Oia, Vigo
| Oia | |
|---|---|
Porto de Canido. | |
| Concello | Vigo[1] |
| Provincia | Pontevedra |
| Coordenadas | 42°11′20″N 8°48′12″O / 42.188888888889, -8.8033333333333 |
| Área | 7,2 km² |
| Poboación | 3.898 hab. (2022) |
| Densidade | 541,39 hab./km² |
| Entidades de poboación | 37[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
San Miguel de Oia é unha parroquia do concello de Vigo. Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 3.898 habitantes (1.888 homes e 2.010 mulleres). Limita coas parroquias de Coruxo e Saiáns, e pertence ao arciprestado de Vigo-Santo André.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Está situada ao suroeste do concello e do núcleo urbano de Vigo. Ten 7,2 km², e as súas costas dan á ría de Vigo, fronte ás illas Cíes
Historia
[editar | editar a fonte]No sitio arqueolóxico da leira Mirambell atopáronse restos datados entre os séculos III e VI.
A parroquia estivo durante a Idade Moderna baixo control do Cabido de Tui. No século XVIII, dada a importancia da actividade do cultivo do liño e da artesanía derivada, naceu a Irmandade dos Liñares, e tempo despois construíuse a Capela dos Liñares.
A parroquia posúe dous cruceiros, un no lugar do Cruceiro, que data do 1859, e o do adro da igrexa.
Demografía
[editar | editar a fonte]En 2007 tiña 3.968 habitantes, sendo o núcleo máis poboado Canido, con 280. O resto son Amariz (55), As Eiras (56), A Estación (238), A Estea (70), A Poza (47), As Rochas (54), Cabo Estai (143), Canido (280), A Estrada Cortada (186), Cerqueiro (25), O Cruceiro (77), Currás (88),Esteriz (137), A Estomada (67), As Figueiras (162), Gontade (141), As Grades (60), A Ermida (183), A Igrexa (80), Lantexa (40), A Lavandeira (86), Os Liñares (83), O Loureiro (128), A Matoca (109), Mide (278), Oia (95), O Outeiro (102), O Bouzo (172), O Rozo (171), A Senra de Abaixo (99), A Senra de Arriba (107), O Silval (66), O Sixtro (147), O Toucido (67), O Toxal (27) e A Verdella (74).
Economía
[editar | editar a fonte]
A parroquia de San Miguel de Oia mantén unha economía baseada no sector servizos, o turismo (praias, patrimonio, natureza), a vida comunitaria e unha pesca artesanal moi reducida. Non existe industria conserveira activa, só vestixios históricos. É unha zona urbanizada, residencial e orientada ao lecer, cunha forte influencia do seu valor natural e patrimonial. É tamén unha zona de importancia turística no concello de Vigo (sobre todo no verán), xa que conta con varias praias como a de praia de Canido, que ten bandeira azul. A illa de Toralla é privada, e sitúase entre a praia de Canido e a praia do Vao. A pesca é unha das actividades máis desenvolvidas na zona.
Lugares de interese
[editar | editar a fonte]Conta coas praias de Canido, Sobreira, Fuchiños e Xunqueiro.
Na parroquia está o instituto oceanográfico de Vigo, e consérvanse nela 154 hórreos.[Cómpre referencia]
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Oia
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Oia no concello de Vigo (Pontevedra) | |
|---|---|
|
Amariz | O Bouzo | Cabo Estai | Canido | Cerqueiro | O Cruceiro | Currás | As Eiras | A Ermida | Estación | A Estea | Esteriz | A Estomada | Estrada Cortada | As Figueiras | Fochiños | Gontade | As Grades | A Igrexa | Lantexa | A Lavandeira | Os Liñares | O Loureiro | A Matoca | Mide | Oia | O Outeiro | A Poza | As Rochas | O Rozo | A Senra de Abaixo | A Senra de Arriba | O Silval | O Sistro | O Toucido | O Toxal | A Verdella |
Parroquias de Vigo
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 26 de febreiro de 2023.