La Concordia (Vigo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

La Concordia foi un periódico galego que apareceu en Vigo entre 1873 e 1924.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Periódico de comercio y de intereses generales, apareceu o 2 de maio de 1873. Periódico bisemanal (aparecía os martes e venres) de tendencia liberal e defensor do provincialismo. Fundado e dirixido por Miguel Fernández Dios. Incluíu textos de autores estranxeiros e colaboracións de Benito Vicetto, Juan Neira Cancela, Francisco Añón e Teodosio Vesteiro Torres.

A principios de 1878 comezou a aparecer diariamente co subtitulo Primer diario de Vigo, dirixido primeiro por Eudoro Fernández Lema e despois por Miguel Fernández Lema, fillos do fundador. Centrouse nos problemas da cidade dende unha postura política moderada e construtiva. Foi o seu redactor Juan Villavicencio (que despois sería tamén director) e entre os colaboradores figuraron Concepción Arenal, Manuel Lustres Rivas, Luís Amado Carballo, Xoán Neira Cancela, Luis A. Mestre e Luciano Cid Hermida. Publicou a escolma de poesía Poesías Varias, de Francisco Añón en 1878.

A comezos de 1881 converteuse no órgano oficial da Liga de Defensores de Vigo, creada polo seu director xunto cos de Faro de Vigo e outras personalidades do concello. Deixou de publicarse en 1924 e deu paso a El Pueblo Gallego.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]