Arcadio López-Casanova
Arcadio López-Casanova, nado en Lugo en 1942, é un escritor e crítico literario galego.
Índice |
[editar] Traxectoria
Aínda que nace en Lugo, pasa a súa infancia na casa da avoa paterna, nas terras do Páramo. Regresa a Lugo para estudar o bacharelato. Fai Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela entrando en relación cos mestres do galeguismo. Colabora asiduamente nas páxinas de La Noche e La Voz de Galicia e no 1961 edita o seu primeiro libro de poemas, Hombre último, retirado por orde gobernativa. Recibiu numerosos premios nas Festas Minervais e noutros certames literarios.
Xa de volta na súa cidade natal, prosegue coa súa actividade de política cultural organizando e dirixindo o primeiro Curso de galego (1965), e unha homenaxe a Luís Pimentel. Asiste á tertulia luguesa de Celestino Fernández de la Vega, colabora na prensa con artigos de temática literaria, e funda a colección "Ronsel" de poesía. Comeza a impartir docencia no Colexio Fingoi, baixo a dirección do profesor Ricardo Carvalho Calero, e pasa logo ao lNEM, onde coincide cos catedráticos Alonso Montero e Amable Veiga.
En 1968 trasladouse a Valencia para ocupar unha cátedra de lingua e literatura españolas no Instituto Mariano Benlliure. Desde 1986 é profesor titular do Departamento de Filoloxía Española da Facultade de Filoloxía da Universidade de Valencia, onde imparte materias relacionadas coa poesía e a novela españolas do século XX, así como a análise e a composición de textos poéticos.
[editar] Obra literaria
Profesor de Literatura e crítico literario, cultivou tamén o teatro e a literatura infantil. Os primeiros libros de López-Casanova reflicten unha preocupación obsesiva por recuperar a infancia, a inocencia perdida, mesturada con dramatismo que expón unha visión desesperada do mundo e das cousas, na liña intimista e angustiada da poesía da tebra. En Mesteres, que supón unha renovación da súa poesía, mostra unha maior preocupación formal, empregando versos de longa andaina, entroncados nas formas rapsódicas da lírica tradicional. Liturxia do corpo contén meditaciones íntimas sobre a morte.
[editar] Obra en galego
[editar] Poesía
- Sonetos da esperanza presentida, 1965, Ronsel, Lugo.
- Palabra de honor, 1967, Galaxia.
- Liturxia do corpo, 1976, Edicións do Castro.
- Memoria dunha edá (1960-1975), 1976, Akal.
- Mesteres, 1976, Lindes-Cuadernos de Poesía, Valencia.
- Antología personal, 1987, Sociedade de Cultura Valle-Inclán). Edición bilingüe galego-castelán.
- Noite do degaro, 1994, Galaxia.
- Do tempo posuído, 2004, Espiral Maior.
- Dicir unha razón: (varia silva de proverbios, ditados e glosas), 2006, Follas Novas.
- Herdo do canto, 2006, PEN Clube de Galicia/Enaú.
[editar] Narrativa
- Caeira dos días, 2007, Biblos Clube.
[editar] Literatura infanto-xuvenil
- O bosque de Ouriol, 1973, Galaxia.
[editar] Ensaio
- Luís Pimentel e Sombra do aire na herba, 1990, Galaxia.
- Álvaro Cunqueiro e a vangarda poética, 1994, Fundación Alfredo Brañas.
- Diccionario metodolóxico de análise literaria: I A poesía, 2001, Galaxia.
[editar] Obras colectivas
- Comentarios de textos contemporáneos, 1992, Xerais.
- Poetas e Narradores nas súas voces (Vol. I), 2001, Consello da Cultura Galega.
- Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000, 2003, Tris Tram). Por Arturo Casas.
- Carlos Casares. A semente aquecida da palabra, 2003, Consello da Cultura Galega.
- Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior.
- Poemas pola memoria (1936-2006), 2006, Xunta de Galicia.
- Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo, 2006, Difusora.
- Preludios para Miguel Anxo Fernán-Vello, 2011, Laiovento.
- VI Encontro de Escritores Galegos. Literatura e proxección exterior, 2012, Deputación da Coruña.
[editar] Premios
- Gañador Concurso Nacional de Contos Infantís O Facho no 1972, por O bosque de Ouriol.
- Premio da Crítica Galicia de creación literaria no 1984, por Liturxia do corpo.
- Premio de poesía Caixanova no 2005, por Herdo do canto.
- Premio Cultura Galega das Letras da Xunta de Galicia, no 2011.
[editar] Obra en castelán
[editar] Poesía
- Hombre último, 1961, Celta, Lugo.
- La oscura potestad, 1979, Adonais, Madrid.
- Razón de iniquidad, 1991, UNED, Melilla.
- Asedio de sombra, 1997, ONCE, Madrid.
- En oscuro desvelo: poesía, 1972-2002, 2003. Obra poética completa.
[editar] Narrativa
- Tío Mingos: cuentos de Galicia, 1958, edición do autor, Lugo.
[editar] Ensaio
- Estructuras correlativas en la poesía española contemporánea, 1979.
- Lenguaje de la poesía y figuras gramaticales, 1991.
- La poesía romántica, 1991, Anaya.
- Miguel Hernández, pasión y elegía, 1993, Anaya.
- El texto poético, 1994, Colegio de España, Salamanca.
- El relato fantástico: historia y sistema, 1998, Colegio de España, Salamanca.
- Macrotexto poético y estructuras de sentido: análisis de modelos líricos modernos, 2007.
[editar] Edicións
- El sombrero de tres picos, de Pedro Antonio de Alarcón, 1974, Cátedra, Madrid.
- Antología poética, de Rosalía de Castro, 1985, Alhambra.
- Tres sombreros de copa, de Miguel Mihura, 1986, Anaya.
- Flor de santidad. La media noche, de Ramón del Valle-Inclán, 1995, Espasa-Calpe.
[editar] Obras colectivas
[editar] Con Eduardo Alonso
- Lenguaje, expresión literaria y lingüística española, 1971, Bello, Valencia.
- El análisis estilístico (poesía/novela), 1975, Bello, Valencia.
[editar] Premios
- Premio Adonais no 1978, por La oscura potestad.
- Gañador do Premio Internacional Ciudad de Melilla no 1991, por Razón de iniquidad.
- Premio Tiflos no 1997, por Asedio de sombra.