Canido, Oia, Vigo
Coordenadas: 42°11′36.27″N 8°47′50.15″O / 42.1934083, -8.7972639
Canido | |
---|---|
![]() Porto de Canido | |
Parroquia | Oia |
Concello | Vigo |
Poboación | 250 hab. (2013) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Canido é un lugar da parroquia de Oia, do concello de Vigo. Segundo o IGE en 2013 tiña 250 habitantes (136 homes e 114 mulleres).
Está situada a carón da illa de Toralla e da praia do Vao, xa pertencente á parroquia de Coruxo. Ten un porto deportivo e as praias de Fuchiños e Canido, esta última con Bandeira Azul nos últimos anos.
Lugares de interese[editar | editar a fonte]
Salientan en Canido os seguintes lugares:
- A Vila Galaico-Romana de Toralla, sitio arqueolóxico museízado que se atopa ao comezo do lugar de Canido, na punta de Toralla (Eido de Mirambell).
- A Illa de Toralla que comunica con Canido a través dunha ponte, onde se atopaba parte do castro de Toralla.
Características[editar | editar a fonte]
O lugar de Canido vai (en dirección Vigo-Baiona) dende o eido de Mirambell (onde se atopa o sitio arqueolóxico) no inicio da ponte de Toralla. Ten tres zonas ben distinguidas, a zona do porto onde fica a praia de Canido co seu paseo, no que hai tabernas, restaurantes, e bares de copas. A estrema está no Porto pesqueiro e deportivo no que está situado o Club Marítimo de Canido. Continuando en liña recta atópase unha zona residencial, formada por casas grandes unifamiliares sobre un grande areal, que recibe diferentes nomes: como son Fuchiños, Areal do Xunqueiro e O Caranguexo. O final da urbanización márcao o Cabo Estai, no que se encontran, ademais do Instituto Oceanográfico de Vigo, diversas calas de rochas con vistas cara Nigrán. Outra parte de Canido, a vila en si, atópase elevada xeograficamente respecto da zona residencial anterior.
Servizos[editar | editar a fonte]
Para chegar até Canido hai varias liñas de transporte urbano (Vitrasa: L10 e L11. Conta tamén con parada da liña ATSA, que comunica o centro de Vigo con Baiona, pasando por parroquias do municipio de Nigrán.
Praia de Canido[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Praia de Canido.
Esta praia goza de bandeira azul e ten unha boa vista Web cam en directo ás Illas Cíes.
Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]
Lugares de Oia[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Oia no concello de Vigo (Pontevedra) | |
---|---|
Amariz | O Bouzo | Cabo Estai | Canido | Carretera Cortada | Cerqueiro | O Cruceiro | Currás | As Eiras | A Ermida | A Estación | A Estea | Esteriz | A Estomada | As Figueiras | Fochiños | Gontade | As Grades | A Igrexa | Lantexa | A Lavandeira | Os Liñares | O Loureiro | A Matoca | Mide | Oia | O Outeiro | A Poza | As Rochas | O Rozo | A Senra de Abaixo | A Senra de Arriba | O Silval | O Sistro | O Toucido | O Toxal | A Verdella |