Ramón Villar Ponte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ramón Vilar Ponte»)
Infotaula de personaRamón Villar Ponte

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento10 de xullo de 1890 Editar o valor em Wikidata
Viveiro, España Editar o valor em Wikidata
Morte14 de setembro de 1953 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Santo Amaro da Coruña Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Viveiro
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , escritor Editar o valor em Wikidata
EmpregadorIrmandades da Fala
Membro de
Xénero artísticoEnsaio
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeTeresa Chao Maciñeira Editar o valor em Wikidata
FillosJosé Ramón Villar Chao Editar o valor em Wikidata
IrmánsAntón Villar Ponte Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 3393816

Ramón Villar Ponte,[1][2][3][4][5][6][7] (tamén coñecido como Ramón Vilar Ponte[8][9]) nado en Viveiro o 10 de xullo de 1890 e finado na Coruña o 14 de setembro de 1953, foi un dos máis importantes ensaístas das Irmandades da Fala, xunto ao seu irmán Antón.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fundouse aquí…. Placa na Coruña.

Fixo o bacharelato por libre e examinouse no Instituto de Lugo. Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Madrid entre 1912 e 1916, regresando a Galicia ao licenciarse. Dedicouse profesionalmente ao ensino privado e ao xornalismo. En 1919 casou con Teresa Chao Maciñeira, cuñada do seu irmán. En 1921 accedeu á dirección do xornal ferrolán El Correo Gallego; foi correspondente de El Sol e La Voz de Madrid e colaborou tamén en Galicia e El Pueblo Gallego de Vigo.

19 de xuño de 1932. Nesta foto de grupo aparecen, entre outros: Ramón Villar Ponte, Fernández del Riego, Antón Villar Ponte, Plácido Castro, Otero Pedrayo, Ramón Rodríguez Somoza, Manuel Beiras, Manuel Lugrís, Castelao, Suárez Picallo, Carlos Maside e Alexandre Bóveda.

Organizou, xunto con Xaime Quintanilla, a Irmandade da Fala de Ferrol e foi o redactor dos seus boletíns. En 1921 o grupo de Ferrol fundou a editorial Céltiga, a primeira editorial nacionalista na que Ramón era xerente. En 1922 trasladouse a Viveiro onde creou o grupo nacionalista como Subdelegación da Delegación da ING en Ferrol. En 1927 ingresou no Seminario de Estudos Galegos.

Coa proclamación da Segunda República foi alcalde de Viveiro de abril a outubro de 1931 representando á ORGA. Porén, tras deixar a alcaldía acabou entrando no Partido Galeguista en 1932.[10] En 1936 culminou a iniciativa do seu irmán Antón coa fundación, en Santiago de Compostela, da Asociación de Escritores de Galicia.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 refuxiouse en Viveiro. O seu catolicismo librouno da represión, participou nos faladoiros dos membros de Acción Católica e falanxistas locais, como Francisco Leal Insua e Antonio Noriega Varela.

En 1942 trasladouse á Coruña coa muller, os fillos e os sobriños (fillos de Antón dos que se fixo cargo), onde sobreviviu impartindo aulas en colexios privados. En 1946 gañou o primeiro premio nos Xogos Florais de Betanzos co romance histórico Mandeu. Ingresou na Real Academia Galega en 1951, a proposta de Manuel Casás Fernández, Francisco Vales Villamarín e Ángel del Castillo, cun discurso en galego titulado A xeración do 16, lido o día 16 de xuño no acto da súa recepción, respondido por Ramón Cabanillas.[11] Permaneceu á marxe do grupo Galaxia nos anos cincuenta e seguiu colaborando na prensa galega e na da emigración, utilizando o pseudónimo Licenciado Pravio. Traballos seus foron lidos nas emisións da BBC londiniense.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Días, hechos y hombres de la Real Academia Gallega, 1953.

Traducións[editar | editar a fonte]

  • Teatro irlandés. Dous folk-dramas de W. B. Yeats (con Ramón Villar Ponte e P. R. Castro), Santiago, 1935.

Legado[editar | editar a fonte]

Os fondos da biblioteca de Ramón Villar Ponte e do seu irmán Antón están no Parlamento de Galicia dende o ano 2001, cando foron adquiridos xunto co seu arquivo persoal. A colección está composta por 1216 volumes de monografías e alberga ademais 43 títulos de revistas, xunto con obras propias e un importante conxunto de documentación de carácter político, especialmente referido á actividade dos partidos galeguistas antes da guerra civil. Destacan preto de cen títulos impresos antes de 1900, entre os que hai obras de Benito Xerónimo Feijoo e algunhas primeiras edicións das de Manuel Murguía.[12]

Recoñecemento[editar | editar a fonte]

O Concello de Viveiro convoca o Premio de Novela Vilar Ponte que rende homenaxe a Ramón e a Antón Vilar Ponte.[13]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Teresa Chao Maciñeira,[14] e foi pai de Jaime, Teresa e José Ramón Villar Chao.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Hemeroteca Virtual da Real Academia Galega". Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2015. Consultado o 28 de novembro de 2015. 
  2. "Membros da Academia. Ramón Villar Ponte". Real Academia Galega. 
  3. "Villar Ponte, Ramón". Diciopedia do século 21 3. Edicións do Cumio, Galaxia e Ediciós do Castro. 2006. p. 2181. 
  4. "Villar Ponte, Ramón". Enciclopedia Galega Universal 16. Ir Indo. p. 391. ISBN 84-7680-288-9. 
  5. "Villar Ponte, Ramón". Diccionario enciclopédico galego universal 59. Ir Indo para La Voz de Galicia. p. 99. ISBN 84-7680-429-6. 
  6. "Villar Ponte, Ramón". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo. pp. 315–316. 
  7. Vilavedra, D. (coord), Cochón, I. et al (1995). Diccionario da Literatura Galega, volume I (Autores), pp. 618-619. Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.
  8. Monterroso Devesa, X. M.; Baramendi, X. et al.: "Vilar Ponte, Ramón" na GEG.
  9. Ramón Vilar Ponte. Biblioteca Virtual Galega, Universidade da Coruña.
  10. Ínsua, E. X.; Martínez González, X. (2018). Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte. Vigo: Xerais. p. 442. 
  11. Villar Ponte, R. (1977). A xeración do 16. A Coruña: Real Academia Galega. 
  12. O pazo do Hórreo Arquivado 07 de febreiro de 2012 en Wayback Machine. na páxina web do Parlamento de Galicia
  13. "Bases II Premio de Novela Vilar Ponte" (PDF). Concello de Viveiro. Consultado o 4 de setembro de 2019. 
  14. Ínsua López, E. X. (2004). Antón e Ramón Villar Ponte. Unha irmandade alén do sangue Cadernos Ramón Piñeiro, VII. CIRP.[1] Arquivado 17 de novembro de 2015 en Wayback Machine.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
José Santiago Seijo
 
Alcalde de Viveiro
 
1931
Sucesor:
Eugenio Pérez Abadín