Ramón Cabanillas Álvarez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRamón Cabanillas Álvarez
Biografía
Nacemento1909 Editar o valor em Wikidata
Cambados, España Editar o valor em Wikidata
Morte11 de maio de 1976 Editar o valor em Wikidata (66/67 anos)
Zaragoza, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Galeguista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiRamón Cabanillas Editar o valor em Wikidata

Ramón Cabanillas Álvarez, nado en Cambados en 1909 e finado en Zaragoza o 11 de maio de 1976, foi un xornalista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pasaxeiros do Ipanema.

Fillo de Ramón Cabanillas Enríquez e Eudosia Álvarez Otero. Afiliado ao Partido Galeguista, foi membro da directiva do Grupo Galeguista de Madrid e redactor de galego da emisora Radio Norte. Durante a Guerra civil foi capitán do Exército republicano, comisario directivo do Diario del Ejército e xefe de propaganda da Emisión 4 de Madrid. Integrouse na Solidaridade Galega Antifeixista, colaborou en Nova Galiza e La Voz del Combatiente. Ao rematar a guerra pasou a Francia e exiliouse en México, chegando a Veracruz o 7 de xullo de 1939 a bordo do Ipanema.[1] En México foi beneficiario da Junta de Ayuda a Republicanos Españoles (JARE) e do Servicio de Evacuación de Refugiados Españoles (SERE). Foi redactor e logo director da revista Saudade. É o autor do prólogo do Cancioneiro da loita galega publicado polo Partido Galeguista en México en 1943. Retornou a España e foi administrador de Radio Nacional de España en Zaragoza. Finou no Hospital Clínico Universitario de Zaragoza, foi soterrado en Cambados o 12 de maio de 1976.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ficha de Cabanillas Álvarez, Ramón
  2. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 12-5-1976, p. 49.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]