Parque forestal do monte Alba e Cepudo
![]() | Este artigo ou sección precisa revisión por alguén que saiba deste tema. Se ten eses coñecementos mellore este artigo. (Desde setembro de 2019.) |
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
![]() | Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
O parque forestal do monte Alba e Cepudo localízase en Valadares, unha das parroquias máis extensas do concello de Vigo.
O parque forestal está composto por dous montes: o monte Alba, coñecido tamén como cerro de San Bartolomeu, e o monte Cepudo, que forman parte dun mesmo macizo granítico dividido en dous na parte máis alta.
No cumio do monte Alba, a 503 metros de altitude, atópase a capela de Nosa Señora da Alba, adicada á Virxe da Alba e a San Bartolomeu, que no pasado formou parte dun castelo medieval. É unha ermida con planta rectangular e na súa fachada aínda se conserva o escudo da familia á que pertencía.
A poucos metros deste alto atópase o outro cumio, o monte Cepudo, que acada unha altura de 527 m. É o máis alto dos dous e un dos puntos máis elevados de todo o concello de Vigo.
Os dous cumios son tamén miradoiros desde os cales se pode observar gran parte da cidade, a ría de Vigo e mais as illas Cíes.
Celebracións[editar | editar a fonte]
Todos os 15 de agosto comeza no monte Alba unha romaría que dura ata o 8 de setembro.
O 15 de agosto sobe dende a igrexa de Valadares ata a súa ermida a imaxe da Virxe da Alba. Días máis tarde, o 24 de agosto, sobe San Bartolomeu, coñecido como o santo «quitamedos» xa que a tradición di que ao dar tres croques nel, os medos desaparecen. Finalmente, o 8 de setembro baixan as dúas imaxes ata a igrexa parroquial. Durante a subida e a baixada, en procesión, centos de persoas e varios grupos de gaitas acompañan a Virxe e o Bartolomeu.
Esculturas[editar | editar a fonte]
No ano 1999, para impulsar a renovación e recuperación do monte Alba, a comunidade de montes de Valadares organizou o Primeiro Simposio Internacional de Esculturas no monte Alba. Froito deste acontecemento, na actualidade pódense visitar ata 11 esculturas; algunhas delas son Itinerario de Ana Olano, Receptáculo solar de Eduardo López, A pirámide do tempo de María Branera, Atravesando el paso de Igor Brown ou a Metamorfosis de Remigio Davila. Esta última é unha das máis coñecidas, xa que se trata dunha escultura formada por tres pezas que se van transformando ata se converteren nun instrumento musical. Esta peza final ten no medio un oco, a través do cal pode contemplarse o solpor cada 15 de agosto.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Turismo de Vigo: Parque Forestal Monte Alba-Cepudo (Valadares)
- Galicia Máxica: Monte Alba
- Galicia Máxica: Monte Cepudo
- Moralejo, M. El Monte Alba inicia una serie de tres romerías hasta comienzos de septiembre., La Voz de Galicia (15 de xullo de 2018)
- Igor Brown firmó la obra "Atravesando el paso" en el Monte Alba, La Voz de Galicia (22 de febreiro de 2008)
- Rías Baixas: Capilla del Monte Alba
- Xunta de Galicia: Do monte Cepudo ao monte Aloia... de Vigo a Tui pola serra do Galiñeiro.]