Conversa:Ramón Cabanillas

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Boas. Preguntábame se podería engadir as etapas de Ramón Cabanillas, clasificando as súas obras nesas etapas, mais aínda non sei moi ben onde as metería. Ao mellor creando un novo apartado...?--Jackirtash 06:45, 10 decembro 2009 (UTC)

    • Pois adiante. Podes metelas no apartado Obras ou se che parece mellor crear unha sección específica para as Etapas da súa obra. Se precisas axuda, aqui estamos. Saúdos e ánimos para colaborar na Galipedia.--Xas (fálame) 11:05, 10 decembro 2009 (UTC)
    • Si, a verdade algo do estilo ===Etapas da súa obra===, dentro do apartado Obra estaría ben, e deixa-lo listado tal e como aparece agora para o final. Ti sé valente e edita o artigo, seguro que queda ben. Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 14:42, 10 decembro 2009 (UTC)

Creo que xa está, aínda que un pouco incompleto. Se tedes algunha información, completádeo, por favor. Saúdos--Jackirtash 15:10, 10 decembro 2009 (UTC) Quedoume unha dúbida: en canto as referencias bibliográficas sobre a información añadida, non a tomei de ningún libro nin páxina web nin calquera dos outros casos: ao estar estudando 2º de Bacharelato, é parte da materia do meu exame e son apuntamentos non recollidos no libro de texto que fago neses casos?--Jackirtash 16:24, 10 decembro 2009 (UTC)

Subseccións[editar a fonte]

Desde a miña completa ignorancia poética, entendo que a poesía de Cabanillas se divide en lírica, modernista e narrativa. De ser así, quedaría mellor abrindo tres subseccións. Tal como está agora hai un problema de numeración e estrutura. Pedro --Lameiro (conversa) 18:46, 22 de decembro de 2010 (UTC)

Feito! Feito! Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:48, 22 de decembro de 2010 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Ramón Cabanillas. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 2 de setembro de 2018 ás 13:41 (UTC)[responder]