Ramón Menéndez Pidal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ramón Menéndez Pidal
Ramón Menéndez Pidal
Ramón Menéndez Pidal
Nacemento: 13 de marzo
A Coruña Galicia Galicia
Falecemento: 14 de novembro
Madrid
Lingua: castelán
Xénero(s): Filólogo, historiador, folclorista e medievalista
Placa conmemorativa do nacemento de Menéndez Pidal, situada na que foi a súa casa natal.

Ramón Menéndez Pidal, nado na Coruña o 13 de marzo de 1869 e finado en Madrid o 14 de novembro de 1968, foi un lingüista, crítico literario, folclorista e historiador de orixe galega.

Traxectoria [editar]

Membro da Real Academia Española de la Lengua desde 1901, e presidente da mesma entre 1925-1939 e 1947-1968. Está considerado como o introdutor da filoloxía moderna en España.

En 1907 propiciou a creación da Junta de Ampliación de Estudios. Entre as súas contibucións conceptuais á lingüística destaca a idea de substrato. Algunhas das súas obras teñen un grande interese específico para Galiza, p.ex. Poesía juglaresca y juglares (1924) ou Toponimia prerrománica hispana (1953).

Obra (selección) [editar]

  • La leyenda de los siete infantes de Lara (1896)
  • Crónicas generales de España (1898)
  • Manual elemental de Gramática histórica española (1904)
  • El dialecto leonés (1906)
  • Cantar del Mío Cid: texto, gramática y vocabulario (1908-1912)
  • Orígenes del español (1926)
  • La España del Cid (1929)
  • La idea imperial de Carlos V (1938)
  • Reliquias de la poesía épica española (1952)
  • Romancero hispánico (1953)
  • En torno a la lengua vasca (1962), recolle traballos anteriores
  • El padre Las Casas: su doble personalidad (1963)