Gran Premio de Alemaña de 2019

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alemaña Gran Premio de Alemaña de 2019
Detalles da carreira
Carreira 11 de 21 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2019.
Trazado do circuíto de Hokenheimring.
Trazado do circuíto de Hokenheimring.
Data 28 de xullo de 2019
Nome oficial Formula 1 Emirates Großer Preis von Deutschland 2018
Localización Hockenheimring, Hockenheim, Alemaña
Percorrido Percorrido permanente de carreira
4´574 km
Distancia 67 voltas, 306´458 km
ClimaNubrado, chuvia, 21ºC e 25ºC no asfalto, humidade relativa 88%. Vento 0´8 m/s.
Pole position
Piloto Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton Mercedes
Tempo 1:11.767
Volta rápida
Piloto Flag of the Netherlands.svg Max Verstappen Red Bull Racing-Honda
Tempo 1:16.645 na volta 61
Podio
Primeiro Flag of the Netherlands.svg Max Verstappen Red Bull Racing-Honda
Segundo Alemaña Sebastian Vettel Ferrari
Terceiro Flag of Russia.svg Daniil Kvyat Scuderia Toro Rosso-Honda

O Gran Premio de Alemaña de 2019 (oficialmente o "Formula 1 Mercedes-Benz Großer Preis von Deutschland 2019") foi unha carreira de Fórmula Un que se celebrou o 28 de xullo de 2019,[1] en Hockenheimring, Hockenheim, no estado alemán de Baden-Württemberg, Alemaña. Será a undécima rolda da tempada 2019, e marca a septuaxésima oitava edición do Gran Premio de Alemaña, e o sesaxésima cuarta vez que a carreira foi disputada como unha proba do Campionato Mundial de Fórmula 1.[2]

Antecedentes[editar | editar a fonte]

Mercedes anunciou que estarían levaran unha librea diferente en homenaxe á herdanza das Frechas de prata no Gran Premio de Alemaña deste fin de semana, xa que Mercedes-Benz celebra o seu 125º aniversario nas competicións de automobilismo, así como a súa carreira número 200 na F1. Racing Point F1 Team anunciou que levarían un paquete de actualización de "dous pasos" para o fin de semana e o equipo Williams en dificultades anunciou que tamén levarían unha actualización. O equipo Haas anunciou que tería que dividir as súas configuracións de coches como resultado dos accidentes na anterior carreira en Gran Bretaña.

Pneus dispoñibles[editar | editar a fonte]

Pneus dispoñibles para Hockenheim
Pneus para pista seca Pneus para chuvia
Représentation des pneus durs
Duros (Tipo C2)
Représentation des pneus medium
Medios (Tipo C3)
Représentation des pneus tendres
Brandos (Tipo C4)
    Représentation des pneus intermédiaires
Intermedios
   Représentation des pneus pluie
      Chuvia

Práctica[editar | editar a fonte]

Sebastian Vettel foi o máis rápido na primeira sesión de adestramentos, seguido do seu compañeiro de equipo Charles Leclerc de Ferrari en segundo lugar con Lewis Hamilton, o terceiro máis rápido. A sesión pasou na súa maioría sen incidentes coa excepción de Kevin Magnussen despois de que o seu coche fallase causando unha breve bandeira vermella.[3]

Cualificación[editar | editar a fonte]

A sesión de cualificación consistiu en tres quendas cun tempo de execución de 45 minutos. No primeiro segmento de clasificación (Q1), os pilotos tiveron 18 minutos para cualificar para a carreira. Todos os pilotos que conseguiron un tempo na primeira sección, co máximo do 107 por cento do tempo de volta rápida, clasificáronse para o Gran Premio. Os 15 mellores pilotos pasaron á seguinte quenda. Leclerc foi o máis rápido. Vettel non fixou un tempo de volta debido a un defecto técnico e non se clasificou para o Gran Premio. Xunto a Vettel quedaron fora os dous pilotos de Williams, Alexander Albon e Lando Norris.

A segunda quenda (Q2) durou 15 minutos. Os dez pilotos máis rápidos se clasificaron para a terceira quenda da cualificación. Bottas, Hamilton e Leclerc cualificáronse co composto medio, todos os outros pilotos cos pneumáticos brandos. Leclerc foi o máis rápido. Lance Stroll, Daniil Kwjat, Daniel Ricciardo, Kevin Magnussen e Antonio Giovinazzi foron eliminados.

A última quenda (Q3) durou doce minutos, durante os cales obtivéronse os dez primeiros postos de partida. Leclerc non puido participar nesta quenda debido a un problema técnico no seu vehículo e quedouse sen tempo. Cun tempo de volta de 1:11.767 minutos, Hamilton marcou o mellor tempo fronte a Verstappen e Bottas. Foi a 87ª pole position para Hamilton no Campionato do Mundo de Fórmula 1.

Carreira[editar | editar a fonte]

A carreira estaba programada para 67 voltas. No GP de Alemaña de 2019 empregouse unha regra relevante para unha carreira que foi declarada de "chuvia". A regra afirma que, tras a volta de formación e cero ou máis voltas detrás do coche de seguridade, o director da carreira ten tres opcións para iniciar a carreira, unha saída en parado desde a grella sen o coche de seguridade, un inicio en marcha tralo coche de seguridade cando este se retire ou a suspensión da carreira.[4] Nesta carreira, tras a volta de formación e tres voltas adicionais detrás do coche de seguridade, o director de carreira elixiu comezar o gran premio parados na grella. En consecuencia, a distancia de carreira fixouse en 64 voltas; as catro voltas detrás do coche de seguridade ao comezo da carreira marcáronse oficialmente como voltas de formación.

Inicio da carreira[editar | editar a fonte]

Xa que no tempo da carreira as condicións da pista consideráronse inadecuadas debido ás fortes choivas, os 20 coches estaban obrigados a comezar cos pneumáticos de chuvia. Siaron desde a grella, parados, tras catro voltas de formación. Os Red Bulls pilotados por Max Verstappen e Pierre Gasly foron moi lentos na grella e perderon varios postos cada un. Kimi Räikkönen aproveitou, e estaba na terceira posición ao final da primeira volta. Os dous Ferrari, que sufriron fallos mecánicos na cualificación, tiveron unha primeira volta que os viu mellorar, LeClerc, que comezou no 10º posto, progresou ata o sexto posto, e Vettel mellorou do 20 ao 14. Verstappen, que caeu debido ao seu inicio, pasou a Räikkönen no terceiro inmediatamente antes de que Sergio Pérez trompeara na curva 11. Isto causou a saída do primeiro coche de seguridade da carreira na segunda volta, neutralizando a carreira. Mentres a pista comezou a secarse, Sebastian Vettel e Alexander Albon inmediatamente entraron en boxes para poñer os pneumáticos intermedios, e a maioría dos outros coches da carreira fixérono na súa seguinte volta. O período do coche de seguridade terminou na volta 5.

Os coches de Magnussen, Stroll, Norris, Russel e Kubica, todos os cales quedaron fóra mantendo dos seus pneumáticos de chuvia, rapidamente atopáronse adiantados por aqueles que montaron ppneumáticos intermedios máis rápidos debido ao secado da pista. Finalmente todso cambiaron a intermedios, pero perderon varias posicións por non ter feito isto antes. O motor Renault de Daniel Ricciardo rompeu na volta 14, provocando un coche de seguridade virtual. Na volta 18, Carlos Sainz trompeou co seu McLaren na curva 17 (no último tramo da pista), provocando unha bandeira amarela local antes de que puidese saír polos seus propios medios. O trompo de Sainz sería o primeiro de varios, moitos finalizando a carreira, nesta curva durante o transcurso da carreira.

Volta 22[editar | editar a fonte]

Na volta 22, a pista secouse suficientemente para que os equipos de máis abaixo decidisen arriscarcon pneumáticos de seco. O primeiro en intentalo foi Kevin Magnussen, montando no Haas pneumáticos brandos, seguido pouco despois por Sebastian Vettel. Max Verstappen entrou en boxes cnado estaba na 3ª posición para montar pneumáticos medios. Valtteri Bottas entrou na volta 27 cando era segundo e tamén montou medios. Case inmediatamente despois do pit de Bottas, Verstappen perdeu o control do seu coche e realizou un trompo de 360 ​​graos na pista, pero conseguiu recuperarse.

O coche de Lando Norris perdeu o potenciar na pista na volta 26, provocando un segundo despregamento do coche de seguridade virtual. Moitos equipos aproveitaron a oportunidade para montar pneumáticos de seco, incluíndo Charles LeClerc e Lewis Hamilton. Unha excepción notable foi Carlos Sainz, McLaren colocou un novo conxunto de pneumáticos intermedios no seu coche. Como Hamilton deixaba os boxes con pneumáticos brandos, esperábase que perdería o liderado ante Ferrari e Charles LeClerc. LeClerc neste momento trompeou na barreira de grava e pneumáticos na curva 17 pouco antes da liña de chegada. Isto provocou o seu abnadono e o segundo coche de seguridade do día. Ao final da volta, Hamilton, agora á cabeza detrás do coche de seguridade, tamén perdeu o control na curva 17, pero recuperouse para entrar co seu coche (agora co alerón dianteiro danado) no pit lane. O seu equipo non estaba preparado, e Hamilton soportou unha parada en boxes de 50,3 segundos na que substituíuse o seu alerón dianteiro e finalmente saíu con pneumáticos intermedios. Para todos os equipos quedou claro que os pneumáticos de seco non eran viables e todos os equipos volveron aos pneumáticos intermedios cando o segundo período do coche de seguridade terminou na volta 34.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Cualificación[editar | editar a fonte]

Pos. Piloto Construtor Tempos de cualificación}} Grella
Q1 Q2 Q3
1 44 Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton Mercedes 1:12.852 1:12.149 1:11.767 1
2 33 Flag of the Netherlands.svg Max Verstappen Red Bull Racing-Honda 1:12.593 1:12.427 1:12.113 2
3 77 Finlandia Valtteri Bottas Mercedes 1:13.075 1:12.424 1:12.129 3
4 10 Francia Pierre Gasly Red Bull Racing-Honda 1:12.991 1:12.385 1:12.522 4
5 7 Finlandia Kimi Räikkönen Alfa Romeo Racing-Ferrari 1:13.066 1:12.519 1:12.538 5
6 8 Francia Romain Grosjean Haas-Ferrari 1:13.146 1:12.769 1:12.851 6
7 55 España Carlos Sainz McLaren-Renault 1:13.221 1:12.632 1:12.897 7
8 11 Flag of Mexico.svg Sergio Pérez Racing Point-BWT Mercedes 1:13.194 1:12.776 1:13.065 8
9 27 Alemaña Nico Hülkenberg Renault 1:13.186 1:12.766 1:13.126 9
10 16 Flag of Monaco.svg Charles Leclerc Ferrari 1:12.229 1:12.344 Sen tempo 10
11 99 Italia Antonio Giovinazzi Alfa Romeo Racing-Ferrari 1:13.170 1:12.786 11
12 20 Dinamarca Kevin Magnussen Haas-Ferrari 1:13.103 1:12.789 12
13 3 Australia Daniel Ricciardo Renault 1:13.131 1:12.799 13
14 26 Flag of Russia.svg Daniil Kvyat Scuderia Toro Rosso-Honda 1:13.278 14
15 18 Flag of Canada.svg Lance Stroll Racing Point-BWT Mercedes 1:13.256 15
16 4 Flag of the United Kingdom.svg Lando Norris McLaren-Renault 1:13.333 19[5]
17 23 Tailandia Alexander Albon Scuderia Toro Rosso-Honda 1:13.461 16
18 63 Flag of the United Kingdom.svg George Russell Williams-Mercedes 1:14.721 17
19 88 Polonia Robert Kubica Williams-Mercedes 1:14.839 18
107% tempo: 1:17.285
NSC 5 Alemaña Sebastian Vettel Ferrari Sen tempo 20[6]
Fonte:[7]

Carreira[editar | editar a fonte]

Pos. Piloto Construtor voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 33 Flag of the Netherlands.svg Max Verstappen Red Bull Racing-Honda 64 1:44:31.275 2 26[8]
2 5 Alemaña Sebastian Vettel Ferrari 64 +7.333 20 18
3 26 Rusia Daniil Kvyat Scuderia Toro Rosso-Honda 64 +8.305 14 15
4 18 Flag of Canada.svg Lance Stroll Racing Point-BWT Mercedes 64 +8.966 15 12
5 55 España Carlos Sainz McLaren-Renault 64 +9.583 7 10
6 23 Tailandia Alexander Albon Scuderia Toro Rosso-Honda 64 +10.052 16 8
7 8 Francia Romain Grosjean Haas-Ferrari 64 +16.838 6 6
8 20 Dinamarca Kevin Magnussen Haas-Ferrari 64 +18.765 12 4
9 44 Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton Mercedes 64 +19.667 1 2
10 88 Polonia Robert Kubica Williams-Mercedes 64 +24.987 18 1
11 63 Flag of the United Kingdom.svg George Russell Williams-Mercedes 64 +26.404 17
12 7 Finlandia Kimi Räikkönen Alfa Romeo Racing-Ferrari 64 +42.214[9] 5
13 99 Italia Antonio Giovinazzi Alfa Romeo Racing-Ferrari 64 +43.849[9] 11
14[10] 10 Francia Pierre Gasly Red Bull Racing-Honda 61 Colisión 4
Ret 77 Finlandia Valtteri Bottas Mercedes 56 Accidente 3
Ret 27 Alemaña Nico Hülkenberg Renault 39 Accidente 9
Ret 16 Flag of Monaco.svg Charles Leclerc Ferrari 27 Accidente 10
Ret 4 Flag of the United Kingdom.svg Lando Norris McLaren-Renault 25 Roda 19
Ret 3 Australia Daniel Ricciardo Renault 13 Tubo de escape 13
Ret 11 Flag of Mexico.svg Sergio Pérez Racing Point-BWT Mercedes 1 Accidente 8
Volta rápida: Flag of the Netherlands.svg Max Verstappen (Red Bull Racing-Honda) - 1:16.645 (volta 61)
Fonte:[11]

Posicións logo da carreira[editar | editar a fonte]

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "German Grand Prix 2019 - F1 Race". Formula 1® - The Official F1® Website (en inglés). Consultado o 2019-07-24. 
  2. "German Grand Prix". statsf1. Consultado o 24 de xullo de 2019. 
  3. "German Grand Prix 2019 FP1 report and video highlights: Vettel heads Ferrari at Hockenheim". formula1. 26 July 2019. Consultado o 27 July 2019. 
  4. "Formula One - Sporting Regulations - 2019". FIA. 2018-10-15. 36.14(c). 
  5. Lando Norris foi enviado ao fondo da grela despois de cambiar varios compoñentes do motor. Con todo, porque Norris fixo un tempo de volta de clasificación e Vettel non o fixo, só caeu tres posicións ata o 19º posto
  6. Sebastian Vettel non logrou establecer un tempo na Q1 dentro do 107%. Correrá a discreción dos comisarios.
  7. "Formula 1 Mercedes-Benz Grosser Preis von Deutschland 2019 – Qualifying". F1. 27 de xullo de 2019. Consultado o 27 de xullo de 2019. 
  8. Inclúe un punto pola volta rápida
  9. 9,0 9,1 Kimi Räikkönen e Antonio Giovinazzi orixinalmente terminaron 7º e 8º respectivamente, pero ambos recibiron 30 segundos de penalización engadidos aos tempos de carreira polo uso de axudas no inicio.
  10. Pierre Gasly clasificuo xa que completou máis do 90% da distancia de carreira.
  11. "Formula 1 Mercedes-Benz Grosser Preis von Deutschland 2019 – Race Result". F1. 28 de xullo de 2019. Consultado o 28 de xullo de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Carreira anterior:
Gran Premio do Reino Unido de 2019
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2019
Carreira seguinte:
Gran Premio de Hungría de 2019
Carreira anterior:
Gran Premio de Alemaña de 2018
Gran Premio de Alemaña Carreira seguinte:
Gran Premio de Alemaña de 2020