Xosé Luís Rei Núñez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Para o artigo do escritor coruñés, véxase Luís Rei Núñez

Infotaula de personaXosé Luís Rei Núñez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1960 Editar o valor em Wikidata
O Grove, España Editar o valor em Wikidata
Morte9 de agosto de 2015 Editar o valor em Wikidata (54/55 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbibliotecario , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Xosé Luís Rei Núñez,[1] coñecido como Luís Rei, nado no Grove en 1960 e finado en Pontevedra o 9 de agosto de 2015,[2] foi un bibliotecario e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Profesor de EXB, bibliotecario e técnico de cultura do Concello de Cambados. Foi concelleiro do BNG no Grove. Investigou sobre vida e obra de Ramón Cabanillas, foi promotor da conmemoración do Ano Cabanillas en 2009 e comisario da exposición Ramón Cabanillas. A roseira dos recordos, aberta co gallo da celebración. Foi presidente da Asociación Ecoloxista do Grove, presidiu o Colectivo Ecoloxista do Salnés, foi fundador da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial en 1993, membro destacado do Comité Organizador da VII Edición do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, en Cambados en 2005 e dirixiu a revista Ardentía.

Recibiu o Premio Ramón Cabanillas en 2015.[3]

Obras[editar | editar a fonte]

Artigos[editar | editar a fonte]

  • "Cabanillas en Cambados, a forxa dun poeta" (2000)
  • "Ramón Cabanillas: a disidencia republicana" (2006)

Libros[editar | editar a fonte]

  • Ramón Cabanillas, xornalista cambadés (2001), con Xabier Camba.
  • Camiño longo. Antre as roseiras de Cabanillas (2004).
  • Ramón Cabanillas. Crónica de desterros e saudades (2009).
  • Basiliana. Materiais para unha biografía de Basilio Álvarez que ficou inconclusa (2022). Lobishome Producións. A edición anotada leva a sinatura de Emilio Xosé Ínsua e o epílogo é unha contribución de Francisco Fernández Rei.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

A Biblioteca municipal de Cambados, situada na Casa dos Fraga, foi bautizada co nome de Luís Rei en 2015.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. consellodacultura.gal (ed.). "LUÍS REI. O Grove (Pontevedra) - Pontevedra no Consello da Cultura Galega". Consultado o 22 de decembro de 2022. 
  2. "Morre Luís Rei, activista cultural e biógrafo de Cabanillas". Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2015. Consultado o 20 de maio de 2016. 
  3. Redacción (26 de febreiro de 2015). "El Concello de Cambados recibe el sábado el mayor legado documental de la familia Cabanillas". avozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 31 de maio de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]