José Tresguerras Melo
(Redirección desde «José Tresguerras y Melo»)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de agosto de 1846 Verín, España |
Morte | 8 de abril de 1893 (46 anos) Santa Cruz de Tenerife, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Lingua | Lingua castelá |
José Tresguerras Melo, nado en Verín o 15 de agosto de 1846 e finado en Santa Cruz de Tenerife[1] o 8 de abril de 1893, foi un escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi axente do Banco de España nas Canarias, onde casou e instalouse en Santa María de Guía de Gran Canaria. Publicou varios poemas en galego en El Heraldo Gallego e colaborou en El Domingo e Galicia Literaria. É autor de Sueños y realidades. Esbozos poéticos, un libro bilingüe aparecido en Madrid en 1880.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El Eco de Galicia , 30-6-1893, p. 6.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: José Tresguerras Melo |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Carballo Calero, Ricardo (1981). Historia da literatura galega contemporánea 1808-1936. Vigo: Galaxia. p. 462. ISBN 84-7154-390-7.