A fouce esquecida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A fouce esquecida
Ficha técnica
DirectorBenxamín Rey
GuiónBenxamín Rey
IntérpretesXosé Núñez Aurora Romero
MúsicaXoán Silva Lino Silva
FotografíaBenxamín Rey
MontaxeBenxamín Rey
Estrea1978
Duración13' 40"
OrixeGalicia Galicia
XéneroDrama

A fouce esquecida é unha curtametraxe galega de 1978[1], dirixida por Benxamín Rey[2] e baseada nunha poesía homónima de Ramón Cabanillas.

Trama[editar | editar a fonte]

O poema "A fouce esquecida", incluído no libro Vento mareiro (1915) é un texto de poesía social, que relata o drama dun labrego que perde sucesivamente a súa esposa, a súa filla e o seu patrimonio. Deste último, tras embargarllo, só lle queda unha fouce que atopa no medio da eira. Ao vela, inspíralle ganas de loitar.

A curtametraxe consiste na exposición das diferentes escenas, sen diálogos, nas que se relata o poema, mentres o narrador o declama.

Características[editar | editar a fonte]

Foi rodada en Super 8 mm na zona de Cambados. A súa banda sonora consiste nunha versión musicada do poema, composta polos irmáns Lino e Xoán Silva, e interpretada por este último, e que foi incluída no seu álbum Inverno[3].

Recoñecemento[editar | editar a fonte]

  • Premio no Xl de Festival de Cine Aficionado de Lugo (1979)[4].
  • 3° Premio VI Certame de Cine Afeccionado (Vilagarcía de Arousa, 1978)
  • 1° Premio X Festival de Cine Afeccionado (Lugo, 1978)
  • Finalista XI Semana Nacional de Cine Amateur (Llaranes, 1980)
  • Finalista II Certame Nacional de Cine Amateur (Castellón, 1980)
  • Mostra I Semana de Cine Amateur Galego (Vigo, 1980)
  • Mostra Homenaje a los cineastas arosanos (Vilagarcía de Arousa, 1982)
  • Finalista I Semana Nacional Fonmiñá de Cine Amateur (Lugo, 1983)
  • Exhibición Universidade de Santiago - Aula de Cine (Santiago de Compostela, 1984)
  • Mostra Casa de Cultura de Cambados (1986)
  • Programa Sesión continua (TVG, 1987)
  • Exhibición Homenaxe de Cambados a Ramón Cabanillas (1991)

Equipo técnico[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Referencia na páxina da Axencia Audiovisual Galega". Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2012. Consultado o 02 de setembro de 2018. 
  2. "Perfil na páxina da Axencia Audiovisual Galega". Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2012. Consultado o 02 de setembro de 2018. 
  3. "Nota en musicalibre.es". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 15 de decembro de 2011. 
  4. Cronoloxía do cine en Galicia 1970/1990 Arquivado 08 de outubro de 2013 en Wayback Machine., Manuel González (PDF, p.27)