Alberto Vilanova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Alberto Vilanova
Nacemento 5 de xullo de 1910
  Ourense
Falecemento 13 de maio de 1985
  Ourense
Soterrado Cemiterio de San Francisco de Ourense
Nacionalidade España
editar datos en Wikidata ]

Alberto Vilanova Rodríguez, nado en Ourense o 5 de xullo de 1910 e finado na mesma cidade o 13 de maio de 1985, foi un ensaísta e profesor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cursou bacharelato e Maxisterio en Ourense, e Dereito e Filosofía e Letras en Madrid e Valladolid. Foi mestre en Almorfe e Trasmiras. Na República militou no republicanismo de esquerda, dirixiu as Juventudes de Acción Republicana de Ourense e colaborou en La Zarpa e Heraldo de Galicia. Co Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo preso no mosteiro de Oseira. Finalizada a Guerra Civil traballou como profesor en colexios privados de Chantada e Ourense, onde tamén colaborou na revista Posío. Como consecuencia da invitación do Centro Ourensán para unhas conferencias, trasladouse a Buenos Aires en 1954. En Arxentina conseguiu a praza de Lingua e Literatura Galaico-Portuguesa na Universidade Nacional da Plata. Entre 1956 e 1959 ocupou a cátedra de Cultura Galega no Centro Lucense de Bos Aires. Rexentou tamén as cátedras de Historia Medieval e Moderna e dirixiu o Instituto de Investigacións Históricas da Universidade Nacional do Nordeste. Foi presidente da Comisión de Cultura do Consello de Galiza. Retornou a Galicia en 1982.

Sepultura de Alberto Vilanova, no cemiterio de San Francisco (Ourense).

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Sanín (Ribadavia) con Nieves Fernández en marzo de 1936[1].

Obras[editar | editar a fonte]

  • Vida y obra de Juan Antonio Saco y Arce.
  • Fray Tomás de Lemos en el proceso teológico de Galileo.
  • Vida y obra de Manuel Curros Enríquez, 1953. Ediciones Galicia, Centro Gallego de Buenos Aires.
  • Ensayo bio-bibliográfico sobre Teodosio Vesteiro Torres, 1955.
  • Los gallegos en la Argentina, 1966, Ediciones Galicia, Centro Gallego de Buenos Aires.

Premios[editar | editar a fonte]

Galardoado co Premio Nacional de Historia en 1936 pola obra El Padre Mariana y la historiografía de su época e o de Socioloxía polo ensaio Joaquín Costa o el gran dolor nacional.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 3-4-1936, p. 11.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]