India, Hamilton tamén perdeu o seu posto de 1º piloto de Maclaren para Jenson Button.

Rexistro de carreiras[editar | editar a fonte]

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Tempada Series Equipo Carreiras Gañados Poles V/rápidas Podios Puntos Posición
2001 Formula Renault 2000 UK Winter Series Manor Motorsport 4 0 0 0 0  ?
2002 Formula Renault 2000 UK Manor Motorsport 13 3 3 5 7 274
Formula Renault 2000 Eurocup 4 1 1 2 3 92
2003 Formula Renault 2.0 UK Manor Motorsport 15 10 11 9 13 419
British Formula Three 2 0 0 0 0 0 NC
Formula Renault 2000 Masters 2 0 0 0 1 24 12º
Formula Renault 2000 Germany 2 0 0 0 0 25 27º
Korea Super Prix 1 0 1 0 0 N/A NC
Macau Grand Prix 1 0 0 0 0 N/A NC
2004 Formula 3 Euro Series Manor Motorsport 20 1 1 2 5 69
Bahrain Superprix 1 1 0 0 1 N/A
Macau Grand Prix 1 0 0 0 0 N/A 14º
Masters of Formula 3 1 0 0 0 0 N/A 14º
2005 Formula 3 Euro Series ASM Formule 3 20 15 13 10 17 172
Masters of Formula 3 1 1 1 1 1 N/A
2006 GP2 Series ART Grand Prix 21 5 1 7 14 114
2007 Fórmula Un Vodafone McLaren Mercedes 17 4 6 2 12 109
2008 Fórmula Un 18 5 7 1 10 98
2009 Fórmula Un 17 2 4 0 5 49
2010 Fórmula Un 19 3 1 5 9 240
2011 Fórmula Un 19 3 1 3 6 227
2012 Fórmula Un 20 4 7 1 7 190
2013 Fórmula Un Mercedes AMG Petronas F1 Team 19 1 5 1 5 189
2014 Fórmula Un 19 11 7 7 16 384
2015 Fórmula Un 19 10 11 8 17 381
2016 Fórmula Un 21 10 12 3 17 380

* Tempada en progreso.

Resultados Completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 Posto

Final

Puntos
2007 Vodafone McLaren Mercedes McLaren MP4-22 Mercedes FO 108T 2.4 V8 AUS

3

MYS

2

BAH

2

ESP

2

MON

2

CAN

1

USA

1

FRA

3

GBR

3

EUR

9

HUN

1

TUR

5

ITA

2

BEL

4

XPN

1

CHN

Ret

BRA

7

109
2008 Vodafone McLaren Mercedes McLaren MP4-23 Mercedes FO 108V 2.4 V8 AUS

1

MYS

5

BAH

13

ESP

3

TUR

2

MON

1

CAN

Ret

FRA

10

GBR

1

ALE

1

HUN

5

EUR

2

BEL

3

ITA

7

SIN

3

XPN

12

CHN

1

BRA

5

98
2009 Vodafone McLaren Mercedes McLaren MP4-24 Mercedes FO 108W 2.4 V8 AUS

DSC

MYS

7

CHN

6

BAH

4

ESP

9

MON

12

TUR

13

GBR

16

ALE

18

HUN

1

EUR

2

BEL

Ret

ITA

12

SIN

1

XPN

3

BRA

3

ABU

Ret

49
2010 Vodafone McLaren Mercedes McLaren MP4-25 Mercedes FO 108X 2.4 V8 BAH

3

AUS

6

MYS

6

CHN

2

ESP

14

MON

5

TUR

1

CAN

1

EUR

2

RU

2

ALE

4

HUN

Ret

BEL

1

ITA

Ret

SIN

Ret

XPN

5

COR

2

BRA

4

ABU

2

240
2011 Vodafone McLaren Mercedes McLaren MP4-26 Mercedes FO 108Y 2.4 V8 AUS

2

MYS

8

CHN

1

TUR

4

ESP

2

MON

6

CAN

Ret

EUR

4

RU

4

ALE

1

HUN

4

BEL

Ret

ITA

4

SIN

5

XPN

5

COR

2

IND

7

ABU

1

BRA

Ret

227
2012 Vodafone McLaren Mercedes McLaren MP4-27 Mercedes FO 108Z 2.4 V8 AUS
3
MAL
3
CHN
3
BAH
8
ESP
8
MON
5
CAN
1
EUR
19†
RU
8
ALE
Ret
HUN
1
BEL
Ret
ITA
1
SIN
Ret
XPN
5
COR
10
IND
4
ABU
Ret
USA
1
BRA
Ret
190
2013 Mercedes AMG Petronas F1 Team Mercedes F1 W04 Mercedes FO 108F 2.4 V8 AUS
5
MAL
3
CHN
3
BAH
5
ESP
12
MON
4
CAN
3
RU
4
ALE
5
HUN
1
BEL
3
ITA
9
SIN
5
COR
5
XPN
Ret
IND
6
ABU
7
USA
4
BRA
9
4 189
2014 Mercedes AMG Petronas F1 Team Mercedes F1 W05 Hybrid Mercedes PU106A Hybrid 1.6 V6 t AUS
Ret
MAL
1
BAH
1
CHN
1
ESP
1
MON
2
CAN
Ret
AUT
2
RU
1
ALE
3
HUN
3
BEL
Ret
ITA
1
SIN
1
XPN
1
RUS
1
USA
1
BRA
2
ABU
1
384
2015 Mercedes AMG Petronas F1 Team Mercedes F1 W06 Hybrid Mercedes PU106B Hybrid 1.6 V6 t AUS
1
MAL
2
CHN
1
BHR
1
ESP
2
MON
3
CAN
1
AUT
2
RU
1
HUN
6
BEL
1
ITA
1
SIN
Ret
XPN
1
RUS
1
USA
1
MEX
2
BRA
2
ABU
2
381
2016 Mercedes AMG Petronas F1 Team Mercedes F1 W07 Hybrid Mercedes PU106C Hybrid 1.6 V6 t AUS
2
BHR
3
CHN
7
RUS
2
ESP
Ret
MON
1
CAN
1
EUR
5
AUT
1
GBR
1
HUN
1
ALE
1
BEL
3
ITA
2
SIN
3
MAL
Ret
XPN
3
USA
1
MEX
1
BRA
1
ABU
1
380

* Tempada en curso

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Kelso, Paul (20 April 2007). "Profile: Lewis Hamilton". The Guardian (London). Consultado o 26 June 2008. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Wolff, Alexander (12 June 2007). "Better Than Sex". Sports Illustrated. Associated Press. Consultado o 21 August 2007. 
  3. Viner, Brian (26 May 2007). "Profile: Formula One driver Lewis Hamilton". The Independent (London). Consultado o 8 September 2010. 
  4. Duffy, Michael (1 July 2007). "MY BOY RACER". Daily Mirror. Consultado o 1 July 2007. 
  5. Matt Dickinson (3 November 2008). "Lewis Hamilton admits: 'I just don't know how I kept my cool'". The Times (London). 
  6. English, Steven (16 February 2011). "Hamilton's brother to race in Clio Cup". Autosport. Consultado o 16 February 2011. 
  7. "Lewis Hamilton Biography – Trivia". The Biography Channel (London: www.thebiographychannel.co.uk). Consultado o 7 May 2013. 
  8. Cary, Tom (3 March 2010). "Anthony Hamilton's massive support makes parting with Lewis easier to understand". The Daily Telegraph (London). Consultado o 14 May 2010. 
  9. "Who's Who: Lewis Hamilton". F1Fanatic.co.uk. 2007. Consultado o 6 October 2007. 
  10. "20 things you don't know about Lewis Hamilton". Nuts. 22 June 2007–28. 
  11. 11,0 11,1 Owen, Oliver (3 June 2007). "The real deal". The Observer (London). Consultado o 5 July 2007. 
  12. Callow, James (14 March 2011). "Lewis Hamilton signs with Simon Fuller's XIX Entertainment". The Guardian (London). Consultado o 22 March 2011. 
  13. "Lewis Hamilton fact file". BBC Southern Counties. BBC. 19 June 2007. Consultado o 31 August 2010. 
  14. "Arsenal fan Lewis Hamilton is backing Gunners all the way". Daily Mirror (Trinity Mirror). 16 February 2008. Consultado o 31 August 2010. 
  15. Hamilton, Lewis (2007). Lewis Hamilton: My Story. HarperCollins. ISBN 978-0-00-727005-7. 
  16. Davies, Gareth A (5 July 2007). "A salute to the real Lewis Hamilton". The Daily Telegraph (London). 
  17. Lewis Hamilton relishing reunion with old unicycle rival Nico Rosberg, Guardian, 15 March 2013
  18. Profile > Career Páxina oficial de Lewis Hamilton Revisado 6 de setembro de 2006
  19. http://globoesporte.globo.com/Esportes/Noticias/Formula_1/0,,MUL850412-15011,00.html
  20. Hamilton wins Formula One World Championship - CNN.com
  21. F1: Hamilton desclassificado na Austrália, Trulli recupera terceiro posto Expresso
  22. MUNHOZ, Rafael. Hamilton é desclassificado de Melbourne Revista Racing
  23. Hamilton é desclassificado do GP da Austrália; Trulli recupera 3º lugar Folha Online
  24. Miquel, Carlos (1 de noviembre de 2011). "El 'annus horribilis' de Hamilton en la F-1" (en castellano). 
  25. Grau, Pablo (28 de septiembre de 2012). "Lewis Hamilton ficha por Mercedes por 3 temporadas y sustituye a Michael Schumacher". F1 al día (en castellano). 
  26. Sanz, Miguel (28 de septiembre de 2012). "Hamilton se va a Mercedes y Checo Pérez, a McLaren". Marca (en castellano). 
  27. Benson, Andrew (28 September 2012). "Lewis Hamilton to leave McLaren after signing Mercedes contract". BBC Sport. Consultado o 28 September 2012. 
  28. Baldwin, Alan (28 September 2012). "Hamilton leaves McLaren for Mercedes". The Guardian (London). Reuters. Consultado o 28 September 2012. 
  29. Benson, Andrew (25 May 2013). "Lewis Hamilton 'struggling' to drive Mercedes". BBC Sport. Consultado o 31 July 2013. 
  30. "Lewis Hamilton takes pole to flag victory in Hungary". Racecar (Racecar New Media Services Ltd.). 28 July 2013. Consultado o 31 July 2013. 
  31. "Hamilton seals his first win for Mercedes in Hungary". Formula One. 28 July 2013. Consultado o 31 July 2013. 
  32. "Numbers up for 2014 Formula One drivers". MSN News. 10 January 2014. Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2014. Consultado o 5 de xullo de 2015. 
  33. Johnson, Daniel (16 March 2014). "Daniel Ricciardo disqualified after finishing second behind dominant Nico Rosberg". The Daily Telegraph. Consultado o 21 de maio de 2014. 
  34. Johnson, Daniel (30 de marzo de 2014). "Lewis Hamilton secures maiden victory in Sepang as Mercedes complete one-two". The Daily Telegraph. Consultado o 21 de maio de 2014. 
  35. Johnson, Daniel (6 de abril de 2014). "Lewis Hamilton leads Mercedes one-two ahead of team-mate Nico Rosberg". The Daily Telegraph. Consultado o 21 de maio de 2014. 
  36. Johnson, Daniel (20 de abril del 2014). "Lewis Hamilton leads from start to finish to record third successive victory". The Daily Telegraph. Consultado o 21 de maio de 2014. 
  37. Johnson, Daniel (11 de maio de 2014). "Lewis Hamilton wins Spanish Grand Prix to go top of F1 Drivers' Championship". The Daily Telegraph. Consultado o 21 de maio de 2014. 
  38. Noble, Jonathan; Beer, Matt (24 de maio de 2014). "Nico Rosberg's Monaco pole is under investigation after his Q3 off". Autosport. Consultado o 24 de maio de 2014. 
  39. "2014 FORMULA 1 GROSSER PREIS SANTANDER VON DEUTSCHLAND". Formula One. 20 de xullo de 2014. Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2014. Consultado o 20 de xullo de 2014.  Parámetro descoñecido |df= ignorado (Axuda)
  40. Richards, Giles (21 de agosto de 2014). "Lewis Hamilton unruffled by Mercedes meeting on team orders at Spa". The Guardian (London). 
  41. "Daniel Ricciardo wins F1's Belgian GP as Hamilton-Rosberg spat reignites". The Guardian (London). 24 de agosto de 2014. Consultado o 26 August 2014. 
  42. "Lewis Hamilton wins Italian Grand Prix as conspiracy theorists claim Mercedes rigged race that moves him closer to Nico Rosberg". Daily Mail. 7 de setembro de 2014. Consultado o 23 de setembro de 2014. 
  43. "Lewis Hamilton Wins Singapore Grand Prix and Grabs Lead for Drivers' Title". The New York Times. 21 de setembro de 2014. Consultado o 23 de setembro de 2014. 
  44. "Lewis Hamilton revels in 'greatest day of my life' after becoming a double F1 world champion". Mirror Online. Consultado o 24 de novembro de 2014. 
  45. "Lewis Hamilton urged to apologise for using mobile phone on a motorcycle". Mail Online. 18 March 2016. Consultado o 26 March 2016. 
  46. "Lewis Hamilton on pole position in Australia after new F1 qualifying". BBC Sport. Consultado o 26 de marzo de 2016. 
  47. "Mercedes write open letter to fans to silence conspiracy theories". Sky Sports. Consultado o 23 de maio de 2016. 
  48. Richards, Giles (2016-07-03). "Lewis Hamilton wins Austrian Grand Prix after crash with Nico Rosberg". the Guardian. Consultado o 2016-07-05. 
  49. "Lewis Hamilton storms to British Grand Prix victory - Times of India". Consultado o 2016-07-12. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Jordan F1 icon.png
A Galipedia ten un portal sobre:
Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lewis Hamilton Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]