Niceto Alcalá-Zamora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Niceto Alcalá Zamora y Torres
Niceto Alcalá-Zamora
Niceto Alcalá Zamora en 1931

10 de decembro de 1931 – 7 de abril de 196
Precedido por Manuel Azaña, Presidente do Goberno (Provisional)
Sucedido por Diego Martínez Barrio, interino

14 de abril de 1931 – 14 de outubro de 1931
Precedido por Afonso XIII, Rei de España

Juan Bautista Aznar-Cabañas, Presidente do Consello de Ministros
Sucedido por Manuel Azaña

Datos persoais
Nacemento 6 de xullo de 1877 Flag of Spain (1785-1873 and 1875-1931).svg Priego de Córdoba, Córdoba
Falecemento 18 de febreiro de 1949 (71 años)
Bos Aires, Flag of Argentina.svg Arxentina
Partido Derecha Liberal Republicana
Cónxuxe Purificación Castillo
Profesión Político e avogado
Relixión Católica

Niceto Alcalá Zamora y Torres, nado en Priego de Córdoba o 6 de xullo de 1887 e finado en Bos Aires o 18 de febreiro de 1949, foi un político e avogado español, que foi primeiro presidente da Segunda República española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Avogado de gran prestixio e sona, iniciou a súa carreira política dende moi cedo militando no Partido Liberal del conde de Romanones. Foi deputado en 1905 e 1907 e subsecretario de gobernación. Máis tarde pasa ao sector demócrata impulsado por Manuel García Prieto, e no goberno deste, sería nomeado Ministro de Fomento e Ministro da Guerra (1922).

Foi tamén representante de España na Sociedade de Nacións. Opositor da ditadura de Miguel Primo de Rivera, o 13 de abril de 1930, pronunciou un discurso moi violento contra a monarquía, á cal lle retirou o seu apoio e confianza, e dende alí propuxo unha república conservadora, burguesa, e que se apoiara nas clases medias e nos intelectuais.

O goberno provisional[editar | editar a fonte]

Conxuntamente con Miguel Maura e o seu partido "Derecha Liberal Republicana", representou ao republicanismo conservador no Pacto de San Sebastián co fin de impulsar un movemento popular que derrotara á monarquía e instaurara a república. Do Pacto de San Sebastián surxiu o comité encargado de dirixir a acción republicana en España. Alcalá-Zamora, foi elixido o seu presidente.

O día 12 de decembro de 1930 tiveron lugar os sucesos de Jaca, cando os capitáns Galán e García Hernández proclamaron a República nesa poboación, e emprenderon unha marcha cara Huesca, pero vencidos polas forzas gubernamentais, foron xulgados e executados. Tamén se sublevaron no aeródromo de Cuatro Vientos o comandante Ramón Franco e o Xeneral Queipo de Llano, pero como non os apoiaron fuxiron a Portugal en avión. Os líderes das forzas antimonárquicas, parte do comité, entre eles Alcalá-Zamora, foron detidos polo Goberno. O xuízo público, celebrado en marzo de 1931, condenounos a seis meses e un día de cárcere, que foron substituídos por liberdade condicional.

A difícil situación na que entraba España, tras a dimisión do presidente Berenguer en febreiro de 1931, o rei encargoulle ao almirante Aznar a formación do goberno. O día 18 presentou o novo executivo formado na súa totalidade por ministros monárquicos. O día 12 de abril, celébranse eleccións municipais e o resultado foi de 22150 concelleiros monárquicos e 5775 republicanos; porén en 41 das 50 capitais de provincia gañaron os republicanos, que no cómputo total conseguiran máis votos pois era maior o número de votos necesarios para ser concelleiro na cidade que no rural. Afonso XIII, partidario fronte a algún dos seus ministros de que non houbera enfrontamentos, exíliase ante o ultimato do Comité Revolucionario presidido por Alcalá-Zamora. Este, que tiña dende o primeiro momento o apoio popular e tamén o da Garda Civil, comandada polo Xeneral Sanjurjo, converteuse no presidente do goberno provisional. Este novo goberno proclamou a Segunda República o 14 de abril de 1931.

Nacemento da II República[editar | editar a fonte]

O 15 de abril o goberno publicou un programa de actuación baseado nos acordos de San Sebastián. Foi anunciada a reforma agraria, liberdade de cultos e crenzas, repecto á propiedade privada, responsabilidades aos colaboradores da ditadura, aumento das liberdades individuais e sindicais, etc.

Cando apenas accedeu ao poder, o goberno tivo que enfrentarse á proclamación da república catalana e aos sucesos anticlericais do mes de maio, tamén tivo moitos problemas coas organizacións anarquistas que lle negaron o apoio á república.

Por estes sucesos, o seu goberno foise decantando a un republicanismo máis de esquerdas liderado por Manuel Azaña, postura que claramente se reflexou na nova Constitución. A cuestión clerical enfrontou de novo a republicanos conservadores con republicanos esquerdistas, socialistas e radicais, e finalmenta Alcalá-Zamora e Maura abandonan o goberno.

Temendo que Zamora emprendera unha campaña revisionista e de desprestixio contra a república, socialistas e azañistas ofrecéronlle a presidencia do Goberno, cargo para o que foi elixido o 2 de decembro. Xurou o cargo o 11 de decembro de 1931.

Primeiro presidente da República[editar | editar a fonte]

Alcalá-Zamora era un home autoritario e convencido da súa misión, dende o primeiro momento tratou de intervir nos asuntos do goberno. Por esta razón quedou apartado do papel que lle correspondía, compensar o xacobismo do seu primeiro ministro Manuel Azaña.

A idea do presidente era incorporar á dirección de España as novas forzas surxidas despois da Restauración e contidas polos últimos borbóns. Esta apertura debía de facerse pola vía pacífica e parlamentaria. O 14 de abril de 1931 pareceu darlle a razón, pero a partir dese momento os sucesos indicáronlle que a realidade non correspondía cos seus soños.

Problemas con Azaña[editar | editar a fonte]

Non é de estrañar que o presidente tivera malas relacións co seu goberno. Este situación quedou ao descuberto cando Azaña presentou para a súa ratificación a Lei de Congregacións - lei de secularización da ensinanza - e a Lei do Tribunal de Garantías Constitucionais, que completaban a Constitución de 1931. Alcalá-Zamora resistiu ao máximo para firmar as leis, pero non se atreveu a vetalas.

Pouco despois, con ocasión dun reaxuste de goberno, as diferenzas volveron a xurdir e Azaña dimitiu con todo o seu executivo. Tras varias consultas que non chegaron a bo porto, Alcalá-Zamora volveu nomear como presidente do seu gabinete a Azaña, feito que desilusionou aos conservadores.

Este novo goberno de Azaña (o terceiro), non tivo o respaldo das Cortes, polo que en setembro dimitiu. Alcalá-Zamora disolveu as Cortes e, despois dun curtísimo mandato radical Alejandro Lerroux, encargoulle ao radical Diego Martínez Barrio a concorrencia a novas eleccións (8 de outubro de 1933).

A súa caída[editar | editar a fonte]

Por maioría absoluta gañaron as esquerdas agrupadas no Frente Popular. Se isto era unha derrota para as dereitas, máis o era para Alcalá-Zamora. Azaña foi encargado para formar goberno.

Moi cedo comezaron os socialistas unha campaña contra Alcalá-Zamora, ao que non predoaban a súa actitude. Abriuse un debate nas cortes sobre a inconstitucionalidade sobre a última disolución das mesmas, se a maioría consideraba que se cometeu unha irregularidade, o presidente podería ser destituído.

A controversia producese cando a nova maioría das cortes, considerando que esta era a segunda disolución enxuícian a actuación do Presidente e ditaminan que a disolución producírase con moito retraso, polo cal o presidente tería que ser destituído.

Non obstante, había quen opinaba que esta era a primeira disolución, xa que a anterior (a de 1933) non debía de contarse ao tratarse das Cortes Constituíntes, as que elaboraran a Constitución, e por tanto eran anteriores a ela. Finalmente por 238 votos a favor e 5 en contra, o presidente foi destituído.

Despois de dúas semanas nas que se fixo cargo da Xefatura do Estado Diego Martínez Barrio, na súa calidade de presidente das cortes, foi sustituído poa Manuel Azaña o 11 de maio de 1936.

Últimos anos[editar | editar a fonte]

O inicio da Guerra Civil sorprendeuno nunha viaxe a Escandinavia. Decidiu non regresar a España cando soubo, segundo conta nas súas memorias, reescritas durante o seu exilio, de que milicianos do Frente Popular entraran ilegalmente no seu domicilio, roubándolle as súas pertenzas, e roubado a súa caixa de seguridade situada no banco Crédit Lyonnais en Madrid. Foxou a súa residencia en Francia onde tamén o sorprendeu a Segunda Guerra Mundial.

Tras pasar por múltiples penalidades, saíu de Francia e tras un penoso viaxe de 441 días chegou a Arxentina en xaneiro de 1942.

Non volveu España durante o réxime franquista, aínda que se lle fixo algún ofrecemento, xa que un fillo seu estaba casado cunha filla do xeneral Queipo de Llano.

O seu cadáver foi repatriado a España en 1979 e foi enterrado no ceminterio da Almudena en Madrid.


Predecesor:
Ninguén
(Reinado de Afonso XIII)
Escudo de la Segunda República Española.svg
Segunda República Española
Presidente da República Española

1931 - 1936
Sucesor:
Manuel Azaña

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]