Revista Galaica (Ferrol)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Revista Galaica foi unha revista quincenal editada en Ferrol entre 1874 e 1876.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Apareceu o 15 de maio de 1874. Dirixida por Benito Vicetto, a publicación tratou todo tipo de temas sobre Galicia: historia, economía, xeoloxía e tradicións. Incluíu traducións de obras de autores estranxeiros e composicións literarias. Cesou a súa publicación o 28 de febreiro de 1876.

En 1888 apareceu en Ferrol unha publicación coa mesma cabeceira, posiblemente unha reaparición.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Santos Gayoso, Enrique (1990). Do Castro, ed. Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada. ISBN 84-7492-489-8. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]