La Juventud Católica de Tuy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La Juventud Católica de Tuy
editar datos en Wikidata ]

La Juventud Católica de Tuy foi un periódico editado en Tui entre 1870 e 1871.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Revista relixiosa e científico-literaria, apareceu o 1 de novembro de 1870. Fundada polo presidente de La Juventud Católica del Miño[1] José Álvarez Mera, que tamén foi o seu director. O administrador era Francisco Paula Areal e entre os seus redactores figuraron Teodosio Vesteiro Torres, Teodoro Sánchez Patiño, José María Barrera, Dámaso R. Areal, Jacinto Figueroa e Carlos C. Queimaliños. Foi suspendida por decisión da Asemblea da Juventud Católica que acordou publicar unha revista xeral de todas as Academias españolas. Cesou a súa publicación o 20 de xuño de 1871.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Juventud Católica del Miño, La", Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]