Praia de Canido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Praia de Canido
Porto de Canido, Oia, Vigo, Galiza.jpg
Vista do Porto de Canido, á esquerda da imaxe comeza a praia.
42°11′36.27″N 08°47′50.15″O / 42.1934083, -8.7972639Coordenadas: 42°11′36.27″N 08°47′50.15″O / 42.1934083, -8.7972639
Posto de primeiros auxilios
Características xerais
LocalizaciónOia, Vigo
Lonxitude270 m
Largo medio40 m
Grao de ocupaciónAlto
Grao de urbanizaciónUrbana
Paseo marítimoYes check.svg
Características específicas
Tipo de areaFina
Condicións do bañoYes check.svg
Seguridade
Equipo de vixilanciaSi
Sinalización do perigoSi
Equipo de salvamentoSi
Accesibilidade
Tipo de accesoEstrada
Sinalización do accesoYes check.svg

A praia de Canido ou areal do Canto da Area[1], é un pequeno areal vigués, no lugar do mesmo nome da parroquia de Oia, situado entre a praia do Vao e cabo Estai). É, xunto coa de Fuchiños, unha das dúas praias da parroquia. Esta praia ten 270 m de lonxitude e uns 40 m de largo. Vai exactamente dende o Eido de Mirambell (onde se atopa o sitio arqueolóxico e a ponte de Toralla) e o porto pesqueiro e deportivo de Canido (onde se atopa unha urbanización de casas acaroadas e o Club Marítimo de Canido).

Ten unha area branca fina e augas claras con pouca resaca. Goza de bandeira azul e ten unha boa vista[2] ás Illas Cíes.

Servizos[editar | editar a fonte]

A mediados do século XX construíuse o paseo marítimo, que limitou a largura da praia, hoxe formado por medias lúas que entran no areal, con bancos e plátanos para dar sombra e dúas ramplas de pedra nos extremos e unhas escaleiras no centro para dar acceso á area. O areal conta ademais cun pequeno aparcadoiro, teléfonos, dúas duchas e unha fonte.

É de salientar que encol da praia atópanse diversos locais de restauración, como taperías, restaurantes de peixe e marisco e tabernas, populares entre os vigueses.

Lugares de interese[editar | editar a fonte]

Preto da praia de Canido atópanse os seguintes lugares:

  • A Vila romana de Toralla, sitio arqueolóxico museizado que se atopa ao comezo do lugar de Canido, na punta de Toralla (Eido de Mirambell).
  • A illa de Toralla que comunica con Canido a través dunha ponte, onde se atopaba parte do castro de Toralla.

Acceso[editar | editar a fonte]

Para chegar até Canido hai varias liñas de transporte urbano (Vitrasa: L10 e L11. Conta tamén con parada da liña ATSA, que comunica o centro de Vigo con Baiona, pasando por parroquias do municipio de Nigrán.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  1. Nome alternativo na Web do Concello de Vigo
  2. "Web cam en directo". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 14 de xuño de 2016.