Teodosio Vesteiro Torres

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTeodosio Vesteiro Torres
Biografía
Nacemento12 de xuño de 1847
Vigo
Morte12 de xuño de 1876 (29 anos)
Madrid
Causa da mortesuicidio, ferida por arma de fogo Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónSeminario de Tuy
Actividade
Ocupaciónxornalista , escritor , poeta , compositor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1960-1976
EmpregadorEl Heraldo Gallego (1874)
La Caridad
El Desengaño
La Concordia
Revista Galaica
Galicia Literaria Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoMúsica, xornalismo,
poesía e ensaio
MovementoRomanticismo
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Sinatura

Galiciana: 8153

Teodosio Vesteiro Torres, nado en Vigo o 12 de xuño de 1847 e finado en Madrid o 12 de xuño de 1876,[1] foi un músico, xornalista e escritor galego.

Traxectoria

Os seus pais foron Juán María Vesteiro Barbeito, oficial de infantería, natural de Lugo, e Antonia Torres Fernández, natural da Coruña. Ingresou no Seminario de Tui en 1860, onde ocupou unha cátedra de Humanidades e foi bibliotecario, clasificando e ordenando os máis de 6 000 libros alí existentes. Comezou a escribir no Boletín Eclesiástico del Obispado de Tuy.[2] Foi vicepresidente da sociedade La Juventud Católica del Miño,[3] redactor de La Juventud Católica de Tuy e director da orquestra da Catedral de Santa María. En 1871 abandonou os estudios eclesiásticos e trasladouse a Madrid onde exerceu o ensino musical, residindo na casa dos seus curmáns Lorenzo Quintero e Emilia Calé y Torres.[4] En 1872 morreu a súa nai, suceso que lle afectaría fondamente.

Colaborou en El Heraldo Gallego (Ourense), Revista Galaica (Ferrol), La Concordia e La Caridad-El Desengaño (Vigo). En 1875 fundou en Madrid a asociación Galicia Literaria,[5] da que anos despois tomou o seu nome á revista Galicia Literaria. Escribiu en castelán, mais a maioría das súas obras son de temática galega seguindo a ideoloxía galeguista.[6]

Despois de destruír os seus traballos de xuventude, suicidouse no Museo do Prado disparándose un tiro cun revolver, na madrugada do 12 de xuño de 1876, deixando dúas cartas de despedida, unha a Manuel Curros Enríquez e outra a Valentín Lamas Carvajal.

Obras

  • Flores para la soledad, seis melodías para canto e piano, 1871.
  • Versos, 1874.
  • Galería de Gallegos Ilustres, 5 tomos: Poetas de la Edad Media, Guerreros, Marinos, Príncipes y Diplomáticos e Artistas, 1874.[7]
  • Rimas de D. Rodrigo de Moscoso y Osorio, vizconde de Altamira. Siglos XV a XVI, 1875.

Póstumas

Coroa de morte 'o inspirado escritor é doce poeta gallego...
  • Monografías de Vigo, 1878.[8]
  • Galería de Gallegos Ilustres. Apéndice, 1879.
  • Páginas sueltas, 1892, publicado por Emilia Calé.
  • Poesías, 1896, na Biblioteca Gallega de Martínez Salazar.
  • Recuerdos de Galicia, 1896, con prólogo de V. Novo y García.[9]

Recoñecemento

Após a súa morte, O Tio Marcos d'a Portela publicou o libriño de vinte páxinas Coroa de morte 'o inspirado escritor é doce poeta gallego Teodosio Vesteiro Torres,[10] despois diso, El Heraldo Gallego publicou o libro Corona fúnebre á la memoria del inspirado escritor y poeta gallego Teodosio Vesteiro Torres (1877, 58 páx.), no que colaboraron Valentín Lamas Carvajal; José M. Hermida; Emilia Calé Torres de Quintero; Eduardo Álvarez Pertierra; A. J. Pereira; Emilia Pardo Bazán; Alfredo Vicenti; José Tresguerras y Melo; Pastora Guerrero; José María Montes; Nicolás Taboada Fernández; Juan Neira Cancela e Rafael Bugallal.[11]

O concello de Vigo adicoulle o nome do Parque Poeta Vesteiro Torres, no barrio de Coia.

O personaxe de Vesteiro, como fantasma do Museo do Prado, aparece na novela El Maestro del Prado y las pinturas proféticas (Planeta, 2013) de Javier Sierra Albert.[12]

Galería de imaxes

Corona fúnebre á la memoria del inspirado escritor y poeta gallego....

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas